23 feb 2008


Estamos xa en campaña (1)
A xeito de pinceladas breves:

(1) O PP segue a utilizar o tema do idioma como arma de confrontación electoral. Curiosamente, o chamado sector galeguista do PPG (Baltar and boys) garda un escrupuloso silencio ó respecto.
(2) "Votando a Mariano Rajoy teremos un presidente galego na Moncloa": escoitado hoxe mesmo, na carpa do PP ourensán no Paseo. Un presidente que, chegado ó caso, tería aínda que demostrar que exerce de galego. Polo momento, nada. Só unha certa ironía galega, que serve para ser comentada polos xornalistas de Madrid.

(3) O PSOE cheo de optimismo trala "victoria" de Solbes no debate con Pizarro. Moi boa a foto de Zapatero abrazando o seu pai e o artigo de Juan Cruz ("El caso del candidato desleído").

(4) O Bloque aboia, cando pode, nalgúns xornais: hoxe entrevistan a Iago Tabarés en ECG. Nas televisións o BNG case non existe. Nas rúas aurienses, polo de agora, tampouco.

(e 5) No conxunto do Estado o mundo cultural está tomando partido dende hai días: velaí a plataforma dos artistas, os articulistas prosocialistas de EP (J.Cruz, Cuerda, etc.), a presenza doutras alternativas (Álvaro Pombo e Savater, tamén en EP, da UPD), etc. Cabe agardar o mesmo en Galicia? Haberá manifestos e posicións explícitas dos nosos escritores e artistas (non os houbo nas municipais, creo)?

18 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

qUE cren que votará o historiador Antonio Elorza, p.ex.: tenlle dado caña tanto ó PSOE como a IU, por non falar dos nacionalismos...?

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Eu, agora mesmo, sábado 23, xa teño claro a quen vou botar.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

E votar tamén.

Anónimo dijo...

RODA DIXITAL CON JOAN RIDAO, EN EL MUNDO. Algunhas respostas:
5. Bon dia, senyor Ridao. No les voto siempre, pero sí algunas veces. Hace cuatro años fue una de ellas. Lo hice porque me siento muy catalana, y aunque España no me desagrada, porque viajo mucho por ella, me gustaría que Catalunya fuera mi Estado. Usted pidio el otro día que comenzáramos a olvidarnos de hacer negocios con empresas españolas. Si fuera así yo y mis hijos nos quedábamos sin trabajo. Nos va muy bien, aunque ha sido un esfuerzo de muchos años. Puede que les siga votando pero ¿no cree que eso que ha dicho es una tontería y no responde a la realidad? Moltes gracies
Literalmente lo que dije es que Catalunya debe aprovechar el contexto de la globalización económica para buscar otros mercados complementarios al español, que aún siendo muy importantes para nosotros no deja de ser el 2 por 1000 del mercado mundial. En ningún caso dije que había que prescindir del marcado español, lo cual, además de ser una sandez sería antieconómico. Lamento que algún titular erróneo pudiera haber inducido a pensar lo contrario.
6. ¿Qué opina de la propuesta del PP de crear un colegio en catalán en la Comunidad de Madrid?
Esta propuesta, aparentemente positiva, contraviene lo que ha dicho Rajoy y otros dirigentes del PP en relación al modelo educativo catalán y a la utilización de la lengua. Lo digo porque creo sincerasmente que el PP se equivoca al proponer un modelo segregador y que condenaría a muchos niños y jóvenes en Catalunya a no tener las mismas oportunidades.
11. Buenos días. ¿Qué sentido tiene eliminar los ministerios de Cultura y Sanidad, tal y como usted propuso?
Todo. El nuevo Estatuto catalán que es Ley orgánica y no ha sido derogada otorga a la Generalitat la competencia exclusiva en cultura y sanidad. Lo que propongo es que , por razones de eficiencia y cumplimiento de la ley, el Estado sea adelgaze lo necesario y todo ello en beneficio del sufrido contribuyente que acaba pagando el doble por un mismo servicio.
14. Un ídolo o modelo en política internacional? Y en la estatal?
Me fascinan las personalidades de Churchill y Companys. Entre los vivos me atrae Bill Clinton.

Anónimo dijo...

Verbo de Baltar e o idioma: O seu silenzo confirma o que xa se comentou neste blog a respeito do cacarexado "galeguismo" de Cuiña. Para eles o galego está ben para falar cos paisanos da aldea, organizar festas gastronómicas e de cando en vez, para cumprir o expediente e non quedar moi mal, subvencionar algunha actividade cultural máis ou menos inocua. Iso si, se o que dá votos pasado mañá é ser independentista, teremos a Baltar máis radical que Joan Ridao.
Canto a Elorza, supoño que votará polo partido Suísta (como aquela comedia dos Quintero verbo dun cacique rural, que dividía os votantes entre os "miístas" e mais os "otristas"). Non me estrañaría que acabase dando o sufraxio ao partido de Rosa Díez, que disque podería obter un escano por Madrid.
E no que fai ao BNG, eu non o vexo tan pouco presente. O seu esforzo propagandístico é importante, o número de actos tamén. Quintana non o fixo mal o outro día en 59 segundos. Non sae na Primeira, claro, pero é que sen grupo parlamentario é case imposíbel que che fagan moito caso os medios de Madrid. Outra cuestión é que os cabezas de lista do BNG sexan pouco coñecidos, non teñan moito carisma nin demasiados dotes oratorios (non sei Tabarés, pero é o caso dos outros).

Anónimo dijo...

Elorza estivo na presentación de UPyD e escribiu algún que outro artigo falando da necesidade dunha formación dese tipo.

Elorza procede do PCE e foi un das cabezas visibles dos independentes de IU (antes das purgas anguitianas). Non é en absoluto anti-PSOE, pero si participa dun anti-zapaterismo moi estendido en certos círculos intelectuais madrileños a partir do proceso do Estatut de Cataluña e do diálogo con ETA.

Ultimamente, e por causa do libro de Suso de Toro (que puxo a caldo), redundou nas súas duras críticas a ZP, a quen caracteriza como un político oportunista e sen ideas. Paréceme moi claro que o seu voto é para UPyD e, sobre todo, para a súa amiga Rosa Díez.

Anónimo dijo...

PANORAMA PROPAGADÍSTICO ELECTORAL EN RUTA

Venres, 22 de febreiro: volvo do CHUS (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago) cara a Lugo, sen entrar na capital do país. Sobre as 14:00.

Polo Pino non vou pendente dos carteis electorais.

En Arzúa empezo a fixarme. Proliferan as pancartas do BNG nas farolas; unha das furgonetas de campaña está aparcada case no centro da vila.ZP está nas cabinas telefónicas e algún cartel do PSOE tamén se ve apegado en parede ou porta de casa pechada.

Na entrada de Melide reaparece a propaganda do BNG, agora sen furgoneta. Vense tamén carteis do PSOE.

Palas de Rei recíbenos con dous valados grandes de ZP. Pola vila arriba, carteliños pequenos do BNG nas farolas. Nin rastro de José Blanco, no propio lar ou en calquera outra parte.

En Guntín hai bastante propaganda do PSOE e os carteliños pequenos do Bloque. Entro en Lugo, vexo valados de Rajoy, de ZP, pancartas do BNG e outras grandes, case cadradas, do PP.

Decatámonos de que que é a primeira propaganda deste partido advertida en todo o camiño. Ese azul non me chama nadiña; reflexión: se saben que non me chama a min, igual pensan que atinaron.

Anónimo dijo...

Vin onte na tele o anuncio electoral do PSOE-PSC. Chamoume a atención esa vella teima de presentar ao rival, o PP, como o partido do "non" [recordei aquí que o BNG adoitaba ser alcumado así hai anos]. Saen todos os dirixentes do PP dicindo "non", en breves intervencións sacadas fóra de contexto, e logo o sorriso vende-apartamentos-para-jóvenes-guays da "chuletera" Car Machacón dicindo "Si". Pois moi ben. Se o dos 200 euros de aluguer é toda a política de vivenda que vai facer esta xente, imos aviados.

Hai anos, mediante hipotecas e aforros, moitos currantes eran quen de comprar un piso. Agora non. Agora temos unha sociedade de "propietarios" fronte a outro dos que non teñen nada. Alguén está a pensar no que vai pasar con toda esta xente que no futuro vai cobrar pensións de merda e que non poderá pagar o aluguer? Vivirán en campamentos? Na Casa del Pueblo?

En España, os ricos son cada vez máis ricos e os currantes que non dispoñen dun soldo fixo (coma os funcionarios de por vida e os contratados a tempo indefinido) teñen cada vez unha calidade de vida peor.

Estou cando de prender a tele e que nos machaquen cos putos debates ZP-Rajoi, co bipartidismo, e co rollo da "normal alternancia"... entre dúas alternativas.

Dito isto, teño que dicir que se gaña ZP e pacta unica e exclusivamente con CIU, os galegos imos ir de cu. Esquécete do tren de alta velicidade, para comezar. Se gañan o PP con CIU, pasaríamos de Guatemala a Guatepeor.

Marcos Valcárcel López dijo...

Pois é sorprendente o apoio que ten Rosa Díez-UPD entre articulistas clásicos de El País: aínda que creo que se queixan porque non os tratan ben. Dende logo tratanos aínda mellor en El Mundo, mesmo na liña editorial, e onde tamén escribe Arcadi Espada.

Anónimo dijo...

Entrevista | Olaia fernÁndez davila, cabeza de lista do bng ao congreso por pontevedra
«O que sucedeu con San Gil non foi tensión, foi agresión»
A candidata nacionalista defende ou traballo do BNG non Congreso e cre que aínda poden facer moito máis
¿Onde está a sede do BNG en Vigo? Na rúa Celso Emilio Ferreiro, onde se non. Coma escribira ou poeta, «tripulantes insomnes, cremos na liberdade». Agarda alí Olaia Fernández Davila.
-¿As enquisas non lles deron mal a vostedes e falan dun empate técnico entre PSOE e PP?
-[Ri] Nós, vos do BNG, imos desfacer ese empate técnico cos resultados non país.
-¿Como vai ou BNG ou de que fai falla tensión?
-É necesaria ata ou punto de que mobilice a xente para que vaia votar á única forza que aposta por Galiza.
-¿Tensión non é ou que lle pasou a María San Gil cos rapaces independentistas?
-Ou que sucedeu con María San Gil non foi tensión, foi agresión.

Anónimo dijo...

Aparte de Elorza e Savater, non conto eu moitos máis. O marabillosamente estrafalario Álvaro Pombo vai de candidato ao Senado, pero tampouco é un habitual de "El País".
¿Ou hai algún outro por aí non detectado pola miña afinada pituitaria?

Anónimo dijo...

Non andará moi lonxe a parella Lindo Muñoz. Pero si, concordo en que poucos máis hai. Eu creo que EL PAÍS considera que un pequeno apoio a UPyD pode quitarlles votos ao PP. Pero tampouco o ten moi claro.

Anónimo dijo...

A raíz do que comenta Isildur sobre o postizo galeguismo dos Baltar pai, fillo e espírito santo, recordo unha entrevista que lle fixeron en TV3 hai anos ao fenecido José Luís de Villalonga.
Como Villalonga teimaba en falar castelán, o entrevistador (Àngel Casas) preguntoulle por que non empregaba o catalán, nacendo como nacera en Cataluña e tendo alí aínda terras. A resposta de Villalonga foi a seguinte: "Es que el catalán yo sólo lo hablo con mis payeses..."

Anónimo dijo...

Entre os articulistas de El País abunda o receo fronte ao rabenamento ao Madrid político e simbólico en materia de influencia e decisión; sexa este real ou só aparente: a consideración aos principios de C's - UPyD (españolismo recentralizador) dá xogo no debate e osíxeno interno á caladiña tendencia homóloga no PSOE. A este partido vénlle ben, por ende, pois mantén o discurso e afástao provisoriamente de si mesmo (con Bono de candidato, Vázquez en Roma, Ibarra largando pouco e ningún emerxente moito á vista).

Por outra banda, na tensión PRISA-Zapatero-Público/Sexta, todo isto á primeira tamén lle ven ben.

Anónimo dijo...

Falta Rosa Montero, que tamén anda por aí. Maruja Torres non sabe onde está e Almudena xa declarou IU.

Anónimo dijo...

Se alguén tiña algunha dúbida sobre a quen hai que votar nestas elecións, recomendo encarecidamente o artigo, verdadeiramente triunfal, do sr Xosé Antonio Perozo en Vieiros.
E aínda máis encarecidamente lles recomendo que lean os ilustrativos comentarios.

http://www.vieiros.com/opinions/opinion/352/programa-electoral-socialista

Marcos Valcárcel López dijo...

Gustoume esoutro día o artigo de ALMUDENA GRANDES así como pedindo respecto para os que votaban a IU. É certo que, en certas manifestacións, pode haber prepotencia identificando toda a esquerda co PSOE e negándolle o pan e o sal ós demais: sexa IU, sexan os nacionalistas de esquerda. Por certo, o amigo MANUEL PEÑA REY merecería un monumento á lealdade aceptando unha vez máis encabezar a lista ourensá de IU.

Anónimo dijo...

Si que o merece. E eu estou disposto a contribuír para que se lle faga.