20 feb. 2008


Eleccións e valores (1).
Pan por Pan mércores 20 febreiro. (Imaxe de Pablo Iglesias, busto de Emiliano Barral)

As campañas electorais teñen unha parafernalia ben definida: grandes mitins, cartelería excesiva, cadea de despropósitos nos ataques, abano infinito de promesas electorais, etc. Pero, por que vota a xente en realidade? Quizais porque, por riba de todo isto, as forzas políticas son quen de representar, nun momento dado, os valores máis próximos a cada votante. Por exemplo, velaí a persistencia, quizais sorprendente, da fonda identificación entre os seguidores de Pablo Iglesias e o mundo obreiro e popular: percibiuse no mitin de Zapatero e os seus líderes saben explotar ben este recurso. Xa o fixo Alfonso Guerra e faino agora Zapatero. O partido dos pobres e dos humildes contra ricos e señoritos. Para moitas persoas esa tese segue sendo certa. Por riba das medidas concretas adoptadas polo goberno Zapatero, esa idea-forza vale varios millóns de votos. Sen dúbida.

27 comentarios:

XDC dijo...

Eu ben os vexo, cando lle fan unha homenaxe ao busto de Pablo Iglesias, nas Lagoas, cada Primeiro de Maio. Chegan todos con roupa de traballo, moi normaliña, nada de "marca" nin "modelitos". A pé, ou en utilitarios. Traballadores pouco cualificados e por conta axena todos eles, nada de empresarios, altos funcionarios, nin profesionáis protexidos por colexios oficiáis prá defensa corporativa.Ben coñecedores dos problemas laboráis da xente, de primeira man. Logo, van celebralo con purrela a calquer bar. Nada de viños de autor nin sibaritismos burgueses. Estes do PSOE son, en verdade, o partido dos obreiros.

marcel swann dijo...

1.- Penso que cada vez hai menos xente que crea que o PSOE é "o partido dos pobres e dos humildes contra ricos e señoritos." Mesmo desde os tempos Alfonso Guerra para aquí.

2.- A ideoloxía "obreira", a cultura obreira, está a desaparecer, gústenos ou non. Hoxe todos aspiramos a ser "clase media". Tamén se está a perder o orgullo (que non a condición) de currante concienciado politicamente. Desde logo, os cadros medios do PSOE non pertencen a ese mundo.

arume dos piñeiros dijo...

Como peza irónica, a súa é única. Costa traballo, como ten que ser. Aínda que os retóricos dicían que para que a ironía sexa perfecta ten que entenderse o suliñado.
Hoxe FElipe González en Vigo. Un amigo quere levarme, pero desde que vin a Carrillo e Santiago Álvarez en Ferrol o 3 de xuño de 1977 (acabo de ver o día exacto no miragreiro internet) non volvín a ningún mítin.

arume dos piñeiros dijo...

RESUMO DE CAMPAÑA DE AP EN 1977
29 de mayo: Zaragoza. Fraga, Martínez, Esteruelas Y Thomás de Carranza. 2.000 personas por invitación. Ataques al PCE Y 41 Centro, grandes elogios a Franco. Oposición al trasvase del Ebro y al desequilibrio regional"

30 de mayo: Pontevedra. Fernández de la Mora.Desmintió que AP haya dicho que dejarán de cobrar las pensiones quienes no voten a AP. San Sebastián. Fraga y Martínez Esteruelas. 4.500 personas. Unidad de España, elogios a Franco y ataques al comunismo. Los oradores estuvieron muy protegids por la policía.

31 de mayo. Alcobendas (Madrid). Fraga y Martínez Esterucias. 2.000 personas. Fraga. señaló la garantía de la integridad de España con las Fuerzas Armadas y con la Monarquía. Críticas a Carlos Zayas y a Tamames. Toledo. Ljqinio de la Fuente. 1 .000 personas, calificó a AP de grupo político reformista.1 de junio: Toledo. Licinio de la Fuente. Habló de boicot- a su interverción en RTVE. Intervino , no como vencedor del marxismo.Aranjuez. Fraga, Luca de Tena y Sanmillán. Fraga rechazó las acusaciones que se hacen a A P.

2 de junio: Madrid (Vista Alegre). Fraga, Luca de Tena, Fernández de la Mora y Martinez Esteruelas. 25.000 personas. Luca de Tena: críticas al Gobierno y a los líderes de la izquierda. Martínez E.steruelas dijo que la actitud del Gobierno era claudicante. Fernández de la Mora criticó al Centro y rechazó las imputaciones de inmovilismo. autoritarismo y privilegio que se le hacen a AP. Fraga reflexionó sobre los factores positivos y negativos de nuestra sociedad y para concluir que, y para, todo ello exige actividades básicas que son las q ue ofrece AP.

3 de junio: Los Llanos de Aridane (isla de La Palma, provincia de Santa Cruz de Tenerife). Fraga. 3.000 personas. Ataques al comunismo. San Sebastián de la Gomera (Santa Cruz de Tenerife). Fraga afirmó que su partido lucha ardorosamente contra toda forma de corrupción pública y privada.

4 de junio: Las Palmas de Gran Canaria. Fraga. Partidario de la ruptura de las relaciones con Argelia. San Cugat del Vallés (Barcelona). López Rodó, Santiago Udina y AntonioTrebal. Elogiosa Franco, críticas a Suárez y a la izquierda.

5 de junio.- Arrecife de Lanzarote. Fraga. Analizó los logros de la etapa franquisja y criticó la situación económica actual. Arias Navarro. 400 personas. López Bravo dijo no a unas Cortes Constituyentes « La forma de Estado, atribuciones de la Corona y responsabilidades constitucio-nales del Ejército.» Lugo. Fraga. Conferencia, en el club político) de Lugo y mitin en Monforte de Lemos. 300 personas. Incidentes: varías personas increparon a los oradores y fueron desalojados de la sala,

7de junio: Alcalá de Henares. (Madrid). Fraga. 2.000 personas. Declaró que AP es reformista. Incidentes a la salida del mitin. Madrid. Luca de Tena. AP aceptará los resultados electorales; negó acusaciones de partido totalitario a AP. Elogios a Franco y críticas a Tierno y a los socialistas.

8 de junio: Burgos..Fraga. 2.000 personas. Elogios a la etapa franquista. Incidentes. Barcelona. Debate electoral entre Lopez Rodó y Heribert Barriera. Ataques a Companys, a la Segunda República, elogios a Franco y a Carrero, no al Estatut del, 32 y dijo que si AP lIega al Poder no legalizará a Esquerra de Catalunya. Madrid. Luca de Tena. Se preguntó por el panorama político que hoy se presentaría a España si no existiera AP. Crítica al Centro y a socialistas y comunistas. Avilés. Fraga. 5.000 personas. Afirmó que «lo hemos hecho bastante bien y lo haremos mucho mejor». Alicante. Silva. L« personas. AP defiende la unidad de España, que es com patible, con la regionalización, pero no con el separatismo. Puerto llano (Ciudad Real). Licinio de la Fuente. Pidió que se atiendan el resto de los problemas del país, aparte de la reforma de la Constitución. 9 de junio: Huelva. Fraga y Luca de Tena. Fraga hizo hincapié en la unidad nacional, necesidad de un Estado fuerte y una moral pública: en la economía de mercado y en la justicia social. Luca de Tena, rechazó acusaciones a hombres del partido. Almería. ;Silva Muñoz. 2.000 personas. Posición irreductible de mantener los ideales sustentados durante la época del franquismo. Sevilla. Friga y Luca de Tena. 5.000 personas. Ataques a socialistas y comunistas. Fraga dijo que el Centro es inexperto, integrista y claudicante. Cádiz. Fraga y Luca de Tena. 2.000 personas. Fraga dijo: «Nosotros no somos como esos grupos que se ponen el nombre de cristianos para servirse de él y no para servir.» Badalona. López Rodó y Udina Martorell. Varios centenares de personas. Incidentes.

10 de junio: Bilbao. Fraga. Rueda de prensa: se prohibió la presencia del director del nuevo diario bilbaíno Deia. Mitin. 6.000 personas. Ataques al Centro, al socialismo y al comunismo. Elogios a la etapa franquista. Se pronunció en contra de las banderas de las nacionalidades españolas y en contra de la liberación de los presos políticos.

11 de junio: Salamanca. Fraga. 4.500 personas: «Ni el Ejército, ni las fuerzas de orden público dejarán que cuatro facinerosos deshagan la obra de Franco.» Incidentes.

12 de junio: Mérida. Elorriaga y Luca de Tena. 3.500 personas. Ataques al Centro y al marxismo. Mieres. (Oviedo). Silva. 400 personas. Denunció la labor de Suárez en favor de la marxistización de España. Cartagena. Licinio de la Fuente. 2.000 personas. Se pronunció en contra de la socialización o colectivización de los medios de producción. Ponferrada. (León). Fraga: «No consentiremos que el marxismo dinamite lo construido en cuarenta años de esfuerzo de la pequeña empresa y de los trabajadores.» León. Fraga. Ataques al marxismo.

13 de junio: Madrid. Fraga, Arias Navarro, Ruíz Gallardón y otros. 50.000 personas. Críticas al Centro y grandes elogios a la etapa franquista.

ms dijo...

O rollo "Casa del Pueblo" acabou.

Velaí, na Coruña, o insigne exemplo de Pacochet, que sempre gobernou por, para e a prol dos que montaron o Casino do Atlántico, O Corte Escocés, o novo pelot... perdón, porto deportivo + enxendros comerciais + vivendas de luxo, a venda da Fábrica de Tabacos ("donde trabajaron nuestras abuelas..."), etc.

Enganou ao coruñés medio, moi pagado da súa "grandeur" de señorito cascarilleiro, coas obras que encargou aos seus amigos e demais familia.

marcos valcarcel dijo...

ARUME advertiu ben o sustrato irónico de fondo do que naceu o artigo. Con todo nel se reflicte, xa sen ironías, unha realidade incuestionable (vivida/percibida no citado mitin de Zapateo en Ourense): o PSOE é o partido dos obreiros e dos humildes para moitísimas persoas, que o senten como tal, reafirmados nun imaxinario político que ten máis de cen anos. Todo iso conta, non?

marcos valcarcel dijo...

Por outra parte, esta breve columniña inicia unha miniserie miña que quere afondar nos "valores sustanciais" que levan á xente a identificarse cun ou outro proxecto político, por riba dos programas e todo o demais.

marcos valcarcel dijo...

No meu penúltimo comentario era "Zapatero" e non "Zapateo", claro: sen mala intención. Lapsus e erro de teclas.

Xoan da Coba dijo...

Non séi por qué o seu erro, Marcos, me fíxo vir á mente o que podería ser unha boa música prá campaña do PSOE:
Coa música de "caramelos, caramelos,caramelos...quiero caramelos", cambiar a letra por "Zapatero, Zapatero,Zapatero...quiero Zapatero". Con ritmo e pronunciación rumbeiros podería ser "zapateo,zapateo,zapateo...quiero zapateo", que podería ter éxito electoral no Sur.

Anónimo dijo...

As persoas das que fala xdc no seu primeiro comentario son básicamente sindicalistas da uxt.

Eu fun algunha vez e prestoume o espírito do acto. Aínda quedan unhas borras de "obreirismo". Hai moito transvase entre sindicato e partido, xente que coíncide nas dúas organizacións, pero o partido é máis burgués.(término residual del marxismo del que me ghusta abusar).
En cada cidade debe matizarse. En ourense o sindicato sempre foi maís auténtico e máis san.
Por contra o partido sempre foi unha purrela ingobernable carente de auténticos líderes.

Lembrade que houbo que arrasalo e volver empezar. Eu non tiven a vontade , aínda, de retornar. Nin eles a dignidade de invitarme. Teñen "alibi" para xustificarense miserablemente. Sighuen a ser "pequenos", (término usado por un compañeiro xa falecido).
Hoxe non se move nin dios porque se ghoberna. ¿Para que encetar accións de futuro se o obxetivo dos partidos é ghobernar?. Pouco máis. E segundo non sei que principio da termodinámica, manterse. Máis nada.

Lembro terlle comentado ó Marcus cando fora o congreso de ourense onde se escolleu a Touriño de segredario xeral , que ou vencía Touriño (viña de fora, e non supuña ningunha agresión e era a única renovación posível---mira onde chegou----),ou o psoe sería a autodestrucción absoluta.

Obséquiovos un "cotillismo", Pachi Vazques sudou, mordeu o polvo, xemeu, púxose vermelho como un cocho por apostar a cabalo perdedor (daquela). O ... (censurado) mexábase de risa.

Por outra parte quérovos significar
amables lectores , que o meu pai , sendo un emigrante en Francia e posteriormente en Suiza, como o foi
o pai de xdc e doutros moitos ,o meu pai sendo obreiro, primeiro sen cualificar e despois xa na Suíza, como oficial de albanel , nunca, nunca, nunca...tivo conciencia algunha de obreiro, de explotado, nin nada deso que pregona o marxismo.
Parece que ía para marxista o fillo dese obreiro, o meu 1º carné do psoe que aínda conservo era marxista.
Decateime anos despoís, xa ben grandiño , que tanto o meu pai como eu, nunca abandonamos a condición de labregos. Continuamos a ser uns labregos, cecaís xdc tamén ,anque etudase física. Cecais tamén o dr. Medela. "Labregos ilustrados".

Aviso para navegantes. Como socialista, o meu voto, variable como os cataventos tanto pode caer do lado do psoe, como do lado do bloque, adepende........

Fun anarquista, cando tiña as hormonas exaltadas, quédame unha vena ácrata, "díscolo" matizou un persoeiro sociolisto, e quixera ser tan ácrata como xdc. Pero non dou.
Son un covarde "del áfrica tropical".
Os lobos sonvos moi tímidos.

Xdc évos ácrata.

É tal !. É si señor!.

Anónimo dijo...

O anónimo anterior e este tamén son o lobo neghro que non tivo posibilidade (cousas da tecnoloxía) de asinar como tal.

Xaime dijo...

Do que fala Lobo Neghro pode que seña en Ourense, pero en Lugo, a UGT copou o Partido.
Hoxe comín o polbo en Castro Ribeiras de Lea e estaban xuntos todos os mandamais do PSOE lugués con Ricardo Varela a cabeza, Lucho Lago -senador- o Alcalde de Castro, membros da Consellería de Traballo de Lugo e todos os liberados sindicales da ugt que están mandando no partido dende fai unha duzia de anos e o que importa era que íanlles todos moi pinchos.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Estimado señor Lobo Neghro:

Querido Hermano Lobo:

Eu non son un labrego. Son un obreiro da ferralla sen conciencia nin preconceptos de clase; O único que quero é regresar para a terriña. E antes, conquistar unha linda rusa viúva de guerra.

E non presuma de labrego, Lobo, porque vostede é a reencarnación de Tolstoi, para o bo e para o malo.

Un grande abrazo, Hermano Lobo.

Xaime dijo...

Oíu, D. Julio, e qué é do meu veciño Modesto e a súa vaqueira do Mc Donald´s

Xoan da Coba dijo...

Ácrata? Vaia. Loado sexa o Ceo. Gracias a este blog atopo por fin a miña "paz interior",nunca disfrutada. Unha identidade,por fin! .Humanista,e ácrata. A volver encarregar novas tarxetas de visita. Xenial. E mágoa que no DNI xa non poñan o oficio. Senón, xa o cambeaba pra que nese "campo" aparecera "labrador", coma no do meu abó.

Leituga 1 dijo...

Eu fun hoxe ao mitin socialista no que interviña Felipe González. Cheguei tarde, viña doutra cidade e entrei no Pavillón de Deportes cando Felipe xa levaba un cuarto de hora falando. Pero aínda lle meteu media hora máis. Máis que un mitin foi unha conferencia-mitin na que se estendeu, diante de 5.000persoas que o escoitaban atentas e en silencio absoluto, sobre a sociedade do coñecemento, o feminismo, a economía internacional, o labor de Pedro Solbes, o desfase da Igrexa Católica, Sarkozy e Merkel, a guerra de Irak, a inmigración...

Todos estes asuntos ían aparecendo coherentemente relacionados polo verbo intelixente, claro e humorístico de González.
Dixo que era un militante de base, sen actividade dentro do PSOE, e que falaba, porque podía facelo, con total liberdade. Foi unha charla brillante, amena, ilustrada e ilustrativa. E mesmo me dou a impresión de que FG, aos seus 66 anos, está no mellor momento da súa vida.

A asistencia a un mitin deste tipo, masivo e cheo de persoas que non son militantes socialistas, dá unha idea do tipo de cidadáns que apoian ao PSOE que ten moito que ver coa que expresan nas súas mensaxes Marcos e XDC.

Hei ir a algún do PP a ver se tamén aí se confirman as imaxes previas.

Lobo Neghro dijo...

Grazas doctor Medela, "hombre de ciencias y letras".

XDC dijo...

Hoxe, pegada!!

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Porfa, estimado Lobo Neghro, tomara eu ser doutor nalgunha cousa... Estou adscrito ao convenio do metal do estado Uzbeko.
E esquecín en Lobeira o libro sobre os mosteiros de Celanova... O señor ben me entende.

Permítame unha acotación: Vostede ten demasiado coeficiente intelectual para vivir onda nós.

E non lle podo dar solución ningunha. Aconsello dieta karakalpak: Traballo constante ao ar libre, dieta vexetal, ausencia de tóxicos, como tabaco, café, alcohol, cigarros modernos, lixo-tv...

Outra cousa non lle podo dicir, señor Lobo Neghro, alén de cumprimentalo.-

Conde Mosca-Morta dijo...

O título de doctor é discrecional.
En Hispánija ( "tierra de conejos"), son doctores os licenciados en medicina, pero os españoís rinse dos postugueses por atribuirenllo a todolos licenciados. Cousas.

Noutros lugares unha persoa docta é unha persoa moi entendida e sabia.

Neste blog ,e na corte de Parma ,onde exercemos desde o século XIX, (sonvos moi vello), súa maxestade maís eu, témoslle atribuido os títulos de Doctores a :
Dr. Xdc
Dr. Medela
Dr. ETxe
Dr. Apicultor
Dr. Arume dos piñeiros
Dr. Xaime
Dr. Jimmy de Rairo
Dr. Leituga one

E disimulademe se esquenzo alguén, pode que sí.

Que queredes, títulos nobiliarios?.
Cos tempos que corren?. Algun día fundirémonos nunha república e...os doctorados manteránse, en troques os nóbilis..xa veremos.

Alguén quere discutirme acaso estas distincións?.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

O señor Conde de Mosca-Morta é un fino analista social. Grazas.
Xenial o de "disimuládeme". Pensei que só o escoitara eu.
O da etimoloxía de Hispania demostra que é unha persoa docta.

Un servidor é un orgulloso operario do metal karakalpak. Sen preconceitos nin conciencia de clase.

É oxalá nos fundamos nunha república {galega}.

Respectuosos saúdos, sr. conde.

Xosé M. González dijo...

Acaban de pasar, camiño de Santiago, tres audis con cristais escuros; supoño que era Felipe González. Diante da comisaría queda un número inxente de coches patrulla, nin de Lugo deben ser.

Non é que me parece mal nada, nin estraño. Só que, de dicir algo, dicir todo.

Anónimo dijo...

Kamarada Medela, creo que me confunde vostede co lobo. Hai moitas pegadas comúns. Somos de aldeas veciñas, utilizamos similares palabras (da zona) e ambos estudamos no zorelle. Fomos amigos en tempos, antes da mili. Tamén temos biografías parellas de aldea e emigración. Pero sómoslle un cento con pasados similares. É normal que se transparente na escrita. Tamén me confundiron a mín con XDC pero vostede sabe moi ben que non somos a mesma persoa. Ou si. É xa a segunda ou terceira vez que nos confunde. O lobo é máis libertario do que eu, moitas veces andamos rifados. O lobo padeceu fobia social e quédanlle ramalazos. Anda fuxido como os "atracadores", esos da posguerra. O que esto escribe non sabe o que ten ( sen diagnosticar )pero sufre ataques de ira diaria. Síntese diariamente agredido.Sobre todo por membros desa especie que comparte non sei canto da xenética dos H de p dos chimpancés. Estamos pensando unhes cantos fillos de emigrantes o de pornos a escribir sobre o que nos atormenta....as consecuencias poden ser imprevisibles e positivas para o acervo común. Pero non me confunda vostede co chingado lobo, Foi meu amigo, é meu amigo, é un probe home, caelle o pelo, fáltalle algún dente e ben pouco espazo lle queda. Nin con parques naturais vai ficar nesta terra...ou si, quen sabe.

O libro "Historia de los monasterios y prioratos anejos a celanova de fray Benito de la cueva
que vostede cita, e, xa esgotado, a mín resultoume moi interesante. Encontrei nel moitas pegadas de pequenos mosteiros que deixaron de existir e historias de apelidos como os Ribera, curmáns do San Rosendo. O erro qeu cometín é que vostede é mais apaixoado da antropoloxía e da etnografía do que da arqueoloxía ou historia. Mágoa.
Hoxe eu teríao agasallado cos libros do padre fontes ou co primeiro libro de Mandianes "Loureses". Son cousas que pasan , que lle quere. Penso que me trabuquei.

Saiba que xa daquela, co libro , eu
quixen testemuñarlle a miña máis distinguida consideración.

Aínda pode zugalo. Vótelle o dente, pode encontrar algunha perla.

Asinado: Bouzosky.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Glorioso camarada Bouzowski:
Amigo ex - lobo:

O señor desculpará, nada máis lonxe da miña intención que enfadar ou aborrecer o señor cos meus comentarios. Espero que o señor saiba disculpar o meu atrevemento, a miña ousadía, froito da ignorancia. Ben sei que a ignorancia non exime do cumplimento exacto, estricto e exhaustivo da lei, e é por iso que non demando xustiza, apenas piedade.

Agradezo inmenso a prodigalidade e bonhomía do señor, máis na miña biblioteca, alá en Lobeira, a máis de 6.000 qm deste absurdo páramo onde agora moro, ocupa lugar fulcral "Loureses" (tiven a honra de que mo presentara o autor) e algunha obra do Padre feiticeiro Fontes, esa reencarnación do medoño Alistair Crowley, tan perto da Limia.

Equivoquei, cousas da xuventude, a identidade do señor. Pensei que era o espectral Da Coba, a quen tampouco coñezo. Despois pensei nun intelixente profesor que en tempos me presentara o libro sobre Celanova que vostede cita.

E agora, ta ta xaaaaaaaaan,
a cegadora evidencia, o nacemento de Venus... Vostede é......


HARRY HALLER


(Hay unha pequena posibilidade de que vostede sexa

MANUEL BLANCO ROMASANTA

e apurándose moito

BENITO FREIRE, EL ALOBADO)


Con os meus respectuosos cumprimentos, señor.

XDC dijo...

Mau morta
cérrame esta porta
se non a queres cerrar
¡deixama estar!

¿Quén coñece esta cantiga?

Leituga 1 dijo...

Eu coñecina de pequeno, pero en castelán:

"Mano muerta,
ciérrame esa puerta.
Si no la quieres cerrar,
déjala estar"

A ver se coñece vostede esta outra:

"Paco Repaco,
camisa caghada,
foi á cociña,
lambou a pescada.
Tanto comeu,
que non deixou nada"

Mico Montemiau dijo...

En Ourense ouvín:
Vicente potente
Camisa cagada
foi o regueiro
e trouxoa lavada.

En canto ó da mau era:
mau morta,mau morta
bate cabo desta porta

e facíaselle os nenos como brincadeira para darlles un tostón coa súa propia mau descontraida na testa.