29 dic. 2007

Fototeca: Arturo Baltar, Risco, López Cid...

Para o convite da exposición de Arturo Baltar no Centro Cultural da Deputación usaron esta simpática e histórica foto, datada o domingo de entroido, 22 de febreiro de 1960. A foto é de Arturo Cudeiro e na calesa (non se sabe o nome do conductor), están, de esquerda a dereita: Adolfo Estévez, Arturo Baltar, José Luís López Cid e Vicente Risco.



16 comentarios:

Etxe dijo...

Calesa e cabalo, polivalentemente, modificadamente, era o coche fúnebre da cidade... aquel que subía pola Av. da Habana cara ao cemiterio ou por Buenos Aires e torcía en Emilia Pardo Bazan, que JM Bedoia era moi pina de dios.
Afoto ben bunita, pois.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Existe un estraño filme experimental, e de certo ben pouco coñecido, titulado “Acariño galaico – de barro”, realizado en 1961 por un cineasta e fotógrafo granadino chamado José Val del Omar, da truncada xeración do 27.
O dito filme está protagonizado polo artista Arturo Baltar. Acisclo Manzano ten tamén un pequeño papel. É algo mesmo delirante, cunha calidade fotográfica, así como cunha trama para min incomprensíbel. As secuencias do incendio forestal ourensán e a dos falanxistas composteláns son antolóxicas.
Sería interesante dar a coñecer esta alfaia do noso cinema. Comento isto porque a súa data de gravación (e tal vez a súa “atmosfera”) coinciden máis ou menos coa da foto que nos mostra o sr. Valcárcel.
Cumprimentos.-

Xohan da Coba dijo...

Añguén sabe qué tal está o libro sobre os símbolos de Galicia de Barreiro Fdz. e Villares, recén saído? Na librería está envolto en plástico en non puden votarlle un vistazo, que é o que me gosta antes de compralos.

Etxe dijo...

E dálle con "votarlle", meu.
Veño do Tanatorio Ourensán e alí me dixeron a súa identidade..., Sr. Xoan da Coba

Anónimo dijo...

Etxe, vaíase da lingua e conte algo.

Xaime dijo...

Si llo dixeron nun tanatorio é que Xohan da Coba, morreu.
Xohan da Coba, ha muerto, Viva Xohan da Coba

Anónimo dijo...

Xohán da Cova era Quesada?

Xohan da COba dijo...

Cómo teño que decir, Etxe?

a)Darlle un vistazo.
b)Darlle un golpe de ollo.
c)Darlle unha ollada.
d)Outras.


Sabe Deus quén lle dirían que son.

Xohan da Coba dijo...

Ah! debe ser "botarlle"!

O de "golpe de ollo" tamén me gosta por semellanza có "coup d´oeil" francés.

Pero nas aldeás decían "botarlle o ollo" cando se referían a fixarse nunha rapaza pra tentar "conquistala" (ou nun rapá no seu caso).

Xohan da Coba dijo...

Eu non me lembro de ver esa calesa, pero presenciéi moitas comitivas fúnebres a pé polas rúas de Ourense, hacia o cemiterio de S.Francisco , nos anos 60. Era curioso ver cómo se facía o silencio entre os transeúntes cando pasaba o cadaleito a ombreiros. Cómo os gardas de tráfico lle daban preferencia e se cuadraban militarmente. Mesmo había habituáis que, sin coñecer de nada ó difunto, incorporábanse a tódalas marchas dese tipo, impresionados pola solemnidade do paseo hasta o camposanto.
Este último dato contáramo no seu día o Avelino, que daba tapas de orella e caldo na rúa S.Miguel. Él coñecía a un par deses "espontáneos" . Divertíase preguntándolles quén era o morto. Eles encollían os ombreiros e decían "Eu qué sei", continuando maxestuosamente a marcha.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Ola, boas noites.
Curso acelerado de galego:
"Echar (dar) un vistazo", en galego é:
"DAR (nunca 'botar') unha ollada"

Se quixermos entrar no walhalla da lingüística galega, podemos empregar o maxistral, documentado e real:
"Dar unha vista de ollos".

O señor Etxe chamou a atención ao señor Da Coba por causa do moi común erro "votar" por "botar". E o señor Etxe está parcialmente acertado. Digo parcialmente, porque as falas para norte do Douro non distinguen foneticamente B e V, así que a única axuda que temos é o recurso á etimoloxía, que non sempre axuda. É dicir, o señor Etxe acerta cando indica o mal uso de "votar" no canto de "botar". Mais, infelizmente, o problema real estriba en que no caso de unirmos a palabra "botar" ao concepto "ollar", estamos a caer na sutil e por veces invisíbel trampa do castelanismo. Porque os galegos, lingüísticamente "damos" unha "ollada" ou unha "vista de ollos", nunca "botamos" (excepto, evidentemente, persoas que padezan de exoftalmia.
Saúdos para os señores Etxe e o misterioso e fantasmagórico (e intelixente) Da Coba.

Xohan da Coba dijo...

Muito obrigado pola "ex-planación", Sr.Julio Medela. Débolle unha cerveza nun dos bares de Lobeira (Vila), o que queira.

Xohan da Coba dijo...

Dín que é indistinguible (no castelán) fonéticamente o "b" do "v" etc.etc.
Eu fago ás veces o experimento seguinte: Nunha frase calquera (en castelán) cunha verba con "b" ou con "v" sustituio esa letra por un "f" ou un "p".Móstrolle a frase a unha persoa.
Teño comprobado que na maioría dos casos esa persoa entende a frase igual e dase conta da mutación si se cambióu "b" por "p" ou "v" por "f". Pero non si o cambio se fixo ó revés. Dalgún xeito, hai algún residuo nalgún aspecto diferente do fonético, que sigue diferenciando o "b" do "v".

Julio Medela de Lobeira dijo...

Evidentemente, o feito de unha palabra levar b ou v non é casual. Que agora non se diferencien na súa pronunciación non significa que como vostede acertadamente indica, non exista algún tipo de "residuo" que denuncie que en tempos eran fonemas de realización diferente. (Vaca-animal, beber, e faca-coitelo teñen etimoloxías ben diferentes).
O problema é que, como antes comentabamos, para norte de Porto a oposición b/v non existe, sobre todo nos falantes patrimoniais. Por iso os falantes do português "standart", o eixo Lisboa-Coimbra, ridiculizan este hábito lingüístico. E cal é a causa desta falta de diferenciación?? O xenial lingüista catalán, Joan Corominas, que é a persoa que máis profundizou nisto, apunta dous factores:
En primeiro lugar, sospeita que as persoas que habitaban a Gallaecia antes da chegada dos romanos tiñan moi marcados uns hábitos articulatorios que lles impedían realizar os chamados fonemas labiodentais, polo que tiñan que pronunciar "vaca" tal como "Barcelona".
En segundo lugar, Corominas apunta tamén a posibilidade de que os "colonos" romanos que para acá viñeron, traían consigo este tipo de hábitos, que quedaron fosilizados como consecuencia do carácter periférico e aillado da Gallaecia.
E para acabar de embrullar o asunto, a influencia do castelán, onde normativamente tamén non existe a diferencia entre Vaca e Barcelona, e que foi tomado (o castelán) como patrón standart por nós, impediu que este asunto puidese ser aclarado lingüísticamente e comprendido na súa extensión.
Ah, señor da Coba, na Vila (Real Vila de Lobeira, seu auténtico e antigo nome), non hai bares. Hai dous nas Quintas, o meu barrio.
jajaja
Cumprimentos.-

Xohan da COba dijo...

Pois nas Quintas, un a cada lado da rúa "E.H.C." .Jajaj.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Só rúa????????????
Avenida...
AVENIDA!!!!!!!!!

Son os nosos Campos Elíseos

jajajajajajajajaj

Cumprimentos.-