21 feb. 2008


O desencanto, de Bieito Iglesias (ECG 21 febreiro)
(Foto: Virxilio Viéitez)

Houbo manifestación populosa en Santiago convocada pola plataforma "Galiza non se vende". Os convocados protestaban contra Reganosa, Ence, o plano eólico, o plano acuícola, o plano mineiro, algunha autovía e tantiñas afrontas que non me caben na pancarta. Esta denuncia deseña un panorama de xeral destrución paisaxística, proxecta a imaxe dun país vendido por leiros ás multinacionais. Quen o vende? Pois Núñez Feijoo e os traidores do tándem Touriño-Quintana. Contra tal ofensa érguense as boas xentes que cren que outra Galiza é posible, unha coligación de verdes, independentistas da póla lusista e da isolacionista, damnificados por algunhas obras ou cheiros infectos, afiliados sindicais e encomodados do Bloque. Pepé, Psoé, Benegué, a mesma merda é! Se estiver nos zapatos de Paco Rodríguez ou do vicepresidente da Xunta, andaría preocupado porque a parroquia parece decepcionada ou inclusivamente traicionada. Espero que das reas protestantes xurda un partido cun programa claro, ecoloxista, socialista, independentista e altermundialista, capaz de conquistar, se non o poder, si o corazón da sociedade civil. Así contribuirían desde este corruncho do orbe a engrosar a Multitude que -segundo Toni Negri- desafía o Imperio.
Para min o bipartito peca de incompetente, non de dereitista. Non levei -polo lado ideolóxico- ningún desengano, porque supuña que as dúas formacións socialdemócratas do goberno autónomo non ían facer maiores lobadas que os laboristas británicos, os demócratas italianos ou os socialistas portugueses. Imaxinaba que asumirían, como así foi, a economía de mercado, o capitalismo máis ou menos reformado, a liberdade de costumes e un galeguismo temesiño, o único posible cando a parte nacionalista do gabinete representa en termos de apoio popular menos do vinte por cento. E tan bo día. Esperaba, si, que houbese mellores xestores, máis ideas e máis arxil. Son bo de conformar, pero Deus nos dea outras mellorías.
Outras visións...

88 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

Escribín esto na de Brétemas. Agora vexo que o latinajillo tamén o emprega Francisco Rodríguez.

"Eu non estaría tan seguro do éxito da manifestación. A heteroxeneidade que xa comentei noutro foro e que A contrafío salienta non dá a medida exacta das reivindicacións. Por iso resulta difícil saber qué parte corresponde a unhas denuncias particulares e que outra a unha concepción global da política. Demasiado totum revolutum que pode ser ganancia de certos pescadores, pero non ofrece, para mín, un certeiro e preciso alcance da protesta.

Por outra parte, non sei vostedes, pero eu vexo un chisco irónico o ton (ao mellor vexo de máis) na columna de Bieito.

Anónimo dijo...

Logo da satisfacción que Bieito Iglesias manifestou sentir polas detencións de Rubalcaba no Pais Basco, salvando a excepción da detención en Galicia dun paraplèxico, que o conmoveu, o coñecido ourensánan súmase como corifeo as loas a Lei de Partidos, intentando lexitimar unha lei que debería figurar como máxima aportación española a democracia universal . Coherentemente con esta posición, Bieito Iglesias tense identificado como español, así que tendo enconta estas duas identificacións, unha coa lei de partidos e outra como español só se poden entender estas palabras súas " Espero que das reas protestantes xurda un partido cun programa claro, ecoloxista, socialista, interclasista e altermundista." como un temor a que realmente así suceda.

O artigo de Xavier Cordal insírese nun debate que se está a producir noutros espazos, pero que non lle vexo lugar neste blog, debido a abundacia de facherio españolista que pulula por aquí,así que se non lles parece mal, debatireino neses outros lugares mais galegos e mais libres.

Trebi dijo...

Si ve tanto facherio españolista,neste lugar.....a que se molesta en vir?.
Non nos parece mal debata donde queira, pero dudolle o que afirma:Máis galegos e mais libres....Esta vostede segur do que dí?
DISFRUTE DON QUEIRA.

marcel swann dijo...

Apunto aquí unhas ideas sobre a manifestación do outro día.

Parece evidente que a manifestación do outro día responde a motivacións e problemas distintos na súa orixe. Vai, como Galicia, "por parroquias".

Con todo, nesta resurrección de "Nunca Máis" sen ese nome debe subxacer algo que unifique todos estes descontentos. Os manifestantes procedían case todos de núcleos non urbanos.

Que está a pasar na aldea, nesa "outra" Galicia? Esa é a pregunta sobre a que debía reflexionar o bipartito. Que hai detrás das resistencias á implantación de determinadas actividades (produtivas con futuro? só de enclave?) en determinados lugares? Hai unha planificación detrás de toda esta eclosión de "novas" industrias no rural galego?

Acabo de ler un artigo de Marcos Lorenzo, publicado en "Grial" (núm. 176, outubro-decembro 200/), co título "Galicia en liquidación". Ten moito interese pois describe o paso da sociedade rural-feudal a outra urbana nos anos 60 (pinta unha visión máis negativa que a de xose m.gonzález).

Sobre as transfomracións que houbo no agro, cito do artigo:

"Resultado: apenas queda nada. (...) O etnicidio consumouse transformando unha aldea nun polígono agroindustrial desolado. Algún monocultivo forestal é todo o que resta, e para iso de forma residual, comp esperanza dun complemento económico familiar."

"O que si houbo foi unha medranza do sector público que repartía investimentos e pensións con carácter discrecional, non desde criterios obxectivos senón como concesión de favores que obrigaban a cada un dos beneficiados, nunha relación personal de un a un, de político a votante."

Sobre a psicoloxía do fracaso dos galegos:

"especie de desesperanza en calquera novo proxecto, sexa empresarial ou vital... psicoloxía medorenta, da prevención, á defensiva de infinitas precaucións fronte á aventura persoal (De facto, eu penso que en Galicia o acto máis revolucionario é renunciar a unha praza de funcionario) (..) Aquí a cultura dixo e aínda di "detente, estás tolo, onde se viu, ti anda xogando...", en vez de "adiante, ánimo, ti aposta, nós axudámoste..." Unha cosmovisión dos males fronte á potenciación dos bens.

apicultor dijo...

Non lle fagan caso ao troll anónimo e martelo de herexes (faille ilusión selo, pobre).

apicultor dijo...

Non son para nada partidario de usar, deturpándoos alegremente, conceptos como "etnicidio", como fai -seguramente levado pola mellor das intencións- Marcos Lorenzo.

Canalejas dijo...

Bieito Iglesias está certeiro, atinado e exacto. Alégrome que non sexa portugues, irlandés ou kosovar. É de aquí. De Vilarchao, de Coles, do reborde dos Chaos, de Ourense, de Galicia...que cae na parte sur de de Europa... un curruncho de seu, en España.
E non pasa nada.

pd) "O de salamántiga lisa e envisgada..." foi cousa de hai anos, de romantismos pequeneiros, que elevaban a categoría literaria culta o vello refrán lusitano de "De Espanha nem bom vento nem bom casamento". E haberá de todo, digo eu.

Medela dijo...

Estimado señor Canalejas:

Reborde, en galego, non significa nada.


Vénlle de Reboretu, medieval denominación de 'carballeira'.

Ribeira Sacra, de Reboira Sacrata, Carballeira Sagrada. Rebordechán, Reboretum planum, Carballeira da chaira.
Industrias Rebollo: De Rebolo, carballo.

Rebor, ou robur, en latín significaba carballo. Si, xa sei que carballo vén de querqus, se quere falamos niso tamén.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Rebordechenlo (Lobeira):

Reboretum planellum

(documentado)

Sobre os españois en Portugal:
Cascais, setembro de 2006: "Oye, hermoso, a mí háblame en cristiano que no te entiendo"

Pronunciado por un castelán-manchego a un empregado de bar português.

Evidentemente, non todos os españois son iguais...

Saúdos a ese recanto xenuinamente español y majo y castizo que é Vilarchao (Coles).

Ah, o topónimo Vilarchao, segundo diplomática medieval, non ten nada a ver con Vila Chá, senón con Vila Arcadius.

La vida te da sorpresas... Sorpresas te da la vida... Ay Dios...

Saúdos, señor.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

O que fai o desgaste nos topónimos... Qué fará co noso cerebro...

"Pero hija, es que no me entiendes, un sujetador, te estoy diciendo un sujetador, por favor, parece mentira .."

Unha viguesa na boutique Marina Cruz de Lisboa, setembro de 2007.-

Saúdos

Júlio Medela de Lobeira dijo...

"Hai que falar o castellano que é o noso" (SIC)

Lobeira, pronunciado por un antigo compoñente da División Azul, non hai tantos anos...

Saúdos...

Júlio Medela de Lobeira dijo...

"Oiga buen hombre, donde se puede comer BIEN y BARATO?

Turista madrileño a un servidor, Allariz, detectado con certa frecuencia...

Saúdos

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Claro é, todo isto é obra do resentimento:

Con lo bonito que es estar todos unidos, hablar el castellano... Que es lo que a todos nos une... Es que yo comprendo el regionalismo, pero el nacionalismo...

La verdad, esos nacionalistas, a quien se le ocurre...

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Ejque en Madrí...

Júlio Medela de Lobeira dijo...

María Álvarez, empregada do fogar, Barcelona 1949, natural de Lobeira, emigrante:

"Soy asturiana..."

Júlio Medela de Lobeira dijo...

E que no fondo teñen razón os que din:

"Hai que ser educados"

Para maleducados, os cataláns e os vascos.

Que aparte de maleducados, encontraron a solución á ecuación de imposíbel resolución no reino:
Traballar equivale a vivir dignamente.

Anónimo dijo...

Xuro que un caso como os que describe Medela vivino eu en Coimbra: Turistas españois indignados porque a dependente portuguesa se negaba (según eles ) a falar español . Marcharon da loja cabreados e dando voces.
Supoño que será cousa do hábito.
Faltoulles dicir aquelo de "..esto ya no parece España..."

apicultor dijo...

Cordal comete, ao meu xuízo, un erro de apreciación habitual en pensadores do seu nivel: pensar que todo o monte é ourego. Ou dito doutro xeito, considerar a todos os manifestantes como expoñentes dunha suposta "esquerda social" (sic.).

Como dixo certeiramente Arume: "resulta difícil saber qué parte corresponde a unhas denuncias particulares e que outra a unha concepción global da política".

Pero esta visto que o matiz non é algo reservado a determinados "pensadores". Hainos que levan décadas detectando insurreccións populares até nas colas dos cines.

XC dijo...

Sapientisima intervención, o autor, Apicultor, demostra ser un deses pensadores para os que esta reservado o matiz. Seguramente leva décadas sen detectar nada, eí o matiz.

apicultor dijo...

Non se confunda, amigo XC (o ariculista?), non se suba á parra e acepte as críticas.

Emprázoo a que defina cal sería a orientación desa "esquerda social", supostamente a gran esperanza contra a traición dos que gobernan, e como sería posible traducila política e operativamente.

apicultor dijo...

... articulista...

Canalejas dijo...

Kirido Medela:
Vilar Plano é a única forma da documentación... de Vila Arcadio, paréceme dificil, pero en fin, o que vostede me ensine que ben se vé, é máis listo e chegou máis lonxe ca min.
Cambiando, se o señor Bieito dixo que era español, cousa que min tanto me ten, pois tanto me ten.
Non se bote vostede abaixo pola barronca da ametralleta -nove entradas seguidas... pois casos de zopencos españois hainos a esgalla. Zopencos galegos tamén existen, como Teruel.
Olle vostede, señor, na historia cultural galega. ¿Atacaría así a, por exemplo, Alvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, Luís Seoane, Celso Emilio Ferreiro, etc. etc. etc. etc. etc. etc. etc. etc. etc. etc. ou sexa a todos os escritores e intelectuais que non militaron no independentismo cando este existía ou fixeron profesión de españolidade diversa.
Diciamos de pequenos, nos seminarios de ERGA, que o fundamental era "agudizar as contradicions". Non son estes tempos, e as identidades non son así de radicais... son máis ben, multiples, entrefrebadas, optativas,etc. pero en fin, un saúdo.
PD/ Os peores nacionalistas españois son os portugueses porque non fomos capaces de ensinarlle que existimos e tenden a falarnos en castelán, como vostede ben sabe.

X.C. dijo...

O apicultor fai unha suposta crítica ao artigo, suposta porque non analisa nada. Primeiro tería que facerlle unha verdadeira crítica para obter resposta. Este señor adícase só a pinchar pero de aportar, nada, un picapleitos moi vago.

apicultor dijo...

Que entende vostede con iso de "verdadeira crítica? Habería que empezar por aí. Explíquese, se ten a amibilidade.

apicultor dijo...

Que entende vostede con iso de "verdadeira crítica"? Habería que empezar por aí. Explíquese, se ten a amabilidade.

X.C. dijo...

Pois señor, dicir algo mais que "pensar que todo o monte é ourego", expor razonádamente a súa posición, se é que a ten, dar conta dela, cousa que non fai.

OLLOOCAN dijo...

GALIZA NON SE VENDE é un berro, un aviso, unha chamada de atención para aqueles que, as veces, querendo ou sin querer, estan a repetir tics propios doutros tempos. O pobo que protesta, ten dereito a ser escoitado e a darlle explicacións, non insultos e descalificacións. Diso sabía moito o sr. Fraga e os seus Conselleiros, e por iso o pobo decidiu pagarlle a xubilación a íl e a moitos directores xerais que xa se esqueceran do que era o traballo.
GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE.
Partidos políticos hai de abondo, é aproveitados tamén. Non pensen que todo remata nunhas siglas e as intencións dalgún.

Anónimo dijo...

Galiza non se vende e está inzada de energúmenos, onte en Vigo intentaron agredir outra vez a cidadáns que reaccionaron exemplarmente, logo foron amabelmente disuadidos con formas democráticas a española por funcionarios vestidos de azul.

arume dos piñeiros dijo...

MANIFESTO LITORAL
GALICIA NON SE VENDE

MEDIDAS DE EMERXENCIA
Prohibición dos desenvolvementos urbanísticos e industriais naqueles lugares onde non estean garantidos a depuración completa de augas residuais, o subministro enerxético e de auga ou que a sua construcion provoque un impacto ambiental ou paisaxístico negativo.


Posta en marcha inmediata dunha moratoria que deteña as agresións no espazo marítimo-litoral e que permita a realización dunha Planificación Integral dos Usos do litoral no que se recollan todos os aspectos derivados da ocupación humana, do uso do medio mariño e dos seus recursos así como a previsión sostible da ocupación do mesmo.

Saneamento integral das Rías contemplando mecanismos de depuración separada de augas industriais e urbanas para facilitar a reciclado das lamas e apostando por unha rede de depuradoras de tamaño reducido e situadas preto dos lugares de xeración das augas residuais.
Aplicación de amplos recortes nos desenvolvementos previstos polos Plans Xerais de Ordenación Urbana, os Plans Parciais e as modificacións de Normas Subsidiarias municipais.
Derribo sistemático de toda construción ilegal.
Moratoria na construción de paseos marítimos, portos deportivos e recheos fora das rías ate avaliar a súa necesidade, emprazamento e deseño. Prohibición da realización de ningún tipo de recheo dentro das rías xa que son ecosistemas moi fráxiles
Participación social, transparencia e información no Plan Territorial Integrado do Litoral de Galicia da Xunta e no Plan Estratéxico 2004-2007 de Portos de Galicia .
Aplicación íntegra da Lei 9/2006 de Avaliación Estratéxica Ambiental de Plans e programas, en PXOM e Plans de Usos das Autoridades Portuarias.
Aplicación inmediata da Directiva Marco da Auga, Directiva 2000/60/CE, no territorio galego, nomeadamente no litoral e embocaduras fluviais nas rías.
Desenvolvemento dun plano de financiamento das entidades locais que lles permitan desenvolver a súa actividade con suficiencia, eliminando a tentación da rapìña urbanística como fonte de financiamento.
Reorientar os investimentos en infraestruturas cara a atención das necesidades reais da poboación establecida e non para favorecer os proxectos especulativos das grandes empresas.

marcel swann dijo...

Si, velaí a reacción sorprendida do sr. Pachi ante os manifestantes: "non representaban á sociedade galega senón que defendían intereses particulares: Só ían polo que hai do meu" e tamén a súa cínica pregunta":Onde estaban estes colectivos cando gobernaba o PP?"

Xa esqueceu o sr Pachi (seica un hombre bueno, con boa imaxe) o que supuxo Nunca Máis? O que se ten que preguntar este señor e o goberno do que forma parte é que está a pasar no rural galego. Por que en Galicia o único que triunfa son as industrias extractivas, contaminantes, e que apenas precisan de man de obra? Que solución lle dan ao despoboamento do agro e ao envellecemento da poboación? Ou é que xa o teñen todo pensado (morreu a aldea, non cómpre investir nela) porque os votiños están nas cidades? Que idea de país ten esta xente? Existe unha planificación detrás de toda canta industria se está a montar?

Xosé M. González dijo...

Estou basicamente dacordo coas análises expostas polo Arume dos Piñeiros, tanto con referencia aos motivos de concorrer á manifestación -xa foi abordado noutro fío- coma ao intencional ton de Bieito Iglesias.

Igual isto non importa moito, pero sei que algún dos colectivos conmñais poder de convocatoria (nesta en concreto) son críticos de determinada acción do goberno, e non fustrigadores da súa acción global. Probablemente tampouco non importa moito, pero estou convencido de que moitos participantes na manifestación que antes votaban o BNG agora van volver votar BNG; desde a crítica.

As análises apostas polo Swann explican indubidables frustracións de orde social e persoal, que tiveron efecto fundamentalmente hai trinta e corenta anos; marcan aínda moitos caracteres, algunha desfeita presente agudiza a sensación e afunde no pesimismo, mesmo na antipolítica: non haberá algo disto último -o ben coñecido tópico todos son iguais no trasfondo mobilizador do domingo: se tal, a min non me parece excesivamente esperanzador.

Por último: deducir da súa retranca sentimento españolista (ou español) no Bieito Iglesias implica presunta finura que está fóra do meu alcance. E iso que español significou e significa cousas ben diversas: para os de antes e para os de agora.

arume dos piñeiros dijo...

Trato de entender a manifestación do domingo. E o punto común de todas as intervencións positivas é o de suliñar o do toque de atención pola esquerda e polo ecoloxismo ao bipartito. O propio Bieito renega desa posibilidade e fala de incompetentes, pero tamén, no fondo, cre que a manifestación apunta a un movemento de esquerdo-ecolóxico, mesmo altermundista. Poucos comentarios sobre o carácter nacionalista da mobilización. Resulta interesante esta lectura crítica dun Bloque que probablemente ven derivado a postulados máis moderados en materia ideolóxica. Ou probablemente porque a base heteroxénea do Bloque, baseada nunha defensa indeterminada de Galicia (como concepto excesivamente xenérico) precisara unha maior definición ideolóxica.
Vexo, pois, e interpreto o toque (de habelo tras os numerosos colectivos reivindicativos) como recordatorio do cerne esquerdista da mobilización de Nunca Máis.
[Eso explica que sorprenda o branco elixido de BNG e non tanto do PSOE de quen xa non agardan grandes cousas]

Anónimo dijo...

Pois señor Swan as declaracións de Paco Rodriguez non desmerecen as de Pachi.
O feito real é que se encheu a Quintana sen que particiapase o BNG. A primeira lectura é de prescindibilidade, o que inqueda ao nacionalismo omniabarcante do BNG.
O futuro desa reunión é incerto, hai moita ilusión nos organizadores, o mais probabel é que inspire novas aventuras políticas, que pode que vaian para adienate pode que non.
O medo do BNG é a que haxa persoas capaces de organizar o potencial que a eles os intimida.
As novas aventuras política que de aí saian teñen un alto grado de impredicibilidade e alto porcentaxe de fracasar, pero a realidade as veces da sorpresas, quen esperaba esa partcipación o día anterior, os organizadores non, e coñezo uns cantos.

apicultor dijo...

Home, creo que dixen algo máis que o monte é ourego. Con tal expresión quería evidenciar que vostede (supoño que estou falando co autor) establecía unha ecuación que, ao meu ver, resulta falsa: xente que se manifesta puntualmente = esquerda social disposta a actuar e a organizarse sistematica e conxuntamente.

Esta visión súa parte dunha sobrevaloración do significado e consecuencias das mobilizacións sociais, evidenciándose nun título épico: "a esquerda social toma as rúas".

Cando estas mobilizacións non teñen unha continuidade no tempo e cando non se dan creado redes de micromobilización dispostas a ser activadas, todo queda nun espontaneísmo pouco eficaz, incapaz de articular demandas coherentes aos poderes públicos, por moito que alguén escriba algo nun papel.

Establecer unha analoxía co movemento social que foi "Nunca Máis!" paréceme forzar demasiado as cousas. O do domingo non tivo unha dimensión cuantitativa semellante nin, tampouco, se dan as condicións como que para que na cidadanía prenda unha visión dos problemas que a fagan mobilizar.

Por iso dixen que confunde a realidade co desexo, que é o que viña significando a expresión do monte e do ourego.

Polo demais, eu fíxenlle a vostede unha pregunta concreta: cal sería a orientación desa "esquerda social", supostamente a gran esperanza contra a traición dos que gobernan, e como sería posible traducila política e operativamente?

Supoño que agora recoñecerame, cando menos, que expuxen razonadamente a miña posición, aínda que non a comparta.

E agora descúlpeme porque quero ver o debate Solbes/Pizarro, e xa comezou.

Xosé M. González dijo...

Seica se desmente vde., Arume: eu sigo pensando que unha grande parte dos mobilizados levaban causa de grupo; a visión de conxunto (visións, máis ben) ten grande presenza nas mensaxes porque oa organizadores -ou coordinadores- si que as teñen.

Sobre a presunta heteroxeneidade do BNG: en efecto, dáse. Coma en calquera dos outros dous grandes grupos políticos no país, e non en maior medida; non fará falta exhibir exemplos nin expoñentes. Pero mire: de defensa indeterminada de Galicia, nada; ben determinada e con sentido soberanista.

O que pode pasar no Bloque arestora -se é tema que interese- é o descubrimento, por parte de moitos, do que implica gobernar: hai servidume; canto máis fas, máis posible é o erro e máis se erra. Sarampelo, que outros máis maiores viviron antes; e ninguén se me enfade.

Isildur dijo...

Dende logo, non se fixo o mel para a boca do sectario. Como lector fiel de Bieito Iglesias, para min talvez o mellor escritor galego da actualidade (e o q ue mellor xoga coa linguaxe, enchéndoo de matices e subtilezas), deducir do seu artigo sobre a manifestación "alterbipartita" do outro día que é un españolista etc. etc. paréceme cando menos errado. Claro que moitos pensarán desa manifestación, dos que ironizan sobre ela e os seus obxectivos, e mais dos que ven con bos ollos que tamén haxa colectivos sociais de esquerda alternativa que non se suxeitan ás directrices ríxidas de partido e son quen de dar toques de atención do tipo "para isto non vos votamos", o mesmo que os que se poñen moi, moi nervosos cando os sobardan pola esquerda, isto é, os Paco Rodríguez e demais coroneis. Que é isto de decidir pola súa conta manifestarse! Por favor! A esquerda e a nación somos nós!
Dito iso, si que é certo que nesa manifestación había moito totum revolutum. Ighualiño que en Nunca Máis, polo demais, e iso era o que dicía o (q.e.p.d.) Cuiña e mais o inmorredoiro Fraga Iribarne. Mais os ovos revoltos fan moito ben á gorxa. Amigo Apicultor, siga vostede sinalando matices. Son o sal da vida, non cré? E, amigo Valcárcel, boto de menos en fíos coma este o debate elegante e de altura que sempre houbo neste blog e que o fan tan diferente aos demais. Xa sei que non pode facer nada máis, pero eu pensaría un apagón por un tempo se isto vai seguir así. Os fieis voltaremos en canto conecte de novo.

Martín Eden dijo...

E que meus amigos, quen se pode indetificar co seu lider?, onte daba noxo na televisión, semellaba un paisaniño pedindo permiso para pensar, e cando expresaba o seu pensamento, e esto é o grave, non era outro que o Psoe de Touriño e Zapatero. O BNG, renegou do ideario nacionalista para asumir o galeguismo do Psoe. E en Galicia, hai xente nacionalista, mal que lle pese. O poder narcotizou definitivamente aos seus líderes que so saben mirarse no espello dos seus despachos. Hai vida nacionalista e intelixente mais alá de San Caetano.
Viva Galicia, e a súa xuventude, a pesares de moitos lles chamen energúmenos.

arume dos piñeiros dijo...

Sigo coa miña análise e poño un exemplo de posible espellismo na mobilización, sobre todo para que o amigo Saavedra que coñece ben o problema ilumine.
É mesmo caso o problema de Reganosa que suscita repulsión e noxo a toda Ferrolterra e a calquera cun mínimo de sentido común que o do Parque Rosalía de Lugo que pode afectar (sen dúbida coa mesma intensidade para os máis próximos) a menos xente e, se me apuran, con planteamentos políticos máis amplos? Se non constrúen finalmente o edificio en Lugo, cantos voltarían a unha manifestación semellante?
Poderiamos poñer máis casos (a celulosa en As Pontes coa construcción de chalés adosados en Perbes, por exemplo) que poden suscitar un rexeitamento puntual pero non unha concienciación sobre o territorio a nivel global. E iso que Galicia non se vende formula con moita coherencia e con ar máis ecoverdesquerda ca outra cousa as súas propostas.

Xosé M. González dijo...

No Rosalía, se non se construíse igual moitos colgaban o hábito mobilizador; outros, igual aínda collían ánimo para perseverar noutras causas.

O malo é que a cousa leva mal xeito: acaba de haber sentenza xudicial en favor da urbanización previa do terreo (xa case concluída, por certo).

arume dos piñeiros dijo...

Non hai contradicción ou desmentido: unha cousa é que haxa heteroxeneidade e que, polo tanto, sexa difícil diferenciar entre as reivindicacións concretas e a formulación xeral e outra que podamos entrever liñas comúns, puntos máis ou menos afíns. Pretendo, en todo caso, descifrar os ingredientes dise totum revolutum (non ovos revoltos que ben se ve que, por moita revolución, sonlles ovos).

Martín Eden dijo...

Entre as organizacións hainas formadas puntualmente por un problema, hai outras que teñen unha organización estructurada e de actuación xeral, como as ecoloxistas, e hai por último aquelas que son medios de actuación de outras organizacións ou partidos. O éxito da concurrencia é un aliciente para todos os organizadores, pero especialmente para aqueles que teñen en perspectiva formas de actuación política a esquerda do BNG. Esto é o que o BNG teme, a posibilidade de que se organice a súa esquerda un movemento politico amplo que abandoe a marxinalidade.
A tarefa é dificil, pero non imposibel e os seus promotores teñen nesta manifestación un feito positivo que alimenta as súas esperanzas. O feito acaba de suceder, polo tanto hai que darlle tempo para observar, se nada emerxe, e se emerxe, que, e de que forma e cara onde. Moitos teñen a percepción de que chegou o seu momento, que é momento de poñerse a traballar.
Os resultados do BNG van tamén a redundar nesta operación, se o BNG baixa aumentarán as súas expectativas.

Xosé M. González dijo...

Considero nesgado dicir que os organizadores, coma colectivo seica unitario, teñen unha determinada expectativa política.

Eu creo posible que se estea a repetir un erro de apreciación xa cometido cando Nunca Máis, e digo isto nunha liña semellante á do Apicultor máis arriba. Houbo quen botou contas de que había un sentido político -e bastante definido- nos centos de miles que chegaron a manifestarse. Xa se vían indicios de que non en certas mobilizacións, tal a de Madrid; máis tarde, primeiro as municipais do 2003, despois as xerais do 2004 demostraron que todo aquilo tiña bastante inferior dimensión da que algúns -recoñézamolo- nalgún momento quixemos crer.

Insisto: dubido fondamente que, por exemplo, os moitísimos mobilizados contra o Plano Acuícola -con intereses basicamente locais- teñan pensado globalmente sumarse a unha operación política; xaora, cos do Parque Rosalía teño a case certeza de que para nada. Poderiamos seguir analizando, e ao mellor concluír que poucos avalían seriamente chegar máis alá do toque de atención.

Tocante ao Paco Rodríguez: para min que a súa crítica ía máis dirixida aos adversarios internos de sempre (Beiras, Camilo) e de agora (Lidia, ¿seguirá na UPG?) ca a ningún outro, á marxe do éxito de mobilización, o Rodríguez, que eu non considero parvo para nada, sabe ben que na afiliación do BNG tal crítica seguramente atopa moito eco.

Desde logo, certo descontento co Bloque puido nutrir tamén a mobilización; reitero que é lóxico tal sucedido, unha vez que se é goberno e se fala para as maiorías. É razoable que desencante un Quintana didáctico -con boa ou mala execución- que algúns queren ver como frouxo e rendido; boa vista, si señor, abofé.

E teñan boa noite, que empeza a campaña.

apicultor dijo...

En efecto, eu creo que hai xente que necesita crer.

Cren uns no espellismo dun pobo unido loitando heroicamente contra... (póñase o que se queira).

Cren outros que o están facendo moi ben no goberno e que teñen o pobo detrás.

E namentras, un Paco Rodruíguez que perde unha vez máis os nervios.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Apicultor: xa chegou do debate. Qué tal?

apicultor dijo...

O esperable.

Solbés, profesoral e comedido, moi ben informado, pero un tanto monótono.

Pizarro, nervioso, por veces superado, cun rictus horrible cando escoitaba, tirou de demagoxia en máis dunha ocación.

Gañador: Solbes, por puntos, non por KO.

apicultor dijo...

Contra as 12:10 Antena 3 dará a coñecer unha enquisa sobre o debate.

Martín Edén dijo...

E o apicultor tamén a crer que dí cousas distintas, interesanes, todos a crer.

Xosé Manuel é evidente que non hai tal colectivo unitario e por tanto é imposibel unha perpectiva politica unitaria. Pero hai organizacións que tentaran tirarlle rédito político ao evento. Hai diferentes perspectivas sobre esas posibilidades, segundo as intencións de cada quen. Pero está pendente unha lectura mais sociolóxica e politica do acontecido que supere as meras opinions que por aquí nos formamos.

Leituga 1 dijo...

Segundo a sondaxe de Antena 3, ganou Solbes (47-37). Supoño que xa se enterarían.

Respecto da manifestación do domingo eu tendo a ver unha confluencia de dous fenómenos: por unha banda, unha suma de descontentos conxunturais, que irán amañándose a medida que avancen as negociacións sobre o valor dos terreos expropiados, e por outra parte o que Xavier Cordal denomina, non sen certa ampulosidade, a "esquerda social". Creo que os maioritarios, os que "tomaron as rúas", en expresión igualmente hiperbólica do señor Cordal, son os descontentos conxunturais.

A "esquerda social", polo menos a que identifica o señor Cordal, nunca deu para tanto en Galicia. Creo que isto é un dato obxectivo. É a esquerda que se manifesta fóra da Quintana os 25 de xullo e que rara vez chega a reunir máis de 500 persoas.

Á marxe disto, paréceme que o goberno está traballando desde a súa toma de posesión nalgunhas das liñas que apunta o manifesto reproducido polo señor Arume: desde as depuradoras e o selado de vertedeiros ata a proteción do litoral da voracidade urbanizadora, pasando pola observación con lupa dos plans urbanísticos dos concellos e o saneamento de rías como a de Vigo e Ferrol, para as que xa hai plans e grandes cantidades de diñeiro adxudicadas.

No asunto do rural, creo que nunca xamais se fixo un esforzo comparable ao que está a facer este goberno. Non só por parte da Consellería que dirixe Suárez Canal, senón tamén dende outras como Industria, Política Territorial ou Educación. O que ocorre é que non abonda con propoñerse fixar poboación nova no campo. Nin sequera abonda con ofrecer axudas e estímulos máis que interesantes. No éxodo rural subxace algo máis potente -probablemente "cultural"- que toda a letra do DOGA.

Cousas como o Plan Eólico, o Plan da Minería, o Plan Acuícola, o Parque de Reciclaxe de Carballeda de Avia ou as vindeiras Lei de Montes e Lei da Paisaxe poden suscitar medos e interrogantes, poden ser tamén criticables nalgúns aspectos, pero ao meu modo de ver non dan para unha manifestación de 7 mil ou 8 mil persoas. En xeral parécenme iniciativas boas ás que lles foi aplicada a Avaliación Estratéxica Ambiental reclamada polos manifestantes e que, por certo, fixo obrigatoria este goberno, non outro.

Creo que o tema máis grave, por non ter vías abertas de solución, de todos os que xurdiron na manifa é o de Reganosa.

Tamén me parece pouco dubidoso que é a primeira vez que en Galicia hai un goberno que situou as cuestións medioambientais, as relacionadas co coidado e a preservación do territorio e o desenvolvemento sostible nun lugar principal da súa axenda e actuación. Tamén penso que é a primeira vez que hai unha política verdadeiramente integral de apoio ao medio rural, máis alá de asistencialismos e caridades fraguianas.

Pero evidentemente os promotores de "Galicia non se vende" non ven as cousas como as vexo eu.

apicultor dijo...

En todo caso, nunca tanto como as que di vostede, amigo Martín Edén.

Anónimo dijo...

Así o creo Apicultor.

apicultor dijo...

O que?

Martín Edén dijo...

Fin.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Pido públicas desculpas ao señor Canalejas.
Ben se ve que non me expresei ben.

Nada en contra teño de España, (nin a favor); agora ben, ou son español de primeira, ou que me eximan do pagamentos dos impostos.

E reitero a miña petición de reconciliación e concordia ao señor Canalejas.

Grazas.

apicultor dijo...

Ah! pois estupendo, señor Anónimo/Martín Edén.

Medela dijo...

Que???
Como???
Estou no medio e medio dun fogo cruzado???

Saúdos, señor Apicultor.

apicultor dijo...

Saúdos, amigo Medela.

Deséxolle de todo corazón que esta fin de semana fique indeleble na súa memoria. Vostede xa me entende.

Leituga 1 dijo...

Desta vai, Medela. Seguro. Fijo.
Vaia ben lavado e non se poña nervioso.

arume dos piñeiros dijo...

Teña cuidado cos equívocos lingüísticos. Por exemplo, o seu nome, xa para comezar, que quere que lle diga, pois vai ser que lle diga que se chama Júlio, deixe o apelido para outra ocasión. Aquela xente é moi esdrúxula.

arume dos piñeiros dijo...

Volvendo ao da mani do domingo, o semanario ANT ofrece unha entrevista co conselleiro de medio ambiente a unha páxina e media. A nova sobre a manifa redúcese a menos de media páxina. Para anosaterrólogos: que quere dicir isto?

Canalejas dijo...

Nada, nada, auga de farelos,
Sr. Medela, son un incondiconal seu. Animo e a ela. Todos amigos.

Medela dijo...

Grazas, señor Canalejas, puxérasemelle mal corpo con affaire d'onte. Grazas por aceptar as disculpas. Son o que se chama un desaxeitado social.
Non me extraña que non me dea encebolado coa sr. Argounova.

saúdos...

apicultor dijo...

A súa pregunta ten fácil resposta, Arume. Unha resposta que non está precisamente no vento, senón no ladrillo.

apicultor dijo...

No galeguismo do ladrillo, para sermos máis precisos.

Jim Morrison dijo...

Como a verdade é a verdade, dígaa o bipartito ou dígaa a FPG, a min non me pareceu mal a manifestación. O problema existe e non se pode obviar. Cousa distinta é a oportunidade de facela precisamente nestas datas, pero ese non é problema dos convocantes, senón dos que se xogan o seu futuro nas eleccións do día 12.

Xoan da Coba dijo...

"Galeguismo do ladrillo". Interesante expresión. Agradecería que detallara o seu senso canto (e cando) pudese, amigo Apicultor.
A expresión daría pra un bó título de artigo de opinión na prensa, sen dúbida.

apicultor dijo...

Amigo Jim, como vaia ao colexio electoral o día 12 vai levar un chasco: as eleccións xa foran o día 9.

(Agora vai e resulta que son eu o trabucado)

apicultor dijo...

Amigo XDC, a expresión fai referencia a quen é hoxe o dono de ANT.

Anónimo dijo...

Tamen se podería chamar, sen quitar o ladrillo, nacionalismo de iate.

apicultor dijo...

Tamén como sodes algúns!

Non lle perdoades ao Quin que fose dar un paseo un caluroso día de verán do iate do empresario, dándose así un gustazo. Que non volveu máis, ho.

Anónimo dijo...

Non sei... pero o gustazo queda e é dificil de olvidar amais o Quin é mortal e non semella moi heróico.

Jim Morrison dijo...

Se todos os preguizeiros votantes do PSOE fan coma min, estamos aviados. Gracias por "tensionarme", amigo Apicultor.

apicultor dijo...

Estou á espera de que o señor XC teña a bondade de achegarse a debatir. Pedía argumentos e eu xa os din. Agora que retruque el, se quere e pode.

Anónimo dijo...

O señor XC debe de ter cousas mellores que facer.

marcel swann dijo...

Para os fans de Pachi:

http://www.espacioblog.com/ortigueira/post/2008/02/22/100-vazquez

"Todo Vigo verte directamente augas residuais á ría e non pechamos a cidade"

Con esta deslumbradora perla que define a súa política, o Conselleiro de Medio Ambiente pretendía xustificar a licencia dada á canteira da Campa, no Courel, en situación ilegal dende había 20 anos, aínda recoñecendo que está a producir un enorme impacto ecolóxico denunciado incluso polo Ministerio do mesmo ramo.

Non é a única empresa ou instalación en situación ilegal que obtén os parabéns da consellería, aínda con sentencias xudiciais en contra, como é o aldraxante caso de REGANOSA e tamén das depuradoras de Ourense e de Vigo. Os seus esforzos se concentran de feito en conquerir a legalización de empresas que teñen demostrada, incluso xudicialmente, a súa perniciosidade para o medio, coma é no caso de ENCE ,á que lle procura a Autorización Ambiental Integrada en Pontevedra, pese a superar os parámetros de contaminación permitida e outras directivas ambientais, ou lle busca reubicación como se de un axente da empresa se tratase.

O seu departamento parece ter como principio ignorar calquera tipo de denuncia relativa a empresas (nomeadamente canteiras) que poidan poñer ás explotacións en algún tipo de compromiso. O Valedor do Pobo ten advertido xa da falta de vontade que dende esta consellería se pon para facer cumprir as normativas ambientais. É tamén significativo que dous altos cargos de Medio Ambiente, entre eles o director xeral de Augas de Galicia estén imputados pola súa responsabilidade na catástrofe ecolóxica do río Xallas. Ortigueira Sostible ten constancia directa da súa falta de celo no cumprimento da Lei de información ambiental cando xa fai meses que rematou o prazo para dar resposta á solicitude de información sobre as entulleiras de lousa que teñen soterradas as canles dos ríos Esteiro e Lombao presentadas na consellería.

Esta é a defensa que cabe esperar do Conselleiro para aqueles elementos ou espazos que posúen unha protección legal efectiva , en peor situación aínda se atopan moitos espazos de alto valor ecolóxico mais desamparadas pola lei, como a serra do Xistral ou a serra da Groba, ameazadas polo plan eólico da Xunta; e tantos lugares de singular valor paisaxístico que van a ser ocupados por mounstruosas piscifactorías, pese ao rexeitamento contundente que amosou a sociedade nas localidades afectadas. A mesma sociedade cuios supostos intereses o conselleiro pon por diante das súas obrigas: Protexer o medio facendo cumprir a lexislación ambiental. O seu obxectivo, pola contra, parece ser baleirala de contido.

REDE GALICIA NON SE VENDE pide a dimisión do Conselleiro de Medio Ambiente.

apicultor dijo...

Debe, debe, ... Pero entón non sei por que veu en plan esixente cando el despois non cumpre. Pero en fin...

Anónimo dijo...

"sentadito me quedé"

apicultor dijo...

Esquecíame de que non falaba con trolls.

Ala, veña, con deus...

Anónimo dijo...

Que conste que XC non son eu. Moi amable por dedicarme as súas críticas, señor "apicultor", pero non debato con anónimos. Cando queira falar comigo teno doado, son fácil de localizar.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

É que o Apicultor cre que non é un anónimo, por eso está pedindo a todos os anónimos que se identifiquen, como se el ao identificarse como Apicultor, dera señas dunha identiade real. Una indetidade real é a de Marcos Valcarcel, ou Xosé Manuel González, o Apicultor quer situarse na mesma realidade, delira un pouco, o creese erradamente mais listo do que é.

apicultor dijo...

Faga o favor de deixar de dicir o que eu creo ou deixo de crer.

Entre outros motivos porque non acerta nin unha.

Anónimo dijo...

E vostede Apicultor pare de andar de policía do foro, pedíndolle a xente que se identifique.

apicultor dijo...

O único sentido que ten identificarse, non como persoa real senón con un nick, é que así non se xera confusión nin ruído á hora de debatir, pois saberíase quen é o interlocutor virtual.

Se vostede non o quere entender, debería facer un esforzo para comprender algo tan simple e de sentido común.

Claro que, ao mellor, algúns non queren debatir, tan só xerar confusión e ruído, que é onde se encontran máis cómodos. Daquela, o de trolls sería o termo acaído.

Anónimo dijo...

Este señor ten manía persecutoria cuns seres fantásticos, os trolls, a outros dáselle polos gnomos, as melusinas...
é que é tan dificil comprender, que o que non se identifica é porque non quere?, así que pare vostede xa de meter ruido.

apicultor dijo...

Xa lle dixen que fixera o favor de non andar dicindo o que eu creo ou deixo de crer.

E como maior motivo lle digo que deixe de dicir cales son ou deixan de ser as miñas manías ou teimas.

É quen nin acerta o número complementario!

arume dos piñeiros dijo...

Marcos Valcárcel e Xosé Manuel González son tan nicks como os outros. O que pasa é que os lectores tenden a identificalos con dúas persoas que teñen os mesmos nomes e que viven en Ourense e Lugo respectivamente. Pero non sempre, creo eu, coinciden. Ao menos, teño eu libertade de pensar así. Ou non?
Eu tamén entendo o Anónimo como o coro das traxedias gregas. Non está mal, pero poderá comprender o anónimo que resulta máis complicado seguir unha discusión con esa multiplicidade de voces. Máis que nada por eso. Pero obviamente calquera pode ser o que quere ser.

apicultor dijo...

Ah! Para o que dixo o de policía: esa calificativo resérveo para un familiar seu. Déixolle que elixa o grao de parentesco.

Troll dijo...

Pois neso estamos señor Arume, eu quero ser coro de pranto, perder a miña sigularidade no canto da vida que excede co fado as regularidades pretendidas, eu quero ser un troll que leve ao límite, a exasperación as normas das comedidas relacións sociais, quero situarme e situalos mais alá, onde o mundo se fai e se pronuncia diáfana a vida. Pero esto son cousas, como dirá o Apicultor, dun troll, así que estou un búsqueda e captura, en plena veda aberta abríndolles as feridas.

Leituga 1 dijo...

¡Qué literario!