9 dic 2007






























Estatuaria urbana (2)
Máis imaxes da estatuaria ourensá, varias delas enviadas por Trebi. Clicando nelas, pódense ver ampliadas, as que paguen a pena (que non son todas, nin moito menos).

Entre elas, dúas históricas, os monumentos a Valentín Lamas Carvajal, no Posío, e o busto de Prado Lameiro, agora moi perto da outra (sobre as estatuas ourensás ata 1993: Mª das Mercedes Gallego Esperanza, Evocaciones en piedra y bronce. Escultura pública en Ourense, Deputación Provincial Ourense).
Das recentes, van nesta entrega O Carrabouxo, de César Lombera; A Castañeira, do Parque de San Lázaro (creo que de Xosé Cid); A muller deitada da Alameda (Borrajo?, foto Juan, http://www.galicias.com/); e unha foto mellor do Castelao de Buciños.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando as estatuas non engaden algo de beleza ao que as rodea (normalmente horribles construcións dos anos 60 e 70), o mellor que se pode facer con elas é picala ben picadiñas e empregar a pedra no asfaltado das rúas.
Exemplos hai nesta páxina.

Marcos Valcárcel López dijo...

Totalmente de acordo con EX-C. E iso que aínda non puxen algunhas das máis feas (os Ramóns...). Con ese criterio sobran cando menos a metade das estatuas colocadas en Auria nos últimos anos.

Anónimo dijo...

A muller da Alameda é de Borrajo, sí.Que alá esté. Non e que fora moito o sei estilo, pero dixo unha vez que calquer escultor tiña que esculpir polo menos un desnudo, tódolos pintores tiñan que pintar un "cristo", e tódolos cantantes tiñan que versionar "my way".

Anónimo dijo...

En moitos edificios antigos,aparece na parte superior un ave rapaz ou algo parecido a un anxo coas ás abertas. Non séi se non sería pra espantar as palomas, pra que non ensuxaran todo. Os mouchos de alas abertas de Acisclo igual conseguen o mesmo efecto . A moitas faríalles falta ese engadido ornitolóxico. E , se fixeran a estatua que espantara os estorninos da Alameda...

Por certo, non sei qué hai de certo neso de que as palomas pousadas axudan a diferenciar estilos arquitectónicos.