11 feb 2008


No Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo

É un dos institutos máis antigos de Galicia e dos que posúe unha historia máis relevante: o IES Otero Pedrayo. Onte celebrou cun acto académico a restauración do seu histórico Paraninfo modernista, con presenza do presidente da Xunta. Hai que felicitar ó director do centro pola elegancia e solemnidade do acto académico: magníficas as alumnas Patricia Cid e María Abalo cantando e recitando poemas de Rosalía, con outras compañeiras e profesores ó violín e piano.
Moi atinada a intervención da conselleira, enfiando co espírito reformista dos mestres da República (con cita do don Gregorio, de Manuel Rivas) e o papel central do profesorado en toda reforma educativa. Que merece un meirande recoñecemento social, engadiu Laura Sánchez Piñón. Tamén estiveron presentes no capítulo dos símbolos a Xeración Nós e Otero Pedrayo, e Vicente Risco e José Ángel Valente e o socialista Julián Besteiro e Carlos Casares. E outros: tan vizosa é a historia dese centro e do seu fermoso Paraninfo.
Hai tamén páxinas negras e tamén foron evocadas: o incendio de 1927 e os xuízos sumarísimos e condenas a morte do 36, ditadas alí mesmo, coas mulleres dos mandos militares como público.

(E unha nota curiosa: Pérez Touriño tamén citou a algúns políticos en exercicio vinculados ou exalumnos do Instituto. En concreto citou á ministra Elena Espinosa (tamén cabeza de lista socialista o 9 de marzo), ó delegado de Educación Gonzalo Sueiro e ó conselleiro de Medio Rural do seu goberno Alfredo Suárez Canal. Cometeu, en cambio, unha pequena pifia (el ou o redactor do seu discurso) ó citar a un inexistente pintor Jesús (??) Parada Justel).

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Houbo un acto académico en domingo?

Xa non respectan nin os días de gardar. Logo quéixanse de que a xerarquía eclesiástica os chamen ateos e anticlericais!

Anónimo dijo...

Non foi a ninfa Pataky ao evento?

Anónimo dijo...

Coido que non debeu ir. Se fose, o Marcos aproveitaría a ocasión para poñernos unha foto como quen non quere a cousa.

Anónimo dijo...

Ninfa, a Pataky??

Home vai...

Entón a Kyra Argounova...

Anónimo dijo...

Qué bonitiño! El escudo de Orense con el nacional...

Anónimo dijo...

É o que hai. O escudo.

Anónimo dijo...

Eu mandaba a todos os asistentes ao Gulag, en Siberia, incluídos todos vostedes. De verdá da boa.

Anónimo dijo...

Amigo beria en siberia, permítame recoñecelo co careto de Bob Hoskins (que facía de Beria) naquela peli do Konchalovski sobre o tipo que lle poñía as películas a Stalin. Non lembro agora o título.

Anónimo dijo...

Agora que poño o nome de Stalin, non sei se viron a noticia duns estudantes que se enfrentaban ás autoridades cubanas nun video de you tube. Un dos estudantes chamábase Stalin. Un caso de paradoxal xustiza poética.

Anónimo dijo...

Vin, vin ese vídeo. E o Alarcón, auténtico home aparato (con perdón), todo un poema de surrealismo socialista á demagoxia e á verborrea coa súa contestación en plan hiperrealista (por certo que me lembra a un político galego calvo e con lentes que fala todo cheo de razón). O que non sabía que o estudante se chamase Stalin. Curioso.

Este novo amigo, Beria en Siberia, parece ben simpático. Seguro que en vez de a Siberia nos manda a unha confortable dacha no Báltico.

Xaime dijo...

Mensaxe para o Beria: Eso eso mandeos para Siberia, pero antes do día 9 para que non voten, que le sé yo de muy buena tinta que le son un poco rojos ( esto último habería que lelo con acento Paco Vázquez)

Anónimo dijo...

Falta a crónica social do evento, ¿Que levaba a Conselleira? ¿Cantos pronomes dixo mal Touriño? ........

Anónimo dijo...

jajajajajajajajajajajajajajaja

Este señor Anónimo é tremendo

jajajajaj

Anónimo dijo...

Para os que non entenden a Touriño, ó dicionario Touriño-galego:
http://touripedia.wikispaces.com/
Especialmente para o anónimo.