29 dic. 2007

Fototeca: Casares e Conde

Outra foto de hai uns cantos anos, arredor de 1982 (enviada por Monxardín). En Trasalba, na festa dos Premios, pero aínda sen carpas. Carlos Casares, a súa dona Cristina e Alfredo Conde en primeiro plano. En fronte debe estar Sixto Seco. O que toca as maracas podería ser, ten un aire, o Segade, profesor da Facultade de Dereito, pero quizais só sexa un paisano que se lle parece.


Actualización (30 dec.): como confirma nunha mensaxe X.L. Carrión, o paisano das maracas non é Segade, senón o señor Juan, que formaba parte da charanga do Cuco de Velle. Engadimos unha carátula deste grupo festivo musical: o señor Juan está no centro do grupo, por baixo do Cuco de Velle, alma mater do grupo.


6 comentarios:

Anónimo dijo...

Non se trata de Segade quen toca as maracas. Era o señor Juan, un ourensano integrante da Charanga do Cuco de Velle que se mal non lembro -eu estaba naquel acto- puxeron a nota musical ao xantar.
Como é tradición, cando un fala dunha persoa, sempre fai referencia a parentes. Por iso, como ampliación, comento que o señor Juan, que finou hai anos, era tío de Adela, a dona de Aser, o coñecido comerciante que contou con tendas de roupa en Galerías Centrais e na esquina do Parque de San Lázaro, no lugar que hoxe ocupa a perfumaría 'Maryan'.
XOSE LOIS CARRIÓN.

Xohan da Coba dijo...

Vaia tropa !
Alá van tamén o "Angel dos Meigas" (có acordeón roxo) e un dos "irmáns Cudeiro" (có clarinete).randes músicos. Ó Angel acuñóu tamén a expresión "levantamento de vidro".

Canalejas dijo...

¿Os irmáns Cudeiro? ¿Os Pichís?

carqueixa dijo...

Señor Da Coba: o Angel Meigo tiña un moi bo, cando dicía que unha vez fora de "chicas" na Coruña e preguntara ¿canto?, contestáranlle "1000 y la cama"; e cánto vale a cama, pois.. 1.500, pois entón facémolo de pé.

Xohan da Coba dijo...

Na Coruña? Ah, sí !. Era aquela rúa tan empinada, que despóis ardéu. Naquelas barras oíanse as línguas todas do mundo.

Xohan da Coba dijo...

O Angel, o "Mudo", o "Maski"...Qué panda de persoeiros nos deixaron nos últimos anos...