Mundo tolo. Cranach.
A Venus de Cranach (1532) prohibida como recurso publicitario no metro de Londres.
(Ofrecemos tamén a imaxe orixinal completa e unha das imaxes publicitarias de Lisa Charmel das que falo na columniña seguinte: poden amplialas clicando nelas).
Cranach. Pan por pan domingo 17 febreiro.
As fotos son elegantes, moi ben realizadas, man dun magnífico profesional da imaxe. Están colocadas nas esquinas de moitas rúas, nos respectivos soportes publicitarios. E non me estrañaría que nestes días aumenten os accidentes de tráfico no marco urbano: non sería a primeira vez. Refírome a unha campaña publicitaria dunha empresa de lencería que tira dos ollos dos automobilistas que dá xenio. Ó seu carón pouco teñen que facer os rostros electorais de Rajoy, Zapatero e Iago Tabarés: non sei se iso non será competencia desleal cos políticos. En Londres, en cambio, prohibiron poñer no metro uns carteis cun cadro de Lucas Cranach O Vello, porque exhiben un espido feminino. Pobre Cranach, pintor de santos e ata editor de Biblias! E os islamitas queren quitar da Wikipedia a imaxe de Mahoma. Debe haber por aí moita “mirada sucia”, como di un coñecido personaxe da tele.
58 comentarios:
Pois o que deberían prohibir son os anuncios de lencería
Lisa Charmel que aparecen nas esquinas de Vigo. Hoxe faltou esto para darlle ao de diante.
Ourense tamén está chea deles, dos anuncios de Lisa Charmel. E os pobres de Rajoy e Zapatero, noutros expositores, non teñen nada que facer. Todo o mundo mira para o mesmo lado.
Eu xa non acredito hai tempo nestas novas sobre falsa censura que non son senón burdas tapadeiras de campañas publicitarias para confundir aínda máis ao desinformado cidadán deste recuncho global. Menos mal que tamén han servir para que moitos coñezan a este fantástico artista.
Pois non me estrañaría nada que sexa como di Ana. Hoxe os máis "listos" son os chamados publicitarios, e máis se son arxentinos.
P.S.: Oh, eu eses anuncios de Lisa Charmel non os vin :-)
Para propaganda de verdá, a que faciamos nós nos gloriosos tempos do camarada Stalin.
Pois eu intentei ser embaixador en Calzedonia e non o conseguín...
Probe a ser un cónsul en Intimissimi.
Como representante en Galicia de La Perla, teño que confesarlles que non me parece ben que anden a falar da competencia dun xeito tan desenfadado e admirativo. Lisa Charmel é excesivamente rotunda na presentación das súas modelos. Intimissimi e Calzedonia parecen fabricantes de calzoncillos. Só "La Perla" entende verdadeiramente a esencia do glamour e da lingerie comme il faut.
Totalmente dacordo con vostede, amigo Leituga. Sen embargo, eu que vostede procuraría mirar dereitiño (tó tieso, como din en Extremadura) cando vaia no coche estes días polas rúas de Vigo. Demasiado rotundidade pode rachar a liña recta.
Tiremos deste fío, que quedan cousa por dicir.
Teño entendido que un destacado político nacionalista galego traballou neste sector: para cando un rigoroso e fondo estudo sobre as relacións entre o galeguismo e a moda na lencería. (É brincadeira, pero igual xa hai algo escrito ó respecto).
Home, aos pexegos oitenteiros chamábanlles, creo recordar, "a esquerda guapa" ou "a esquerda yuppie".
Pero creo que foi un coñecido e enrugado deseñador de orixe ourensá o que visteu e calzou o socialismo español autóctono por aqueles anos. A cousa era ir "arreglado pero informal". Ou sexa, de progre no-rico pero tampouco de vaqueiros.
Que despistado son! Eu nunca vin eses anuncios de Lisa Charmel, Intimissimi, Calzedonia ou La Perla :-)
Quixera facer unha anotación erudita: hoxe agardei polo bus e puiden saber que se trata de Lise e non Lisa Charmel. Que é Lingérie Française de Lyon.
Noutro fío xa dixen que menos mal que non poñen nas marquesinas a Djimon Hounsou cos calzóns de Calvin Klein, porque se non o golpe é definitivo. Máis que nada, obviamente, porque ao velos empezas a pensar na obxectualización dos corpos e na banalización do sexo e noutros pensamentos de semellante alcance e non miras para o semáforo. Non vaian crer que é por outra cousa.
Dada a proverbial ignorancia que nos caracteriza a todos os que pululamos por este blog (si, ti tamén, Anónimo), e por ese inmenso amor ao xénero humano que profesamos todos, é de recibo que compartamos toda a información tendente a lograr a felicidade universal sen necesidade de chándal :-)
(Dedicado a Arume, que andou en coche e case se esnafra e que tamén viaxa en autobús)
Uno de los músculos más desconocidos de nuestro cuerpo es el pubo-coccigeo (en adelante PC, para ir al grano), uno de los principales del suelo de la pelvis. Se encuentra en el interior del cuerpo y va desde el hueso púbico hasta la rabadilla. Ejercitarlo convenientemente tiene efectos muy beneficiosos para nuestra sexualidad. Como suele suceder con estas cuestiones referentes al fornicio, su utilidad se descubrió de una manera bastante casual.
El ginecólogo alemán Arnold Kegel ideó en la década de los 50 del siglo pasado una serie de ejercicios con la finalidad de crear un método para controlar la incontinencia urinaria que sufrían muchas mujeres después del parto. De manera colateral y consecuentemente, el fortalecimiento del músculo PC lleva asociados otros beneficios de índole sexual, para hombres y mujeres. En el caso de ellas, el hecho de reforzar las paredes vaginales permite pequeños, pero efectistas, trucos durante el coito, que suelen ser muy valorados o celebrados por la pareja, como es el hecho de "atrapar" el pene en el interior de la vagina. Dicha operación de aprisionamiento puntual también puede realizarse durante el coito anal, generando comentarios elogiosos del tipo "¿pero qué tienes ahí dentro?"
En el caso de los hombres, los ejercicios de Kegel se consideran una de las formas más efectivas de solucionar algunos problemas de eyaculación precoz, ya que entrenando el músculo PC podemos reconocer la llegada del punto de "no-retorno" y de esta manera conseguir controlar la eyaculación. Como resultado final, y para los amantes del circo, las eyaculaciones suelen ser más explosivas e intensas.
¿Cómo se realizan estos ejercicios de Kegel? Pues de una manera sencilla y, sobre todo, discreta. En primer lugar, hay que localizar el dichoso músculo PC. Se le puede identificar fácilmente cuando hacemos fuerza para detener el flujo de la orina. Una vez situados geográficamente, y sin necesidad de miccionar, se recomienda realizar 30 contracciones (de cinco segundos cada una), tres veces al día durante unas tres semanas.
Lo bueno de esta gimnasia pélvica es que no hace falta vestirse con un maillot de colores fosforito ni apuntarse a ningún gimnasio. Se puede realizar de pie, en el metro o el autobús, o sentado, en el trabajo o en un atasco circulatorio. Nadie se va a enterar, por muy expresivo que se sea cuando se hace algún esfuerzo.
O PC sempre nas nosas vidas. Agora mesmo, mentres miro para un practico o outro. Ou viceversa.
Eternamente agradecido, amigo Apicultor.
Según parece, o control dese músculo é esencial pra engañar ao polígrafo detector de mentiras.
Hai algúns execicios máis, similares, pra ese e outros músculos da pelvis. A atrofia de eses músculos, consecuencia de que a un antepasado se lle ocurríu poñerse en pé, é causante de moitos problemas da zoa pélvica, sobre todo nos homes.
A posición "natural" de sentarse en cuclillas, vixente aínda en moitas partes do mundo, tamén é moi boa pra preveñir problemas da zoa pélvica. Pero en Occidente, desde que se inventaron as sillas, xa saben. Os WC "turcos" tamén eran mellores pra eso que os usamos hoxe. O confort, em moitos aspectos, está pelexado coa saúde.
Así me gusta D.Api,ata morrer aprender.Pero este tema xa é moi vello,raro me parece que non coñezan esa historieta,un pouco maliciosa,que atribue a unha coñecida dama,asidua das revistas do cuore,gran dominio no exercicio do "músculo do amor",ata o punto de considerar que gran parte dos seus éxitos amorosos son debidos a práctica desta arte que, según din, ela domina con maestría. Ó mellor é certo e por practicar que non quede...
Pois veña, a aprender:FURAR.
Non yen moito que ver coa que falamos, pero non podo resistirme a que vexan ESTO.
Pois si Sr.Da Coba é impresionante.Quedaríalle ben, como pé de páxina, un proverbio chinés que di." As grandes almas teñen vontades, as débiles tan só desexos".
Coñezo esa historia, Doniña, coñézoa, e non é unha lenda urbana. Ah, se eu lle puidese contar... :-)
Eu lembro que,cando era neno, un vello da aldea díxome:
-Mira,rapá.Hai mulleres que teñen dentro coma un "chupón" deses de desatascar os fregadeiros. Se atopas algunha desas na túa vida, non a soltes, nin lla presentes a ningún amigo. Agora dóume conta do que quería decir aquel vello.
Coño!!! ( perdón pola redundancia) estanse a saír do "estilo e perfil" desta solaina, porén, han ser chamados, probablemente, a consultas polo xefe. Termos e temas tan vulgares non caben dentro da "elegancia natural" que os caracteriza.
Ámbalas dúas elegancias: "natural e intelectual" En que estaría eu pensando!
Bos días, señor troll.
Pois non creo que ninguén se saia de ningún "estilo e perfil", agás vostede mesmo.
Lémbrolle que este blog é, segundo a definición do seu xefe, "un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento".
Ou sexa, tamén de lecer. E falar en plan distendido e simpático de sexo é algo natural, se se fai con intelixencia e sen o menor atisbo de machismo, como é o caso.
Claro que iso vostede, Anónimo Corenta, nunca o poderá entender: a súa moralina opusiana de reprimido sexual llo impide.
Que vostede, en plan portavoz do sector Ana Botella, denomine "temas tan vulgares" tales comentarios é algo que non só o delata, senón que provoca tamén un sentimento de conmiseración pola súa vida tan plana de "devoto do onanismo" (cita intertextual de Arístides Silveira, alias Celso Emilio Ferreiro).
O onanismo tamén pode ser unha das bellas artes, amigo Apicultor, entendido á moderna, claro está, non á bíblica como coitus interruptus in terra.
Naturalmente que si, amigo Arume. Pero haille algúns que aínda non tiveron ocasión de enterarse, coitados.
Primeiro o chiste "procaz" e "saleroso" de Da Coba. Logo intervención do/a Troll feministo/a de turno, que seica nunca escoitou ou leu un chiste verde na súa vida. Seguido pola conferencia ditada de apicultor, en curtos parágrafos separados por dous espazos, para rematar co fulminante comentario te texto bíblica de arume.
Este blo ten vida propia.
É vostede un incomprendido, diso non hai dúbida. Máis lle valería que practicara os exercicios do dr. Kegel tal como os expón no ligame de XDC, aínda que fose en solitario. Xa sabe que, se cadra, pode ter un golpe de sorte e.. por fin se lle vai ese mal humor e se lle docifica o carácter.
O que contei do vello da aldea, non é un chiste prosaico. Foi verdade,xúroo!. Pero xa estou habituado a que non me crean.:((.
Eu non entendo como se pode "falar en plan distendido e simpático de sexo...sen o menor atisbo de machismo". O humor é sempre transgresor do que en cada momento é dominante. A min gústame ser un pouco machista, pero na intimidade, cos meus amigos máis íntimos. En público, son como Apicultor, falo "sen ningún atisbo de machismo". Pero é un aborrecemento.
Mentres só sexa cos "amigos" e non coas "amigas", non hai demasiado problema.
Por outra banda, pouca cousas hai máis dominantes que o "machismo". Daquela, do que se trataría, sobre todo e principalmente, é de ser transgresor co "machismo". Digo eu.
É imposible facer humor gabando ao poder. O feminismo forma parte do discurso oficial do poder, Apicultor, razón pola cal hai chistes hembristas, reversos negativos dos machistas, pero non feministas. Probe a ser un pouco machista cos seus amigos machistas, Apicultor, que a súa vida cambiará para mellor. E unha vez descubertos os goces da camaradería viril, volva vostede a exercer de feminista, que ninguén se enterará. Xa verá o moito que disfruta.
Totalmente dacordo Sr.Apicultor, hai que ser transgresores co machismo pero sobre todo co "sexismo", ese desprezo ás mulleres, co peregrino argumento de que é, o noso, por natureza, un sexo inferior.Tamén é posible que, con certas actitudes, nós mesmas teñamos, moitas veces, contribuido a revitalizar ese idea. Pero bueno eu sonlle optimista ó respecto, é máis, paréceme que todos estes estereotipos de xénero, paseniñamente, vanse adaptando á realidade actual. Non lle queda outra.
Antes dos comentarios do Anónimo do Anteface, decía "que se poidera contar...". Por min non se prive , son toda oídos. Non será vostede ex-ministro?
Non é que teña nada en contra, pois alá cada quen coas súas tendencias e apetencias, pero a min iso dos "goces da camaradería viril" non me vai nada nadiña.
Chámenme limitado ou "estreito", se queren.
Amigo Apicultor:
Xa que estamos en plan escatolóxico...
Era sanísimo, saudábel e mesmo ecolóxico, facer augas maiores nas verbenas dantes.
Alén diso, sempre había unha inesgotábel cantidade de fentos, que parecían feitos ad hoc para se limpar.
O señor Da Coba saberá ben diso.
E era moi psicodélico escoitar a orquestra a certa distancia, coa voz do cantante levemente distorsionada polo efecto Doppler... Lembro a Pucho Boedo (Parada do Monte, Santa Eufemia de Parada, Lobeira, Val do Limia) por volta de 1980:
Sahara...........
Estéril tierra africana........
Allá va mi caravana........
Sacerdotissa de amor.........
lalalalalalalalalala
Y va...............
Esta cansión para ti.........
Y la luna paresse.............
un turbante de plata.........
perdido de Alá.......
Sahara
lalalalalalala
etc.
E alén de Doppler, o ruído dos xeradores de corrente para os auto-bares, as sirenas dos 'caballitos', as pegañosas Baccara nos altofalantes das voladoras...
Era unha evacuación de ventre ben amenizada, abofé que si.
Cumprimentos, Apicultor.
Para tales efectos, nada mellor que aquela con que se despedían ata sempre
"Los Tambar, se van, se van", a ritmo de El manisero.
E pola miña terra estaban os sete se Sober, eran nove e tocaban seis, tiñan un tema propio.
El esparaban, es esparaban
hai...no me le toques al clave, que lo vas escarallar...
el esparaban, el esparaban.
Pois estiven en Portugal, pola zona do Xurés e alucinei con tres topónimos. Priemiro un lugar que se chama "Os penedos de Calcedonia" seica nome culto desde o s. XVI. (Non vin modelos por alí nin fatos de banho ou cuecas). Outro, Joao da Cova -preto da fermosa e pechada -ata abril- Pousada de Sao Bento, sobre as barragens esas que nunca lembro como se chaman. Pero o máis flash, sen dúbida, "Penedones", ao lado da barragem de Pissoes ou do Alto Rabagao, non lonxe de Montealegre. Xa coñecía algún en -ones no Algarve... pero aquí, esa recuperación dun n desde "*Penedo~es" chamoume a atençao sobremaneira.
Os lugares escuros e apartados nas verbenas buscábanse por dous motivos ben diferentes: pra facercer augas maiores, como di o Medela, ou pra buscar intimidade co "ligue" de turno. Esto daba lugar a situaciós como a que me pasóu a mín. Podio decir o sitio, que o Medela coñéceo ben: Nun campo que había por detrás da Igrexa do S.Benito de Allariz, antes de que edificaran.
Estaba eu agochado, a oscuras entre a herba,coa miña parexa. Oñiase ao lonxe o rebulir da verbena en honor ao santo, a carón noso, recortóuse a silueta furtiva dun home que baixaba os pantalós apresuradamente. Dado o engorroso da situación na que estabamos, agochámonos contra a herba e calamos pra que non notara a nosa presencia. Case de xeito instantáneo, invadíu o aire da noite o fétido cheiro que vostedes imaxinan. Oíase tamén o característico ruído de recollida de herba por parte do individuo, coa finalidade apuntada por Medela. O cabaleiro marchóu dalí a un pouco, suspirando aliviado, sen sospeitar nin remotamente a nosa presenza. Non imaxinóu,nin por un momento que, có cheiro das súas deposiciós, viña de arruinar a maxia dun encontro amoroso adolescente, posiblemente o nacemento dun amor eterno.
Todo rematóu instantáneamente. Mesmo sen "rematar" de todo.
Por certo, Medela. Non quero parecer "quisqui", pero o efecto Doppler non é eso exactamente. O "Doppler" é a variación aparente de tono debida ao movemento relativo entre a fonte de son e o oínte. A variación ( do timbre fundamentalmente),do son coa lonxanía é debida ,entre outros factores, ás diferentes amortiguaciós e reverberancias das diferentes frecuencias,unidos a certos aspectos "logarítmicos" asociados á nosa percepción do son.
Que pequeno é o mundo, Da Coba: Así que apertándose coas mozas de Allariz... Ao mellor ata nos coñecemos e todo.
Desculpe, señor, a miña metedura de pata do efecto Doppler. Xa me rifaron onte tamén polo mesmo. Seica ese efecto nace cando pasa un coche cun altifalante e nós estamos na beirarrúa e conforme se vai afastando ouvimos máis distorsionado ou deformado o sinal acústico que emite o dito altifalante:
"Hoxe ás oooito, miiiiiitin do PPPPPPPPPPPPPPPPP, falarán Rajjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjoooooooooooooooooooooi" e a música parece plastico derretido.
Non se pode dicir nada neste foro... Botanse a un
como gatos monteses!!!
jajajajajajaj
Un grande abrazo, Da Coba!
Para baixo do Douro, distrito de Viseu, hai un Penedono; non sei se Penedones poderá ter, lingüisticamente, algo que ver.
Cando dixo Medela eso de "Que pequeno é o mundo, Da Coba", pensei que era don Júlio o aliviado e depurado con fento que aínda lembraba esa noite.
De todas formas, un dos sitios máis escuros e apartados era precisamente o máis concurrido: o de debaixo do palco da orquestra.
Don Arume: Non vai vostede desencamiñado. Mais a crúa realidade élle esta: Eu era o que estaba coa moza, a esmagarmos os fentos, e o que foi deixar a natureza obrar o seu curso éralle o señor Da Coba. O que pasa e que o noso espectral amigo pediu de bailar "Moonflower" á devandita rapaza, esta deulle a calada por resposta, bailou comigo "Morir de amor" do Miguel Bosé, Da Coba púxose amarelo da envexa, viunos falar baixiño, desaparecer entre as tebras, estaba aburrido e aproveiotu para facer caca.
jajajajajajajajajajajaja
(Da Coba, isto é en venganza por me puxares polas orellas no caso Doppler)
Saúdos, Arume.-
Saiba,amigo Medela, que moitos aparellos basan o seu funcionamento no "efecto Doppler" de todo tipo de ondas. Por exemplo, o "radar" da Benemérita de Tráfico. Ou esas sináis luminosas que se acenden decindo "Lembre que ten que ir a cincoenta".
Cunha destas últimas moito me rin eu unha vez. Atopábamonos amigos e amigas perto dunha, como a cen metros . Desafiéi a un deles, que era algo fanfarrón, a que fora capaz de correr hacia a sinal a suficiente velocidade como pra acendela. El fixándosee que os coches, por lentos que foran, acendíana todos, aceptóu o desafio. Votóuse a correr coma unha flecha,corre que te corre. Naquelo, pasóu un coche e acendéulla i el berróu "Vedes??". Nos berrámoslle: "Eso foi o coche!". Cando pasóu o coche, apagóuse outra vez.Seguíu correndo deseperadamente, pero nada. E nós todos mexándonos coa risa.
Ó cabo dun pouco voltóu,sofocado e sudoroso, decíndonos: ´"Vos,non o vistedes porque estabades lonxe. Pero,cando estaba chegando a ela, acendéuse débilmente".
(Eu, que coñecía o record mundial dos cen metros lisos, sabía que eso era imposible. Acontecéu antes do dopaxe de Ben Johnson, pero houbera sido o mesmo).
E, por certo, amigo Medela. Esquecín falarlle do "efecto Doppler relativista", que eso sí que é a Repanocha.
Unha vez, disparáronme desde un coche que se alonxaba a gran velocidade. A tal velocidade, que case cancelaba a velocidade en sentido inverso do proiectil. Puden coller a bala no aire, coma se ma botaran coa man. Pero soltéina rápido, por que queimaba de carallo.
(Déixolles ao seu criterio crer se foi certo ou non).
Bueno,bueno,bueno
Vale,vale, ok. O comentario anterior debino firmar como "Barón de Münchausen".XDDD.
Unha pregunta técnica, amigo da Coba: por que cando os cantantes proban o son sempre din si, si, si (cunha pronuncia aberta como de se, se, se) e así durante un largo tempo?
Efectivamente,Arume. E si trata de decir algunha outra cousa, o técnico de son adoita a "mosquearse". Imaxino que o "s" é o son có que mellor calculan eses profesionáis os parámetros de reverb,etc. De feito, o "s" é un son que deixa unha reverb moi prolongada, que pode afectar a intelixibilidade das sílabas seguintes. Os "b" e os "p" son demasiado "explosivos". De feito un cantante experimentado alónxase un pouco do micrófono nas sílabas que os conteñen. Coas sílabas en "s" ou "f" soplamos sobre o micro. Eliminando ese "ruído" neses sons, xa non aparece nos outros. Nos métodos clásicos de canto, esixíaselle ao discípulo ser capaz de cantar esas sílabas diante dunha vela,a gran volume, sen apagala, pra comprobar que ningún aire se escapaba sen facer vibrar as cordas vocáis. A mín,particularmente, góstame comprobar a intelixibilidade dos "ch" e dos "ñ". Un técnico de son profesioal, pódelle dar moitas máis claves.
Non sei se sabe que Bach e moitos compositores clásicos compoñían pensando na catedral, igrexa ou recinto concreto no que iba ser interpretada a obra. Cada catedral presenta os seus propios "ecos". Nalgunhas, ese eco pode repetir hasta tres ou catro veces cada son, a diferentes intervalos temporales. Como esas repeticiós eran inevitábeis, considerábana engadida á partitura, e diseñaban o resto da melodía e da armonía en base a elas. Eran unhos xenios da música e do son.
Faga a proba,se ten un teclado moderno,deses que poden engadir ecos ás notas. Probe a tocar partituras actuales: fórmase tal rebumbio, que non se entende nada. Toque melodías relixiosas clásicas: os ecos das propias notas aportan "armonía" ao resto da melodía nos instantes axeitados. O resultado é de gran beleza, asombroso.
Da Coba, acredito firmemente no episodio do disparo. Vin algo moi parecido nun profundo e intelectual filme de Bruce Lee.
Cando os Beatles e pléiade de grupos comezaron a tocar, imitaban no estudo o son das actuacións en palco. Despois, as actuacións en directo tentaban reproducir exactamente o son do estudo, por iso parece ser que os Beatles tiveron que deixar precipitadamente de actuar en directo.
Saúdos tamén para o sr. Arume.
Estimado sr. Etxe:
Hai dúas teorías sobre á orixe do étimo Penedones.
*Almeida Fernandes encontra o documento máis antigo no que se cita a Penedones, de 1258; daquela era Peneidonas. Derívado dun hipotético Penna de Donas.
*Arbois de Juvainville derívao do nome persoal céltico latinizado
'Plendus'.
En todo caso, non vén dun hipotético Penedóns.
A barragem da que vostede fala chámase de Vilarinho das Furnas.
Non. Vilariño das Furnas é a barraxe que queda ao lonxe, bebendo do río Homem, ao lado de Xerés. Eu falaba da barragem da Caniçada, por baixo de Xeres, na confluencia do Río Caldo -o portugues- e o outro, o qeu discorre paraleo aos nosos Pirineus fontefrieiros e xuresaos.
Paréceme "Pena donas" posible.
Medela, cando usóu o verbo "puxar" lembréi unha cousa que me acontecéu nunha cafetería portuguesa. Tiñan posto na porta acristalada o característico rótulo de "puxar". Eu non sei en qué iba pensando,e asociéi o senso do inglés "push".Peguéi un golpe de carallo coa testa contra o cristal. Todos os parroquianos miráronme asombrados. Algún hasta me preguntóu: "O señor nao sabe ler?"
A confusión co Puxe, da Coba, debe ser común. Cando menos, ata que veñen da outra parte, len Empurre e botan contas. Cousa, botar contas, que non todo o mundo fai.
Le donne al muro, le pubblicità in mostra. Repubblica.
Publicar un comentario