Erotismo e historia: Contra la desnudez, de Óscar Tusquets (Anagrama)
Varios xornais (El País, La Vanguardia, etc.) falan hoxe deste novo libro de O. Tusquets. Velaí a reseña en El País (de Agustín Fancelli). Tamén hai un artigo interesante de Román Gubern na contra de El Mundo, na vella columna de Umbral, pero non o encontrei na rede. (Imaxe: Anxélica e o eremita, de Rubens, 1624).
19 comentarios:
Os mellores desnudos son os dos calendarios. Reivindico a fotografía,subxénero calendario, coma forma de arte. Non é doado escoller unha imaxen que non canse durante todo un ano.
Eu lembro un calendario nunha tenda rural cunha imaxe moi curiosa. Unha rapaza núa coas pegadas das patas dianteiras dun can marcadas nos peitos . Resulta que a dona puxera un salchichón colgado porriba do calendario. Entróu un cliente a comprar, acompañado dun can. Puxéronse a charlar. Cando o cliente iba marchar ,chamóu polo can i este non aparecía. Etc.
(Foi certo)
Se lle gustan os calendarios, velaí unha chea deles: Calendari.
Calendario de cadaleitos: un clásico italiano do trash
Ese non era; é este: Calendario cadaleitos
Nin o Nacemento de Venus de Boticelli, nin a Maja Desnuda de Goya, nin a Venus Espida de Velázquez. Vostedes só pensan nas ninfas dos calendarios dos talleres de chapa e pintura... ese ambiente graxento no que non desentonan as chichas gomosas das a-fotos.
Por certo, qué bonita é Italia, que ben viven, visten e menxan os italianos, pero qué xente máis rara.... O dos calendarios cadaleitos si que non o vira nunca.
Noticia soio para maiores de edade noticia bomba
E parece ser que ese síndrome ten algo que ver coa ría de Arousa: "Permanent Sexual Arousal Syndrome PSAS". E nós que andivemos por alá en tempos sen sabelo.
APABULLANTE ... o dos calendarios funerarios (haberá que dedicarlle un artigo): lera algo sobre eles na prensa, pero non estaba seguro de que fose certo...
E, por favor, se pasa algunha moza por aquí, que colgue os equivalentes masculinos, se non, ¡vainos caer unha pauliña de machistas!!
Se repasa os calendarios que eu indiquei hai moitos masculinos. En Italia hai tradición de calendarios. Véxanse os célebres de Pirelli ou de café Lavazza. E, de feito, nos xornais, como viron seguramente, hai un enlace que vai medrando a medida que imos achegándonos ao fin de ano.
Eu non lle faría moito caso, sr/sra anonymous, ás noticias dese xornal. Seguro que lle pagan a calquera escolopendro/a para que diga calquera chorrada e así eles publícano.
De aí veñen todas esas noticias de que "Elvis vive.."
Home, eu non sei. Pero esa asombrosa noticia ten a súa miga porque pon os varóns na picota. Será por iso polo que ninguén a comenta? Un tómao a coña (Arume) e outro di que é unha chorrada (Swann). Eu, sinceramente, non sei que dicir. Non sei, non sei...
Eu, monsieurs, hoxe estoulles a traballar. Non sei que farán vostés, se estarán matando no cocho ou rancho na aldeia ou marcharon a Madrid para ver O Prado.
A min a constitución dos españois me la suda. Concedinme hoxe o dereito a traballar.
Canto a min, Swann, cada ano e este día adoito corrixir exames; rematada unha urxencia previa, poñereime a iso pola tarde. Páseno ben se poden.
O calendario de cadaleitos é realmente turbador.
Hai unha certa relación entre a morte e o sexo que pode provocar o morbo de mentes diferentes das súas e da miña. E non estou a falar da "mort douce"
Ben saben desta relación entre Eros e Tanatos os publicistas que enchen de caliveras os cubitos de xeo dos anuncios de bebidas nas revistas e que, como quen non quere a cousa, debuxan na parella sentada fronte ao piano unha relación adúltera (o home non ten anel, a muller si), mentres que o marido laretea ao fondo con outros invitados.
Ingrato labor, gonzález. O profe sempre é o que nos di o que está mal, o que nos pon en evidencia, o que revela o que non sabemos.
EU xa teño un calendario italiano do 2008,xa gardado desde o vran.Pero aínda está no plástico.
Tamen teño que comprar axenda.Semana vista,que é coma me gosta.Barata, que ando mal de "pasta". Non as hai an galego,creo. Algunhas traen hasta unha frase pra cada cada día.
Xa compréi o calendario dos sordomudos,dos rehabilitados da droga, dos parapépxicos que pintan coa boca...Unha vendedora díxome que en nadal é cando se venden bén esa clase de cousas.Á xente vólvesa provisionalmente solidaria. O equivalente a sentar un pobre á mesa.
Bertold Brecht tén un famoso texto,escrito un día 31 de Decembro,con boas intenciós pró novo ano. Se eu fora escritor, escribiría un suxestivo texto dese tipo e comercializaríao en DVD, como regalo de moda.
Outro clásico: o dos cregos. Para que logo non digan que non hai modelos masculinos.
Non é por nada, pero estes últimos que colgou o Arume parecen portadas da revista ZERO.
Publicar un comentario