11 feb 2008


40 anos de Voces Ceibes

Tamén neste 2008 vanse cumprir 40 anos do nacemento de Voces Ceibes e da Nova Cancióin Galega. Lembremos que 1968 foi un ano de fortes conflitos estudantís na Universidade de Santiago (Maio do 68). Lembremos aquel acontecemento musical. Tralo recital do cantautor catalán Raimon en Compostela, en maio de 1967, convocouse un novo concerto celebrado o 26 de abril de 1968, na Facultade de Medicina, daba saída definitiva á NCG: actuaron alí Benedicto, Xavier González del Valle, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso e Vicente Araguas, con letras propias ou dos escritores Alfredo Conde, Celso Emilio Ferreiro, Lois Diéguez, ademais de textos de poemas cataláns e doutras culturas traducidos por X. L. Franco Grande, Carlos Casares e Salvador García-Bodaño, etc. En maio, nunha xuntanza no Hotel Compostela, nacía oficialmente o grupo Voces Ceibes, nome proposto por Xavier e onde estaban presentes tamén Benedicto, X. Moscoso, A. Conde, Margariña Valderrama e Vicente Araguas (este último historiou este proceso en Voces Ceibes, Xerais 1991). Outros nomes asociados logo á NCG foron Miro Casabella, Andrés Lapique do Barro (a quen se lle prohibe algún concerto), Xoán Rubia, Suso Vaamonde, Jei Noguerol e Luís Emilio Batallán.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Onde andan os discos de "Voces ceibes"?

Anónimo dijo...

O título da canción de Bendicto era "No Vietnam"; supoño que o do artigo procede directamente de información da prensa da época, ou ao mellor incluso de informe policial-gobernativo.

O autor da letra era Lois Diéguez, que tamén escribiu a de "Loitemos". É curiosa esta relación artística (ignoro se a houbo persoal) entre ambos, directamente vinculados polo antifranquismo e despois tan diferentes en posición e actitude.

Os discos de Voces Ceibes andarán polos arquivos dalgunha emisora de radio. Hai anos editarase un dobre CD coa maior parte das cancións; eu téñoo.

herba dijo...

A verdade é que o aniversario sería unha ocasión para reeditar aqueles temas e que os novos poidamos coñecelos algo máis.Eu persoalmente só sei algo deles por algún que outro artigo e contados programas de radio (por exemplo "un mundo de mísicas" dirixido por Bieito Romero. O dobre CD que comenta Xosé M. pode atoparse tamén na rede.
Escoitei tamén que Miro Casabella, visto que segue tendo admiradores e público, está traballando nun novo disco. O que xa vexo máis complicado é que esta xente poida traballar fóra do estudio; faltan circuitos... e seguramente tamén "país". En todo caso sería unha boa nova.