22 dic 2007


Mystic River

Botárona hai pouco na tele, graveina e puidena ver onte. Desgarradora, perturbadora. Unha película chea de intelixencia. Un atinado retrato da violencia que nos arrodea, sen necesidade de encher a pantalla de sangue nin vísceras: un prodixio da narración, da elipse, da arte de contar historias. O certo é que non me entusiasmaba o primeiro Clint Eastwood (cando Harry o sucio, etc.). Pero nos últimos tempos é un dos mestres do noso cine contemporáneo. Sen dúbida.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha película certamente extraordinaria, que xa vin dúas veces. Eastwood é, sen dúbida, un dos grandes. Un clásico dos nosos tempos dende hai xa máis de dúas décadas.

Anónimo dijo...

Tamén hai que atinar cos actores. E tanto Sean Penn coma Kevin Bacon parecen o tal para tal historia; non hai máis que ver a foto.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O cinema, americano.

Anónimo dijo...

Moi bo film. Porque a verdade na galega teñen o síndrome de pelis de vaqueirada antiga de Clint Eastwood, andan atrofiados con iso dende hai uns meses.