10 feb 2008


De putas e de letras, de Luís González Tosar (ECG 10-2-08) Na imaxe, a Nana, de Manet.

Nesa impresionante arquitectura literaria que é A esmorga, elevada a obra de arte por un escritor do xenio e da valía de Eduardo Blanco-Amor, aparecen personaxes da marxinalidade social que anteriormente nin existían para o sistema literario de noso. Non me refiro á tan levada e traída homosexualidade de Eladio Vilarchao, O Milhomes, falo da inclusión das prostitutas, as churrianas "de a peso e de a peseta" das casas de lenocinio de Auria. Velaí como un asunto tan novelesco, lembremos Naná de Emile Zola, as aventuras dunha puta no París do XIX, que tamén trataron Alexandre Dumas, Arthur Golden, Nagib Mahfuz e outros moitos e que reclamou a atención de grandes escritores e poetas; desde Tolstoi, quen con máis de oitenta anos dicía que non estaba disposto a deixar os burdeis, a autores que sabían moito de putería, como Fernando de Rojas, autor de La Celestina, no XVI, Cervantes, Baudelaire e unha longa lista que chega a García Márquez, Vargas Llosa, José Donoso, Bioy Casares, Onetti, Gálvez, Augusto D'Halmar, e aos galego-cubanos Carlos Montenegro e Lino Novás Calvo.
Tense dito nalgures que non hai no mundo ningún prostíbulo que xunte a tantas "mulleres da vida" coma unha boa biblioteca. Europeas, orientais, americanas do sur e do norte, africanas, todas elas grandes señoras, vilmente explotadas, que inspiraron, ao longo da historia da humanidade, novas palabras; abonda coa súa propia designación: putas, chicas fáciles, visitadoras, geishas, meretrices, mulleres da rúa, cortesanas, jineteras, rameiras, furcias, pelandruscas, fulanas, busconas... Así até encher páxinas; libros enteiros.

21 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi frouxiño este artigo do Tosar.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo. Maliño o artigo do Che.

Platanito dijo...

A ver cando deixamos de ser tan "machitos" e falamos dos putos. Que habelos hainos. En canto ao nivel do artigo: creo que o tedes sobrevalorado. O Che debíase dedicar á gastrolalia hai tempo.

Anónimo dijo...

Fálenos vostede, que se lle ve ben informado. Por certo, toca a guitarra flamenca? :-)

Platanito dijo...

Non, apicultor, quen me dera! O meu alcume vén de certo membro -nunca mellor dito- do meu corpo. Ademais, se tocara a guitarra flamenca xa estaría co Che na Habana promocionando o Himno Galego na súa versión máis cañí e parlamentaria. Non lle parece?

Marcos Valcárcel López dijo...

Para Ravachol pour homme:
equivocouse de lugar, amigo; esta non é a sucursal do tomate galego. Xa que logo, sobran todas as mensaxes obscenas e inxuriosas contra personaxes galegos, enviadas dende un covarde anonimato.

Marcos Valcárcel López dijo...

Non o dixen, pero é evidente: acabo de borrar unha desas mensaxes.

Anónimo dijo...

así por exemplo, sobre o que motiva o post, un desentendemento: por que colgas un artigo de Tosar? esperabas atopar algo ou mólache o pen clube?

Anónimo dijo...

a coda por agora ben pode ser VIVA PLATANITO.

que de momento se está portando moi ben, caraina.

Marcos Valcárcel López dijo...

Suprimín a primeira mensaxe de Pavese precoz, etc. por infrinxir o código do blog (insultos, acusacións anónimas, expresións obscenas). E, se lle interesa, colgo os artigos que a min me parecen de certa valor para coñecer ou para promover un debate, co respecto e cortesía debidas. Ademais diso, Luís González Tosar é amigo meu, de vello, aínda que a vostede non lle guste.

Anónimo dijo...

Ben me parece, señor Marcos. O que non cae, esvara, e hai que ter amigos ata no inferno...

Anónimo dijo...

Esta todo esto dun críptico que o de "esvara" pensei que era un calambur.

Anónimo dijo...

Cóntanme que hai un foro, outrora simpático, onde a peña caeu no máis fartante dos aborrecementos. Non sei se non estarán algúns dos aburridos vir preiquí a dar a lata...

Marcos Valcárcel López dijo...

CREO QUE LEITUGA TEN RAZÓN. Sospeito o mesmo que vostede. Cando alí nos dedican tantas citas e atención, por algo será. E pode que haxa unha certa consigna implícita, nos últimos días, de vir a rebulir por esta casa. Hai máis barullo do habitual e moi tensado cara certas posicións ideolóxicas.
(Por certo, semella que a vostede, sr. Leituga, ata o estrañan alí: dedícanlle moitos piropos).

Anónimo dijo...

Serán as mozas. Cóntanme que hai outros distinguidos ex-contertulios que non me deixan moi ben parado...

Anónimo dijo...

- "Consigna"? Vaia, parece que algunha xente non se rexe polas súas propias opinións.
- "(Foro) outrora simpático"? Cando participaba vostede?
- Ex-contertulios que non deixan ben parado a Leituga? Se cadra os ex-contertulios seguen por aquí e non se dedican nin a deixalo mal parado aquí nin alí

Anónimo dijo...

E da "presenza" galega en Cuba non imos falar? Por exemplo, de cantos libros galegos van vender na feira. Porque ás feiras vaise a vender, non? Ou só se vai por toma-lo-polbo?

Platanito dijo...

Eu xa falei con varios editores -e creo que o dixo algún que outro intelectual- e ningún pensaba facer negocio en Cuba. Só van polo ocio, que tamén fai falta. Non sei onde lin un comentario moi chistoso sobre o que pasaría se os 40 culturetas que temos aló non voltasen: perdería a cultura de Galicia ou só a industria cultural galega? Paréceme un debate ben interesante. Incluso máis sobre se ás feiras na Habana se van botar polvos, que o turismo sexual é unha variante do cultural, se olle por onde se olle...

Anónimo dijo...

O que si me parece mal é que non fora ninguén deste blog para dar conta desde un ciber, como Medela desde Nukus, do que acontece.

Platanito dijo...

quen? onde se pode informar un de primeira man? eu quedei con alguén para que fixera iso pero nada... ou non atopa conexión, ou o ron é moi barato!

Anónimo dijo...

O que me rin coas veladas acusacións dos señores Marcos e Leituga. Só lles faltou poñer nomes. O "Cóntanme" do Leituga e o da "consigna implícita" do Marcos non teñen prezo. Pois o de onte non foi nada, que xa estou fabricando o próximo cabalo de troll-a dos Anónimos. Váiase preparando señor Marcos para a nova acometida, que será demoledora. Jajajajajajaja.....!!!!!