1 dic 2007

Tres artigos en La Región

¿Habla usted holandés? (Afonso Vázquez-Monxardín)

Cando o viño fala galego (Antonio Piñeiro)

Cumpreanos: punto e á parte (X.M. Piñeiro)

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Comprendo moito o Monxardín, madia leva se o comprendo. E iso que agora aínda deben ir funcionando os sistemas de atención telefónica, agás se cadra cando te queres dar de baixa, ou que che retiren o teléfono; non sei se seguirá habendo aquel complicado trámite que sempre debes realizar ti mesmo.

P.D.: Igual é lamentable facer propaganda, pero da atención telefónica e técnica de R só podo emitir louvanza; é certo tamén que, por iso e outras cousas, nunca tentei darme de baixa.

Anónimo dijo...

Vostedes sabían, creo que xa o contei e pido desculpas por iso, que para os mandamáis de Telefónica o sotaque vigués resulta atractivo para conseguir novos clientes e, sen embargo, que o coruñés (dá noxo mesmo pensalo canto máis escribilo) resulta demasiado marcado, por non decir demasiado galego (sic). Que está vedado o acento catalán e o andaluz, por razóns diversas que case dá medo escribilas? E que o acento castelán (mesetario, non outro) emprégase para chamar a morosos e reclamarlles o cobro?
De todas formas, non hai que ir a Dublín a atopar esas factorías: nunha oficina da gran vía de Vigo acollen a máis de 500 persoas.

Anónimo dijo...

Boeno,pasa cós locutores de radio e televisión,que teñen que adestrarse nun acento "neutro".E non é nada doado, sábeno bén.

Anónimo dijo...

Don XMGlz: Decir as cousas non é facer propaganda. Ou pódese falar bén da xestión dun partido político e non da boa xestión dunha empresa, por medo a "facer propaganda"?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Un agasallo para SUperpiñeiro, para que o faga na TVG: Roberto Benigni recitando o canto v do Inferno de Dante

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eso si: no prime time.

Anónimo dijo...

Ou o Gayoso.No canto do "Candil".

Anónimo dijo...

Coincido co señor González na súa loa de "R". Levo con eles xa uns catro anos, fixen uso dos seus servizos de asistencia técnica moitas veces e sempre me resolveron todo rápido e ben, dende cambiarme o modem ata amañar unha trapallada menor.
De Telefónica non quero nin oír falar. Estou desexando que os de "R" me expliquen o asunto dos móbiles para pasarme.
Pero aínda mellor que "R" é o artigo de Monxardín.