1 dic 2007


Memoria e afectos.
Pan por Pan sábado 1 decembro. Imaxe: Avó con neno, de Ghirlandaio.

Uns investigadores da Universidade de Buenos Aires afirman que a memoria garda con máis facilidade datos vinculados a algunha carga afectiva. O cerebro garda aínda milleiros de misterios e moitos deles están asociados á memoria: non podemos lembrar todo, é necesario que vaiamos borrando datos do disco duro. Ou quedarán por aí esquecidos ata que alguén aos resucite de novo? As persoas maiores poden lembrar cousas da súa infancia e esquecer as cousas cotiás só poucas horas despois. Todo iso debe ter moito que ver cos niveis de emoción, como din os estudosos arxentinos. En realidade, eu creo que xa o sabiamos, sequera como intuición. Sabíano os poetas e os artistas. Como a dama namorada do trobador Xulián Bolseiro que lembraba con agarimo a brevidade das noites de amor co seu amado e se angustiaba ante a longura das noites en que o amigo estaba ausente.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha emoción que non sei cómo se chama,é a de "sentir interés forte por algún tema".Seguro que calquer dato novo,por trivial que fora,sobre a guerra civil en Ourense,lembraríao o Marcos pra sempre con oílo unha sóa vez.Tamén influe a cantidade de coñecimentos previos sobre o tema,que permite establecer múltiples asociaciós subconscentes.Pra,XMGlz.pasaría o mesmo con calquer tema lugués.Etc.

Anónimo dijo...

Os que foran por ciencias, lembrarán que, ao mixturar ácido súlfúrico con auga, debe botarse aquel sobre ésta, e non ao revés (podería saltar ácido, có correspondente perigo). Bastaba con que cho dixeran UNHA vez, deste xeito:
-"Siempre EL SOBRE ELLA,nunca ELLA SOBRE ÉL".A emoción evocada é bastante forte.

Anónimo dijo...

Fixo bén en tiduar o post "memoria e efectos".Fai tempo que se coñece en Psicoloxía a "lei do efecto".É bastamte xeral,pero tén moito que ver có que fala o seu escrito:

lei do efecto

Anónimo dijo...

Fíxense nesto:

Lembralo todo

Anónimo dijo...

E,falando de memoria,a canción que amenice o post,será...

MEMORY

Ou esta:

Tenta lembrar

Anónimo dijo...

Sr.D Coba: Faga o favor de crarexarme unha dúbida.Para postear como acaba vostede de facer,copiando o código Embed dun video de Youtube, compre estar rexistrado e ter unha conta en Blogger,non si ?

Anónimo dijo...

Non,doniña.Eu enlazo a páxina onde está o video,de xeito normal,coma se fora calquer outra páxina.

Por certo,sabía que a doniña en italiano chámase donnola? Arume d.p. estará encantado.

Anónimo dijo...

Dín os que saben que é moi dificil lembrar nada que nos acontecera antes dos tres anos.Cal é a cousa mais remota que lembran na súa vida.A qué edade?

Anónimo dijo...

Grazas.A min debe terme manía porque sempre que o intento dime que a miña HTMl non é aceptable.Que lle quere!
Non sabía o de donnola, pero, a que soa máis agarimoso doniña?

Anónimo dijo...

Pra mín,sí.Pero non seí qué connotaciós terá pra un italiano o sufixo "-ola".

Anónimo dijo...

Non me extrañaría que ese estudo tan sesudo prá decir algo tan obvio como que a memoria vai asociada ás emociós, sexa en realidade propaganda anticipada i encuberta pra vender un futuro libro. Titulado, posiblemente "Memoria emocional", i escrito, posiblemnete polo Daniel Goleman. Ou por outro parecido.

Anónimo dijo...

Eso de que o tempo parece is máis apresa cando estás coa persoa amada, e máis lento cando non está (sobor de todo se a estás esperando) é un exemplo que usaba Einstein pra explicar a súa "Relatividade". A verdade é que eso non tén nada que ver con a famosa teoría,pero él sacudíase así de enriba ós pelmas que lle preguntaban sin verdadeiro interés.

Anónimo dijo...

Moita xente practicou e practica a chamada "intelixencia emocional" sen necesidade de ler a Goleman. Todos temos amigos e coñecidos parametralmente intelixentísimos pero con problemas de axuste emocional; e coñecemos tamén persoas de intelixencia suficiente, que a potencian cun uso prudente e sabio das emocións. A conceptualización da agora chamada "intelixencia emocional" ven de moi lonxe, de antes incluso que Grecia. Os gregos, sein ir máis lonxe, chamábana "sofía", que é intelixencia máis prudencia, entendendo por esta non a reserva raposeira do paisanos raposeiros, senón conciencia das posibilidades e límites que ofrece a situación. En realidade, todos a practicamos en maior ou menor medida na nosa vida cotiá. E canto máis pasa o tempo, máis a practicamos, anque perdendo intelixencia e gañando prudencia. Como todo, ten os seus perigos. Os que se pasan dun lado, caen na frialdade distante da intelixencia pura; os que se pasan do outro, na utilización das emocións para o engano,o ocultamento e a manipulación. In medio virtus.
Coa "memoria emocional" ocorre outro tanto. A vida faise máis grata se lembramos con máis detalle o que nos gusta e esquecemos o que nos disgusta. A intelixencia pode ou non ser emocional. A memoría, no afectivo, é sempre económica. Por sorte. Se o recordásemos todo, sería insoportable.

Anónimo dijo...

Eu penso que a memoria está moi ligada ó "senso".

Se eu lle digo,repita esto: "julipadarjefucolasgokalmejiñule",é probable que tarde bastante en memorizalo.I esqueceráo deseguida. Son 14 sílabas sen senso.

Se agora lle digo,memorice esto:" Maripili déitase coa filla do zapateiro de Rouzós".Deseguro que o memorice ó momento.E son 18 sílabas. Pero a cuestión non é esa.É unha frase con senso,cando menos,sintáctico.Ademáis,poden superpoñerse outro tipo de sensos: vostede pode coñecer a Maripili,e ó zapateiro.Pode que sepa ónde está Rouzós,ou non.Se sabe estas cousas lembrará mellor: Hai máis senso.Pode que Maripili sexa a súa señora esposa,ou o zapateiro o seu adúltero marido. Nese caso,o "senso emocional" fai que nunca esqueza a frase.E lembrará ademáis quén llo dixo,dónde llo dixo,qué día da semana era e qué roupa levaba posta.Salvo que xá soupese do "affaire" entre a súa señora e o zapateiro.Nese caso igual esquece eses detalles: non lle aportan nada novo.
O fortalecemento deliberado da memoria consiste esencialmente en dotar activamente de senso ó que aparentemente non o tén.Ou darlle máis do que xa tén.Ou un tipo diferente de senso do que xa tén.Por eso teñen mais memoria queñes teñen máis vocabulario e mais coñecementos previos: a peza dun "puzzle" non se perde se pode engancharse a outras.Cantas máis mellor.E canto máis senso teña o dibuxo que configuran,mellor aínda.

Non séi se me expliquéi o que quería decir.

Anónimo dijo...

GIMNASIA PARA LA MEMORIA(P.Montejo-M.Montenegro),ya o coñece o Sr XDC?

Anónimo dijo...

Eh...Pois agora mesmo non lembro...Ou sí?...Non...Sí,sí!...ai,non ese é outro...esto...eh...



Saben cómo lle chaman os italianos ó punto (.)? Punto fermo (punto quieto).Os suspensivos parece coma se nos estiveran quietos...