5 dic 2007


Outra galiña azul, de Xavier Senín (ECG. 5 dec.)

Durante os anos da súa estadía en Pontevedra Castelao participaba no parladoiro do café Moderno, hoxe felizmente recuperado para usos culturais. Na praza de San José, na que está situado o antigo café, inaugurouse hai un ano un conxunto escultórico, obra de César Lombera, que representa o parladoiro que tiña lugar no local máis emblemático. Os personaxes asisten á actuación do violinista Manuel Quiroga. Alí está o propio Castelao acompañado de Alexandre Bóveda, Valentín Paz Andrade e Ramón Cabanillas. Xunto a eles o artista quixo reproducir un intelectual contemporáneo, Carlos Casares, que presencia a escena de pé. O escultor deixou unhas cadeiras baleiras para invitar os cidadáns a sentar e a fotografarse, de xeito que "a escultura estableza un diálogo coa cidade", como el mesmo explicou na inauguración.
Ben que o conseguiu. Como tantos outros días xogaban unha tarde desta semana uns cantos nenos arredor do grupo escultórico. Nun momento dado unha cativa de non máis de oito anos achegouse a Casares, empenicouse e deulle un bico na cara. Esa noite Carlos, ao que tanto cariño lle tiñan os cativos, comezaría a escribir outra obra mestra como A galiña azul.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Coñezo esas esculturas.

A ver se o noso actual goberno municipal toma exemplo e coloca persoaxes ilustres dese tipo, queridos polos ourensáns. Porque os "automovilistas" do Cabezas...

E os horribles Cabanillas e Valle-Inclán, que os leven pra outro sitio máis aberto, e alí que os poña á escala adecuada.

E póden dar ideas,xa. Que estes acabarán construindo a mansalva coma os outros, farán falta estatuas...

Anónimo dijo...

Seguro que foi hai un ano: para mín que xa hai máis tempo, pero a verdade é que faime dubidar, amigo Valcárcel.

hormiga dijo...

esa edición da galiña azul foi o meu primer libro en galego.

Marcos Valcárcel López dijo...

Para ARUME: eu vin ese grupo escultórico hai un ano tamén e sospeito que debe levar máis. O de hai un ano, díxoo o Xavier Senín. Que falen os de Pontevedra, que eles saberán...

Anónimo dijo...

As últimas veces que andei por Pontevedra non me cadro pasar por ese lugar, así que descoñezo ese grupo escultórico. Podería alguén poñer unha foto ou un enlace? Grazas.

Anónimo dijo...

... non me cadrou...

Anónimo dijo...

Eiquí está a foto, adicada a Apicultor :

Pontevedra,mon amour

Anónimo dijo...

Esa estatua non lle imita moi ben a Carlos Casares. Parece, máis ben, un Cary Grant baixiño.

Anónimo dijo...

O grupo escultórico pontevedrés é moi pouco afortunado na súa retratística. Parecen todos irmáns de Mr. Bean. Moi ben intencionado, pero sen unha realización axeitada. Casares foi seguramente o que peor sorte correu.

Anónimo dijo...

Eiquí teñen o grupo desde outro ángulo:

PINCHAR

Anónimo dijo...

Se non lembro mal, xusto ó lado das esculturas había un vello café moi elegante e cargado de historia. Non lembro o nome. O trolebús pasaba por diante e tiña case que maniobrar pra dar bén a curva sen desengancharse dos fíos eléctricos. No edifico onde dí "Hotel" había un bar cheo de banderís,banderas,fotos de alineaciós,etc relacionadas có equipo de fútbol de Pontevedra, e tamén doutros,deses que se intercambiaban. Ó dono chamábanlle Seve. Os de Pontevedra, que me corrixan naquelo no que a memoria me falle.

Anónimo dijo...

Refírome ó edificio vello,que tiraron, pra facer o hotel.

Anónimo dijo...

Hola os dejo un enlace en facebook de la página de Manuel Quiroga Losada.
http://www.facebook.com/note.php?saved&&suggest&note_id=195376869167&id=170874626771#/pages/Manuel-Quiroga-Losada/170874626771
Podéis oír su música, ver sus dibujos, artículos etc. Hay referencias a las tertulias del Café Moderno.
Un saludo