19 ene 2008




Pura Vázquez
En xuño do 2005, se a memoria non me falla (era concelleiro de cultura Pepe Araújo, nas fotos), a AELG celebrou unha homenaxe á poeta Pura Vázquez na nosa cidade. Os actos tiveron lugar no Parque do Barbaña (onde se colocou unha peza con versos de Pura e Dora) e na Casa do Concello, onde eu mesmo fixen a laudatio da autora.
A xornalista Isabel Bugallo, presente naqueles actos, garda unha colección de fotos daquel día, que me acaba de reenviar. Selecciono tres para esta Fototeca. Polo que vexo nas outras imaxes, andaban por Auria naquela ocasión escritores como Salvador García Bodaño, Marica Campo, Bernardino Graña, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xerardo Méndez, Luz Pozo Garza, Pilar García Negro, Iolanda Castaño, Carme Kruckemberg, Román Raña, María Xosé Queizán e Ánxeles Penas, ademais do escultor Iñaqui Basallo (autor da peza escultórica da letra homenaxe) .

6 comentarios:

Anónimo dijo...

O do reló é Xerardo Méndez, autor de "O cazador", publicado en Sotelo Blanco, e de algunhas cousas mais. Ao fondo está a sua dona. Fai tempo que non os vexo. Él, de formación científica, pero con inquietudes literarias desde a adolescencia: tamén gañóu entón premios literarios.

Anónimo dijo...

Menuda "caña" lle da o Elías ao Araujo, hoxe, na Rexión, polos gastos das pasadas festas.

Anónimo dijo...

¿Isabel Bugallo ou Isabel Bugallal?

Marcos Valcárcel López dijo...

ISABEL BUGALLO: xornalista ourensá hai moitos anos, pode consultar na rede. Hai outra Isabel Bugallal, xornalista do Faro e de La Opinión, diferente.

Anónimo dijo...

Isabel Bugallo foi compañeira miña de estudios na E.X.B. e parte do B.U.P.Unha muller moi intelixente e moi independente desde moi nena. Lembro que xa na EXB escribía OBRAS DE TEATRO, das que eu lembro ler algunha. Logo metéuse na radio, moitos anos, en diferentes emisoras. Nos últimos anos, no equipo de comunicación do Concello. Non séi se sigue. Se lee esto: Saúdos, amiga.

Anónimo dijo...

Saúdos amigo :-)