16 ene 2008


O gaiteiro de Texas, Afonso Monxardín (GH 15 xaneiro)
(na imaxe, Gaiteiro, de A. Bloemaert, pintor barroco do século XVI-XVII
Cando o 14 de xullo de 1981 gardamos un minuto de silencio nas escavacións de Castromao para facerlle unha tan insignificante como inmerecida homenaxe a Billy o Neno no centenario da súa morte, eramos case adolescentes e mesturabamos o traballo no castro coa diversión. O que non nos podiamos imaxinar era que andando o tempo habiamos de atopar, noutro tipo de arqueoloxía, un resto que vinculaba o far west coa tradición galega.
Pois cadrou que un día, ás voltas coa "arqueoloxía do son", nos saudosos tempos en que impulsabamos no Consello da Cultura o Arquivo Sonoro, fun á casa de Segundo Pampillón en Bos Aires, en Belgrano, xusto ao pé de onde vivira Castelao. Don Segundo fora alcalde de Mos por Izquierda Republicana -e daquela, no primeiro exilio, esquerdista, amigo de Luís Seoane e afastado do Consello de Galicia, ata que o paso do tempo e a nova realidade, borraron marcos e foron todos un. E entre as cintas de carrete aberto que recollemos, o seu fillo Henrique e eu, de actos e discursos, había unha ben curiosa; a copia dun disco no que soaba a canción dos vaqueiros Oh Susana e outra tamén de onda oeste, tocada cos instrumentos tradicionais destas películas -banxo, piano, violín, coro...- e sorpresivamente unha recoñecible e ben tocada, gaita galega. En canto llo contei e lla fixen oír a Antón Santamarina lembrou a cantiga que recollera nas súas terras luguesas que dicía: "Vino de Texas un famoso gaiteiro/ era Domingo, Domingo Ferreiro./ Toca la gaita Domingo Ferreiro/, Toca la gaita, "non quero, non quero"/ y si la gaita no quieres tocar/ entonces la gente no podrá bailar". Tiñamos pois unha gaita en contexto vaqueiro e unha cantiga que apuña a Texas, un gaiteiro. Iamos ben. Pois pouco tempo despois, Norberto Pablo de Cirio, un mozo musicólogo de orixe italiana achegado á nosa colectividade en Arxentina, topou o disco orixinal que puña "El gaiteiro de Texas/ The texas piper e incluía as dúas cantigas: Two facer heart de Canton Nagy e Oh Susana de Foster. Era o orixinal físico. Na Arxentina, contaba Norberto, fora moi famosa unha rumba coa cantiga que chegou a Lugo e o escritor arxentino Raul González Tuñón dedicoulle un poema a Domingo Ferreiro parafrasendo a copla e apoñéndolle ao músico unha morte tráxica na guerra civil; Luar na Lubre, musicou o poema. Desde logo o Gaiteiro de Texas é un fío polo que turrar: a orixe da "música celta". Nin máis nin menos.

157 comentarios:

Anónimo dijo...

O gaiteiro de Tioiraaaaa
mala centella cho mateeeeee
que non che quere tocareeeeee
sen comere chocolateeeee

Ejem.(Cantábaa a miña abóa).


Na Limia había un gaiteiro famoso, xa falecido, chamado "gaiteiro de Laroá". Ó tempo de casar, "colgara" a gaita, e non volvera tocala, polo menos en público, nunhos trinta anos. Sendo velliño, déu unha sorpresa na boda da súa neta, que nunca o oíra tocar, a pesar de coñecer a fama gaiteira do abó. Sacóu a gaita que levaba agachada. Un seu amigo de mocidade, cómplice, sacóu un tamboril . Os vellos presentes, que os conoceran de novos, puxéronse a berrar e bailar encantados de volver a oílos despóis de tantos anos. A neta emocionóuse moitísimo, como é natural: a súa boda fora a causa daquelo. Cuadróu que eu estaba alí, e cuadróu que puden acompañalo ós teclados nun par de "piezas".

Anónimo dijo...

Na plaza do Couto de Ourense, hai un bar con ese nome: "O Gaiteiro de Laroá". É da familia.

miriño dijo...

Xa só faltou a versión dos Cempés dese tema... e quedaría redondo, redondo... :)

Anónimo dijo...

Eu coñecín parcialmente (alguén a cantaruxaba) o "Toca a gaita, Domingo Ferreiro" hai máis de vinte anos; puido ser alguén da Fonsagrada, xa que trataba e trato xente de alí, algunha por certo de San Martín de Suarna.

Pero diría (malia a vaguidade do cataruxe) que a música era a mesma cá de Luar na Lubre; de feito, cando saíu Saudade lembrei no momento. En tal caso, Bieito Romero non sería compositor senón arranxador da melodía. Do rexto, xaora, non discuto nada.

Un dos Santamarinas (tío do Antón, esquecín o nome) estaba nos USA, penso que era profesor universitario. Viña ao país, eu mesmo coincidín con el unha vez -falaba paisano de San Martín lexítimo- e facilmente de aí poderá vir a conexión fonsagradina.

Anónimo dijo...

E cos de Luar na Lubre cántaa Lila Dawns, a mexicana que vive nos USA e que canta na película "Frida"

Anónimo dijo...

Digo Downs

Anónimo dijo...

Grazas, don Afonso, polo seu arrepiante artigo. E aínda non puiden agradecerlle publicamente o discurso que pronunciou en Lobeira, no día da homenaxe a Xocas.

Sería posíbel que un conxunto galego de rock & roll esnaquizase unha gaita ao final da actuación, como facía Pete Townsend coas guitarras???

É dicir, sería posíbel que a gaita abandonase o guetto do folk para se tornar un instrumento universal???

Ou sexa, sería posíbel ir polo mundo adiante como galegos (non do Gadis, evidentemente), sen filtros de culturas superpostas á nosa, como a estadounidense, madrileña, etc???

Cumprimentos, don Afonso.-

Anónimo dijo...

Naquela vella portada dos Siniestro Total, parodia fantástica do mítico London calling de The Clash, aparecía o aceno de esnaquizar gaitas (con perdón).

Anónimo dijo...

A primeira vez que o Townsend esnaquizóu unha guitarra foi de casualidade. Tocaban nun garito de teito baixo e, subidos no esceario, case daban coas cabezas nel,e de feito o guitarrista deu coa pala do instrumento nun movemento brusco. Rachóuna un pouco i, enfadado, rematóu de esnaquizala entre os berros histéricos do público. A partires dese intre, a destrucción ritual de instrumentos ou equipos de amplificación pasóu a forma parte dos concertos de rock.
No caso concreto das gaitas, é máis doado prenderlles lume, coma fixera Hendrix coa guitarra en Monterrey.

Anónimo dijo...

Supoño que cantando I'm free, que quere dicir "Son gratis".

Anónimo dijo...

O sombreiro do gaiteiro é holandés. Pero tamén houbo colonos holandeses na xénesis dos USA. Memo nas lendas coma a de "Sleepy Hollow".

Anónimo dijo...

Os concertos de rock teñen algunha cousa de ritual, como apunta o señor Da Coba, e eu me atrevo a dicir que mesmo se atinxe o sacrificial.

E lembro, lembro, lembro agora aquela portada dos Siniestro Total a esnaquizar unha gaita. Olla, por iso referín ese pormenor na anterior mensaxe.

E tamén vin un documental dos Deep Purple, actuando en palco en California, no 74, con destrucción masiva de escenario, vinte ou trinta guitarras, altofalantes, etc.
Mais non era sacrificial, como os "Who" co sumo sacerdote Keith Moon; mais ben era pateticamente circense.

Grazas, señor Da Coba pola información sobre Townsend.

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Sacrificial? Humm...
O instrumento coma chivo expiatorio, aniquilado pola masa, representada polo músico?
Joer.Creo que a súa idea vaime quitar algún tempo do sono desta noite, amigo J.Medela.

Anónimo dijo...

Ese comportamento típo de éxtasis místico, ese ollar alucinado de Townsend, esa xestualidade ritual que vai aos poucos desde a simple interpretación ata o progresivo esnaquizamento da guitarra; ese momento en que o público loita por apañar e arrebatar ao veciño un anaco de mastro, unha corda, un pau da batería... Ese afán por conservar unha reliquia.

Esa postura totémica de Entwistle, tan propia dun experimentado acólito...

Esa disolución do "eu" (Townsend) entre o infinito (o público).

Vou durmir...

Cumprimentos.-

Marcos Valcárcel López dijo...

Bonita a historia ou a lenda de "Sleepy Hollow". E a película que fixeron.

Anónimo dijo...

Eran bos os "Who", ¿verdade? Ando estes días no coche cun recopilatorio deles, que vai dende "I can´t explain" ata "Who are you?", pasando por "Magic bus", "I can seee for miles", "Pimball wizard", "Baba O´ Riley", etc. Había moito tempo que non os escoitaba e seguen soando magnificamente ben. Seica agora andan algo de moda entre a rapazada nova polo uso das súas vellas cancións na serie "CSI".

Anónimo dijo...

Exactamente, Leituga1. Os "Who".

Xaime dijo...

Os Who, eran os que representaban os mods, os nenos pijos ingleses que non se querían misturar con rockeiros dos Rolling e Cía. que tan ben se deixou exposto en Quadrofenia ou como se diga, na que participou un STING con vinte anos.
Todos os grupos punkies londineses de mediados dos 70 tocaban pezas dos WHO a mil revolucións

Anónimo dijo...

Ay mi Brighton querido
cuándo te volveré a ver...

Anónimo dijo...

Brighton era para os londrinos o 'ourensán' Samil, nos sesenta. Moitas familias "quiero y no puedo" gañaban o veraneo recollendo lúpulo nas redondezas de Brighton. E os fillos, como non tiñan diñeiro para compraren as Norton de 1000 cc, (como a que matou a Lawrence de Arabia), pois compraban en segunda man as vespas italianas, a prezo ridículo, decorábanas con luces, compraban as chaquetas chamadas coreanas (réplica barata das pezas dos aviadores da RAF) e "vacilaban" por Brighton.
E todo por poderen regresar a Wembley, Whitechapel e barrios similares e poderen argallar historias de veraneo decadente...

Non sei a qué me soa todo isto.

E os "WHO" eran tamén produto desa sociedade, produto dun barrio marxinalizado. Mais alguén soubo facer deles un grupo representativo dalgunha cousa indescriptibelmente urbana e sofisticada. E con performances ritualizadas, e sacrificiais.

Por iso triunfaron, por "pijos" mais tamén por fillos de operarios.

Saúdos para o señor Leituga One e as súas achegas culturais. É certo o que vostede di, Leituga; Baba O'Ryley é unha das mellores pezas musicais da historia.

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Están as campás de Brighton
chamando na madrugada,
batendo o meu corazón
coas súas tristes badaladas...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Teño para mín, e por iso someto esto á consideración de sólidos filólogos galegos, que a palabra Peer (que me suxeriu a brilante Brighton) e Peirao teñen moito que ver. Que opinan vostedes? Que desde aquela do *follaldre non lle demos ao choio.

Anónimo dijo...

Excelente "Baba O´Ryley", si señor. Máis sinxela do que parece, pero moi ben traballada e, aínda con todo o seu rebuscamento instrumental, sen chegar a caer nunca na pretenciosidade "sinfónica" de outros grupos da época.

Onte, tamén no coche, escoitei un par de veces, con emoción xa pouco frecuente, outra peza magnífica, que catalogo entre as 10 mellores cancións da historia do rock. Falo de "Don´t look back in anger", de Oasis. ¿Coñécea, señor Medela?

Anónimo dijo...

O meu irmao e eu somos moi amigos de Pablo Cirio, ó que precisamente puxemos en contacto con xente do mundo da investigación musical en Galicia. Con il tamén intercambiamos de cotío moitos datos e informacións.
Norberto Pablo Cirio fixera un artigo sobre Domingo Ferreiro, o gaiteiro de Texas, na desaparecida revista galega Na Gaits de Xaneiro-Febreiro de 1999.

Ten vido varias veces a Ourense a visitarnos, e no ano 2000 organizamos un curso de etnomusicoloxía en Ourense con el.
Regalounos fai anos o disco do Gaiteiro de Texas e conseguiunos bastantes cousas dalá.
Dende logo é unha das persoas máis interesantes polo seu coñecemento da realidade musical galega na Arxentina, pola súa formación académica e polos seus puntos de vista, moitas veces adoptados dende unha perspectiva holística, máis reflexiva e menos apaixoada que a dos propios galegos.

Os discos do gaiteiro de Texas proban que moitas cousas están xa inventadas (refírome a formacións folk, eclécticas, e combinación da gaita con outros instrumentos...), un gaiteiro "cheriff" dunha jazz band...
É interesante o estilo do gaiteiro, toca sin bordón, e con ornamentos e expresividade típicamente galega , lonxe dos cánones de interpretación escoceses e irlandeses (ex. incluindo venteo, que nesas músicas prácticamente non se emprega).

lourixe dijo...

As vespas e os mods sobreviviron ou resucitaron nos USA nos 90. Lembro ir "de paquete" nunha, conseguida case de contrabando (as normas de control dos fumes de escape son moi estritos) nunha épica xira pola costa de California no verán do 94. (Ui, espero que a miña nai non lea este blog). O caso é que a pandilla coa que viaxaba eran universitarios de boa familia e moi amantes da estética mod, e polo público asistente aos concertos que me levaron parecía unha tendencia bastante popular.

Anónimo dijo...

Comparto a súa apreciación sobre Pablo Cirio. Só o tratei uns días en Bos Aires hai moitos anos, cando me contou das súas andainas en procura da memoria gaiteira e outras cousas doutras músicas. E aínda o visitei nun dos lugares máis alucinantes que vin en Bos Aires. Na abandonada Biblioteca Nacional, en cuxo local tiña sede o Instituto de Musicoloxía no qeu traballaba Norberto Pablo Cirio, alá na Rúa México, cara abaixo.
A súa ollada profesional creo que é moi limpa e cómpre alguén que faga historia así. Dígolle eu que co meu horroroso oído distingo a gaita do piano... e pouco máis. Horrible limitación a miña, pero outra cousa non podo facer.Axudar no que poida.

Anónimo dijo...

Por certo, señor Félix Castro, fala vostede en plural "Os discos do gaiteiro de TExas"... ¿Hai máis dun? De ser así, lévolle unha boa alegría. En calquera caso, grazas polo comentario.

Anónimo dijo...

Caro Leituga One: Lamento inmenso non coñecer a peza que vostede tan amablemente me indica. Ben sei que os Oasis son un conxunto maravillosamente melódico. Tal vez me soe esa canción, mais polo nome non a coñezo. Tentarei solucionar este estremo nun par de días.
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Caro señor Leituga One:

Facemos un catálogo das dez mellores pezas de música pop - rock????

Anímese.

Saúdos.-

Anónimo dijo...

Buf. Eu escapo. Fai anos fixeron eso nunha coñecida revista. Pedíronlle a bastantes "expertos" unha lista das COARENTA e apenas coincidían. Non xa na orde.Na escolla.
Angie
Nights in white satin
Knockin o heaven´s door
Something
Long and winding road
Stairway to heaven
Every breath you take
Una noche sin tí
Heartbreaker
Bette Davis´s eyes

(Calquer orde, son as que primeiro se me ocurriron). Se queren fágolles outra totalmente distinta).

Anónimo dijo...

Graciñas, Da Coba.
Agora a outra máis racionalizada.
Á tarde poño as miñas.

Anónimo dijo...

Falo dos discos porque despistouse e regalóunolo dúas veces o mesmo disco.
A cuarta parte parte da nosa colección de discos de pizarra de música galega (que xa están chegando ós 100, parece mentira) fixémola gracias a el, que nolos conseguiu pola Arxentina, na época que todo o mundo se estaba alí desfacendo de cousas pola depresión económica.
Polo demáis é sin dúbida unha das persoas que ten mellor visión da música galega aló, porque ó non ser galego e non ter vínculos con España, salvo por unha avoa de Zaragoza, estivo sin problemas en todos os centros galegos de alí, ó marxe das ideas, localismos, etc.
A súa colección de música galega, partituras, instrumentos, etc. que é monumental. Sen contar as súas vivencias, das que a nós nos ten contado unha pequena parte.
Só coñecer e compartir as súas vivencias co gaiteiro de Vilaquinte, tristemente desaparecido fai un par de meses con máis de 90 anos, compañeiro do lengario gaiteiro "O Poso", do que nos ten pasado grabacións e do que temos aprendido repertorio, é un privilexio duns poucos.

É unha mágoa que a música, e máis a tradicional, estea na perspectiva de moita xente nunha segunda categoría no eido da cultura, cando inda hai tan poucos etnomusicólogos no noso país. Ainda non se pode estudar musicoloxía, e ainda menos etnomusicoloxía no noso país,
menos mal que ven xente de fora que nos recorda o patrimonio tan valioso que temos, pero que estamos deixando escapar entre todos como se foran areas da praia nas nosas mans. Menos mal as institucións se están empezando a dar conta agora do seu valor, a pesar de que xa pasou a oportunidade para facer moitas cousas.
Polo demáis, estes investigadores, cando se achegan ás nosas institucións, editoriais, empresas, etc. para publicar traballos e investigacións, acaban queimados pola pouca resposta que teñen e acaban abandonando na súa teima de investigar a música galega.

Por certo a mín en internet, de cotío gostame empregar o meu nome enteiro para que a xente saiba con quen estan falando.

Marcos Valcárcel López dijo...

Saúdos cordiais, Félix Castro Vicente, que xa nos coñecemos. Quedo sorprendido dos seus moitos saberes sobre a nosa música tradicional. Só sinto un pouco de mágoa de que todas estas cousas, tan interesantes, queden só nun blog como este. Por exemplo, morre o gaiteiro de Vilaquinte ou aparecen novas pezas moi antigas e ninguén se entera: deberían vostedes sacar na prensa diaria, na que lemos todos, este tipo de informacións, con artigos seus ben documentados. Saúdos de novo.

Anónimo dijo...

Meus saúdos tamén a Félix Castro.

Anónimo dijo...

Da Coba, aí van as miñas:

EEEEEEEEEEIIIIIIIIIIIi
CARBALLEIRA!!!!!!!!!!

*Black Sabbath: “Johnny Blade”

*Emerson, Lake & Palmer: “Tarkus”

*Aimee Mann: “One is the loneliest”

*Pink Floyd: “Time”

*The Who: “Heaven and Hell”

*The Who: “Baba O’Riley”

*Andrés do Barro: “San Antón”

*Rolling Stones: “Let’s spend the night togheter”

*Jean Michel Jarre: “Oxygène part. V”

*The Yardbirds: “Rack my Mind”

Anónimo dijo...

Para don Afonso Monxardín (sobriño):
Se algunha cousa existe, existiu e existirá, vostede encóntraa.

Levo anos á procura dun filme realizado no Gerês, en 1971, polo director português António Campos. Chámase "Vilarinho das Furnas", e non o dou conseguido. Sei que está na filmoteca portuguesa, e que existe unha copia en dvd na câmara municipal de Terras de Bouro.
Escribín alí, mais non me responden.

Se vostede dá encontrado unha pulpeira na raia osetio-daguestaní, ben seguro que me pode axudar.

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Estase ao quente aquí, hai música, e o frio é dabondo no fondo onde o cristal se subleva.

Vai a primeira das miñas propostas, moitas de JJ Cale, agora so unha, un grande músico.

MAGNOLIA

Anónimo dijo...

Aqui vai a segunda, agardo que a disfruten.

O grande Bob

Anónimo dijo...

A terceira de Frank Zappa

de Hot rats

Anónimo dijo...

Hai unha repetición, no segundo lugar o Bob, ao que me refiro é este

Rainbow country

Anónimo dijo...

E esta mais de Elvis, pero non o da china.

Elvis

Anónimo dijo...

A quinta

unha das varias do grupo

Anónimo dijo...

Don Jimy, fágase bo, poña a súa lista oficial das cancións que máis gosta.

Por favor...

Saúdos.-

Anónimo dijo...

E que non as dou metido xuntas.

Hey Joe

Anónimo dijo...

Xoan da Coba. Jei LLóu , tuenti póins, Jey Llou, fen puáns.

Anónimo dijo...

Dez, só dez.
Grazas.-
(Despois ten que facelo don Marcos)

Anónimo dijo...

Medela, onte estiven colaborando cunha formación musical que amenizaba a verbena do S. Antón na Siota, ao lado de Xunqueira de Ambía. Pero ceéi na Ziralla, no Limia, a carón da mesa na que estaba o alcalde e moitos "notables" de Allariz.Cómo é que non estaba vostede? Ou quizáis chegóu despóis?


Por certo, tiña oído falar da costumbre de apostar bolos de pan "de San Antón" xogando ás cartas, pero nunca o vira. Quedéi encantado de ver cómo se conservan esas e outras costumes na "Galiza profunda".

Anónimo dijo...

Coitado de min, non son máis que un inmigrante en Allariz; aínda ben que a miña muller é allaricense étnica, e que teño papeis, permiso de residencia, creto social...

jajajajajjaja

O único que teño de meu é depresión crónica.

Cumprimentos, caro XDC.-

Anónimo dijo...

Nunca vira a Jimi Hendrix facendo play-back. Para que logo falen mal dos programas musicais enlatados de José Luis Moreno!

Anónimo dijo...

Era eu o anterior.

Anónimo dijo...

Carafio... Aquí tiran a dar.

Estiven eu na actuación de Jimi Hendrix en Ibiza, no 68, e ben que tocaba. Abofé que si.

Anónimo dijo...

Caramba Medela un día temos vostede e eu que falar deseguido de música.
Este tema seguro que anima ao Apicultor a coller a Ovation enferruxada e facela xemer.


Sunshine of your Love

Anónimo dijo...

E se nos imos coordinando, que lles parece se un fin de semana montamos


Tell Mama

Anónimo dijo...

E se nos imos coordinando, que lles parece se un fin de semana montamos


Tell Mama

Anónimo dijo...

Os Cream reunidos décadas despois no 2005.

Anónimo dijo...

In the sunshine of your love é un dos temas que tocabamos os meus amigos e máis eu cando adolescentes, e que seguimos tocando, cando ensaiamos. Encántame, Jimy. Cream era o meu grupo favorito. Tampouco non sabía que Apicultor tocase a guitarra. Se conseguimso un batería, xa temos grupo: As uvas band.

Anónimo dijo...

Batería? Pero non sabe que o "King of drums" é o Medela?

Anónimo dijo...

"As uvas band". Vóuno rexistrar rápidamente. Se queren usar ese nome vanme ter que pagar bén pago, ou meterme no grupo de "iepero". Se algún non sabe qué é o "iepero" que llelo pregunte a Jimmy.

Anónimo dijo...

Era eu o iepero, that´s clear.

Anónimo dijo...

Non sabía, Xon. Daquela, a cousa está feita. E vostede tamén toca a guitarra. Dúas guitarras, baixo, batería e voz. Pois, nada, cando queiran.

Anónimo dijo...

Pois moi ben os Cream, cos anos modulan de virguería.
Jim, de batería ofreceuse Medela.

Vai agora este tema dun que aparte de músico tamén era poeta

Ian Curtis

Anónimo dijo...

Esta canción tamén podía formar parte do repertorio. Seguro que Jima a borda.

Anónimo dijo...

Pídome os solos, que estou farto de apandar cós acordes.


Piada:
Estaba Deus no Paraiso repartindo as características masculinas e femeninas entre Adán e Eva, e preguntóu: "A ver, quén quere mexar de pé?". Dixo o Adán: "Eu ,eu!". Responde Deus, sinalando a Eva: "Pois logo, os orgasmos múltiples pra ti".

Anónimo dijo...

Moi ben, moi ben, Apicultor, vaia pensando que tatuarse nos brazos.

Anónimo dijo...

Xa soño coa fama e coas groopies a facer cola nos camerinos. Por fin me encontrei a min mesmo e a xente coma min. Esta noite comezarei a queimar a miña biblioteca. Moitas grazas.

Anónimo dijo...

Nos brazos? si,si...Agora hai que facelos noutro sitio . Xa o facían os da Legión fai ben anos (certas modas, volven).

Anónimo dijo...

Queime,queime. Purifique o seu esprito. Naza de novo. Rexuveneza!.

Anónimo dijo...

Tatuaxe de pene.ESTA IMAXE PODE FERIR A SÚA SENSIBILIDADE,ETC

Anónimo dijo...

Eu agora déixoos, vou tocar.

Anónimo dijo...

Así son as cousas, Jim.

Tanta peregrinaxe polo mundo do pensamento durante décadas, tanto andar arredor de si, tantos acordos e trasacordos, tanto pensar e repensar, para chegar finalmente a unha conclusión inesquivable: o que se desexa, o que verdadeiramente se desexa é ser unha estrela do rock!

Anónimo dijo...

Sr. Apicultor, élle certo, pois.

Cando me dicían de pequeno:

-"Nené, tu que quieres ser de mayor"???
Eu respondía: Quero ser o Keith Moon!!!!!!!!

Marcos Valcárcel López dijo...

Moito dá de si o GAITEIRO DE TEXAS...

Anónimo dijo...

Así é, amigo Apicultor. Acabo de descubrir algo moi importante: a letra escrita voa, pero a cantada, permanece. Eu de maior quero ser cantante.

Anónimo dijo...

Don Marcos: Haille iconos que crean unha estraña fascinación e "libertan" escuros recantos do subconsciente.

Olle:
*A foto de Fraga
*A foto de Carla Bruni
*O gaiteiro cowboy

A final, fálase de todo menos de calquera cousa relacionada co de Vilalba, a moza do Sarkozy ou o galaico-texano.

Hai por volta de cen comentarios para cada un dos iconos.

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Amigos: fáltalles un cantante (con perdón). Eu ofrézome encantado. Os diversos rexistros non teñen secreto para mín. Onde ensaiamos mañán mesmo? Entre nós: a gaita ímola deixar para outra ocasión, non lles parece?

Anónimo dijo...

Por qué pensa, Jim Morrison, que antes aprendíannos a táboa de multiplicar CANTÁNDOA?


Unha piada:

Pregúntalle o mestre ao discípulo: "Sabes a táboa do seis? ". Dí o rapá: "Sí, sei". "Pois cántaa", pide o mestre. Comenza o rapá a tararear: NANA NANA NAAAAA. "Pero qué dis?", interrumpe o profesor. Responde o alumno: " É que lembro a música, pero non a letra".

Anónimo dijo...

Eu daba por suposto que o cantante ía ser eu, Arume, pero non teño problema en cederlle o meu sitio. De feito, xa realizo, de vez en cando, as miñas fantasías rockeiras co meu propio grupo. Anque debo recoñecer que, neste caso, me facía ilusión o pluriemprego: !As uvas band sona tan bonito...!

Anónimo dijo...

Pra cantantes, os que vimos de ver o Monxardín (tío), sua dona, miña dona i eu no "Roi Xordo" de Allariz. Fanse chamar Vozes da radio. Quinteto de voces "negras" no senso clásico, esto é, masculinas.De Oporto, pagóu a pena.

Anónimo dijo...

Vaia, non está ben o enlace.

Anónimo dijo...

Este meu mánager... Doulle libre a tarde de sábado e escapa a ver unha actuación.
Perdeuse o norte. Vou chamar a Malcolm McLaren, preciso mudar de representante.

Cumprimentos, XDC

Anónimo dijo...

Debe andar solto o demo... Cheira a xofre... Eu non metín hipervínculo ningún na mensaxe anteiror.

Webmaster, S.O.S.

Anónimo dijo...

Don Marcos, don Marquiños, faga favor... Non sei que está a pasar.
Xuro polos meus devanceiros de Lobeira que está a saltar automaticamente un hipervínculo que eu non metín...
Axuda!!!!!!!!!!!!!!!!!

Xaime dijo...

Que porcentaxe estaria dispoto a aceitar, Don Julio. Teño fio directo con Malcolm Mc Laren e está libre.
Por certo sabía que estivo durante cinco anos nun siquiátrico, debeu ser por aturar o Rotten e Cía.
Ese grupo que observo se pode montar necesita un relacións públicas e un representante, que compre sexa de Lugo.

Anónimo dijo...

Booooooooooooeno. Eu quería apresentar a candidatura do meu mánager Monxardín (tío); sempre lle estou a perdoar as súas infidelidades, aínda que sexan co señor XDC.

Como public relations propoño daquela a Monxardín (tío). Como representante, e vendo que ten que ser da marabillosa cidade de Lugo (único sitio onde me encontro relaxado, feliz...) propoño, tal vez, ben, non quero meter a pata.

Que lle parece, logo, estimado don Xaime, que poñamos como representante legal, como depositario do nome do grupo, como o que for, ao duque de Lugo???

Dígoo porque seica agora ten todo o tempo do mundo, e como disque coñece montes e moreas de persoas...

Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Non dou creto ao que me len os ollos. Jim queimando a biblioteca nunha orxía faústica, vendendo a súa alma por un efemero éxito musical mediatico. O Apicultor, apuntándose enfebrecizo a qeima e a venta da alma. O medela devendo por ser como o demente de Keith Moon. Arume e Da Cova correndo para non chegar tarde a ese aquelarre de renegados.


Por adicarse a música non ían ser xa números un, o mais probabel é que agora fosen decrepitos cantantes de orquesta ou vulgares instrumentistas de pachanga verbenera

No mundo da intelectualidade, pode que non acadasen vostedes o culmen ansiado, pero polo menos, manteñan señores a súa dignidade.

Síntome na obriga de reforzar outras iconas, de porlle diante outros ídolos para que recapaciten.

Idolo intelectual

Anónimo dijo...

Por certo Medela, Esa teoría freudiana da relación entre as imaxes...Fraga, Bruni, gaiteiro de Texas...hoxe xa non cola.

Estes fios son os de maior participación porque a progresiva autoreferencia dos sistemas tende a votar o que procede do exterior ao entorno do sistema.

En outras palabras, a medida que o tempo pasa e non imos coñecendo preferimos autoreferirnos e pasamos dos artigos que nos colga o noso anfitríón para que os comentemos.

Aqui vai unna verdadeira icona do noso tempo

auténtico ídolo

Anónimo dijo...

Aquí para variar, porque hai de todo sen ter que votarse ao mundo da farándula, un mais

pensar é agradecer

Anónimo dijo...

A ligazón correcta

grande ídolo

Anónimo dijo...

Se Heidegger se vise no Tubo non daría creto. E confirmaría os seus peores presaxios.

Anónimo dijo...

O Mc Laren promocionóu os Pistolas nun principio pra promocionar a venta de "merchandising" na súa tenda : camisetas, cadeas,pasadores... Non séi se montar eu unha tenda con camisetas coa faciana caricaturizada de escritores galegos. Cales mando serigrafiar primeiro, que se poidan vender ben? as do Marcos? A súa caricatura está no blog, en blanco e negro, sae máis barato. Vaian facendome pedidos, e díganme as súas tallas! (está ben dito "tallas", na roupa?).

Anónimo dijo...

Un decrépito cantante de pachanga antes ca intelectual, of course. Pero cantar cancións de Luis Aguilé nun piano bar, non, please. Eso xa é moito, con Alvite ou sen Alvite.

Anónimo dijo...

Qué supergrupo: Temos dúas guitarras, contrabaixo eléctrico, batería, e dous cantantes que poden alternar a simple execución dos temas coa queima de gaitas... Despois de arranxarmos mánager e representante, só nos falta o produtor musical. Alén diso, todo cuberto dun nevoeiro fáustico, demencial, de aquelarre.
Ah, esquecía, tamén cumpría unha especie de musa, go - go, sacerdotisa mística, adaptación da figura da deusa - nai ao rock and roll galego (de interior), tal vez con algunha cousa de Nico (Velvet Underground), Patty Smith (cantante), Vanessa Redgrave (actriz), Teresa Gimpera (actriz e taberneira) e Anita Pallemberg (sus labores).

ANÍMASE VOSTEDE, SEÑORITA ANÓNIMA NACIONALISTA????

SABE VOSTEDE, APRENDÍN MOITO COS SEUS ENLACES EN YOUTUBE, LÁSTIMA QUE ESTIVESEN EN CHECHENO.

Sen acritude.
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Espectral amigo Da Coba:
Élle "Talle", o talle, para expresar en galego o castelán "talla".
En português, élle "tamanho", mellor que "talhe".
"Talla" en galego significa tinalla, tina. Tamén significa "corta".

Todo isto con permiso do sr. González.

Con os meus fantasmáticos cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Se me deixan ir de go-go boy posmoderno, facendo expresión corporal de vangarda, eu tamén me apuntaría a "As uuvas band". Non deixen caer esta oferta en saco roto.

Aí vai a miña lista das 10 mellores cancións. Aínda que non garanto que non poida poñer mañá outra totalmente distinta.

You really got me. The Kinks

Suspicious Mind. Elvis Presley

Satisfaction. The Rolling Stones

Eleanor Rigby. The Beatles

Diana. Paul Anka

Tenth Avenue freeze out. Bruce Springsteen

Heroin. Velvet Underground

L.A. Woman. The Doors

Satellite of love. Lou Reed

It´s all over now, baby blue. Bob Dylan

Anónimo dijo...

Eiquí vai outra lista igual de boa:

-Bridge over troubled water. Simon & Garfunkel

-Don´t look back in anger. Oasis

-Strange brew. Cream

-Dance me to the end of love. Leonard Cohen

-Ramble on. Led Zeppelin

-Gimme some lovin. Spencer Davis Group

-Formentera Lady. King Crimsom

-Shine on your crazy diamonds. Pink Floyd

-Gloria. Them/Van Morrison/Patti Smith

-Handle with care. Traveling Wilburys

Anónimo dijo...

Don Leituga:
Referencia vostede a King Crimson, con "Formentera Lady". Sabe vostede por un acaso (porque en Allariz non nos poñemos de acordo) se os Crimson foron expulsos de Formentera por problemas de documentación ou despois dunha actuación en palco???
É dicir, sabe, amigo Leituga One se os Crimson chegaron a actuar en Formentera en 1971???
Agradecía información.
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

- Eleanor Rigby, The Beatles.
- Honky Tonk Women, Rolling Stones.
- Proud Mary, Creedence Clearwater Revival.
- All right now, Free.
- Good Vibrations, The Beach Boys.
- First of May, Robin Gibb.
- Jailhouse Rock, Elvis Presley.
- Sub-16, GNR.
- Pronúncia do Norte, GNR.
- Fai un sol de carallo, Os Resentidos.


Ocórrenseme agora, e posiblemente non foron moi citados. Un saúdo, señores melómanos-rockeiros-que-nunca morren.

Anónimo dijo...

VAN OUTRAS DE, dun estilo parecido::

One
Sealed with a kiss
Pequeña flor
Smoke on the water
Smoke gets in your eyes
Breakfast in America
The Sky is crying
In the guetto
Song song blue
Viste pantalón vaquero y las camisas de cuadros...
Highway to hell

Anónimo dijo...

Aiquí está a do pantalón vaquero:
Furar. XDDDDD.

Anónimo dijo...

Van outras dez:

Uno (tango)
Tea for two.
Three coins in the fountain
Calquera de "Dimension fourth"
Take five
Six song
Seven tears
Con ocho basta (Banda sonora)
El preso número nueve
Yo tenía diez perritos

Anónimo dijo...

De regalo, a número once:

ONCE UNPON A TIME (Ennio Morricone,nada menos).

Anónimo dijo...

(E que hoxe levantéime zarabeto, e chámome Xoan da da da dada Coba). XDDD.

Anónimo dijo...

ONCE UPON A TIME

Anónimo dijo...

Pillo "Smoke gets in your eyes" da lista de XDC; "Good vibrations" da de González; e "Baba O´Riley da de Medela. E confecciono unha nova relación:

-Smoke gets in your eyes. The Platters

-Good Vibrations. The Beach Boys

-Baba O´Riley. The Who

-California dreamin´. Mamas & Papas

-Born to run. Bruce Springsteeen

-Is your love in vain? Bob Dylan

-La milonga del marinero y el capitán. Los Rodríguez

-Aviones. Andrés Calamaro

-Born to be wild. Steppenwolf

-Walk on the wild side. Lou Reed

Anónimo dijo...

Cando teñamos o grupo montado, tocaremos varias de esas canciós nos mellores escearios:

Vigo: Rúa Príncipe, perto das vacas da "cow parade" (non sei se aínda están).
La Coruña: Rúa Real número 3,( a carón da farmacia e da casa que era da miña madriña antes de que caera a grúa enriba).
Lugo: Na rúa da parte de abaixo da Alameda, non lembro o nome.
Ourense: No Paseo.
Pontevedra: A carón da Cruz dos Caídos, mirando pra arriba, claro.

Voltaremos á casa cós sombreiros cheos!

Anónimo dijo...

En Pontevedra, mellor na peetonal facendo esquina con Correos, senón non facemos un can. Relativamente perto das estatuas de Casares e os outros.

Marcos Valcárcel López dijo...

En Ourense ofrézolles un concerto no PATIO DE COLUMNAS DO LICEO, que eu mesmo presentaría.
Onde toca a banda municipal: non van ser menos as UVAS BAND !!!

Anónimo dijo...

Grazas... Xa estou a ver, no final da actuación, o palco a arder, o público extático, a xira norteamericana, Madonna a entregarnos o Grammy e Shakira co Grammy Latino, e eu a protestar porque non son latino, son celto - atlántico, e montes de diñeiro e actuacións en macroconcertos en contra da fame ou dun maremoto nas Filipinas, e Clapton e os U2 de xeonllos a suplicaren, chorando, se poden tocar canda nós.

Anónimo dijo...

O grupo: AS UVAS BAND

Batería:Julio Medela

Contrabaixo eléctrico: Jimy de Rairo

Guitarras: Xohan da Cova e Apicultor.

Cantantes: Jim Morrison e Arume.

Gogós:
Go-go boy posmoderno, facendo expresión de vangarda:Leituga.
Go-go a galega: Anónima Nacionalista.

Queda libre o posto de iepero.

Anónimo dijo...

Outra lista:

*Judas Priest: “Turbo Lover”

*Van Halen: “Panama”

*Santana: “Love, Devotion and Surrender”

*Ñu: “Algunos músicos fueron nosotros”

*Beach Boys: “Wouldn’t It Be Nice”

*Lime: “Guilty”

*Manhattan Transfer: “Four Brothers”

*Camel: “Never let go”

*Antonio Aguilar: “Tu retratito”

*Pink Floyd: “The happiest days of our lives”

Fóra de concurso, unha medley composta dun solo de batería do irmán de Tony Pérez (Los Arquinos), acompañada da música das épicas barcas voadoras das ‘Atracciones Hermanos Chabaud’ (Taboadela) {SE PROIBE HIR DE PIE HESTANDO EL HAPARATO EN MARCHA} sic, que perfectamente podía ser “Cara de Gitana” de Daniel Magal ou “Yes, sir, I can boogie” das Baccara, e alá no fondo, “Burn” dos Deep Purple a soar estrepitosamente nun Dyane 6 matrícula de Barcelona cheo de contraculturais a fumaren cigarros modernos.

Cumprimentos fáusticos.-

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja

forza don Jimi

viva Rairo!!!!!!


jajajajajaja

escachante comentario

jajajajajajajajaja

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajajajajajajaja

Quen nos verá... Eu a destruír a batería; vostede, don Jimi, maxestuoso, sereno, maiestático co seu contrabaixo discreto e atronador...

Don Leituga One a ler versos de Keats, cunha caveira na man, moi na liña de Lord Byron, Lawrence de Arabia e Manuel Antonio, fantasmático e desesperanzado

E a señorita Anónima Nacionalista, a nosa madame Blavatsky particular, vestida de sacerdotisa céltica, bonita e noitébrega... Stonehenge?? Non, a festa do cocido en Lalín.

Ufffffff, canto rin.

Cumprimentos, don Jimi.

Anónimo dijo...

Mirando al mar, Sepúlveda
Paloma mensajera,
Volare, Modugno
Il mondo, Jimmy Fontana
La vie en rose, Edith Piaf
Just like a woman, Bob Dylan
In the summertime, Mungo Jerry
El jinete, José Feliciano
Un beso y una flor, Nino Bravo
La riva bianca, la riva nera, Iva Zanicchi

Anónimo dijo...

Imos practicando

primeira audición do primeiro tema antes do ensaio

Anónimo dijo...

"When a man loves a woman", non pode faltar.

Anónimo dijo...

De iepero, se queren, voulles eu; pero non me toquen o carallo.


(P.D.: O devandito non é grosaría, supoño que coñecen o conto. Se algún non, por favor, pregunte; non querería fabricar máis animadversión).

Anónimo dijo...

Estimado e espectral Da Coba: Marabilloso look o do sr. Mungo Jerry e a súa trouppe. Lembro de cativo, en Lobeira, cando viñan de ferias os rapaces que emigraran para Alemania; traían unhas ghedellas polo estilo. Estoume a poñer saudoso.
Podemos recuperar esas pintas para as nosas actuacións. Penso que nunca pasan de moda.
Cumprimentos ghedelludos.-

Anónimo dijo...

Lamento inmenso o equivoco: Foi don Jimi de Rairo o que pendurou o enlace para os ghedelludos.
Don Jimi, esa pinta é máis acaída para os Black Sabbath que para esa canción, máis propia do estilo de Nancy Sinatra, non é??'

Cumprimentos, don Jimi.

Anónimo dijo...

Badge, Cream
Since I've been loving you, Led Zepellin
Stairway to heaven, Lead Zepellin
Wish you were here, Pink Floyd
Smoke on the water, Deep Purple
With a little help from my friends, Joe Cocker
Layla, Eric Clapton
Waltzing Matilda, Rod Stewart
My way, Frank Sinatra
Everybody is got a hungried heart, Bruce

Anónimo dijo...

Agora que me estou engulindo unha infusión tranquilamente logo dun intenso día de pescudas e achádegos, voulles dicir algo para que me comenten a súa experiencia.

A miña historia de gustos musicais, é ampla, supoño que como a súa, pero teño observado que cando falo de Jazz por exemplo a alguén que no escoita jazz, ou de música atonal...a súa actitude é de esceptica desconfianza. Algúns atrevense a dicilo,a outros véselle que o pensan: "A ti gustache tanto como a min, nada, pero vas de entendido para quedar ben.

Esto adoita pasar, por exemplo cos que viven instalados nos boleros respecto do rock duro, ou os de rock, respecto ao jazz, os do jazz respecto as músicas actuais atonais...

Hai unha excepción: A opera, teñome levado as mais extrañas sorpresas, persoas que eran heavy perdidas encontroas sen transición en plena megalomanía operística, e a min que non me vai. (Salvo Wagner, Berg e algún outro, e sobre todo fragmentos, só fragmentos)

Anónimo dijo...

Realmente, da Coba, haberá quen teña escoitado a Charlie Parker e non lle vaia? Posiblemente o malo do jazz, para un non apaixoado, sexa aturar unha improvisación monoinstrumental durante un cuarto de hora. Pero a execución combinada dunha jazz-band?

O do gusto variado é ben común en auténticos melómanos, que ven a música coma cousa diferente dunha forma para pasar o tempo ou fondo agradable para outra actividade. E ben comprensible.

Anónimo dijo...

Perdón: era ao Jimmy de Rairo a quen lle contestaba. O costume, desculpe(n).

Anónimo dijo...

Aos músicos de jazz tenselle acusado moito de egoistas, porque din que o pasan mellor entre eles que o publcico do que se desentenden con facilidade. O Free Jazz tampouco o aturo eu, salvo un Cecil Taylor.
Pero o jazz é a música mais rica e mais viva do século pasado, ou polo menos de medio século.

Debe estar a producirse un fenómeno de metempsicoses, é a segunda vez que me confunden con Xohan da Cova.

Cecil Taylor

Anónimo dijo...

O jazz adoita a ser música pra músicos: pra divertirse tocando e pra divertirse aprendendo vendo ou escoitando tocar a outros. Por eso non é moi apreciada entre non-músicos.
O que me gosta dos heavys é que viven a música de verdade. A moita xente gostalle a música polos motivos extra-musicáis asociados: a canción coa que me enamoréi, as canciós da miña xuventude, a canción dunha cantante guapa... Pero aos heavys adoita a gostarlle a música por sí mesma. Compre non confundir ós heavys (moitos deles amantes do clásico) cós outros tipos de rockeiros. Adoitan a ter habilidades musicales extraordinarias, e a ser moi intelixentes.

Anónimo dijo...

Eu tamén diferencio a xente á que lle gusta "a música" da que lle gustan "as canciós".

Anónimo dijo...

Así que Jimmy de Rairo e Xoan da Coba son a mesma persoa. Un caso de esquizofrenia blogueira. Ben, ben, novo síndrome.

Anónimo dijo...

Tiña que decir "heavies".

Anónimo dijo...

logo dunha longa conversación entre os Smtith (un matrimonio ingles de clase media, sentados en sillóns ingleses para pasar unha velada inglesa), éstes reciben a visita dos Martin, qe se quedan uns momentos a soas mentres os Smith van a cambiarse. Drante un rato, permañecen sentados un frente ao outro, sen falarse e sorríndose con timidez. Logo inician o diálogo:

Sr.Martin: Disculpe, señora, pero paréceme que a teño visto nalgunha outra parte, se non me engano.

Sra.Martin A in tamén me parece terte visto xa en algunha outra parte, señor.

Sr.Martin: Non a vería en Manxhester, por casualidade, señora?

Sra.Martin É moi posibel. Eu son de Manchester. Pero non lembro ben se o vin alí ou non, señor, non podería afirmalo.

Sr.Martin: Meu deus, que curioso! Eu tamén son de Manchester!

Sra.Martin: Que curioso!

Sr.Martin: Moi curioso...pero eu señora deixei a cidade de Manchester fai unas cinco semanas.

Sra.Martin: Que curioso!, Que extraña coincidencia!Eu tamén deixei a cidade fai unhas cinco semanas, señor.

Sr.Martin: Eu tomei o tren da oito e media da mañá, que chega a Londres as cinco menos cuarto, señora.

Sra. Martin: Que curioso!, que raro!, e que coincidencia!. Eu tamén, tamén eu tomei ese mesmo tren.


A continuación descubren que viaxaron no mesmo compartimento, que viven na mesma dirección de LOndres, no mesmo piso e que os dous teñen unha filla chamada Alicia, de dous anos de edade e cun ollo branco e outro bermello. Ao final de esta longa conversación, despois de meditar un tempo, o señor Martin érguese pausadamente e anuncia:

Sr.Martin: Entón, estimada señora, creo que xa non cabe a menor dúbida: vímonos antes e vostede é a miña propia esposa...Elizabeth, volvinte a encontrar!

(a cantante clava-Ionesco)

Anónimo dijo...

Pois hai unha forte metempsicoses, sinto unhas acuciantes e extrañas ganas de contar chistes como os que conta Xohan da Cova. Aí vai...non o podo reprimir....


É un chiste que apunta a anguria dos suizos por vivir nun mundo ordenado.

O telefone soa na mitade da noite na cidade de Chur, e unha voz masculina pregunta:
- É a farmacia de Amann?
- Si, o farmacéutico Amann a fala.
-Venden chupetes para bebés?
-Si!
-Magnifico, colla un e métao no cú.

Ao día seguinte, as oito da mañá, volve a soar o teléfone. Unha voz de home distinta pregunta:

-É a farmacia de Amman?
-Si, o farmacéutico Amman a fala.
-Chámalle a policia cantonal. Recibiu vostede a outra noite unha chamada dunha persoa que lle preguntou se vendía chupetes roxos?
-Si
-E logo suxeríllonlle que se introducira o chupete roxo no traseiro?
-Si
-Xa pode retiralo.Chegamos a conclusión de que era unha broma de rapaces.

Anónimo dijo...

Don Jimi:

Que lle di un feixe de herba a outro???

Estámosche apañados...

Anónimo dijo...

JAJAJAJAJJA, Jimmy. Tal cual.JAJAJ.

Anónimo dijo...

Don Jimi:

No que respecta ás súas sospeitas de ser vítima dun caso de metempsicose, aconsello (seguro que xa o viu) o filme de Nicolas Roeg "Performance", con Mick Jagger e Anita Pallenberg.

Se vostede e o espectral cabaleiro Da Coba son a mesma persoa, non pasa nada. Eu tamén non son o mesmo ás oito da mañá que ás dez da noite.

Cumprimentos transmigratorios.-

Anónimo dijo...

Señores un pouco de compostura, miren que se vai pensar que se fumaron vostedes un deses cigarros modernos.

Anónimo dijo...

Jimy de Rairo, comparto con vostede a escasa filia pola ópera. Agora ben, como comprenderá vostede, de aturala prefiro a italiana. Pero de banda sonora exclusivamente mentres mangio, eu que sei, spaghetti al nero di seppia vendo os farallóns de Capri.
Digo esto mentres soa por aí atrás In-a-gadda-da-vida.

Anónimo dijo...

Non é por nada, pero vexo moi pouquiña formalidade.Deixo uns días de vir por aquí e atópome que do falado nada. E logo non tiñamos xa un grupo medio organizado ? e onde quedei eu máis o meu piano?Por non contar , nen sequera para gogó ou animadora pensaron en min.Como non son rancorosa deséxolles moita sorte e, se podo, ata irei velos actuar.Tampouco vexo que nas súas listas de éxitos se acordaron da maravillosa Witney e o seu "I Will always", ou Qween con "love of my life", Collins e "One more night" . Que mala noite vou pasar!

Anónimo dijo...

Sr. Arume...In-A-Gadda-da-Vida...

Seica estaba o cantor dos Iron Butterfly no garaxe da casa, e foino ver outro membro do grupo, e como o cantante acababa de se fumar un ou dous cigarros modernos dos que fala a señorita Anónima Nacionalista, a nosa Anita Pallenberg, pois ao que iamos, o que chegaba preguntoulle,
-Olla, e entón??? (Por dicir algunha cousa).
E o cantor, o dos cigarros modernos, en pleno estado de 'ensoñación' respondeu:
-Estouche "In The Garden Of Eden", que pronunciado na moda de California, co sotaque hippie, e tendo en conta o estado, soou máis ou menos como o título da canción:
In-A-Gadda-Da-Vida...

P.D. A señorita Anónima Pallenberg Nacionalista aínda non nos mostrou as súas preferencias musicais.
Por favor, señorita, fágase boa e escriba apenas dez títulos.

Cumprimentos espectrais, fáusticos e caleidoscópicos.

Anónimo dijo...

Deíxolles esta noite transfigurada.

die verklarte nacht

Que durman ben.

Anónimo dijo...

Agora andan por aquí detrás os CCR con esa de Ramble tamble. Rematan axiña, teñen presa, porque arrancan con outra, Proud Mary, e seguen con Who'll stop the rain, e Run through the jungle, eu que sei. Van a velocidade supersónica, Soa Travelin' Band. E isto é a orxía, o multiorgasmo, o mexar de pe e toda a hostia. A uvelin' band.

Anónimo dijo...

E estamos todos na disco Sergeant Pepper's, en Eivissa, 1968, e Jimi Hendrix ataca con 'Hey Joe', e o falso teito de escaiola cae sobre Mitch Mitchell e hai un cortocircuíto, e cheira a queimado e todos fuximos e vén a secreta e imos para a comisaría, e un sarxento dos grises é de Pradorramisquedo, e Juan Pardo chama a capitanía, e saímos todos, e buscamos a Xohán da Coba e ninguén sabe quen vén sendo e Oriol Buhigas foxe co seu Triumph e eu busco un bar aberto para chamar a Lobeira, para que a miña avoa saiba que todo vai ben, e para que me conte se alguén morreu na parroquia, e Anónima Pallenberg Nacionalista chora, e na radio do seiscentos Abarth soa Stockhausen. E Leituga One di, por que non imos tomar un botellín??? Teresa Gimpera tamén chora.

Cumprimentos

Anónimo dijo...

Cando o Medela falóu de cheirar a queimado lembréi un caso.

Un grupo musical de amigos meus tocaba nun recinto interior.De súpeto, un deses focos que se poñen no chan fixo prender lume na moqueta do esceario. O baixista, que estaba perto, púxose a apagalo co pé, sin deixar de tocar. Os movementos do pé apagando o lume non gardaban ningunha relación rítmica có tempo da canción. Movíao de xeito totalmente independente, según o necesitase pra aquela labor de urxencia. Cando rematóu a peza, xa conseguera apagar o lume. Cando llo comentéi ó final, díxome que non se dera conta desa habilidade, e que non sospechaba que tivera tal coordinación.XDD. Pra que logo digan qie os homes non podemos facer duas tareas independentes de xeito simultáneo.XDD.

Anónimo dijo...

Carafio!!. Hasta aparecéu por aiquí o Schönberg. Non me extraña. Puxéronse a falar de música atonal, de temperaciós microtónicas, de armonía cuartal, de melodía de timbres, de rexións armónicas , de diabolus in musica e claro, aparece o demo.

Anónimo dijo...

Pra ser un grupo como é debido, os nosos comentarios nas uvas teñen que levar mensaxes satánicos ocultos. O último comentario do Medela, lido ao revés, dame que desconfiar. Algo dí en coreano.

Anónimo dijo...

A ver se o Medela vai ter metempsicoses con Marilyn Manson ou con Alice Cooper.

Gosto desa peza de Schöenberg, a "Noite transfigurada", coa que nos agasallou a Anónima Nacionalista. Nunca me considerei melómano, pois non sei ler nin media corchea e non toco nin a pandeireta, pero escoito toda clase de música e podo disfrutar cun amplo abano de rexistros, formas e harmonías, dende Palestrina ata John Cage, dende Van der Grraf Generator ata Danny Daniel, o cal xa é moito gustar de diola. O jazz tampouco me é alleo. Ando estes días no coche cun disco portentoso de Coleman Hawkins e Ben Webster, que alterno cos xa mentados Oasis, co "Beggar´s banquet" dos Stones e co "Stabat Mater" de Rossini, unha pasada.

Ben, por seguir co conto e inspirado por Arume, Medela e de Rairo, envío aqui outro top ten ecléctico, aínda que decidiamente franco-italianizante, con algunha incrustación latina:

-Piccolisima serenata. Renato Carosone

-Quiero. Salvatore Adamo

-Sapore di sale. Gino Paoli

-Cuando dico che ti amo. Los Surf

-Siboney. Ernesto Lecuona

-Azzurro. Adriano Celentano

-La riva bianca, la riva nera. Iva Zanichi

-Tout les garçons et les filles. Françoise Hardy

-Gigi l´amoroso. Dalila

-Venecia sin ti. Charles Aznavour

Anónimo dijo...

Agradézolle moito a Jimy de rairo eses videos que nos está poñendo. A "Magnolia" de J.J. Cale é unha marabilla, como tantas outras cancións dese extraño señor Cale. ¿Escoitou o disco que editou hai pouco con Eric Clapton, "The Road to Escondido"? Un dos mellores discos de todo o ano, unha auténtica delicia sureña, preguizosa, algo lasciva. Se non o ten -promocionouse moi pouco- fágase con el. Ideal pra escoitar con pitillo moderno. Ou sen el.

lourixe dijo...

Dez cancións... nin máis nin menos... No ámbito anglo-saxón poderían ser:
Devil in disguise de Elvis Prestley
These arms of mine de Otis Redding
When the night comes de Joe Cocker
The Great Pretender de Queen
Brothers in Arms de Dire Straits
War de Bruce Springsteen
Busted de Ray Charles
Leah de Roy Orbison
Summertime de Ella Fitzgerald
Bellavista Woman de Status Quo

Non procuredes relación ningunha entre elas, trátase en todo caso de motivos sentimentais.

Anónimo dijo...

È para rematar o fio:

Se música non fose máis que unha serie de estructuras artificiais comparabeis a imaxes decorativas, proporcionaría un tépedo pracer estético, pero nada mais. A música ode facernos chorar ou xenerarnos un pracer intenso. La música, como o enamoramento, ten a capacidade de transformar a nosa existencia por completo. Con todo é dificil definir os vínculos entre a arte da música e a realidade dos sentimentos humanos. Esta cuestión resulta tan complexa que moitos virtuosos da música perderon todaesperanza de aclarala e intentaron convercernos de que as obras musicais están compostas por patterns sonoros incorporeos que non teñen relación con outras experiencias humanas.

Quedan incorporados ao grupo
Doniña co seu Stenway de longa cola e X.M Gonzalez en calidade de Iepeiro maior.

Anónimo dijo...

Vai desaparecendo este post que debeu de batir os récords (de cando o mundo xiraba entre 33 e 45 rpm). Non sei se será cousa de abrir ou ter aberto sempre un fío musical (sic).

Anónimo dijo...

O de publicar noticias musicais na prensa estaría ben, pero a nosa experiencia coas notas e cartas de prensa que temos enviado sobre actividades músicais e doutro tipo ós medios (La Región sobre todo) é que non nos publican case absolutamente nada.

A nosa colección musical e bibliográfica (discos de pizarra, eps e lps, partituras, cancioneiros, fotografías en postais e xornais, etc.) é bastante máis extensa e non temos ningún problema en organizar algunha audición, onde vaian as pezas do famoso gaiteiro de Texas e outras curiosidades(xa fixemos unha fai un par de anos).

Félix Castro Vicente

Anónimo dijo...

Don Jimi, faga favor, non clausure este post.
Lembre, Madrid 1966, cando fomos ver os Kinks á discoteca Giulia. Once horas desde Rairo no 850 especial do meu padriño, matriculado no Sahara. Canto rimos cos teloneiros... E canto choramos cando a poli pediu a documentación a John Dalton.
Don Jimi, non lembra?

Cumprimentos saudosos.-

Anónimo dijo...

Pois o único que me queda é perdírlle ao noso anfitríon, que ante o claro exito de participación e calidade do fio , abra outro para liberar e compartir as nosas pasións musicais.

Anónimo dijo...

E vaia esta co doble sentido

Don´t let me down

Anónimo dijo...

Lembra, Jimi, cando andabamos por Barcelona... Non se recoñece???
Erámoslle tan novos!


http://www.youtube.com/watch?v=K1m8oUK_ICM

Anónimo dijo...

Faustino Santalices e o seu Romance de Don Gaiferos de Mormaltán acadan o summum.

Anónimo dijo...

Medela agora si que me deixas mosca, eu andei por Barcelona, dame algunha pista mais.
Please

Anónimo dijo...

Jimi, podía ser na Praza Real???
Lembras, Jimi, Tete Montoliu???
Lembra, Jimi, lembra.

Se cadra estou errado, era outro Jimi...

Cumprimentos barceloneses.-

Anónimo dijo...

Pois non, a Tete Montoliu só o vin en Ourense.

Anónimo dijo...

Don Jimi von Rairo:

Pásalle a vostede como a min, que só por escoitar algunhas pezas vénlle á mente, e tal vez ao nariz, o cheiro a cigarros modernos??

A min pásame con Lou Reed, Leño, Ñu, Deep Purple, Tangerine Dream e Velvet Underground.

Porén, pezas como "Born to be alive" ou "Jalisco no te rajes", "Cara de gitana" e "Dame veneno", suxírenme arrecendos a cubalibre de xenebra.-

Ah, estou confundido. O da calle Tuset, o da Praza Real e o dos garitos do barrio de Gracia non era vostede.

Entón, quen cº viría sendo???

Cumprimentos.-