16 ene 2008







XVIII ENCONTROS LITERARIOS DO LICEO

Venres, 18 de xaneiro. 20.15 horas. Salón Nobre.
Conferencia-coloquio de JUAN CRUZ ,
co título: " La búsqueda de un libro en la biblioteca"

Luns, 21 de xaneiro. 20.15 horas, Salón Nobre.
Conferencia-coloquio de LUIS MATEO DÍEZ
co título: " La novela y la vida"

Martes, 29 xaneiro. 20,15 horas. Salón Nobre.
Conferencia-coloquio de MANUEL RIVAS
Co título: “A corpo aberto”

Como nos últimos anos, organizados coa colaboración da Universidade de Vigo (Cátedra Carlos Casares) e a Deputación ourensá, onde hoxe os presentamos. Non foi nada doado axuntar estes tres primeiros espadas das letras españolas e galegas (tomen nota nas súas axendas, se lles parece pertinente). A miña noraboa a José Luís Troitiña, que foi quen se encargou da pesada tarefa da xestión concreta dos convites.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

O título que máis me atrae é o de Juan Cruz. Por causas obvias.

Anónimo dijo...

Pois a mín o de Rivas, tamén por razón obvias.

rosa enriquez dijo...

Que interesante¡ Unha mágoa non vivir en Ourense. Unha aprende moito co seu blog. Un saúdo.

Anónimo dijo...

Rosiña, Ven p'Ourense !!!

Anónimo dijo...

Cantos de vostedes coñecen aínda o código CDU, pra buscar libros nas bibliotecas?. Eu fai anos que o esquecín. Non séi se aínda se usa!.

Marcos Valcárcel López dijo...

Cales son as razóns obvias, Arume? Eu non a collín...
Benvida Rosa por estes lares, outra poeta ourensá, compañeira na opinión de La Región e tamén no mundo dos blogs.
E, para XDC, séguese usando o CDU nas bibliotecas: mesmo a biblioteca do meu centro, que leva o compañeiro Xavier, segue o sistema internacional dende hai varios anos.

Anónimo dijo...

Xa que Arume e Apicultor, por razóns obvias que obvian, apostan por Cruz e Rivas, decídome eu a volver por Luis Mateo Díez, un conferenciante moi serio e solvente, ademais de un dos escritores españois -sección "Noroeste"- cunha das obras máis sólidas das últimas tres décadas. ¿Ninguén leu "La fuente de la edad"?
Aparte disto, Díez é un magnífico e divertido contertulio. Valcárcel e todos os amigos do Liceo vano pasar ben con el.

Anónimo dijo...

A razón obvia (que non é obvia, sniff) ven polo título. E, sen desmerecer, digamos que JCruz a anos luz.