11 feb 2008

precampaña (5)

Nun artigo publicado onte en El País ("PSOE: fuerza y debilidad"), Suso de Toro recriminaba ó PsdG-PSOE elaborar unhas listas electorais con demasiado peso do aparato estatal. E demandaba maior capacidade de decisión ó respecto do PSdG.

Pola súa banda, hoxe Anxo Quintana e o BNG reclaman solucionar o problema da limpeza do voto emigrante para facilitar unha posible investidura de Zapatero.

45 comentarios:

Anónimo dijo...

Ni contigo ni sin ti tienen mis males remedio.
Fago coas falanxe, falanxiña e falanxeta un arco (no Círculo) sobre as cellas. Cando chego a casa descubro que teño que votar en Galicia. E comprobo que Louro, Espinosa, Molina e Blanco non son como de aquí, que deben ser dalá ou dacolá. E entón póñome a escribir. Porque teño que escribir sobre algo.

Anónimo dijo...

En efecto, Arume, unha mostra máis de coherencia do ínclito Suso de Toro.

En Madrid vai de socialista sen reparos e apoia o ^ ^, e en Galicia pónlle peros.

Contradición, dobre personalidade ou simplemente cacao maravillao?

Anónimo dijo...

Cacao sen máis, amigo apicultor. E como moito, do "negrito del África tropical". De Toro gosta de predicar progresismo galeguista guay dun socialismo galego virtual no que gosta de crer. De todos os xeitos, Arume, home, algo de aquí son. Louro en todo caso, e Blanquito (a quen en Madrid teiman en chamar "Pepiño", pois non saben que o "ito" en Galiza é máis ben irónico e o "iño" cariñento), gostemos ou non gostemos, tamén. E Molina, a fin de contas, escrebe poesía en galego. Alcumalos de "cuneros" sen máis paréceme tamén un exceso.

Anónimo dijo...

Eu puxen (mal, polo que se ve) unha voz irónica ao pensamento interior taurino: non cabe en mín dubidar nin un segundo da orixe galega de todos eles. Nada máis lonxe da miña intención.

Anónimo dijo...

Eu non sei de que se escandalizan. Esta ambigüidade, "ni contigo ni sin ti", é moi propia dos intelectuaes galegos, de hoxe, onte e sempre. Non esquezamos o comportamento dalgúns cando mandaba o patrón...

Ademais, agora Suso de Toro ten que ter contentas as dúas parroquias.

Outros só teñen unha. Por exemplo, ese escritor ourensán que dialoga, corazoncito, cos lectores da Voz.

Anónimo dijo...

Noutra orde de cousas, non creo que, á hora da verdade, Quintana como como condición imprescindible para apoiar a investidura de Zapatero a reforma do voto emigrante. Conformarase, como nalgunha outra ocasión, cunha declaración de intencións e co seu adiamento cara un futuro.

Anónimo dijo...

Xosé Carlos Caneiro, ten duas tres, vinte parroquias. XCC é o sucesor da xeración Nós con toda xustiza, un escritor entrañado na terra, non como outros que viven do conto de ser galegos en Madrid, e logo aparecen por aquí para que os paletos lle lamban os pes.

Anónimo dijo...

Dende logo que é un acto patriótico a lectura do pregón de xoves de comadres en Verín. Igualiño de verdá que Risco, Otero e Cuevillas. ¡Viva Carneiro!

Anónimo dijo...

Que país! Os escritores son humanos e, como tais, ambivalentes. Vexamos se nos gusta ou non a súa obra e deixémolos en paz. Nós tamén teremos, digo eu, as nosas contradicións.

Anónimo dijo...

Contradiccións non: Entre dos aguas.

Anónimo dijo...

Caneiro: 0
Suso de Toro: 0

Empatados!

hai vida!

Anónimo dijo...

Non, por favor, esas leas de verbena entre Caneiro e de Toro, aquí non. Xa é moi ranciosa, non achega nada interesante e só interesa aos seus siareiros.

Anónimo dijo...

Pero que teñen vostedes contra Xosé Carlos Caneiro? antes ben que o idolatraban, cando a luxa campañá de difamación ainda non se orquestara.
Sinxelamente Manuel Rivas e Suso de Toro, tiveron celos e acordaron desprestixiar solapadamente a quen os estaba a eclipsar, esa é a triste realidade.

Anónimo dijo...

Vaia. Vou ter que cambiar de "nique", pois hai persoas que participan co meu mesmo nome e non me sinto representado polas súas opinións. Mecachis!

Anónimo dijo...

Eu non lle teño nada nin a favor nin en contra, créame. Nunca idolatrei a ninguén. Agradecería que esas leas de ciumes, seica, vaian para outros blogs ou foros, que xa están moi vistas. Por favor llo pido.

Anónimo dijo...

Non se faga o inxel Apicultor, Vostede idolatra a Manuel Rivas e desprecia a Xosé Carlos Caneiro, e faino sen mala fe, seguindo a moda a que non é alleo este blog, literariamente moi superficial.

Anónimo dijo...

A casa cheiraba a verduras cocidas, a limpiador con aromatizante de limón, a medicina, a augardente. O cheiro picante e narcótico da augardente recordoume a unha casa na que entrei de pequena a ver a unha amiga enferma. A amiga, Ludiñas, tiña leucemia. Estaba deitada na cama, calva, cos ollos en branco e amolecida nese recendo que pretendía transmitir a contundente determinación de atallar polo san a enfirmidade. A morte óleme a augardente e a madeira de mango queimada, penseino, pero non o dixen en voz alta. A tía Natalia estaba tan alporizada que guindou a maleta contra a mesiña da sala e pouco lle faltou para esnaquizar unha bolboreta de cristal que Felisa recolleu da alfombra como se recollese a sú propia substancia viytal. Eu, contra do que pensaba, non estaba inquedaq, non estaba nerviosa, non tiña medo ningún. Quixen seguir o camiño ata o cuarto que sempre foi de mamá pero Natalia agarroume dun brazo e pediume, or favor, que esperase.

Esto é literatura, da mellor literatura. A quen non conmove este parágrafo, quen se furta ao seu poder revelador?

Marcos Valcárcel López dijo...

Creo que non vén moi a conto meter aquí este debate forzado ou con calzador, que xa se deu noutros blogs e nada novo aporta. Aquí creo que sempre se lle tratou con respecto a Caneiro e este fío era para falar da precampaña electoral. E creo que Caneiro non se presenta, non?

Anónimo dijo...

Aí falou, Marcos. Ten toda a razón no que di.

E o amigo Anónimo debería saber que aquí quen ten a máxima autoridade é o dono do blog, a quen se lle debe o debido respecto por acollernos nesta súa casa. A súa palabra é lei.

Tratar de meter aquí con calzador unha pseudo-polémica entre dous ou tres ou trescentos escritores, é absurdo ademais de reiterativo.

Pero tamén é desculpable que o Anónimo entrase deste xeito tan impropio. Son os típicos nervios de quen asiste a unha festa na que non coñece nin o anfitrión. Simple medo escénico, perfectamente superable sen necesidade de meterse previamente un par de güisquises.

O señor Anónimo -que seica coñece mellor os meus gustos ca min- faría ben, polo tanto, en reservar toda a súa admirable ardentía xuvenil para outros temas algo máis interesantes. Teño a completa seguridade de que ha achegar inéditos puntos de vista que non han de enriquecer a todos e todas.

Reciba un cordial saúdo e unha calurosa benvida, amigo Anónimo (e vaia pensando, se lle parece ben, nun alcume que o diferencie).

Anónimo dijo...

As veces, e moitas teñen cambiado neste blog, que leo, ainda que ata de agora nunca escribín nel , cambiado de tema, e ninguén fixo ningunha advertencia, pareceulles positivo. Este debate é forzado como tantos, e recoñezan que o desenvolvemento dos fíos acostuma a apartarse dos temas iniciais. Se fose un cambio de tema referido a Manuel Rivas, a vostedes parecerialle unha maravillosa ocasión para falar del, para comentar anecdotas, para facerlle a pelota dun xeito que da vergoña allea e por suposto sen unha frase con contido critico literario.
E non molesto mais.

Anónimo dijo...

E teñense dado debates, entre historiadores, ou xente interesada na historia e noutros temas, con moitos participantes...que ten o Apicultor contra os escritores galegos?, parecenlle dunha caste inferior, a el que debe ter complexo de cientifico?

Anónimo dijo...

Parolan de nós no Hexágono (ben poden falar!)

http://www.lemonde.fr/europe/article/2008/02/11/la-galice-oscille-entre-tentation-nationaliste-et-fidelite-a-madrid_1009881_3214.html#ens_id=999385

Le Monde
La Galice oscille entre tentation nationaliste et fidélité à Madrid


Quand Mariano Rajoy vient faire campagne en Galice, il refuse de parler le galicien. Les habitants de ce recoin pluvieux du nord-ouest espagnol qui est pratiquement, avec la Catalogne et le Pays basque, la seule des 17 régions autonomes d'Espagne à user d'une autre langue officielle que le castillan, savent qu'ils ne l'entendront pas prononcer un mot dans cette langue. Pas même un nom de rue de Saint-Jacques-de-Compostelle, la capitale aux ruelles grises et aux milliards de pèlerins.



L'opposant conservateur au socialiste José Luis Rodriguez Zapatero, le chef du gouvernement, est pourtant un Galicien pure souche, de cette région longtemps arriérée, loin de Madrid, où l'on se pique d'avoir des origines celtes, d'apprécier la cornemuse et d'avoir en horreur la corrida.

Si les élections législatives du 9 mars conduisaient son parti au pouvoir, Mariano Rajoy serait même le deuxième Galicien à diriger le pays, après... le général Franco. Mais avant d'être galicien, le chef du Parti populaire (PP) appartient à cette mouvance de la droite fortement centralisatrice, "espagnoliste", telle que l'avait orientée l'ancien chef du gouvernement José Maria Aznar au cours de son second mandat.

"Ici, chacun parle la langue qu'il veut", précise Alfonso Rueda, secrétaire général du Parti populaire de Galice (PPdG). Il n'empêche : être à la fois galicien et membre d'un parti qui, à Madrid, résiste au mouvement vers "l'Espagne plurielle" voulu par M. Zapatero, n'est pas un exercice politique aisé. Et l'attitude si "castillane" de Mariano Rajoy, un notable déjà mal-aimé pour son attitude hautaine et peu porté aux poignées de main populaires, n'est pas un atout pour le PP de Galice.

En juin 2007, une commission de neuf parlementaires des trois principaux partis de Galice s'est réunie pour réformer le statut d'autonomie qui régit la région. Aucun ne conteste l'accroissement des compétences autorisé par la Constitution de 1978 qui grave dans le marbre "l'Espagne de l'autonomie". Mais le blocage s'est fait sur le mot qui fâche : "nation".

Le Bloc nationaliste galicien (BNG) voulait, à l'instar de la Catalogne, l'inscrire en préambule pour définir la Galice. Le Parti socialiste de Galice (PSdG-PSOE) l'acceptait tout en rappelant l'appellation officielle de "nationalité historique". Pour le PPdG, c'était un casus belli : le mot de "nation" ne s'applique qu'à l'Espagne.

Conclusion : la réforme du statut de Galice n'est même pas allée devant le Parlement galicien. La Catalogne, elle, a fait adopter par le Parlement catalan, puis par le Parlement national à majorité socialiste, puis par les Catalans via référendum, un nouveau statut radicalisant son autonomie, sans toutefois obtenir tout ce qu'elle souhaitait. Le PP, ultime recours, a porté l'affaire devant le tribunal constitutionnel.

"C'est une mauvaise époque pour être nationaliste galicien", s'amuse Pedro Puy Fraga, membre du PPdG. "La Catalogne complique le débat. En donnant raison à ses revendications excessives, Zapatero favorise un retour de balancier de l'Etat central."

Mauvaise époque ? En Galice, il n'y a pas de mouvement indépendantiste, contrairement à la Catalogne et, surtout, au Pays basque. Mais le parti nationaliste y prend du poids : 3 députés sur 75 en 1981, 13 en 1997, 17 en 2001, 13 aujourd'hui. Depuis 2005, il est au gouvernement de Galice pour la première fois, en coalition avec le Parti socialiste.

La conscience nationale, en Galice, est plus culturelle et sentimentale qu'elle n'est idéologique. La relation avec Madrid n'est pas conflictuelle comme en Catalogne et au Pays basque, et le parti nationaliste, d'origine rurale et non bourgeoise, est moins organisé et moins influent. La langue n'est pas un abcès de fixation. Pour les 2,7 millions de Galiciens, l'attitude de M. Rajoy comme les positions de l'Etat central ne sont pas un enjeu électoral.

Le 31 janvier, le président socialiste du gouvernement de Galice, Emilio Pérez Tourino, était en meeting à Pontevedra. Nul besoin, pour emporter les applaudissements, d'évoquer La fameuse "question nationale". Il a mis l'accent sur les profits économiques que la Galice a tirés du gouvernement Zapatero : encore faible en infrastructures, elle a bénéficié de 8 % du budget espagnol, contre seulement 5 % sous le gouvernement Aznar ; depuis deux ans, la croissance (4,1 %) y est supérieure à la moyenne espagnole (3,8 %).

De quoi faire oublier aux militants les difficultés conjoncturelles du gouvernement. Ceux-ci apprécient la récente augmentation des plus basses retraites : une mesure populaire en Galice, dans cette région pauvre marquée par l'émigration, où la population souffre de vieillissement.

Grenier de la droite depuis presque toujours, la Galice a basculé d'extrême justesse à gauche en 2005. Résultat d'une urbanisation spectaculairement rapide, de la mauvaise gestion par la droite de la marée noire causée par le Prestige en 2002, de la montée du BNG - parti nationaliste paradoxalement de gauche dans une terre de droite.

Un tiraillement politique bien galicien qui n'étonne pas à Madrid. Car, comme on dit dans la capitale, "quand tu croises un Galicien dans un escalier, tu ne sais jamais s'il monte ou s'il descend".

Marion Van Renterghem

Anónimo dijo...

Nervios nos sociolistos?


http://www.gznacion.com/web/notic.php?ide=6654

Jorquera esíxelle a Ricardo Varela un “maior respecto” polo BNG, a TVG e o seu Vicepresidente
[GZnación / Redacción / 11 Feb 08]

O coordinador Executivo do BNG, Francisco Jorquera, mostrouse “estupefacto” polas “absurdas” declaracións realizadas hoxe por Ricardo Varela nas que acusaba a Quintana de "invadir todos os espazos de discusión" dos candidatos das eleccións xerais e nas que ironizaba co seu "furor presencial".

Varela sinalou que non vía lóxico que Quintana participe en todos los debates aos que se lle invite. "Non sei se non ten a ninguén máis que poida debater, ou que BNG e Quintana son o mesmo", declarou o socialista.

En rolda de prensa o candidato nacionalista ao Congreso pola Coruña, reclamou un “maior respecto”, ao BNG e a Anxo Quintana e recordoulle a Varela que ademais de ser “compañeiro” de goberno, Quintana é o seu Vicepresidente. Jorquera recomendou ao PSdeG que teña "máis sensibilidade" para dirimir "discrepancias propias" entre os partidos e acuda a outros actores, sen necesidade de que sexan conselleiros.

O coordinador executivo do BNG mostrou tamén a súa "estupefacción" porque sexa Quintana quen teña que dar conta da súa postura, cando se ofrece a debater as veces que o convoquen e instou a Emilio Pérez Touriño a explicar por que non respondeu á "invitación persoal" da TVG para debater. Neste sentido, sinalou que estes encontros televisivos responden a unha "demanda da sociedade", que, ao seu xuízo, quere que os líderes políticos "contrasten pareceres".

Ademais, acusou ao titular de Traballo, que realizou estas afirmacións este mediodía, de "facer oposición pola mañá e gobernar pola tarde", parafraseando a dirixentes socialistas que, precisamente, reprochan aos seus socios de facer xusto o contrario, "gobernar pola mañá e facer oposición pola tarde".

A caravana

Francisco Jorquera tamén criticou a Varela por dicir que a caravana de mulleres para buscar parella para os solteiros do Concello de Cervantes fora "promovida" por un área da TVG "controlada polo BNG". "Quere dicir que existen programas controlados polo PSdeG, que os informativos están controlados polo PSdeG?", cuestionou.

Deste xeito, esgrimiu que, de ser así, vai contra a súa postura e contra o acordo de goberno entre os socios e reclamoulle respecto para a televisión pública e para toda a sociedade, "que a financia". Ademais, invitou a Varela a que pregunte ás feministas do PSOE que lles parece esta iniciativa.

Marcos Valcárcel López dijo...

Está ben,Anónimo, discuta do que queira e cando queira: ninguén lle vai coartar nin reprimir os temas, sempre que se mova nos parámetros habituais de respecto e cortesía. Con todo, sería bo, como di Apicultor, que escolla un NICK ou HETERÓNIMO permanente, porque Anónimos hai moitos e diferentes e é moi manter unha mínima coherencia no debate se non sabes a quen te refires, prodúcense confusións babecas e ó final non se pode debater. Cun heterónimo propio, vostede irá deseñando o seu perfil e mantendo as súas propias posicións ideolóxicas, e así será máis doado debater, sen dúbida. É só un consello.

Anónimo dijo...

O deste Anónimo semella un caso de "profecía autocumprida". Entra como entra, ponse a pontificar cun ímpetu digno de mellor causa, dínlle que o que fai non pega moito, e logo faise o ofendido e a vítima, ao tempo que acusa e insulta aos habituais con afirmacións peregrinas.

En fin, esperemos que se lle pase a recasa e que aprenda algo de modais, que ese estilo desabrido que se gastou até agora non reporta beneficios a ninguén.

Anónimo dijo...

As uvas pasas non son do meu gosto,non molesto mais.

Marcos Valcárcel López dijo...

Anónimo: a miña última mensaxe, se vostede a entendeu ben, é un convite a participar nesta tertulia con asiduidade: só lle pedía un Heterónimo para situar mellor os termos do debate. É moito máis rico se podemos facer referencias en torno a un perfil que se vai construíndo dende o blog.
Eu non lle dixen que molestase a súa presenza, de ningún xeito.
E as uvas pasas, por certo, ás veces están moi ricas: en doces, pasteis, roscóns, etc.

Anónimo dijo...

Facerse a vítima non é a solución a nada, agás que un queira previamente considerarse a si mesmo vítima e que faga todo o posible e o imposible para ser inevitablemente unha vítima. Pero ollo: será unha vítima de si mesmo, exclusivamente de si mesmo.

Ninguén o tratou mal, ninguén o botou de ningún lugar. Antes ao contrario, Valcárcel o invita a participar como un máis. Algo que me atrevo a afirmar que a todos os habituais nos comprace.

Moita xente nova vén e se incorpora sen ningún problema. Velaí o recente caso de Medela, magnífico intervinte, un gran achado.

Polo tanto, nunca Valcárcel nin ningún outro excluíu a ninguén, nunca. Quen queira vir vén, quen queira opinar opina, quen queira debatir debate.

Outra cousa diferente é que poida vir alguén levado polo prexuízo e coa intención de que o consideren excluído. Pero este é xa outro problema que non depende da boa vontade dos que aquí participamos.

Ah, e das uvas pasas tamén se fai o máis rico e exclusivo viño de sobremesa: o tostado do Ribeiro.

Anónimo dijo...

Creo que reacción de apicultor ante o comentario do anterior anónimo foi desproporcionada. E isto tamén vai polos seus comentarios sobre o filonazismo doutro (ou o mesmo) anónimo noutro fío. Aprenda a respetar as opinións dos demais, aínda que non estean tan ben informadas coma as súas.

Por outra banda, quen e como se debe intervir neste blog (as normas de cortesía) pódeo dicir a persoa que o leva a cabo (e por certo maxistral e educadamente) e non vostede. Dito doutra maneira: eu non participaría nun blog escrito por vostede.

Ítem, aquí ninguén se fixo vítima de nada. O anónimo dixo que non lle gustaba a película e que liscaba.

Este blog debería ter máis participación. Ollo, non os guais que nos caen ben porque fan o xogo senón tamén os que non están sempre de acordo con vostede ou non lle ríen as grazas. Pero sabe o que pasa: o persoal bótase para atrás con comentarios coma os seus.

Defendo o dereito de aparecer, eu e os demais, no anonimato. O anónimo deste blog é un bo símbolo da pluralidade. Ora o anónimo defende uns puntos de vista, ora outros. Como na mesma vida.

Anónimo dijo...

É certo, parece que hai unha patente sobre o que está ben ou está mal, como se debe dicir e como non que xestiona dende as alturas o tal Apicultor, como si estivese por riba da situación en nome de non se sabe que otorgamento de non se sabe que autoridade, supoño que celestial. Xa ralla.

Anónimo dijo...

Eu non sei que pinta Caneiro neste caldo, pero si é evidente que te pasaches gabando a O´Rivas. Nin que fora O´Henry, carallo!

E que tamén te pasaches postulándote de voceiro cando a homenaxe a Blanco-Amor. Moito pedir era que con vinte anos e upegallo lle pediras consello a un apestado social, pero de aí a alumbrar as fotos... Tantos gastos tes ou só hai que viv

Anónimo dijo...

Un Anónimo que opina sobre o que se lle dixo a outro Anónimo que, a súa vez, é apoiado por outro Anónimo que...

Ou sexa, un Anónimo é un Anónimo é un Anónimo...

Non é serio, francamente.

Non é serio crear a posta confusión e despois usar palabras grandicolcuentes, como diálogo, respecto, pluralismo, ...

Non é serio ampararse no anonimato para interpelar -sempre con aviesa intención descalificadora- aos que escriben dun xeito identificado.

Non é serio negarse a usar un alcume para que haxa un debate cun mínimo de xeito.

Non é serio facerse pasar por varios anónimos desde o anonimato.

Non é serio intervir vantaxistamente contra os nicks coñecidos.

Non é serio non dar a cara (o nick, mellor dito) e estar sempre a insultar a un (isto vai polo covardiño tan familiar que me persegue día si e día tamén, obsesionado).

Non é serio falar de comentarios desproporcionados, etc., cando se opta pola confusión e o emboscamento.

Non é serio.

Daquela, eu non podo tomar en serio a algún(s) anónimo(s) que así actúan.

Daquela, eu defendo o dereito de dicirlle ao(s) anónimo(s) insultador(es): "Non che teño medo moucho, non cho teño...".

Daquela, eu defendo o dereito de rirme a gargalladas do(s) anónimo(s) cando así me saia dos adentros (ou das afóras).

Platanito dijo...

Con conversas menos interesantes ca estas, fai Javier Marías unha novela. Haille que pedir permiso a alguén para metelas nun relatiño? ;)

Anónimo dijo...

Polo que a min atinxe, prezado Platanito, ten permiso para usar as miñas palabras no que estime mester.

Anónimo dijo...

Vou ter que mandar a algúns anónimos a Siberia, parécemo a min.

Anónimo dijo...

Con que os mande a colmea xa chega.

Anónimo dijo...

Non, por favor, á colmea non, que despois cando utilizo fume para extraer mel, morren moitos anónimos, digo moitas abellas.

Anónimo dijo...

Na miña aldea, quitarlle a mel ás colmeas chamábase "castrar". Cando eu era neno e tiña mocos nas narices, o meu abó decíame: "Tes que castrar esas colmeas!".XDD.

Anónimo dijo...

O sr Apicultor cre que con contar tres chistes e citarnos o sermón da montaña (parece un deses discursos fabricados polos colaboradores de Bush, tipo "Estamos preparados para o ataque, estamos listos para a loita...") xa lava a cara diante do persoal.

Anónimo dijo...

Xa volve ás andadas? É que non cansa nunca? Debería facerse mirar esa fixación que ten comigo, ho, non ve que o que fai non é normal?

Anónimo dijo...

Non se decata de que se está a convertir nun troll?

Recapacite, home!

Anónimo dijo...

Os meus amigos de UPyD anúncianme mediante sms:
Conferencia de R.Blanco Valdés no Ateneo ourensán o martes 19 ."La legislación de la sopa de pescado".
O martes 26, no mesmo local:R.Bustillo. "El consenso político en la construcción del estado autonómico".

Anónimo dijo...

En UPyD chámame seriamente a atención que sempre están dicindo que aman a Constitución, que viva a Constitución, que todo pola Constitución, que nada sen a Constitución...

E agora resulta que a queren cambiar praticamente enteira: eliminar "nacionalidades e rexións", quitarlle ás comunidades autónomas as competencias en educación, sanidade, urbanismo e medio ambiente, cambiar as circunscricións electorais...

Creo que a Constitución me gusta a min bastante máis que a eles. Polo menos eu non quero cambiarlle tantas cousas.

Marcos Valcárcel López dijo...

De novo de acordo coa moi atinada e sagaz observación de Leituga.

Anónimo dijo...

Amo a Leituga e á Constitución.