2 dic 2007


Unha caricatura simpática

Onte (1.12.07) en La Voz de Galicia, de Leandro.

69 comentarios:

Anónimo dijo...

Non pode con el.

Anónimo dijo...

Fiar toda a estratexia política actual en ser "determinantes" en Madrid, como antes o foron os cataláns e os vascos, non sei se dará moito de si na próxima lexislatura.

Porque iso depende de factores moi variables sobre os que non se ten ningún control. Baste con que o PSOE suba algúns escanos nalgunhas provincias españolas ou que CiU suba algúns outros en Cataluña, reforzándose se é mester con apoios puntuais do PNV ou IU, para que Zapatero logre maiorías parlamentarias nas que non sexa necesario o Bloque.

Daquela, os dous deputados nacionalistas (conseguir tres é, coido, unha quimera) clamarán no deserto do Congreso dos Deputados.

A xogada pode, pois, saírlle moi mal a Quin. Nese momento, botaránselle na chepa os irmandiños, os da alternativa e os da base. E se dentro de dous anos nas autonómicas, o BNG mantén resultados pero o PSOE incrementa un ou dous escanos (cousa non improbable), a posición no goberno galego sería moito máis precaria e subordinada.

Que pasaría entón dentro do BNG? Só o tempo o dirá. Pero unha crise profunda, e quizais irreversible, estaría asegurada.

Xa falaremos daquela.

Anónimo dijo...

A min, pola contra, interesaríame falar antes; moito máis, desde logo, que arquitectar futuribles en escada a partir de considerandos sucesivos.

Non se entenda como despectivo o devandito; lonxe da miña intención. Ora ben, estimaba eu ler estimacións sobre o que podería facer o Bloque, ou que estratexia podería ser acaída canto -agora mesmo- a política de estado.

E falo totalmente en serio.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Aos efectos conseguidos tanto ten ter tres (aliteración obtida!) ca dous. Valen igual. Non creo que esa poda ser estratexia relevante. O outro día aquí, alguén de Navarra, auguraba dous deputados para Nafarroa Bai. Probablemente (non o sei) advertía que eses deputados necesarios para a gobernación ou para a non defenestración (de houber fiestras no parlamento) dunha ministra poderían vir doutro lado. De tal xeito, que podes ter cinco deputados e nengunha capacidade de manobra.
En fin, "política de estado", como di o novísimo maquiavelo de Allariz, moi ben proclamada neste caso, porque hai eleccións cedo e hai que suliñar os anuncios do BNG que hoxe amenazan o monopolio da propaganda das consellerías e concellos (como o de Vigo de forma máis ca vergonzosa) nos xornais. Maquiavelismo si, ben claro. Aínda que a Maquiavelo esas palabras sobre peso ou poder en Madrid lle resultarían demasiado cargantes: preferiría eso máis fluído e lixeiro de intereses para Galicia ou de beneficios para a res pública gallega.

Anónimo dijo...

Non entendo a que se refire con iso de Vigo e monopolios; por ende, dificilmente podo entender a que vén neste caso. Pola contra, canto a influencia de ter máis ou menos deputados, dificilmente podo estar máis en desacordo.

Galicia foi, desde o 1977 e ata que o BNG tivo representación en Madrid, concepto e mesmo termo ausente daquela lóxica política; desde que a tivo, houbo máis atención e esta acaba volvéndose -porque si ou para que non digan- investimento. Haberá quen negue que tal mudanza se producise; ao mellor é que tampouco non prestou ou presta moita atención a tales matices dentro da lóxica -dirá superior- da dinámica "de Estado". A min paréceme inequívoca.

Hai unha cousa que é obvia: doce deputados, como número, dan máis posibilidades de influencia que tres, catro ou cinco. As posibilidades de participar na gobernabilidade do Estado adoitan coñecerse, sensu latu, no día seguinte ao do escrutinio definitivo; e con todo, nada queda garantido, nin nun sentido nun noutro; principalmente en momentos coma o actual, cando por exemplo tanto se está a revolver a cousa en Cataluña.

Supoño que o BNG marcará como obxectivo electoral a obtención dun grupo parlamentario. Eu, xaora, non vou predicir; son igual de malo coma augur ca nas apostas.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Quero dicir que os xornais últimamente amortízanse (a base de subvencións encubertas ou, como diría Azaña, por suborno) coa publicidade directamente chegada das diferentes consellerías. O concello de Vigo tampouco é manco e un día si e outro tamén recorda que somos Vigo, que hai garderías, que hai universidade, que hai porto. Un disparate que costa cartos á cidadanía. Eso é o monopolio publicitario ao que me refería, roto hoxe cos anuncios do BNG.
Sobre o segundo, creo que reduce ao absurdo a miña consideración: eu dixen dous ou tres (faltoume engadir un, pero desde logo non pensei eu, nin vostede, en 12). E por razóns puramente coxunturais. No ano 2014 ou máis adiante, o BNG pode obter ata 10 deputados, pero para as vindeiras eleccións entre 2 ou 3 anda o xogo.
De alí sacar o asunto da gobernabilidade en Madrid vai un treito ben grande. Outra cousa é que queiran vender de aquí ás eleccións o triunfo (ao mellor pírrico) de decidir en Madrid. COmo estratexia electoral non está mal (aínda que pode ser contraproducente, segundo os casos) e aos anuncios me remito. Calquera cambio na dinámica que vostede invoca pode facer retroceder a influencia aos niveis previos. Unha maioría absoluta do PSOE pode levar á inutilidade o hipotético e ansiado grupo parlamentario, por exemplo. Pregunto: que prefire: grupo parlamentario ou capacidade de decisión como no último (e excepcional, non esquezamos) round?

Anónimo dijo...

Eu propoño que para predecir, nos deixemos xa de teorias dos xogos e outras retoricas do rigor e emulemos aos antigos: fagamoslle unha incisión abominal a un grilo e extraigámoslle as visceras para examinalas a luz da lúa.

Anónimo dijo...

Pola miña parte, prefiro facerlle esa incisión a unhas langostas e aproveitar a extirpación e o exame ulterior para poñelas á prancha e papalas convenientemente.

Anónimo dijo...

Non sabe vostede Arume o que é bo, probe uns miolos de grilo ao natural e xa verá como se fai fanático dese saborr.

Xaime dijo...

ENÉSIMA LECCIÓN DE PRAGMATISMO

Eu proporía outra hipótese.
Estaría igoal de disposto o BNG, pola gobernación do Estado, a prestar tanto o seu apoio a Zapatero, como a Rajoy con minoría mayoritaria en Madrid.
Si ser pragmático e a moda en política - CiU e PNV levannos moitas pasarelas- hai que estar preparados para vota-la investidura de Mariano.
Si Zapatero perde en Madrid, o BNG, debería pensar en cambiar de amigo en Galicia.
Esto é o que eu penso, é o que eu faría, por que ser pragmático en política e a oportunidade.
Gañando as eleccións o PSOE no Pais Vasco gobernou o PNV, que a súa vez apoiaba a Gonzalez en Madrid e Pujol gobernou en minoría en Catalunya por que se precisaban os seus apoios.
Así e deprisa e correndo penso que sería a única maneira que o BNG, desplazara en Galicia a outra forza de "esquerda" e se presentara como alternativa real o PP.

Anónimo dijo...

Home, Saavedra, eu pouco máis podo dicir do que xa dixen. Xaora, non son adiviño.

E verbo da súa petición de que estratexia podería ser acaída canto -agora mesmo- a política de estado, e logo, non lle gusta a actual?

Anónimo dijo...

Contestando a Xaime.
O BNG si podería por pragmatismo (a defensa dos intereses de Galiza), pactar co PP. En teoría non hai problema para tal acordo. Cousa distinta é o que se pacta, e aquí entran en xogo as posicións políticas do PP e do BNG, que ao longo dos anos e agora mesmo, están nas antípodas. Logo as posibilidades reais de pacto co PP hoxe (logo de marzo) son nulas. Con outro PP, ou con outra política dese partido, ¿por que non?
Mais hoxe é unha ficción pensar en tal cousa, moito tería que mudar o PP para que se poidese sequera empezar a considerar tal hipótese no BNG.
Un amigo

Anónimo dijo...

Neste debate tan interesante, creo que é moito mellor a alternativa da langosta cá do grilo. Dixen.

Anónimo dijo...

Tras das alegres manifestacións de Quintana, Rodriguez puntualizou nun escrito ben pensado e pouco discutible pero que se pode matizar aínda mais: o prezo público da ministra tiña que ser o AVE, a súa chegada en tempo e forma, iso é o que xustificaría non absterse.
Se se poñe prezo privado, como ten feito PNV e CIU, pode ser calquera, pero entón ha de ser privado para non transmitir á poboación que o parlamento é un mercado. As formas importan.

Anónimo dijo...

A min paréceme que neste asunto o BNG está intentando "vender" o seu producto. O cal é perfectamente lóxico. Pero creo que deberían ter coidado co "marketing": hai que eloxiar sempre as calidades do produto, pero se un se pasa moito pode ocorrer que o vendedor perda credibilidade.

O voto non reprobatorio da ministra, a cambio dunha entrevista de Quintana con Zapatero para falar dalgunhas transferencias pendentes, está celebrándose polo BNG como se fose a independencia de Galicia. A min lémbrame a primeira vez que un rapaz pequeno mete unha canasta nun partido de baloncesto, que a celebra como se fose o campionato do mundo de baloncesto cadete.

A verdade é que houbo que esperar moito tempo para que o BNG fose "decisivo en Madrid". ¿Quere dicir iso que todo o labor anterior no Congreso dos Deputados e no Senado non serviu de nada? ¿Quere dicir iso que haberá que esperar a outra carambola, como unha alianza conxuntural entre PP, IU, ERC e CiU para tumbar a unha ministra insoportable para que o BNG volva ser "decisivo"?

Eu creo que o BNG quere introducir en Galicia unha idea da política de Estado que non me parece que sexa a que a maioría dos galegos detectamos e preferimos. Ao fin e ao cabo, cun BNG nada "decisivo en Madrid", durante os últimos catro anos os investimentos en Galicia disparáronse. E a nosa "balanza fiscal", segundo estudo do BBVA recentemente aparecido, é a máis favorable entre todas as comunidades autónomas españolas despois da de Andalucía.

Non fixo falta un BNG "decisivo en Madrid" para que o Estado -e a Unión Europea, na que Galicia estivo sempre, que eu saiba, representada por España- fose e sexa solidario con Galicia. Outra cousa é o dinamismo interno da sociedade galega, a súa capacidade para crear riqueza e emprego, as políticas máis ou menos acertadas dos seus gobernos autónomos...

Por certo, o que máis me chamou a atención no anuncio de hoxe foi que o BNG se autoatribúa o 8 por cento dos investimentos territorializados dos Orzamentos Xerais do Estado en Galicia durante os últimos exercicios. Non entendo como non celebrou tamaño logro -incomparablemente máis importante que o do outro día- coa mesma exuberancia e a mesma autoafirmación decisoria coas que celebra a conquista da entrevista entre Quintana e Zapatero. ¿Será que a cousa non foi tal como nola conta agora o BNG?

Xa digo que non sei se tanto estrépito celebrativo lle fará ben ao BNG. Estas cousas hai que levalas con moderación, porque do contrario ata poden dar lugar a efectos contrarios dos que se procuran. O que é un episodio de normalidade política, habitual no xogo parlamentario, non debería venderse como algo "extraordinario". Porque o problema do extraordinario, como a propia palabra indica, é que pasa moi pouquiñas veces, que é unha especie de milagre. E se a cousa consiste en ir vivindo de "milagres", non sei eu se se verá como a mellor opción...

Anónimo dijo...

O Leituga-1 deixa de lado un detalle de certa relevancia: parte non desprezable da mellora no último orzamento estatal procede da negociación entre o Goberno central e os representantes do BNG. Digamos, por outra banda, que parte non escasa de culpa na mellora dos últimos anos (que non é para botar foguetes, pero algunha hai) procede do dinamismo social -onde a mobilización non tivo reducido papel- manifestado no e polo país entre o 2002 e o 2005. Eu engado: desde que Galicia se fixo máis visible desde que ten deputados de estrita obediencia nacional.

É certo, a consecución desta semana pasada -bastante máis ca unha entrevista, non me sexa ladino, Leituga; o apurado que andou Touriño a poñerse no medio, e Rego coa proposta de tráfico, din cousa lateral- estase a celebrar, por parte do Bloque, se cadra con algún foguete de máis. A min paréceme claro que se celebra máis o efecto mediático ca un éxito político inferior en proporción ao dos tres últimos anos; pero humanos son, as portadas xa tardaban e non veñen en mal momento. O resto, irase vendo, coma os obxectivos, dinámica e consecucións electorais.

O Apicultor, por outra banda, é ben galego: esquiva unha cuestión con outra. Tan bo galego coma xogador de tenis aparenta, se me permite constatalo.

Anónimo dijo...

Observase un "linchamento" do facer político do BNG. Parece que vostedes queren deixar claro que o BNG, non sabe facer política, que desperdicia xogadas dadas e se esforza en outras xa perdidas de antemán, que esaxera logros onde non debe e se cala onde debería esaxerar, vamos que aparte de non saber facer, non sabe nin comunicar, nin o que é peor, dominar minimamente as claves da "mentira politica". A súa actitude , permitanmo cabaleiros, é a do resentimento, a da fobía irracional adequerida en tempos que xa non veñen a conto, a do fastido polos logros alleos. Falán vostedes como se nunca romperan un prato, semellan inmaculados politicamente, como se sempre estiveran a salvo de deixarse levar polos prexuizos, como si non tivesen nada que ocultar.
Así que non me tiren da lingua, que teño información privilexiadísima sobre cada un de vostedes, e podo soltar...porque xa está ven de tanta criticar dende o ceo santo e inmaculado.

Anónimo dijo...

As hostias, está claro, sempre as vai levar o máis débil. Pasa moito nos medios de comunicación pro-psoe (La Voz) e pro-PP (El Correo) e iso tamén se reproduce aquí. Ademais, ten tamén moitos críticos "internos": xa sabe, as críticas dos que nos sentimos defraudados. Hai un pouco de todo.
Con todo, anónima nacionalista, permíatme que lle diga que se deixe de ameazas absurdas e revise as normas de acentuación e de morfosintaxe do galego. Un bo dicionario fai marabillas, e máis nunha nacionalista tan convencida.

Anónimo dijo...

Siga escribindo,Anónima.Veña! Xa,ve.Eu tírolle da língua. SObor de mín,solte todo o que pódia tamén,claro. Aínda que sexa con faltas ortográficas, que eu levo a palma nelas e non me acomplexo.

Xaime dijo...

Sr. Da Coba, o millor nos confinan nas Seichelles, polo que vaia avisando na casa con tempo, para prepara-las maletas.

Xaime dijo...

A anónima nacionalista, terá que dar un informe positivo sobre mín, en tanto que manifestei que o BNG fixera ben, e que tiña que estar preparado para pactar co PP, o que é unha quíntuple herexía.
De tódalas maneiras non se canse polo menos conmigo, que eu xa lle son un caso perdido.

Anónimo dijo...

A mín fíxome graza a expresión "criticar desde o ceo santo e inmaculado".Fíxome pensar nos aficionados ó futbol ou ós toros,que critican desde as gradas tódo o que fan os que están na "area". Os que estuveros algunha vez nela,critican menos ¿Por qué será?

Anónimo dijo...

Xaime/Da Coba: acabo de ver un camión de Estrella Galicia servindo cerveza a presión nun céntrico bar de Barcelona! Isto di que é facer patria.

Viva (Estrela de) Galicia! Unha das mellores cervexas do mundo mundial (quitando Heineken, hai que dicilo...).

Considérense vostedes convidados.

Anónimo dijo...

Posiblemente, da Coba, porque se sabe o duro que resulta conseguir algo; pódese acreditar que a política é un traballo -en casos e lugares determinados non livián- que o nunca copartícipe seguramente non dá avaliado en medida xusta.

De calquera maneira, entrei agora con intención doutro comentario. O caso é que onte deron por Antena-3 unha película sobre Schliemann, xa saben, o promotor do descubrimento de Troia; na miña condición de pai múltiple e pluriempregado non din visto máis ca uns vinte minutos discontinuos, e que a publicidade nas películas de domingo -e cadea gratuía- é difícil de sufrir.

De todos modos, aínda puiden ver como el e a súa consorte procuraban o emprazamento entre dous ríos; como daban con el e se trasladaban ata alí. Pregúntanlle a Schliemann onde empezar a cavar, mira este as aves do ceo e di "Aquí". Lembreime deste fío.

Ríanse das técnicas tradicionais de predición. Nin que as empresas demoscópicas e apostadores en rede atinasen máis.

Anónimo dijo...

Hijos de Rivera (Corral), amigo Swann, outro fillo predilecto de As Pontes como o propietario de Gadis.
"De As Pontes a La Habana y de regreso, pero a A Coruña. De regentar una tienda de ultramarinos en el país caribeño de profético nombre (La Estrella de Oro), a atreverse a inventar un refresco, entrar de lleno en el sector del hielo y el frío industrial, convertirse en hábil inversor inmobiliario y abrir la fábrica de La Estrella de Galicia, que comenzó a construirse en 1906 y se terminó en 1910.

Anónimo dijo...

Recomendaría eu como imprescindible a entrevista. Para algún dos temas que nos ocupan -ou ocupan algún dos meus comentarios- recomendo en particular o dito polo entrevistado entre os 7:30 e os 6:00 marcados no minuteiro. "Proclividade a ignorar naturalmente a Galiza" non é mala frase.

Esta é unha visión bastante cabal do último sucedido parlamentario e a perspectiva nacionalista na política de Estado. Bastante máis obxectivada -con todo e de parte- ca algún comentario casual e caricaturesco aparecido ultimamente; por exemplo, en Tempos Novos.

Anónimo dijo...

Non son moi cervexeiro (non embargantes a miña barrigola ídem), pero recoñezo que a "Estrella" é das mellores que teño tastado.

A Mahou e a San Miguel saben (sen perdón) a berza, a alfalfa e, en xeral, a Eghpaña.

A marca local de Barcelona, tamén anomenada "Estrella", é unha cervexa insubstancial, un pis azucarado de doada dixestión, coma a cidade das marabillas. A máis interesante é a marca pobretona, a clásica Xibeca, que se vende en botellas de litro para face-lo kalimocho. Alí onde hai un okupa, alí verán unha Xibeca.

A Guiness negra é, estarán de acordo comigo, coma beber olive oil fermentado.

Avogemos, pois, xa que logo e porén, por volver ao cultivo da cebada e do lúpulo. Disque nas surridentes mariñas betanceiras se botaba o lúpulo hai un par de xeracións...

Anónimo dijo...

Pois alá vai, supoño que co tempo transcorrido dende que esta informacións foron arquivadas o tomarán vostedes cun grato sentido do humor, mais saiban que se até de agora non obtiven permiso para divulgar estas informacións é porque antes poderían ser dificiceis de dixerir e provocarían mais dun conflicto político.

Aí vai a primeira das revelacións, comenzarei polo administrador deste blog, por Marcos Valcarcel.

Marcos non sei se o saben, mais estou segura de que non, estivo en cuarto de carreira seis meses desaparecido. Anos moitos anos dispois, alguén coincidiu no Xapón cun militante comunista nipón, e falando decatouse de algo inaudito, curiosamente conservaba un documento que é o que agora lles mostro.
Naqueles seis meses Marcos, deixou medrar o cabelo, tinxiuno de branco e adicouse baixo o tórrido sol californían ao que vostendes van a ver a continuación. Ainda que non o crean tratase de Marcos.

Marcos en California

Anónimo dijo...

Hai que ver o que gañou o interfecto...

Anónimo dijo...

Veña, veña, humor. A ver se botamos o humor melancólico do corpo...

Anónimo dijo...

E si Marcos foi albino, Xoan da Coba foi negro, aquí, neste documento poden tamén constatar como os nosos emigrantes cando saen da terra, emprenden camiños extraños e dificieis de imaxinar, ainda que sendo de Ourense...

Xoan Da Coba por Alabama

Anónimo dijo...

Que bolechas estaba nese vídrio, D'a Coba. Menos mal que ten a alma branca. Por certo, moi maco o chaqué...

Anónimo dijo...

Caramba para o desmadre de Marcos, non o esperaba eu. Da Coba, é vostede único.

Anónimo dijo...

Do apicultor hai un informe exhaustivo, porque supoño que tampouco o saberán, pero o Apicultor foi guitarrista dun famoso "conjunto" por aquelas que tiña unhas dúcias de admiradoras. A súa conversión repentina e sobre todo o seu xa daquelas afán de rigor e a súa perspicacia , provocaban dúbidas sobre as súas reais intencións. Así que se encargou un informe, porque se temía que o que percuraba era, e non se asusten ligar, tamén en ambientes politicos.

Apicultor de ligoncete

Anónimo dijo...

A mín o que me gostóu da biografía de Shliemann, que lín fai anos,XM GLZ, é que él só era un "amateur" da arqueoloxía e sufríu as burlas dos profesionáis. Pero xa saben, os amateurs son frecuentemente os que fan avanzar as diversas disciplinas, porque son "amantes". Os profesionáis son "parexa oficial", i eso é moito menos apasioado.

Xa estóu facendo a miña versión en galego,Anónima nacionalista: "...cando me sinto bén, teño ganas de xogar contigo, e séi o que tí estás pensando... "
coa guitarra de caixa, tal cual aparece nas imaxes. O video tén algún tempo. Agora estóu máis gordo e teño que tocar sentado, coma o "neno rei do blues"(Blues Boy King; B.B.King)

Por certo,imaxino que o Marcos levaba barba pra que non se lle notaran as enormes orellas que luce cando vai afeitado:

Marcos afeitado

xosé da casanova dijo...

Perdón por entrar no parlamento cun tema (ou teima)diferente, pero fíxense:Unha morea de escritores, escribidores e debuxantes galegos ten en febreiro unha cita na Habana. Na lista de nomes coñecidos e descoñecidos (fóra do gabinete de Luís Bará), que é por certo case secreta, non vexo o nome de Fran Jaraba (autor, precisamente, de Cita na Habana e de Campos de Cuba). Adiviñe o internauta o motivo desta exclusión:
a) Fran Jaraba non é galego
b) Fran Jaraba non escribe cómics
c) Fran Jaraba non escribe en galego
d) Fran Jaraba non é amigo dun amigo
e) Na Consellería (de Cultura)non coñecen a Fran Jaraba

Anónimo dijo...

Qué güevos lle vota,Apicultor,acompañarse non tono de Mi,có cal tén que estar mirando á guitarra continuamente prá construir "barrado" cando menos o acorde de terceiro grao (sol#m) sen trabucarse de traste.Xa postos, tamén fai os outros (La,Si7). Estupendo, porque así conservan todos o mesmo "voicing". Por certo, creo lembrar que esa canción era a cara "B" daquel seu exito "Help". Moito máis alegre que o outro "Help" dos melenudos aqueles que se creían máis ca Xesus-Cristo.

Anónimo dijo...

Eso non se fai, Xosé da Casanova.
Nun test como é debido debería incluir a opción f)"ningunha das anteriores" ou g)"son válidas d y e".

Anónimo dijo...

Hai outro informe curioso, e o de Arume dos Piñeiros, el sempre dí que non estivo en ningún grupo nacionalista, si é certo, pero non porque non quixera, está rexistrada a súa petición de ingreso na organización. Fíxeronse as pertinentes pescudas e presentouse o resultado no cúmio central, alí logo de examinalas e avaliar as opinións fixouse a posición de que como se podía darlle a entrada a alguén que se gastaba esas pintas, porque como podían compatibilizarse estas co espíritu das Encrobas, Xove, baldaio...

Arume en acción

Anónimo dijo...

Boeno, polo menos non fixo coma moitos outros, o Arume d.p.: atravesar a rúa e ir darse de alta á competencia,coma se conta por exemplo, do Cuíña.

Anónimo dijo...

Pintas, non, perdón, glamour e elegancia. Agora mesmo estariamos a falar de 20 deputados en Madrid ou a que fora capital do que fora, se contaran con esa miña exquisita figura en estado de gracia suprema.
Pero non foron as formas, senón a tesoura censora do fronte nacionalista a causante de que eu non fixera carreira (ascendente por suposto) no colectivo, porque pensaron que a letra de Tutti frutti ía por eles. Agora podo decilo ben alto: Auambabalubabalambambú

xosé da casanova dijo...

Ten vostede razón, don Xohan da Coba, e aínda poderíamos engadir unha h) Nin eu nin a Consellería temos nin puta idea

Marcos Valcárcel López dijo...

Quen me dera os folgos do Johnny Winter...! Aínda que en orellas, quédome coas miñas.

Cando menos Apicultor si estivo dotado de certas "grazas" musicais: o que non sei é se Tony Ronald entraba no repertorio, tan de moda naqueles anos.

Anónimo dijo...

O seguinte informe é o de Jimmy de Rairo, a súa fidelidade ao proxecto foi clara por un tempo, pero aina hoxe non se entendeu a súa marcha.

Jimmy porqué?

Anónimo dijo...

Os amigos de Kmba2 adiantáronse á exhibición das uvas na solaina espidas.

Anónimo dijo...

Pensa a Anónima Nacionalista que ela é a única que ten informes comprometedores sobre os que por aqui polulamos. Está moi confundida, he, he, he.

Nos arquivos da Xendarmería francesa hai un voluminoso dossier sobre as súas andanzas en París, cando estivera alí exiliada a comezos dos anos setenta e dirixía unha célula da UPG que se dedicaba a confeccionar propaganda subversiva para logo introducila en Galicia.

Pero ao mesmo tempo que desenvolvía o seu labor de activista patriótica e antifranquista, a Anónima Nacionalista se deixou deslumbrar pola cidade da luz, polas súas candilexas, e tivo unha axitadísima vida nouturna que era totalmente descoñecida polos seus superiores xerárquicos da UPG.

Da súa oculta afección ao canto e á danza modernas, que a levou a desenvolver unha curta pero intensa carreira en cabarets e boites, dá boa conta esta fita de vídeo que está engadida como anexo documental do citado dossier, e na que se lle ve co pelo tinguido de loira para despistar aos seus compañeiros de célula.

Pasen e vexan:

Anónima Nacionalista

Marcos Valcárcel López dijo...

Co video achegado polo espía-Apicultor sen dúbida ANÓNIMA NACIONALISTA gaña moitos puntos: tanto jazz, tanto rock, era só para despistar, claro.
E cos amigos de Kmba2, querido Arume, eu case prefiro non competir: por razóns obvias.

Anónimo dijo...

XMG espiado

Anónimo dijo...

Pero XMG era moi cuco, sabía que era o espía, e en canto marchaba, miren como lle daba ao individualismo metodolóxico.

XMC, o auténtico

Anónimo dijo...

De Marcel Swan, escoitaronse comentarios, e tamén enviose un grupo de información a Barcelona. Dícíase que cofraternizaba demasiado con xarnegos. O informe corraborou as sospeitas, pero ao fin o idioma era o correcto, comprobenno. Por certo o seu papel, era o de "Palmero"

Marcel Swan de palmero"

Anónimo dijo...

Un caso curioso era o de Leituga, que pertencía a outro partido, pero nunha das reunións secretas, das que non se le informaba a militancia, esa outra organización, coñecedora da nosa eficacia no control da militancia, pediunos o favor, de que espiasemos a este seu militante, a cambio de favores claro está, información que intercambiabamos. Asi postos a obra, obtvemos este documento, de , observese xa como repuntaban as protuberancias leituguís nos hombreiros

Leituga de leader

Anónimo dijo...

Outro caso peculiar foi o de Jim Morrison, de quen encargou un traballo a mesma organización que a de Leituga, pero foi sorprendente, porque o que era unha rutinaria investigación, resulto unha descoberta da que se fixo cargo a espionaxe internacional, foi unha información que tivemos que entregar inmediatamente a instancias internacionais superiores, porque baixo unha indentidade normal agachabase unha personaxe de relevancia mundial

descuberta baixo Jim MOrrinxon

Anónimo dijo...

O informe de xaime foi imposibel, porque as sabía todas, non houbo xeito.

Xaime non cree en contos cósmicos

Xaime dijo...

Aínda lle daba algo por volver a telo pelo que tiña no video.

Anónimo dijo...

Longa vida a Tony Ronald, Peret, Gary Glitter, Johnny Winter, Little Richard, John Travolta, Frank Zappa, J. B. Lenoir, e Sylvie Vartan. Estes non van á Havana, ou si?

Anónimo dijo...

Menuda caza de bruxas!

Xa sei qué é a Anónima Nacionalista:

Está aiquí

Anónimo dijo...

Nai que os pariu. Así tiñan o dossier que tiñan aquel día, no 1981, de aciaga memoria. E así o contan agora, nai que os pariu, á vista de todo o mundo e co Servizo Secreto. Isto é algún que non quere que me volva afiliar, está visto.

Anónimo dijo...

Temo, Anonimoa, que o camaleónico Apicultor conseguiu confundir tamén ao Cumio. Neste blog, xa varias veces deu mostra de afinidade que non permite dúbida: é este. Ora que, se el non mente (non dou un peso), que lle hei dicir que vde. mesma non saiba.

Anónimo dijo...

Está bén a expresión esa da química. A mín pásame coas rapazas esas que son modelos fotográficas,actrices,etc. Poden ser atractivas físicamente, pero a maioría non me son atractivas quimicamente, que é o que me "pón" a mín.

Cando farán un concurso de misses buscando a beleza química, e non a física!

Anónimo dijo...

Home, xa me temía que de ligón (non confundir con legón) non me ían sacar, pero "palmero"... (??)

Eu non lle son palmero de ninguén. En tot cas, un diletante, coma o meu querido Charles Swann, ou, mellor, un lobo estepario.

Anónimo dijo...

Xa lle gustaría á señorita Nacionaliega que o seu verdadiro rostro, cara, face ou faciana fose este (vexa abaixo)

Garántolle, D'a Coba, que esta dona SI - con maiúscula - me pon quimicamente:

Mrs Peel (Diana Rigg en "Os vingadores")

Anónimo dijo...

O meu verdadeiro rostro Swan, non sae no espello.

Anónimo dijo...

Unha vampira, daquela. Eu teño unha teoría de por que os vampiros non saen nos espellos. os vampiros aliméntanse, física e psíquicamente, dos demais. O seu rostro é, por tanto, un compendio de todos os rostros.

Anónimo dijo...

Os vampiros son moi coñeros,e góstalles xogar a agacharse moi rápidamente. Cando miras pró espello, non os ves por que se agacharon. Can volves mirar pra eles,xa se puxeron de pé.

Anónimo dijo...

Aiquí teñen o "rostro promedio" humán (home e muller). Como ven bastante "grimoso" e andróxino:

Rostro promedio

Eiquí poden ver resultados de búsqueda de rostros promedios por país e sexo:
PINCHAR

I eiquí tamén:

AVERAGE FACE


Según a "teoría de swann" é o rostro dos vampiros.

Anónimo dijo...

Hai os "rostros promedios" de bastantes paises,obtidos por superposición fotográfica. Pero non atopéi o "rostro promedio galego". Non anda ningún fotógrafo por eiquí,pra levar a cabo ese estudo? XDD .

Anónimo dijo...

Imaxio que os caricaturistas teñen unha noción intuitiva dese rostro ideal, e o que fan é destacar os aspectos que se apartan de él,coma na caricatura que encabeza este post. Xa confeséi que facer caricaturas é unha das miñas frustraciós. Ou mellor dito, proxecto de futuro. Pró 2008?

Anónimo dijo...

Xa que se falou de humor galego, se queren vostedes rir a esgalla visiten a Touripedia. Non ten desperdicio:

http://touripedia.wikispaces.com

Marcos Valcárcel López dijo...

PARA XOÁN DA COBA:
aS Uvas na Solaina estaría encantada de publicar as súas caricaturas, cando se anime...