REPORTAXE en LUCES (EP 25 xaneiro, D. Salgado)
As expectativas incumpridas do cambio
Personaxes da cultura falan de mudanza nas formas pero non no fondo
A reportaxe completa
Para o historiador ourensán Marcos Valcárcel, porén, existiu unha "sobredimensión das expectativas" en relación ao novo goberno. "Os creadores agardaban máis iniciativas novidosas, máis imaxinación nas instancias culturais", considera, aínda que recoñece "inercias herdadas en certos campos". Valcárcel repasa o programa cultural histórico do nacionalismo: "O nacionalismo, que agora leva a política cultural na Xunta, sempre baseou a crítica na falta de democracia, mais a xestión non se diferencia demasiado do anterior, con grandes espectáculos e falta de participación das asociacións de base".
(Fun un dos entrevistados nesta xeira cultural: as miñas argumentacións, como é lóxico, foron moito máis completas e quizais máis matizadas (falei mesmo por sectores culturais): cando poida procurarei traelas aquí de forma mellor estruturada. Xuguen vostedes mesmos as opinións dos diferentes entrevistados).
PAISAXES CON MÚSICA
-
Paisaxes con música
de
Emilio Blanco "Milucho"
Someday Soon (1977)
Firefall
Hace 5 días
22 comentarios:
O peor... a pervivencia do clientelismo... Iso de "acouga, xa falo eu co concelleiro".
Sera logo :"Os mismos cans con diferentes collares"
Gran caleidoscopio, se me é permitida a vulgaridade. Aínda escéptico verbo dalgunha afirmación (cando hai bibliotecas úsanse, ¿sempre?), avalío este denso material como de grande importancia, merecente de atención por parte do poder político.
Ben por El País, desta volta.
A mín a reportaxe, e síntoo por Daniel Salgado que sempre escribe moi ben, non me gustou nada. Pouco clarificador, un chisco desorganizado e cheo de expresións para mín completamente enigmáticas.
Non entendo, ademáis, por que din que Pepe Cáccamo ofrece unha visión diametralmente oposta á súa, amigo Valcárcel, se di exactamente o mesmo ca vostede. Valcárcel repasa o programa cultural histórico do nacionalismo: "O nacionalismo, que agora leva a política cultural na Xunta, sempre baseou a crítica na falta de democracia, mais a xestión non se diferencia demasiado do anterior, con grandes espectáculos e falta de participación das asociacións de base".
O poeta Xosé María Álvarez Cáccamo expón unha opinión case oposta ao historiador ourensán. "Por contraste co anterior poder, no que a relación dos axentes culturais co poder institucional era nula", apunta, "si mudou a filosofía política, iso é así". Segundo Álvarez Cáccamo, a concepción cultural do PP "atópase a anos luz do que debe ser a cultura" e recunca na denuncia da "cultura espectáculo" promovida polos sucesivos executivos de Fraga. Con todo, Cáccamo posiciónase a prol de que o departamento de Cultura "intensifique a interlocución cos colectivos culturais, que sexa máis áxil".
En fin, un cacao. Para mín, ollo.
Nunha reportaxe destas características é materialmente imposible dar conta dos matices deste ou daquel intervinte. A simplificación devén norma.
Eu si aprezo unha certa diferencia -non sei se diametralmente oposta- entre o que di Valcárcel e o que di Cáccamo. O primeiro máis alonxado -marxinado?- dos círculos de poder cultural bloqueiro (con perdón) e o segundo máis achegado.
Hai afirmacións moi fortes por parte dalgúns, hainos tamén cun chisco de demagoxia na crítica, hai tamén, faltaría máis, estómagos semiagradecidos.
O que si me parece que está claro é que a política cultural da Consellería de Cultura levanta máis suspicacias que unanimidades. Quizais sexa inevitable. A min, persoalmente, hai moitas cousas que non me gustan e boto en falta algunhas outras. E, sobre todo, prefiro os feitos ás retóricas.
Aprezo, polo demais, nos xestores nacionalistas unha certa tendencia á desconfianza, un larvado temor a todo aquilo que soe a pensar pola propia conta. E iso leva á parálise. Mais serán figuracións miñas (algún dirá que malevolencia).
Eu, que teño a fortuna de coñecer a Cáccamo, creo que non se pode dicir que estea máis próximo. De seguro que non. A non ser que organizar boa parte da homenaxe ao seu pai este ano poda acercalo físicamente aos gobernantes. Pero podo asegurarlle que Cáccamo (un home, ao meu xuízo, cun criterio ben independente) está ben lonxe do poder.
A proximidade sempre é algo situado nun contínuo que vai da nada ao todo. Non dubido -non teño motivos- da independencia de criterio de Cáccamo, pero un pouco máis próximo que Valcárcel si que semella. Isto, naturalmente, non é demérito ningún, xaora.
Por outra banda, e que non se interprete en absoluto como unha imputación persoal a Cáccamo, hai que ter en conta, Arume, que moitas veces unha cousa son as afirmacións a título privado -que adoitan ser máis contundentes- e outra as afirmacións públicas, que soen ser máis soft. Porque, meu amigo, os intereses adoitan modular o que se di e onde se di.
Dobre linguaxe, cinismo, oportunismo, incoherencia, sensatez, sentido da oportunidade? De todo hai na vida do señor.
Unha vez asistín abraiado -algún contertulio andaba tamén por alí- a como, en petit comité, un coñecidísimo arquitecto botaba pestes -nun incendiario discurso case revolucionario- contra do PP que mesmo a min se me antollou excesivo, cando todos sabiamos que era o arquitecto de cámara do conselleiro, e que tirara máis que pingües beneficios dos seus tratos con el. Caso de flagrante cinismo e de dobre discurso: dicir o que hai que dicir en cada lugar para quedar ben. Naturalmente, como estaba ante xente informada, quedou ante algúns dos que alí estabamos como un verdadeiro "cantamañanas", por dicilo con palabras suaves.
... na viña do señor.
Cáccamo é bo rapaz, pero amigo da conselleira e beneficiado por ela. Ademáis, gusta moito de exercer de intelectual popular, tipo Etvuchenko. Eu diría que é un intelectual moi próximo ás eseferas do poder cultural.
Comprendo perfectamente a sensación de cacao nada marabillao que teñen algúns ao ler esa reportaxe. Eu xa o dixen nalgún post meses atrás, cando se discutía destes temas: en Galicia o debate político sobre "cultura" é desestruturado, anómico, disperso, vago e nada criterioso, como diría un arxentino.
Participan nel sabios das súas cousas e eruditos "a la violeta" xunto con rapaces que non deron rematado o bacharelato e "axitadores culturais" de caldo á merenda. E case todo o mundo fala da feira exclusivamente asegún lle vai indo nela.
Danme ganas de compadecer á señora Bugallo.
Pero qué bueno qué bueno este Leituga1...XDDD.
Aínda que supoño que me afeca a categorización que fai Leituga na súa última mensaxe, recoñezo que non deixa de ter, en parte, un algo de razón.
Pero repito que a miña intervención foi moito máis longa, densa, complexa e detallada (se podo volverei sobre o tema).
Só unha cousa, sr. Valcárcel: cales son os grandes espectáculos da Consellería? Porque eu non lle vin ningún (e ben que me gustaría). Intentárono con aquela "Cultura Circula" e colleitaron un sonoro fracaso.
Refírese a algo parecido a aqueles Santirock e milleiros de superconcertos millonarios no Monte do Gozo que traía Pérez Varela? Aquel "roc-poc", "aquel traeremos a quen se nos poña a tiro"?
Creo con toda sinceridade que o correo de Breogán trabúcase de parte a parte. Pero non serei eu quen desmonte esa especie. Aínda así, non me resisto a recomendar as súas memorias, como fixen hai tempo, para que alí, nas últimas páxinas, podan verse as súas lonxanías co poder.
Hoxe, por certo, en Vigo Xosé María Álvarez Cáccamo lerá o discurso de entrada na Real Academia Galega do seu pai, como o primeiro acto de homenaxe a XMAB. Ás 8 no edificio do vello (manda truco) Reitorado na rúa Areal.
Coñezo perfectamente a Cáccamo e linlle as súas memorias, que non me gustaron tanto como a vostede, pero que estou disposto a discutir, se vostede o considera oportuno. Non sabía, amigo Arume, que un libro de memorias fose testemuña indiscutible da obxectividade do alí contado ¿Hai que crer todo o que un autor conta de si mesmo? Por outra parte, Cáccamo é un tipo estupendo. Pero -repito- amigo do poder cultural.
Pois discutan, discutan, ...
Eu, como non coñezo a Cáccamo, non poderei meter baza. Unha sorte para vostedes. Pero estarei atento, moi atento.
Aclaro: sorte no senso de non lles dar a vara.
(Uf, ultimamente ando un tanto neura con isto das aclaracións)
Creo que non me referín estrictamente a "grandes espectáculos"..., pero, ben, en calquera caso pensei no fracaso do "Cultura circula" que vostede mesmo cita. E na inexistencia de alternativas ou modelos diferentes do que o goberno Fraga utilizou durante tanto tempo.
Por suposto que unhas memorias é un xénero narrativo, cunha dose de sinceridade limitada, que ningún lector pode determinar. Como, supoño, ocorre cando un escoita desa persoa de viva voz comentarios semellantes. Sempre queda a idea de que está mentindo, decindo medias verdades, ocultando os seus íntimos desexos ou tamén sendo sinceiro. Todo eso cabe. Entón déixeme afirmar que nas memorias, nas conversas persoai , nas palabras que Cáccamo pronuncia eu entendo (e podo estar trabucado ou podo non ser tan perspicaz para averiguar que está a decir o contrario) que a súa visión do actual poder en san Caetano está lonxe do que el cre que debe ser o acto de gobernar. Pero xa digo: son eu o que o entende así.
De acordo, Arume.
Amigo Valcárcel: en ningún momento pensei en vostede ao escribir o meu post anterior. Nin tampouco o inclúo en ningunha das categorías culturetas ás que me refería malamente.
A miña crítica ao debate sobre "cultura" en Galicia non é tanto ás persoas que nel interveñen como á inexistencia dun terreo de xogo previamente consensuado, alindado e estruturado que nos permita falar a todos do mesmo, manexando conceptos compartidos e utilizando marcos de referencia comúns.
Nos debates sobre política medioambiental, economía, modelo social ou educación, esa estruturación existe, aínda que non evite, por suposto, a máis que probable emisión de dislates. Pero no debate sobre "cultura", entendida como "política cultural", tal cousa é por completo inexistente. Iso tampouco evita que se poidan dicir cousas interesantes, como as que di vostede, ou como as que di Bermejo (que darían para unha discusión moi interesante, por certo).
Publicar un comentario