14 dic 2007

Festival de Cine: debate en Telemiño

P A T É T I C O
Acabo de ver o programa: concelleira e responsable de cultura do BNG fronte ó exconcelleiro de cultura do PP, o actor Abelardo Gabriel e Precedo, do Cine Clube. No medio, a xornalista Sonia Torre.
(Non sei que me pasa, pero cando fala toda esta xente, síntome máis próximo ao Pepe Arauxo que a eles...)
Estareime facendo do PP? Como pode haber tanta incompetencia?


Esta é unha mensaxe dun amigo despois de ver o programa desta noite en Telemiño. Tiven outras dúas mensaxes moi semellantes: non foi ocasional, pois. Eu mesmo, que non o puiden ver todo, sentín máis ou menos o que aquí está expresado. Imos apañados...

29 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu non o vín, pero cós nomes que me da...fágome unha idea.

Anónimo dijo...

A incompetencia vai moitas veces asociada ó sectarismo. Eu tamén vin esas intervencións. Patéticas, á defensiva, ausentes de estilo e de sentido. O Risco non sabe nin falar e é moi torpe, a Isabel ten un rictus moi desagradable e é igual de torpe. Se estes dous son as máximas autoridades culturais do Bloque en Ourense, todo é posible nesta viña do señor. Non sei se dan risa ou dan medo. Máis que patéticos, son traxicómicos.

Anónimo dijo...

Sobre as dúbidas do seu amigo , dicir que se se sentiu próximo a Araujo é grave si, pode ser que se estea achegándo ao PP, non sería grave sentirse próximo a Sonia Torre ou a Precedo ou a Abelardo pois foron os tres únicos que dixeron cousas de interese, os demais, TODOS, Araujo tamén, mediocres, prescindibles, ningun interese nas súas intervencións, entre outras cousas, ningún representaba aos miles de fieis espectadores que ten este festival desde o seu inicio, hai 12 anos.

Un que vai ao festival

Anónimo dijo...

A Isabel, con xestos típicos de sabelotodo.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu teño unha boa solución: o festival para Vigo. (Xa escoito os berros e as pedras voando por riba da miña cabeza)

Anónimo dijo...

Pois non sería mala idea que apandaran vostedes tamén con algúns cánceres...

Anónimo dijo...

Risco e Isabel pra Vigo xa!

Anónimo dijo...

Pois alá vamos:

Volando vamos

Anónimo dijo...

O festival de cine deste ano ano foi a cousa máis insípida da súa historia, superando en despropósitos todas as ediciós anteriores.
E eso de "reinventando" a mín sonóume a "excusatio non petita".

Anónimo dijo...

Nunca se me esquece unha inauguración dun deses festivales. A sá ,chea de autoridades, chupando cámara na inauguración. Apáganse as luces. Comenza a película. Ó cabo dun pouco, non séi que fallóu e tiveron que acender de novo as luces. Alí non quedaba xa nin Deus.

Anónimo dijo...

Este ano o vicealcalde deu a vara vinte minutos chupando cámara.

Anónimo dijo...

Unha opinión de alguén que non é de Ourense: a cidade necesita ese festival ou é/era todo unha ocasión para os políticos luciren palmito?

Tan difícil é dicir NON?

Anónimo dijo...

Pra non ser de Ourense,certa bastante, ex-concursante.

Anónimo dijo...

Xa bautizóu Baltar a xestión do Bloque: O caciquismo do século XXI.

Anónimo dijo...

E logo, xa está pedindo o carné? ;)

Anónimo dijo...

Pois eu creo que Ourense non precisa ese festival.
Alá nos anos da transición había o "Festival do cine das nacionalidades", que tiña un obxectivo definido, o cine "dos outros españois...". E estaba na man de Alvarez Pousa e Pepe Paz... ¿Por certo como Pepe Paz que é do BNG, creo, non pinta nada nesta historia do cine que controlan arestora?...
En fin, creo que un festival orixinado para que Ada Royo, a muller de Manolo Cabeza, lucise as súas galas, os seus botox, etc. é excesivo. A reinvención do festival debía ser reflexión previa. DEberían dicir os BNGueiros, este ano, foi por inercia e agora, de aquí a marzo, imos pensar, falar co claster do cine, coa consellería de Cultura, coa de Industria, etc. e repensar entre todos. Galicia non precisa tres aeroportos e menos tres festivais. Se cadra convén potenciar este, ou se cadra convén facer outro.
Eu apúntome á potenciación do cineclube -con proxeccions dixitais- e en actividades todo o ano, etc.
Non quero festival. Quero os 300 mil euros -moita pasata de dios- para outras cousas máis rendibles.
A paparrucha de vincular cine e termalismo podíase ampliar... e incluír a violencia de xénero e interculturalidade, a promoción da personalidade galega, a loita contra o cambio climático, a protesta de PETA contra os abrigos de peles, e todos os tópicos que queiran.
Un festival de cine é un festival de cine é un festival de cine.
Outra cousa é qeu non faga falta.

Marcos Valcárcel López dijo...

Todos vostedes teñen bastante razón, incluído o último anónimo (pero Pepe Paz, que eu saiba, hai moitos anos que non milita no BNG).No post non se explicitaba ben o tema. Para os non ourensáns, que non viron o programa:
(1) O BNG estivo contra o Festival, que era unha horterada, dicíase, cando menos ata a oitava edición. Logo apareceu nos programas, que se apoiaría o festival cambiándolle o sentido (lusofonía, cine especializado, etc. Este ano de feito foi case todo cine social).
(2) Chega o BNG a dirixir o Festival e saca o lema de "Reinventar o Festival", que de momento non se concretou en nada. O BNG fai máis ou menos o mesmo de sempre, de todas as edicións anteriores, eliminando o "glamour" dalgunha vez. O novo director xerente empeza mal declarando que os actores son uns horteras e con iso cabrea a Abelardo de Gabriel e a moitos máis.
(3) O único cambio perceptible é que os políticos saen máis que nunca e o vicealcalde dá un mitin na inauguración de máis de 20 minutos, din, eu non estaba. O PP contraataca, artigo Araújo en LR: festival para lucir os políticos do BNG e indica que xa tiñan a programación, carteis e todo feito do equipo anterior.
(4) Debate en Telemiño con estes argumentos: a defensa BNG (concelleira e responsable?) é desastrosa.

Marcos Valcárcel López dijo...

Cabería indicar un punto (5).
Cando o BNG decide manter e sacar adiante de novo o Festival, iso hipoteca toda a política cultural do concello, case inexistente, como xa pasaba co PP. Como sucedeu coa Cidade da Cultura, non hai cartiños para tantas vocas e o Festival é un Pantagruel insaciable.

Anónimo dijo...

Beiras, nunha entrevista en ANT, utiliza reflexións que poderían dicir os concelleiros do BNG n'Ourense que onte dicían dunha maneira e hoxe xa din doutra:

"Aínda está a sombra de Fraga na Xunta e a súa concepción autoritaria do poder"

"A reclusión no recinto da Xunta de Galiza é terrible porque embrutece moito, castra moito a imaxinación e sobre todo e crea unha pantalla que dificulta moito o que perciben os cidadáns. Pero se un anda por aí e escoita a opinión dos cidadáns, sobre todo, dos que apoiaron ao BNG pode ver opinións de desencanto aínda que recoñezan que se están a facer cousas."

Anónimo dijo...

O Festival de cine, se algunha conexión coa cultura tén , é coa "cultura de pasarela".

Anónimo dijo...

Que queren amigos, o BNG modernizóusenos, pasarela, cinematógrafo e cemento...e os intelectuais a quedar como paletos, pretendendo políticas de antes.

Hoxe unha politica cultural para a transformación social, xa non se leva.

O espectáculo é o futuro
Co Ave chegará a versión galaica dos programas de Ana Rosa Quintana e escritores tipo Boris Izaguirre.
Galiza pintará por fin algo no mundo. Os druidas postmodernos celebarán os seus ritos na CIdade da Cultura, poderemos ver hologramas da Galicia antes da desfeita do boom inmoviliario, da Galicia de cando aínda se falaba galego fora destes actos rituais. Galicia contará cun museo, sera toda un museo virtual gracias as xenstións do BNG en Madrid, que pouco a pouco foi "artellando" con pactos baixo a cama e cartos escuros a Galicia que nos merecemos

Anónimo dijo...

A mín esta lamentatio non me sorprende nin o máis mínimo.
E cada vez que sae Beiras (con esa pose divine que suxire en moitos a palabra, xa un auténtico epíteto épico, "lúcido"), a crítica adquire categoría de arrebato. E cada vez que toda a crítica recae nese semideus da intelectualidade nacionalista, implícitamente, sen pretendelo, estáse roubando aos militantes e dirixentes do BNG unha capacidade intelectual suficiente. Eu, se fose do BNG, estaría ata os/as (póñase o que un queira) de que me puxesen todos os días a Beiras de espello. E como non son do BNG, nin de nada parecido, podo afirmar claramente que hai vida intelectual (e política) no BNG máis alá de Beiras. Agora mesmo, e probablemente sen querelo (ou si, non sei), e á marxe de que poida ter razón, o protagonismo de Beiras é unha rémora.

Anónimo dijo...

Para non ser nacionalista e mesmo confesar que Beiras "poida ter razón", nótoo moi solidario cos militantes e dirixentes do BNG. Que pasa, que porque o di Beiras (mentres os outros calan?) xa está mal?

Eu SI creo que dá a clave do que está a pasar co bipartito na Xunta e en moitos gobernos municipais coma Ourense. Esta xente non está facendo o que se esperaba deles. Está copiando o malo dos anteriores (fastuosismo, enchufismo, sectarismo) e estanse a alonxar da realidade do país. Un pouco de humildade non lles viría mal.

Anónimo dijo...

Por que non collen os concelleiros do BNG e saen a rúa a preguntarlle á xente e aos colectivos culturais ourensáns como queren que se gasten os seus cartos? Se cadra levaban a sorpresa de que aos ourensáns o tema do "festival de cine" nin lles vai nin lles vén.

Anónimo dijo...

Eu si son nacionalista, pero agora ando moi esceptico, porque cal sería a diferencia entre votar PSdG e BNG?

Sei que hai xente moi docta e política por aquí.

Anónimo dijo...

Mais arriba o Señor James Rairo, fala de "artellar". Qaaue curioso,lémbrame aquel slogan de Centristas de Galicia de Vitorino Nuñez: "ARTELLAR GALICIA", A connotación caciquil é clara e apenas se disimula, "artellar" ven indicando unha forma de facer politica nos intersicios, renunciando a grande politica, as estratexias e limitarse ao inmediato, a pequenas compensacións. entendese así o apio a nefasta ministra e as compensacións pra "Galicia". Unha forma de facer politica reduccionista, "jibara".
O anónimo pide que se lle aclare a diferencia PSOE BNG, eu dende a miña ignorancia dirialle que lle vote a quen lle ofereza mais, polos demais igualiños.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Vexamos: o que eu quero dicir é que, como pode demostrar este mesmo blog, hai moita xente coa mesma visión crítica sobre o bipartito e, en concreto, sobre a política do BNG ca Beiras. Pero sempre dá a impresión de que ata que non o di el, a cousa non pasa de lerias íntimas ou desazóns de votantes frustrados ou desencantados. Non que non teña razón nin que o que diga estea mal. Obviamente.
Tamén sería interesante comprobar, non obstante, o número de veces que sae o pronome "eu" na entrevista a Beiras e os tempos verbais en primeira persoa de singular. Deformación profesional, dirán, pero abofé que semella moi significativo.

Anónimo dijo...

Que o festival de cine non lles vai nin lles ven ós ourensáns non é ningunha sorptresa: basta comprobar a incidencia que teñen as proieciós: cero.
Pero son moitos cartos que se moven dun xeito que no fai falta explicar. E hai moito alacrán solto.

Anónimo dijo...

"Son moitos cartos que se moven dun xeito que non fai falta explicar"
Pois explíquese.
Pero a ver: non quedaramos en que o BNG ía rematar co enchufismo, co amiguismo? Que ía potenciar a cultura popular? Se queren promocionar o turismo en Ourense (mesmo o turismo dos propios galegos que descoñecen esa cidadde), teñen mil maneiras de facelo.