Liberdades.
Pan por Pan xoves 14 febreiro. Entrada 1581. Imaxe: Odalisca e escrava, de Ingres.
Hai dous anos, en setembro do 2005, Kurt Westergaard, debuxante de humor danés, debuxou unha caricatura de Mahoma cun turbante en forma de bomba e coa mecha acendida. Lembrarán que houbo manifestacións en moitos países islámicos e mesmo mortos. El dixo que quería denunciar ós que aproveitan a imaxe de Mahoma para lexitimar o terror. Pero os musulmáns entenderon que se retrataba o seu profeta como un terrorista. Dende aquela, Kurt Westergaard está ameazado de morte e vive escondido, cambiando de casa cada pouco, tamén cando viaxa fóra do seu país. A policía danesa vén de deter a tres presuntos terroristas que planeaban asasinalo. En Turquía os islamitas conseguen que o goberno permita o emprego do veo nas universidades: o problema é que tamén hai máis presión para que o poñan as mozas que non o levan. Quen vai garantir a liberdade destas?
1 comentario:
Na USC houbo un caso relativamente recente no que un alumno de orixe árabe non aceptaba a autoridade dunha profesora polo feito de ser muller. Facíalle continuamente xestos e proposiciós obscenas. Cando a profesora o suspendéu, el amenazóuna i ela precisóu da protección dunha empresa de seguridade. Hai casos similares, mesmo nos institutos.
Publicar un comentario