8 dic 2007













López-Casanova. Jane Birkin.

Os dous teñen admiradores, de seguro, nesta casa. O poeta Arcadio López Casanova, catedrático na Universidade de Valencia, estará o próximo xoves 13 (19,30 h. no Liceo), en Ourense, falando de "Tempo de procura (Casares en Compostela)", dentro do Coloquio Carlos Casares.


3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu tiven oportunidade de coñecer a Arcadio López Casanova hai pouco tempo, con motivo dalgunha conferencia impartida por terras de Vigo. Teño que dicir que é a discreción e a elegancia personificadas. Un home serio, sobrio, pero moi amable e riguroso. Un gentleman, se mo permiten.

Anónimo dijo...

A deusa Birkin estaba no camerino "terreal e arborescente", segundo o autor. Qué envexa! Aínda que eu preferiría maior precisión. Sobre todo no de arborescente.

Anónimo dijo...

López Casanova ten publicado un libro realmente útil para quen se ocupe ou estea interesado na análise poética desde perspectiva galega. Outro lugués ilustre, do que habería bastante que contar.