3 mar 2007


Primeiro ano de As Uvas na Solaina: graciñas.

Pois si, así como quen non quere a cousa, xa levamos un ano no mundo virtual: empezou a súa andaina esta bitácora o 6 de marzo do 2006: por certo, cun comentario entre irónico e tétrico (“Os columbarios nas igrexas e nos estadios”). Adianto a celebración tres días para aproveitar a fin de semana e, de paso, facela coincidir co meu aniversario real (xa ven, un aniño máis vello).
É tamén un bo momento para dar as grazas: sobre todo os que estades do outro lado, participando, uns como lectores, outros como opinadores e contertulios moi activos. No debuxo que adxunto (se pulsan enriba del, poderán ler os nomes)
quero simbolizar ese agradecemento mesmo facendo referencia a algunhas das voces máis asiduas nos debates (perdón polos posibles esquecementos, que ten que habelos: ninguén é perfecto). Sen todos eles/as, sen a súa presenza constante e xenerosa, este blog non tería sentido.
Precisamente estou moi satisfeito, sobre todo, por conseguir dende a rede facer un dos blogs máis dinámicos e participativos na nosa contorna (a Galicia real: a do interior e a dos galegos que compartillan con nós as súas ilusións, dende Buenos Aires a Australia). Froito desa participación foron moitos dos ricos debates que aquí se desenvolveron: a marca débea levar o aínda recente debate dos intelectuais, que superou as 73 intervencións, moitas delas de gran calado. E moitas outras superaron as cincuenta entradas, como a campaña do Galego en Positivo ou “Que esperan do goberno os cidadáns?” (59); en xeral, moitas entradas sobre o galego, os nosos escritores (Cunqueiro) ou a nosa historia contemporánea, tiveron ampla acollida entre os lectores.
Son case 700 post nun ano que, quitado o mes de agosto por vacacións, sae a máis de dous comentarios meus diarios. Tamén hai que dicir que esta bitácora foi casa de acollida para outros artigos de autores diferentes, aquí reproducidos e debatidos. Na maioría dos casos, pedinlle permiso ós seus autores; en calquera caso, ninguén protestou por esa utilización, quizais porque son todas boa xente ou bos amigos (ou as dúas cousas xuntas). Entre outros, e citando de memoria, aquí deixaron os seus textos, autores como: Afonso Vázquez Monxardín, Bieito Iglesias, Miguel Anxo Fernán Vello, Salvador García Bodaño, Antón Baamonde, Alfredo Conde, Suso de Toro, Manuel Rivas, Luis González Tosar, Víctor Freixanes, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Sarille, Ramón Chao, Xavier Castro, Xosé Miranda, Damián Villalaín, etc. Graciñas tamén a todos eles.
Ben, non quero aburrilos agora. Aquí seguiremos. Se vostedes consideran pertinente e interesante este debate, sempre dende a cortesía e a confianza mutua, seguiremos ofrecéndolles as nosas Uvas na Solaina, cabeceira que é, por se alguén aínda non o sabe, unha sincera homenaxe a Vicente Risco:
Por que "As uvas na solaina"? (10 marzo 2006)
Pois, así de sinxelo: como homenaxe a un dos grandes mestres do xornalismo literario na Galiza:"Una casa en que hay uvas colgadas da idea de una felicidad tranquila y un poco rústica, sin nada que sobre ni que falte, en que no falta ni siquiera la pachorra, ni la parola.En toda casa donde hay uvas colgadas da gana de quedarse. Cuando uno no puede quedarse, se va mirando para atrás, lleno de saudade"."Las uvas de cuelga", nesa marabilla que se chama LIBRO DE LAS HORAS, Ourense, 1961.

42 comentarios:

David Paz Nóvoa dijo...

Os meus parabéns polo aniversario, Marcos. Para min, dar un paseo todos os días pola túa solaina a ollar as uvas xa se converteu nun feliz costume.

Anónimo dijo...

Parabéns polo primeiro aniversario e polo seu cumpreanos (achegándose irremediablemente á cifra dos cincuenta, ai!).

Anónimo dijo...

Lamento augar a celebración do blog, mais non podo deixar de manifestar o meu máis profundo rexeitamento -e a sensación de noxo- pola inxusta expulsión de Pedro Gómez-Valadés do BNG en Vigo.

A ignominia, a censura e a conculcación dos máis elementais dereitos fixeron, unha vez máis, acto de presenza no seo do nacionalismo. Pasan os anos... e non se aprende nada.

Marcos Valcárcel López dijo...

Vaia tamén dende aquí a miña solidariedade con Pedro Gómez-Valadés, vítima dunha intolerancia e intransixencia miopes e inútiles, e con Manuel Portas, a quen se quixo descabalgar (sen argumentos e en contra da súa eficaz xestión e imaxe como concelleiro) da lista de Compostela, polo visto sen éxito (mal papel para o cabeza de lista, presentarse a unhas eleccións despois de ser rexeitado no seu partido!). En fin, lembren o caso Encarna Otero. Algúns non aprenderán nunca.

Anónimo dijo...

Moitas felicidades.
Tamén solidarias e antifascistas para Pedro Gómez Valadés e para todos os afectados polos residuos tóxicos do pasado.

Anónimo dijo...

Benquerido Marcos: os meus parabéns pola dupla cumpre-aniversario blog. Falabas de que eu ía vello por chegar aos 33 e que na Casa da Xuventude xa non me admitían pero a ti, ao paso que vas, non te admiten máis que no inserso. Xa sabes que, cada ano, fan unhas escursionciñas polo país adiante visitando lugares, xogando a partidiña de tute... (É broma, irmás). Felicidades de todo corazón.
Modesto Fraga

Anónimo dijo...

Estache ben boa a torta.

Teño que corrixilos: Gómez-Valadés (lean El Correo, La Voz non sempre leva razón) seica aínda non foi expulsado, a Executiva Nacional xa deliberou no sentido de que non había que facelo (léase Galicia Confidencial) e, polo tanto, é lóxico esperar que o Consello Nacional decida mantelo dentro do Bloque. O meu punto de vista sobre o tema está en http://www.xornal.com/article.php3?sid=20070302123512.

O mundo é mellor do que aparenta.

Moralla dijo...

Felicidades Marcos polo dupro aniversario!!! e grazas polo trociño de tarta cibernética!!!
parece que xa te achegas á xubilación..(jeje) mais os miolos seguen a funcionar do mellorciño.
Eu continúo a preguntarme como sacas tempo para meter tantos posts ao día!!!
NORABOA E FELICIDADES
Unha aperta de Yoli

Ian dijo...

Gosto das súa solaina, ben o sabe, é unha das poucas que nos da uvas todos os anos, ha ser cousa así porque as rega con intelixencia, bo gusto, humor e agarimosa solidariedade. Unha fortuna poder gardarse do sol que nos queima á sombra da súa solaina videira. Mentres non nos vexamos, unha aperta virtual. Parabéns e non deixe de escribir que é a forma que temos moitos amigos de reunirnos con vostede.

Anónimo dijo...

Vaia casualidade. Dase a circunstancia de que eu tamén cumplo anos este tres de marzo.
Pero o motivo deste post é felicitalo a vostede por tan magno acontecimiento blogalizador. Moitas noraboas e que cumpla moitas máis.
E moitas gracias polo debuxo.

Xosé Manuel Carreira dijo...

Home, e agardamos que continúes mais anos dándolle á pluma dixital para lerte con agrado. Os meus parabéns polo éxito do blog.

Anónimo dijo...

Súmome aos parabéns polos tres aniversarios: o de Marcos, o das Uvas e de Arume dos Piñeiros. Despois dun tempo de peregrinaxes pola rede, atopei aquí un lugar no que me atopo verdadeiramente a gusto.

Anónimo dijo...

Noraboa por iste primeiro aniversario, e espero e desexo que veñan uns cantos mais...

Anónimo dijo...

Aímda que sexa moi infantil nada mellor que a famosa canción dos aniversarios:
Parabéns para ti
nesta data querida
moitas felicidades
moitos anos de vida.
Pois eso señor Valcarcel, para vostede e para esa estupenda bitácora.

Colectivo GZ-Israel dijo...

Parabés. Mil primaveras máis para AS UVAS DA SOLANIA.

torredebabel dijo...

Dende Bos Aires e coa ledicia de cada día no que boto nesta páxina moitos e moi ricos minutos (cheos de ensino, cheos de intelixencia, cheos de respecto polo lector, cheos de talento, e cheos de fermosura), cheguen os meus parabens e apertas deixando atrás o Atlántico e os moitos miles de kilómetros que nos afastan. Hoxe e cada día que engades neste blog un artigo, os galegos do mundo coñecémonos mais, sabemos máis e achegámonos mais.
Grazas Marcos! moito o digo, pero nunca será moito!
P A R A B E N S !

Anónimo dijo...

Parabéns por non renunciar, e por este espazo que se ten convertido xa tantas veces "no machado que rompe en nos o mar xélido"

Unha aperta moi forte

Pedro Gómez-Valadés dijo...

Unha aclaración técnica a Xose M.González.

Que o Consello Comarcal do BNG de Vigo non me expulsase o pasado xoves foi debido a que ao ser un conflito supracomarcal, o CC non ten competencia para tramitar baixas. No informe que eloborara a Executiva Nacional se menciona o caso de outro "perversosionista" identificado na comarca de Ferrolterra.

A miña non-expulsión xa dos organismos de dirección dos que formo parte, Executiva e Consello Comarcal é tamén por unha cuestión técnica. Fun eleito nunha Asemblea Comarcal após a pasada AN do BNG e só a Asemblea pode modificar a composición dos diferentes organismos.

Desgrazadamente non é a prudencia o que motiva este emprazamento ao Consello Nacional. É por simple imperativo estatutario.

Unha vez que vulneran o meu tamén dereito estatutario a discrepancia, sería de xulgado de garda que non gardasen unhas mínimas formas.

De todos xeitos, sexa cal sexa a decisión do CN, e tendo en conta que vou recorrer a todas as instancias posíbeis, incluída a xustiza ordinaria, este delirante caso que moi ao meu pesar protagonizo, pode ter unha resolución a medio ou longo prazo.

Non depende de min. Dixen e manteño que Anxo Quintana vai ter que dicirme se podo ou non podo seguir militando no Bloque Nacionalista Galego.

Cando este linchamento comezou, tentei discretamente por varias vias que non chegara ao desproósito ao que algúns compañeiros pretenden furiosamente chegar. E a mediación non era tanto por min coma pola época electoral na que nos adentramos.

Eu teño claro, moi claro, que a razón está da miña parte.

Pedro Gómez-Valadés

Anónimo dijo...

Parabéns. Paso por aquí todos os días e sempre gozo. Apertas.

Anónimo dijo...

Noraboa polo aniversario. Visitar a súa solaina xa é un proveitoso costume para min.

Ánimo e a polo segundo.

Anónimo dijo...

Dígolle a Valadés, por se non está claro, que espero, desexo e supoño que non chegará a ser expulsado. Como o resto da miña argumentación está onde está (Xornal), terei moito gusto (sen retórica, teño grande interese) en dialogar con el, e con calquera outro, alí.

Desculpa polo excursus neste espazo de aniversario.

Anónimo dijo...

(UN ANO) – (UN MES) – (UN SEMÁN) = COMENTARIO 3761.

Ainda que se dí,, por veces, que a letra literaria está rifada co número, da calidade da letra do dono da casa das Uvas non lle cabe chata.
Para mostra un botón, así ESTE MEU COMENTARIO FAI O NÚMERO 3761 deste bloggue.

A eses tres mil e pico hai que engadirlle un millar de clics de rato máis que non deron a cara, ou que son miróns de obra como dí André.


Para darnos unha idea dos novos visitantes que vezaron As uvas dende comenzo de chegan regularmente asiduos de : Sevilla, Logroño, Albacete, Faro (Portugal), Calgary (Canadá), México, Santa Fé de Bogotá e Caracas (Venezuela), Quito de Pichincha (Ecuador), Uruguay e Norway (Noruega).


Algunhas curiosidades da casa das Uvas : acostuman regularmente os hóspedes a picar nos xacios, para filosofar para ulila, para apreciala fruta madura entre as 10 e 12 da noite, e o domingo pola mañán entre as 11 e as 12:30. Eses son os días de trasfega virtual máis intensa.

Felicidades ó noso anfitrión polos resultados!.

Saúde, que doxe noutro ano!.

XulioDRabal.

Anónimo dijo...

Todo un éxito o Blog. Curioso díbuxo, semella un parlamento, ou unha aula da facultade de história, non...?.
Noraboa tamén polo anos a min esta edade dourada lembrame aquel poema Coroa, o primeiro verso lembro...
..."na miña man come o outono a súa folla, somos amigos"
Moito ánimo, ainda que semella que no che fai falta e a seguir con tanto cabelo e co blog, abrindo espacios públicos dende o sano individuo privado.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

Ah!....a miña solideriedade con Pedro Gomez-Valadés. É o meu apoio para a visualización-dignificación da aportación dos marraos a Galiza.
Jimy de Rairo

Anónimo dijo...

(Faro de Vigo)

INTRAHISTORIAS

Enciendan de nuevo las hogueras

"Fraga, por lo menos, viajó a la Libia de Gadaffi contra el criterio de su partido". | ÁLVARO OTERO

Entre los mitos de cierta izquierda rancia, que pervive por estos pagos, se encuentra el de demonizar a Israel cuando se analiza su conflicto con los países árabes en general, y con el pueblo palestino en particular. Es una visión, por maniquea, profundamente falaz, en la que los palestinos son los buenos buenísimos e Israel un estado asesino que sólo existe gracias al apoyo del otro Gran Demonio, la patria del Tío Sam. Hace algunos años, en las reuniones progres se consideraba de mal gusto aportar cualquier matiz a esta tesis de partida, y además, para desgracia de quienes admiramos la cultura judía, algunos gobiernos herederos de Ben Gurion no hicieron sino darles razones a los antiisraelíes que en el mundo hay, que son muchos. No obstante, de un tiempo a esta parte comenzaron a elevarse voces desde la propia izquierda reclamando un enfoque más ajustado a la realidad, que como todo en la vida está llena de grises. Han sido voces incómodas, pero lo que nunca podríamos haber esperado es la reacción del Consello comarcal vigués del BNG, esta misma semana, proponiendo la expulsión de militancia de Pedro Gómez Valadés, cuyo pecado es presidir la Asociación Galega de Amizade con Israel -AGAI-, constituida en diciembre pasado por un centenar de ciudadanos entre los que se encuentran militantes de todos los partidos. Las razones esgrimidas para la expulsión nos dejan con la boca abierta: el carácter "imperialista" de AGAI frente a los principios "antiimperialistas" del BNG. Semejante argumento no sólo huele, como antes decíamos, a lo más rancio de cierta izquierda rancia, sino que es profundamente antidemocrático y, se me antoja, exuda un antijudaísmo secular que nos retrotrae a la expulsión de los Reyes Católicos, alineando a estos defensores locales del antiimperialismo con los fundadores del imperialismo español, otro de sus viejos demonios. Probablemente estos torquemadas inquisitoriales, como los ha calificado la AGAI en un comunicado, no vean problema alguno -nadie, en rigor, debería verlo: la amistad con un país no implica necesariamente el apoyo a sus dirigentes- en el hecho de que otros militantes pertenezcan a la asociación de amistad con Cuba, quizá porque el cubano, a punto de convertirse en el régimen dictatorial más longevo del planeta, es muy, pero que muy imperialista. La decisión pende ahora sobre el Consello Nacional, que tiene aquí una oportunidad de oro para comenzar a erradicar ciertos resabios estalinistas que han alejado tanto, y siguen alejando, al BNG de amplios sectores sociales. Mientras tanto seguiremos entendiendo que los judíos, por lo menos para ese partido en Vigo, no son bienvenidos. Menudo ejemplo de tolerancia, menudo revival. Fraga, por los menos, organizó un viaje oficial de la Xunta a la Libia de Gadaffi contra el criterio de todo su partido. Al César, dice el refrán, lo que es del César.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Perdón por cambiar de tema, pero atopo esto sobre Alejandro Finisterre no diario La Repubblica: http://www.repubblica.it/2007/03/sezioni/persone/finisterre-biliardino/finisterre-biliardino/finisterre-biliardino.html
Creo que é un bo xeito de celebrarmos o éxito do blog de Marcos Valcárcel.

Anónimo dijo...

FILICIDADES MARKOS.

UN ESPAZO NO AR.
UN AR LIMPO.
UNHA LIMPEZA PRECISA.
UNHA PRECISA E PRECIOSA PÁXINA.
UNHA PA XI NA, CA SI NÁ.
NA BEIRA DO MAR HAI MOITO QUE VER.
NAS UVAS TAMÉN.
TAMÉN AQUÍ NOS VEREMOS.
VEREMOS O QUE PASA.
PASA O QUE PASA
AS UVAS PASAS VEÑEN DAS UVAS NA SOLAINA

Marcos Valcárcel López dijo...

Sobre o caso Gómez-Valadés, deixei este comentario no Blog de Bragado, que, quizais, sexa pertinente reproducir aquí tamén:
(De confirmarse a expulsión)
Pois retrocederiamos, en clave ideolóxica, máis ou menos ó período 1975-1977 e as expulsións colectivas por pertencer ós Comités Antiselectividade de Reixa ou simpatizar con Camilo Nogueira. Por certo, vaia estratexia para gañar as municipais: Vigo, caso Gómez-Valadés. Santiago, caso Portas. Quen dá máis? Despois alguén lle botará a culpa, cómo non, ós medios de comunicación...

Anónimo dijo...

De todos modos, o caso Portas é cousa ben diferente. Era entre el e outro, o cabeza de lista escolleu o outro -tamén concelleiro- e quedou desautorizado. Todo opcións políticas lexítimas.

Que conste: Portas paréceme un excelente candidato, mesmo probablemente para a alcaldía.

Anónimo dijo...

Si, son dous casos diferentes. Pero os dous amosan -cada un ao seu xeito- a intransixencia, a falta de respecto ás normas democráticas e a mediocridade dos seus causantes: os da UPG de Vigo e os da UPG de Santiago.

R.R. dijo...

Noraboísima, señor Valcárcel. Que sexan moitos máis.

Marcos Valcárcel López dijo...

E non se esqueza ademais a ben coñecida posición europeísta de Gómez Valadés, que segue sendo tema tabú en certos círculos do BNG. Aínda que non se cite, iso tería tamén algo que ver. En Auria, Monxardín e máis eu impulsamos un manifesto a favor do voto positivo no referendo da Constitución Europea (publicouno La Región e Galicia Hoxe) que asinaron 20 persoas representativas da cidade. Caiunos o anatema enriba, saben de quen? Pois do mesmo responsable do Bloque na Deputación Provincial, con artigo en La Región (ó que tamén respondimos). Velaí outra asignatura pendente do BNG...

Anónimo dijo...

Boten unha risadiña, que é tempo.
http://www.arroutadanoticias.com/foro/viewtopic.php?t=7305

¿Cal das UPGs?

Anónimo dijo...

Noraboa. A bitácora de Marcos é do máis salientábel que temos no País neste eido.

Anónimo dijo...

Home, no de Portas o respecto das normas democráticas encóntroo escrupuloso. Outra cousa sería o olfacto político.

Sobre o que dis do europeísmo, Marcos, retruco este comentario teu no blog do Brétemas. Como posiblemente os demais tamén vaian alí, non o reitero. Pódese, con todo, discutir onde sexa.

Afranio, vexo que a resposta que lle dan aló tamén leva a súa punta.

Anónimo dijo...

Home, eu no de Portas non atrevería a arriscar o de escrupulosamente democrático, cando, disque, foi remitida á prensa nota do suposto acordo da asemblea antes de se celebrar esta, que en realidade decidiu en sentido contrario. Despois veu o chasco, e a rabieta, de Rego, don Néstor.

Anónimo dijo...

Debo inclinarme, AP-C, ante a súa puntualización. Con todo, encóntroo máis ben metida estrepitosa de pé na poza (por parte de quen se encarga das relacións coa prensa), mesmo poderiamos encontrar exhibición de prepotencia nin sequera sustentada, a todas luces, na realidade interna da organización local.

No propio proceso electoral, supoño que concordará, parece non haber tacha. De feito, o desenlace provisorio paréceme esperanzador, e non só para o BNG: non todo o que a dirección (ou poder fáctico correspondente) dispón se verifica inexorablemente. Non é inxusto dicilo: do Bloque, en particular, procede un certo número de sas mensaxes ao respecto.

bouzafria dijo...

Parabéns e que sexan moitos máis - tanto reais coma virtuais. Cando prendo internet as primeiras cousas que procuro é revisar se hai novas uvas na súa solaina.
Por outra banda, non quixera lixar os parabéns, pero en relación ao outro tema do que se opina máis arriba, paréceme que algúns dirixentes da UPG, (tanto en Vigo,Santiago, talvez Ourense,) prefiren estar na perpetua oposición sempre e cando lle garantan a súa cativa porción de supervivencia orgánica.

Anónimo dijo...

En efecto, amigo González, no proceso non hai tacha. Mais a reacción ulterior, de pataleta infantil e rancor ameazante, de Rego, don Néstor, cara o señor Portas, semella, cando menos, haber unha tacha ética. Véxanse, a tal efecto, as súas extemporáneas declaracións nas que pretende, inutilmente, darlle a volta ao calcetín.

Anónimo dijo...

Sabe como lle chamo eu a iso, AP-C?: torpeza e non sobrada capacidade -ou interese- para integrar. Igual, ao non ter todos os datos, o meu punto de vista está desenfocado. Se no substancial non erro, non son precisamente virtudes de líder o que nos foi amosado.

Que acabe ben, e con acordo, é en todo caso o que desexo.

Anónimo dijo...

Marcos: graciñas por crear un foro de debate tan interesante, animado e informativo coma este.
Dáslle tanta marcha aos artigos que colgas que xa estou empezando a dubidar se non haberá un par de valcárceles, de vintecinco anos cada un, escribindo e contestando neste blog e logo publicando nos xornais.

Anónimo dijo...

Chego tarde pero noraboa, Marcos. Como xa che dixera no blog que fazia, obrigado polo teu trabalho. Uma aperta.