8 dic 2007

























Estatuaria urbana de Ourense (I)

Xulguen vostedes mesmos:
Castelao, de Buciños (foto Pili Prol).
A leiteira, de Ramón Conde (foto Nacho Rego).
A muller coa bola do mundo, na rotonda de Pardo Bazán, dun discípulo de Buciños (?), foto Trebolle.
O Otero Pedrayo, de Buciños, na praza do Correxedor.
Ladislao Reverter e Colemán, Los chicos del rallye (descoñezo o autor..., case mellor así).
O Fauno e a Serea (1995), no Parque Barbaña, as dúas de Acisclo Manzano (da web artebronce.com).

11 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Como que los chicos del Rally?
Lalao Reverter,o do Alpinche, o do Realpor, o alma mater da escuderia orense e o Colemán, famoso por causas tamén extradeportivas e un tipo entrañable da cidade.
A escultura, horrible e prescindible por suposto, pero a turistada alucina

Anónimo dijo...

Os "chicos do Rali" son de Ramón Conde.
Na cerimonia de inauguración, oíuse unha voz alta e clara desde as últimas filas do público,que berróu: "Esta estatua está moi mal eiquí.Tiña que estar ca calles das putas! ".

Cando se baraxóu a posibilidade de que esa estatua ocupara o lugar que hoxe ocupa o Carrabouxo, o propietario dunha cafetería próxima comentóu: "Se me plantan eiquí o tipo ese, vendo o bar". Os de Ourense imaxinará a cal dos dous se refería.

Anónimo dijo...

O Colemán un tipo entrañable da cidade,Etxe? Boeno. Vostede fala dunha "feira" diferente á miña.

Anónimo dijo...

As de Buciños, extraordinarias. As de Acisclo, ben. As de Ramón Conde, para nota...

Beluka dijo...

Non sabía eu de tanta obra d'arte en Ourense... Xa me dá máis vergonza non ter ido nunca...
Apertas e grazas pola mostra!

Anónimo dijo...

Hai máis , beluka. Pero nunca se nos ocurriría poñer esta...

GUARRADA

Marcos Valcárcel López dijo...

APICULTOR, o da "nota" de RC é ironía. Ou vai en serio? Porque nunca se sabe...

Anónimo dijo...

Si, claro que vai en serio.

O de Ramón Conde é de nota: MD (Moi deficiente)/ Repetir curso.

Estou no certo ou non?

Anónimo dijo...

Non de feiras, de bares, falaba... Ten razón, Don Xohan, a palabra non era "entrañable"... en calquera caso, quería usala no sentido casariano ou piñeirista de "o bo de" para falar de "boa peza".

Anónimo dijo...

O máis espantoso de todo o espantoso no tocante a parte das esculturas urbanas, é a miniponte vella na rotonda de acceso norte.
Ao lado dela, a ponte neo-hortera de Lalín é unha fermosura.
Que unha cidade de pontes como esta, faga tamaña fealdade, é un insulto a todos os devanceiros desde Trajano aos contructores da ponte do milenio.
Hai que sacala, por decencia. Vou ver se lle saco unha afoto para todos vostedes e xa me dirán.

Marcos Valcárcel López dijo...

Totalmente de acordo con Etxe. A pontiña da rotonda o acceso norte é tan horrible que dan gañas de seguir a rotonda e volver cara atrás, sen parar na cidade.