20 feb 2008

Lembranza do ‘Pulgarcito’
Andoliña 20 febreiro


Todos coñecemos a mítica revista Pulgarcito, que acolleu personaxes como Tribulete, Dona Urraca, Zipi e Zape ou Mortadelo e Filemón: forma xa parte da nosa memoria emotiva e das nosas máis fondas paisaxes da infancia. Pero este Pulgarcito que coñecemos naceu en 1947. Antes, nunha etapa anterior e concretamente dende o ano 1921, existiu unha revista infantil ilustrada do mesmo nome, fundada e dirixida por Juan Bruguera en Barcelona. Custaba 5 céntimos e publicaba contos e lendas, textos folletinescos, biografías de grandes homes e historias gráficas de aventuras cheas de piratas, bandoleiros, cortadores de cabezas ou heroes como Gastón de Lis.
O primeiro ‘Pulgarcito’ contaba, naqueles tempos tan bélicos de Marrocos e o apoxeo do colonialismo hispano, cunha sección patriótica e coas notas de guerra Los héroes del Riff, así como con textos católicos piadosos e caritativos como Hermanita de los pobres. Ediciones B publicou no 2000 un tomo cos 40 primeiros números deste Pulgarcito orixinal, que alguén con intelixencia e gusto me agasallou.
Milagres da imprenta: ten a súa graza ler, dende tanta distancia, as historias infantís que alimentaron o tempo dos meus avós.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Aparte educacións sentimentais, o Francisco Ibáñez ese é mellor escritor có 99% dos escritores de fama e tronío. Afirmo.

Anónimo dijo...

Dos tebeos os rapaces aprendimos moito vocabulario.
Do terebexo, do mancontro móbil e dos chats dubido que os rapaces aprendan nada.