31 ene 2008


Convivencias

Co título non sei se pomposo, raro ou cursi, de Convivencias Saudables, o Parlamento de Galicia celebrou onte en Auria un acto conmemorativo dos seus primeiros 25 anos. No Teatro Principal.
Consistiu nun concerto de música galega ou de autores clásicos sobre poemas galegos a cargo de Cristina Pato (unha peza de gaita, o resto ó piano), a soprano Laura Alonso (na foto) e o violinista Leonardo Blanco, excepcionais todos.
Entre as pezas un video insería anacos de poemas sobre Ourense (Otero, Celso Emilio, Eugenio Montes, etc.) e tamén no seu discurso Dolores Villarino, pta. Do Parlamento, leu uns anacos de Otero (por certo, sacaron eses textos do meu libro-escolma “Ourense, craro río, verde val”, aínda que isto non se citou en ningures, nin sequera no programa de man).
O mellor para min foi descubrir a voz de Laura Alonso que nunca escoitara.
O peor, dúas cousas. Un bebé no colo da súa nai facéndolle os coros á soprano (tan difícil é entender que non se pode ir cun neno a estas cousas!!!); unha nova metedura de pata do noso alcalde (citou a José Ángel Valente na contorna da Xeración Nós) e un lene aceno propagandístico no de D. Villarino, citando como logro, p.ex., unha Cidade do Transporte que nin sequera existe.
Para os melómanos que nos seguen, velaí o programa:

1.Seis danzas galegas. Música: Octavio Vázquez. Marcha procesional dos Mato. Costureiriña bonita. Moderato. Imos indo-alalá. Vivace. Muiñeira de Ponte Sam-Paio.
2. As froliñas dos toxos. Música: Eduardto Toldrá. Letra: A. Noriega Varela.
3. Panxoliña. Música: Cristóbal Halffter. Letra: Vicente Risco.
4. Aureana do Sil. Música: Federico Mompou. Letra: Ramón Cabanillas.
5. Destero. Música: Rodolfo Halffter. Letra: Xosé María Álvarez Blázquez.
6. Canzón de cuna para Rosalía de Castro, morta. Música: Isidoro B. Maiztegui Pereiro. Letra: F. García Lorca.
7. Lúa descolorida. Música: Osvaldo Golijov. Letra: Rosalía de Castro.
8. Chanson Espagnole. Música: Maurice Ravel. Letra: Trad. Maison du Lied (Rosalía de Castro)
9. Soedades: Música: Marcial del Adalid. Letra: Rosalía de Castro.
10. ¡Un home, Santo Antonio!. Música: Joaquín Rodrigo. Letra: Rosalía de Castro.

As Seis danzas a cargo de C. Pato ó piano e o violinista L. Blanco. O resto, C. Pato ó piano e a soprano Laura Alonso. O acto rematou co Himno Galego cantado (completo!!) por un corista da Coral de Ruada (de xeito magnífico, por certo). Había tamén abondo barullo de cámaras gravando: supoño que o emitirán na TVG en calquera momento.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Que metedura de zoco a do Alcalde! Xa sospeitaba eu que era un home moi lido.

Anónimo dijo...

A Laura Alonso sabe que ten que mirar exactamente ó obxectivo da cámara e non ó fotógrafo pra resultar fotoxénica e atractiva.

Marcos Valcárcel López dijo...

Os poemas do video estiveron ben insertados e eran breves.
Os dous discursos (alcalde e pta. parlamento, ambos socialistas)foron breves e iso é de agradecer. Supoño que o alcalde quixo meter a Valente, con acerto, pero meteuno xunto coa Xeración Nós e aí veu o fallo. A maioría dos políticos caen no tópico e non saber saír da ladaíña "Otero, Risco, Cuevillas...". O resto quedan nos puntos suspensivos. Dolores Villarino creo que citou a Blanco Amor e ademais, o que lle honra, incluiu tamén a Carlos Casares e ó recentemente falecido Xaime Quessada (a maioría dos contertulios xa saberán que de moza foi noiva de Casares unha tempada breve).

Anónimo dijo...

¿Tería problemas oculares o Casares?

Anónimo dijo...

Parabéns polo repertorio, (quizá) sorprendentemente variado; sobre o outro, sen comentarios.

Teño unha curiosidade, e pido opinión: que tal pianista é a Cristina Pato?

Porque como gaiteira, á marxe das simpatías e gusto polas pezas, non o facía mal.

Anónimo dijo...

É moito mellor pianista ca gaiteira, a Cristina Pato. Non en balde cursou durante varios anos con gran proveito estudos superiores en Nova York até hoxe mesmo, cunha bolsa da Barrié que non lla dan a calquera que non amose probada excelencia.

Ten, por certo, un disco publicado, moi bo, do que escoitei unhas pezas na casa dun amigo. Teño que me facer con el.

Anónimo dijo...

Cristina Pato
(Ourense, 1980)

“ (…) the most unusual solo performance of the evening was by Cristina Pato, a Spanish bagpiper, who played a wailing, trilling, fluidly microtonal line in “Alala” (…) Ms. Pato’s sound is unlike any bagpipe playing you’ve heard: imagine the timbres of an oboe, a metal-ready electric guitar and a screaming trumpet rolled into a single, virtuosic burst of energy”
---New York Times, Allan Kozinn (August 21,2007)

“Cristina Pato fue un descubrimiento: como pianista de cámara conserva la misma fuerza escénica –basada en el magnetismo y no en el histrionismo- que le conocíamos en su otra actividad (…) con un look que evoca a Martha Argerich, tan sensual como ella, pero más racional y menos volcánica, como corresponde a una pianista del siglo XXI. Acostumbrada a hacer música con otros y a disfrutar de ello, Cristina Pato posee una sólida técnica(…) y además ama y entiende perfectamente la música de nuestros días”

---Mundo Clasico, Xoan M. Carreira (19 de Julio, 2007)

“The Silk Road was conveniently extended to Galicia to include the sultry Galician bagpiper Cristina Pato (…)The silky, sensuous sound of her gaita (…) was just one exotic voice in Mr. Golijov’s “Air to Air”.

---New York Times, Vivien Schweitzer (September 19,2006)

“Ms. Pato will amaze you. Her playing dismisses any notion of a square, martial quality, infusing almost constant exotic coloration, finding entire ranges of microtones between pitches and bending one into another (…) what Mr. Golijov calls “something incredibly primal.”

---New York Times, James R. Oestreich (September 16,2006)

“Cristina Pato the Galician Bagpipe diva is renowned for her dramatic performances, but what counts is her skill and familiarity with that octopus of an instrument, the gaita”

--BBC, Jean Bechhofer (January, 2004)

“(…) Los minutos iniciales de la joven orensana entrañaron más riesgo y contenían más música que algunos conciertos de otros gaiteros. Cristina Pato se planta en escena con una actitud poco frecuente en tiempos de imágenes prefabricadas.(…) Lo mejor de Cristina Pato quizá no sea tanto este presente que la ilusiona, sino el futuro que se le adivina ...”

---El País, Carlos Galilea (23 de Marzo de 1999)


Aclamada por la critica internacional como gaiteira y pianista, la ourensana Cristina Pato lleva una activa vida profesional dedicada al mundo de la música popular gallega, que le ha llevado a grandes escenarios de España, EEUU (Carnegie Hall 2006; Lincoln Center 2007,Nueva York; Chicago Symphony Hall, Chicago 2007; Seiji Ozawa Hall, Tanglewood, Massachussetts 2006), Portugal (Festa do Avante, Lisboa 2003), Reino Unido (Celtic Connections, Glasgow 2004), Francia, Italia (Etnofestival, San Marino 2002), Alemania (Ibero-Amerikanisches Institut, Berlín 2003) y México (Palacio de Bellas Artes 2004) y a colaborar en giras internacionales de artistas de la talla de The Chieftains, Yo-Yo Ma y Silk Road Ensemble (invitada por el compositor Osvaldo Golijov), Hevia, Real Banda de Gaitas, Orquesta Sinfónica de Galicia, Orquesta Sinfónica de Tenerife (dirigida por Victor Pablo Perez) y la prestigiosa Chicago Symphony Orchestra (dirigida por Miguel Harth-Bedoya).

Su carrera profesional incluye tres discos en el mercado como gaitera solista (Tolemia (1999), Xilento (2001) y Misturados (2007) ) y dos como pianista acompañante (From Russia To Brazil, 2006), más de una veintena de colaboraciones en grabaciones de otros artistas y más de 400 conciertos a sus espaldas muchos de ellos grabados y emitidos por medios de comunicación tales como BBC, TVG, CNN o RTVE y aclamados por medios graficos como The New York Times, El Pais o The Scotsman.

Cristina compagina su carrera como gaiteira con sus conciertos de piano clásico en auditorios como el del Festival Liszt de Rio de Janeiro (Brasil, 2001), el Lincoln Center de Nueva York (EEUU, 2005), el Queen Sofia Spanish Institute (Nueva York, 2006) o el Festival Via Stellae de Santiago de Compostela (Julio 2007). En este ámbito de la música clásica posee la Titulación Superior de Piano (1999 con Mención de Honor), la Titulación Superior de Teoria de la Música, Transporte y Acompañamiento (2001) y la Titulación Superior de Música de Cámara (2003 con Matrícula de Honor) todas ellas por el Conservatorio Superior de Música del Liceu de Barcelona, bajo la tutela de los profesores Luiz de Moura Castro, Carmen Martínez y Lourdes Pérez Molina. Además de haber realizado el Master en Artes Digitales de la Universidad Pompeu Fabra de Barcelona especializándose en Composición (música digital, electroacústica); su proyecto final de dicho master, Ansiedad, ya ha sido expuesto dentro de la muestra internacional BAC03 (Barcelona Arte Contemporáneo) y en el Auditorio de Galicia (Premio Jóvenes Artistas 2003).

En la actualidad reside en la ciudad de Nueva York en donde se encuentra terminando sus estudios de doctorado (Doctor of Musical Arts) en Rutgers University (NJ, EEUU) becada por la Fundación Barrié de la Maza.

En la temporada 2006-2007 Cristina Pato ha consolidado su compromiso con la música contemporánea realizando los estrenos mundiales de obras tales como “From Air to Air” (de Osvaldo Golijov) con el Silk Road Ensemble y Yo-Yo Ma (Carnegie Hall, Nueva York, Septiembre 2006); la opera de camara “The Outlaw and the King” (de Mark Zuckerman) en Rutgers University (New Jersey, Diciembre 2006); la obra “Norte” dedicada a la gaiteira (de Montserrat Torras) en el New England Conservatory (Boston, Abril 2007); el “Trio Guernica” (de Octavio Vazquez) en el Via Stellae (Santiago de Compostela, Julio 2007, estreno nacional); y la obra sinfónica “Rose of the Winds” (de Osvaldo Golijov) con Yo-Yo Ma y la Chicago Symphony Orchestra (Symphony Hall, Chicago, Abril 2007).

Anónimo dijo...

Pódense escoitar aquí algunhas pezas e atopar máis información: Cristina Pato.

Alguén que está a facer o que ela fai, que non trata de vivir para sempre do mesmo -que podería de sobra-, é dicir, da gaita e de Luar; senón que é capaz de emprender novos e arriscados camiños musicais como pianista, non merece máis que o aplauso, o alento e os máis sinceros parabéns.

Anónimo dijo...

Cristina foi unha especie de "nena prodixio" nas clases do conservatorio. Asombraba ó seu profesor de piano, hoxe director do Connservatorio ourensán. Na súa casa había ambiente musical: seu pai era gran amante da música e a súa irmá Raquel, maior, tamen estudaba no conservatorio (hoxe, creo que é mestra de música no mesmo "insti" que Monxardín).
Iba, sendo case nena,con Raquel ós ensaios do grupo no que ésta tocaba o piano: un recén formado "Mutenrohi", imaxino que pra non quedar soa na casa. Nunca a esqueceréi saltando e brincando entre os instrumentos mestres os músicos do grupo, entre eles o seu futuro marido, tocaban. De vez en cando mandáballe un "viaxe" a unhas "tubular bells" que andaban por alí. Vivía a música. Tamen tocaba xa a gaita có Foxo.
Aparte de todo eso, estuvo no sitio adecuado e no momento adecuado. Un promotor chamóu de Madrid a unha persoa decindo que había "burato de mercado" pra unha GAITEIRA, en femenino. E que lle facía falta rápido. A persoa que recibíu a chamada comía naquel momento unhos platos combinados con dous amigos.

Anónimo dijo...

Vaia, qué curioso. Xa está en youtube: FURAR.

Anónimo dijo...

Pra queñes non a coñezan, quen lle pasa as follas é a súa irmá, Raquel.

Veloso dijo...

Unha curiosidade. Laura Alonso, ademais de excelente soprano, é filla do profesor e investigador Luís Alonso Girgado, ao que debemos varias edicións facsímile de históricas publicacións galegas.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non sabía ese dato. graciñas pola información e noraboa para o pai, tamén amigo.