13 ene 2008


aRRAIAnos

Chega no correo o último número da revista ARRAIANOS, de xaneiro do 2008, dirixida por Aser Álvarez e con Lois Codias como coordenador. Quero sublimar, en primeiro lugar, a beleza do novo formato, editada agora por Alvarellos: a portadfa é de Xacobe Neto sobre unha fotografía de M. Sendón.
O tema monográfico do número é a vida nas aldeas. Artigos de Tomás Lijó (Caciques e cacicados. A teoría inconsistente), Xosé M. Pereiro (Caciques os de antes), Augusto Pérez Alberti (O abandono do mundo rural), Pedro de Llano (unha nova paisaxe para un vello país), Francisco Sineiro, Plácido Lizancos, Américo Rodríguez, Felipe Castro Pérez, etc.
Na parte literaria e antropológica unha escolma excleente das letras galegas de hoxe, dende Bieito Iglesias e Anxo Angueira a Chus Pato, Fernández Naval, Rábade Paredes, Emilio Araúxo, Marcial Gondar, José R. Cruz, Elvira Riveiro Tobío, Daniel Salgado, Xavier Queipo, Séchu Sende, Manuel Veiga, entre outros.
Completa o número un magnífico ronsel de libros, entre os que figuran críticas de “Ferrín e outras historias” de Santiago Lamas (do que se falou abondo nesta casa) e da miña edición de “Teoría de Galicia: artigos esquecidos en Vida Gallega, 1926-1963” (Ed. Alvarellos), con palabras gabanciosas nos dous casos (graciñas a Mª Teresa Araúxo García polo que me toca).
En fin, unha revista de alta dignidade e densidade nacida nas terras arraianas. Noraboa.

4 comentarios:

Xaime dijo...

Recoméndolles que lle voten un vistazo a esta revista, é realmente unha boa mostra de sabiduría, criación e maestría.
E por riba se a compran será un bo premio para unha editora que escomeza: Alvarellos, de Lugo para mais señas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Home, Xaime, digamos que Alvarellos comezou unha nova etapa con todos os pulos e esperanzas. Pero eu non diría "unha editora que escomenza": hai toda unha longa historia detrás, do pai de Henrique, que acabamos de conmemorar co libro do 30 aniversario. O que é certo é que está traballando moi ben e os libros que saca son garantía de coidado e dignidade intelectual.

Xaime dijo...

Tiña que dicir efectivamente, que tomou un rumbo distinto e distinguido con Henrique efectivamente trala morte de seu pai o inesquencible Quique Alvarellos.

Anónimo dijo...

Beizóns aos vendimadores de uvas, especialmente ao vendimador xefe, polas palabras tan amables e agarimosas que lle dedican á nosa publicación...