10 ene 2008

O LICEO DE OURENSE e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
comprácense en convidalo/a ao acto literario-musical de presentación do libro:
FÓRA DO SAGRADO, de Anxo Angueira

O acto, que contará coa intervención de Marcos Valcárcel,
co recitado de Anxo Angueira acompañado musicalmente
de O Leo i Arremecághona e Aser Álvarez e coa intervención plástica de Xoán Carlos de Dios e Xosé Luís de Dios, terá lugar o venres, 11 de xaneiro, ás 20,00 horas no Liceo de Ourense, Lamas Carvajal, 9 de Ourense. (Imaxe de Xosé Luís de Dios)

19 comentarios:

Anónimo dijo...

O Bardo das Idades. Unha auténtica forza da natureza: perdelo sería imperdoable.

Marcos Valcárcel López dijo...

Anxo Angueira é dos poucos poetas de hoxe que de verdade saben recitar un texto: seu ou doutro escritor. Demostrouno hai anos no Liceo cunha conferencia-recital sobre Rosalía de Castro magnífica (está publicada en A Trabe de Ouro). Só por iso, por velo recitar, paga a pena asistir a esta presentación na que vai recitar, creo que enteiro (é breve, non se asusten) o seu libro FÓRA DO SAGRADO.

Anónimo dijo...

Aínda que non quero ser un spoiler (je, je ou ghe, ghe), Angueira recita ou canta (según se mire) o libro enteiro. O poema enteiro. Os músicos que o acompañan (Leo de Matamá e Aser) inflaman todo. Que a acústica axude ao espectáculo do Rapsoda de Manselle.

Anónimo dijo...

Escoiteino unha vez pola radio recitar a Rosalía, e a verdade é que o facia ben.
Irei se podo( se me pasa a gripe) a escoitar esa posta en escena da súa última obra poética. Non que non confío xa e na mistura coa música, fanse moitas tonterias, hai que ter un grande nivel musical para esas mesturas.

Anónimo dijo...

Paga a pena. Anxo Angueira nunca defrauda. A súa dicción e o seu bo facer complementase nista obra súa chea de forza e de refencias e referentes.

Anónimo dijo...

Bradomín cal é a diferencia entre referencias e referentes?

Hai que ter coidado con eso de "nunca defrauda". Non hai moito escoiteino referido a un escritor, ao meu carón entre dentes alguén dicia "porqué tampouco ilusiona". O escritor non era Anxo Angueira.

Anónimo dijo...

REFERENTES ÉTICOS
No es fácil averiguar lo que es, desde un punto de vista moral, bueno o correcto. En el diccionario de la Real Academia de la Lengua no podremos encontrar ningún juicio de valor que nos aclare este punto (sería absurdo que así fuera, pues el diccionario sirve exclusivamente para mostrar definiciones objetivas).

Un acto es bueno o malo en función de su grado de aproximación a los referentes éticos que tengamos en cuenta (libertad, igualdad, justicia, divinidad de la vida, utilidad, preferencias personales…) Toda ética debe tener al menos uno de estos referentes, cuando no varios de ellos. De no ser así, la ética carecería de sentido, entendida ésta como la parte de la filosofía que se ocupa del estudio de la bondad de nuestros actos en general, y de nuestra relación con el resto de sujetos (agentes y pacientes) morales, en particular.

¿Porqué actuar éticamente? Es una cuestión que he meditado profundamente, y todavía no he llegado a una conclusión definitiva. Me considero un ser racional, por lo que trato de argumentar lógicamente mis afirmaciones. No vale un “porque sí”, porque de ese modo también sería igualmente válido “porque no”. Dejaré esta cuestión para otro artículo. Mientras tanto, seguiré basándome en la necesidad de actuar conforme a una ética.

Otra cuestión de difícil resolución es decidir sobre cual o cuales de los referentes éticos han de ser tenidos en cuenta, y en qué medida, a la hora de realizar alguna acción. Está claro que, en caso de tener en cuenta más de un referente ético, debemos juzgar su importancia relativa en cada caso concreto que evaluemos. Habrá casos en los que una ausencia total de libertad haga que ésta sea muy valorada y preferida frente a otros referentes como pueden ser la justicia o la utilidad. En todo caso, la valoración de estos referentes es un acto meramente subjetivo. Son todos y cada uno de los agentes morales los que deben juzgar en cada caso concreto la bondad de sus acciones (y las de los demás).

No debe ser confundida la naturaleza de esos referentes, obviamente objetiva, con la valoración personal de su importancia relativa, que es subjetiva. Del mismo modo, tampoco debe ser confundida la diferenciación entre objetividad y subjetividad que se plantea en este artículo, con la diferenciación entre lo absoluto y lo relativo. En este sentido, debo decir que una verdadera ética debe ser necesariamente absoluta, esto es, independiente de cualquier circunstancia, ya sea esta causal, temporal o espacial. Dos actos idénticos (si esto es posible) deben ser juzgados de manera idéntica.

Anónimo dijo...

Remato de copiar e pegar. Perdón por non ter tempo para explicarme.
Noutro momento intentaréino

Anónimo dijo...

Hai unha serie de palabras que me horrorizan. Unha delas é "paradigma"; outra é "referente". Recordo unha anécdota de Casares sobre un tal Vicente, que, por ter a palabra "referente" sempre na boca, era satirizado da seguinte guisa polos seus coñecidos: "¿A donde vai D. Vicente?; a onde vai o `referente´".

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

A mín "castrense". "Temática" como substantivo tamén lle chega.

Anónimo dijo...

Xa pode estar contento, Arume d.p. O Marcos léeu o seu escrito sobor de Angueira na presentación do Liceo.

Anónimo dijo...

Pois non sabe como me alegra.
Sabe vostede que cando eu cheguei á vella facultade de filoloxía de Santiago o primeiro día de clase alá polo ano 1979 un luns pola tarde o primeiro que atopei alí na aula, xa sentado, foi a Anxo Angueira? Téñolle desde aquela un cariño moi especial e, aínda que pasamos moitos anos sen vérmonos, estímoo moito. Sinto que esta nosa amistade poida restarlle credibilidade ás miñas loubanzas: pero non son amigo de eloxios doados. Este amigo meu é un grandísimo poeta e unha excelente persoa.

Anónimo dijo...

Estivo ou non estivo xdc no recital de Anxo Angueira señor MARCinCus ?.
A que hora rematou?.

Anónimo dijo...

Coartada: Estaba canda min no bar Montecarlo, a carón da catedral. Tomamos dous petiscos de lombo con pemento e dous mencías. Falamos cunhas mozas de Bande, auxiliares de clínica contratadas.
MARCinCus é inocente.

Anónimo dijo...

Fumamos cadanseu cigarro. Falamos do mal que o fai Zapatero e que quen tiña que estar é o Arnar.
Que todos os políticos son iguais.
As de Bande insistían en se coñeciamos alguén porque se examinan o día 21. Eu dixen que coñecía a Vanessa Redgrave. Unha de Bande dixo que tiña unha afillada chamada tamén Vanessa, mais de apelidos Doforno Poza. As de Bande marcharon para a pensión. Eu fun buscar o coche no único sitio que puiden aparcalo, en Rabo de Galo. Descoñezo o que fixo MARCinCus a partir das doce.
Cumprimentos.-

Anónimo dijo...

Dr. Medela , "no meu pueblo", "no meu pueblo"....Todo acontece no "meu pueblo", para darlle mais verosimilitude...no meu pueblo din ARNAZ, como o toxo, élles imposible pronunciar esa cousa allea "ASnar" con "z".

torredebabel dijo...

Fai algo menos dun ano que A. Anxeira encheu coa sua magnífica oratoria a sala Alfonsina Storni do Café Tortoni de Bos Aires. Ainda hoxe, moitos dos ali presentes, lembran a ledicia de escoitalo. Sen dúbida, un luxo!

Marcos Valcárcel López dijo...

OS IRMÁNS DE DIOS:
Para evitar confusións, eliminei a ilustración inicial de XOSÉ LUÍS DE DIOS. Eu pensei que este artista, o histórico dos artistiñas e do Volter, era tío dos irmáns Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios. Alí dixéronme que é primo do pai deles, segundo entendín, e tamén son logo parentes do amigo, poeta e compositor Manuel de Dios. Bos xenes dende logo e raíces ben chantadas na Terra. Por certo, ENCANTARÍAME COLGAR AQUÍ A SÚA IMAXE DO MURAL DO BERBÉS: se alguén a ten e ma fai chegar, grazas por adiantado.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O pano do Berbés merece lugar eminente na cidade de Vigo. Eu propóñolle ao amigo AA que o leve para a Praza das Cantigas s/n. El ben sabe onde é.