Unha conversa informal
Andoliña 30 xaneiro. Imaxe de Picasso, O vello bufón, 1963.
Un posible diálogo, onte mesmo, nunha cidade galega.
"Oíches, desta vez si que se pasou o Zapatero co dos 400 euros. Pero, onde imos chegar? Isto é un cachondeo. Mercadeo puro e duro, niso están a converter a política e as eleccións".
"Pois, si. Tes toda a razón. Diríase que nos toman por parvos. Ou por menores de idade: toma ese caramelo e cala, rapaciño. Ou por débiles mentais. Ben se ve que idea teñen de nós".
"É que ás veces danche gañas de mandalos a todos a ese sitio. E que logo só vaian votar os seus militantes e os que cobran do partido, que a eses si que lles interesa o conto, aínda que non lles dean os 400 euros. Que, ademais de votar, tamén temos dignidade, ou non o sabían? Alguén terá que dicírllelo a estes novos xenios da nosa política. Así que un voto vale agora 400 euros?".
"Éche ben certo. Pero, que queres que che diga? Porque mira para os outros, vaia miñas xoias tamén. Agora fichan a Moncho, o exalcalde de Sada, un bo peixe, e á filla do exalcalde de Ponteareas, despois das guerras que alí tiveron. O poder moito pode: derruba muros e resucita amizades. A min dáme noxo. Oes, ponnos aquí outro viño!".

11 comentarios:
Dixen o outro día que calquera oferta con cartos para gañar votos é dunha torpeza suma, porque no fondo eu non creo que a xente vote por esa razón. En todo caso, poden perder votos, o que me parece aínda peor. Pero arrepañar con 400 euros pouco. Non sei se non estará detrás estará a máxima publicitaria de que falen de nós aínda que sexa mal (ou ben).
O de "Torpeza Summa", Arume d.p., fíxome rir. Pero igual foi por asociación con "Incontinentia Summa" que fixo rir, fatalmente, ó soldado romano na "Vida de Bryan".XDDD.
Foi. E ademáis un pequeno homenaxe ao meu irmán que sempre o utiliza. Por influencias directas do propio Latium.
Pau de Quintana a ZP polos 400 euros: "Como vai crer a xente nos políticos se isto é unha tómbola?"
Un pau de Quintana, en efecto, con metáfora brillante incluida, para compensar as cenouras.
E nos, coma lud´´opatas , metendo o voto na urna coma se fose unha tragaperras: "A ver se da o especial desta volta.."
O votante ludópata. Ou o votópata lúdico. Non haberá aí unha posible obra dramática?
Don XDC, a ver se arranxa esa tecla dos acentos...
E logo ninguén me daría 450 euros polo voto?
Miren que eu non se son nada fiel... Veña anímense... e se chega a cantidade suficiente, ensino o voto antes de o meter na urna... Total.
Fun este martes comer un cocido ca miña pandiña e como son o máis novo díxenlles de facer unha porra, con tres opcións: 1ª) Quén gañaba en votos 2ª) Quén gañaba en escanos e 3ª) Quén ía gobernar. O resultado dos dezasete comensales foi : A Primeira 16 PP 1 PSOE; A Segunda 16 PP 1 PSOE e A Terceira 11 PP e 6 PSOE.
Mátizolles que ningún deles é afiliado a nengún partido, só eu, pero si é significativo, foron no século pasado, un Presidente da Diputación de Lugo, seis senadores, catro diputados, e foron concelleiros en Lugo a maior parte.
Non preciso que ninguén me conteste para dicirme que a mostra non é fidel, pero comen, beben e falan con total liberdade da que nalgún momento lles envexo.
Home, don Xaime, qué acusacións son esas dun concelleiro do PG que di que os que tomaron antidemocraticamente o partido no recente congreso son de extrema dereita?
Aparece a declaración no "Galicia-hoxe" do día de hoxe.
Apicultor, por unha parte que quere que lle diga e por outra, xa sabe....
Publicar un comentario