Poemas breves (2).
Pan por Pan venres 25 xaneiro. A imaxe é de Ghirlandaio.
De Rosalía a María Mariño, de Novoneyra a Celso Emilio, foron moitos os poetas de noso que empregaron algunha vez o rexistro do poema breve ou moi breve: catro, cinco, seis, sete versos, etc. Xa o fixo Rosalía de Castro para evocar o amor (“Cando era tempo de inverno”) e a dor dos emigrantes, a traxedia da angustia (“Qué pasa ó redor de min?”) ou a forza humana do desexo en “Pelouro que roda”: “Dou encomenzo pensando;/ despois, gustoulle pensar;/ e deste gusto ó deseio/ a toda presa se vai./ E decote descendendo, /descendendo sin parar,/ desde o deseio ó pecado/ a toda presa se vai”.
Manuel María inmortalizou no libro “Terra Cha” a forza expresiva das paisaxes natais con natural intensidade: “A Terra Cha somentes é;/ un povo aquí, outro acolá,/ mil arbres, monte raso,/ un ceo chumbo e tráxico/ no que andan as aves a voar./ O resto é soedá.”
8 comentarios:
A ver cantos destes PAREADOS se poden pasar ao galego.
Vaia, algún xa está en galego.
Aiquí hai MÁIS.
Buf. A verdade é que son todos malísimos.
Cun plato de estofado
xa estou arreglado.
Sinto deixar este mundo
sen probar pipas Facundo.
Estes tamén son malísimos, pero deben de ser traballos de literatura de estudantes.FURAR
Pois logo, desde mañá ou pasado escomenzaréi a publicar poemas na sección de "Breves" dalgún xornal. Non sae caro.Cal xornal me recomendan? En qué sección os meto?.Ofertas de traballo? Xa veréi.
La Región non poderá negarllo. Digo eu.
Se vostede soupera, XM Glz...
Publicar un comentario