25 dic 2007

Xosé Manuel López "Ardeiro"

Faleceu nestes días en Ferrol o poeta de Negreira Xosé Manuel López "Ardeiro". Non o coñecín nin lembro ler ningunha das súas obras, cando menos agora. Pero merece por igual unha lembranza neste recuncho.
Gañara no seu día o Premio de Poesía Cidade de Ourense (Na néboa dunha espranza) e era autor de poemarios como O matiz esmeralda da sombra (Ed. do Castro, 1991); Un xardín no tempo (3C3, 2001) e Versos de ausencia e desagravio (Espiral Maior, 2005). Tamén de En bela sombra de amaranto e Sombras e outras presencias. No terreo da prosa, Na outra beira dos sentidos, obra aínda moi recente.
(Como fago sempre que se vai algún escritor, buscarei algúns dos seus versos para homenaxealo nesta despedida).

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu acredito nas ánimas.
É un culto que ten moita forza na miña casa ( venme do pai).

Non me fagades confesar que rezo porque comprobei que é unha das cousas que máis vergonha me da.

Hosperas Marcos! que vicio lle collín a esto do blog.

Vou rezar por este home. Doeume pasar por o texto e ver "0 comments", como si estivese abandonado.
De pequeno metía as follas e as pedras no portal para que non tivesen frío.

Marcos Valcárcel López dijo...

Isto engancha, amigho Lobo Neghro. E non se preocupe que, raros, rariños somos un pouco todos/as. En fin, celebro que se encontre a gusto con estes amigos virtuais.

Anónimo dijo...

Tampouco o coñecía. Que descanse en paz.