21 feb. 2008


Eleccións e valores (2).
Pan por Pan xoves 21 febreiro (Imaxe: Gil Robles)

Cando se constituíu a CEDA de Gil Robles en Ourense na Segunda República, os congregados resumiron o seu programa no lema “Dios, Justicia, Familia, Trabajo y Propiedad”. Nesas cinco palabras están as claves de todos os partidos da órbita conservadora europea e os expertos en teoría política engaden outras como Xerarquía, a confianza na Tradición e unha concepción pesimista sobre a natureza do home e as consecuencias do Progreso. Supoño que na cerna do seu persoal sistema ideolóxico as persoas que se consideren de dereitas non estarán moi arredadas dun esquema coma este: de feito o Partido Popular leva meses mobilizando a poboación invocando os intereses da Igrexa católica (da súa xerarquía) ou bocexando un discurso catastrofista da política actual que reflicte esa escasa confianza no que representa o avance das ideas e das sensibilidades sociais.

16 comentarios:

XDC dijo...

Entón, os valores das esquerdas deben ser: ateísmo (ou libertade relixiosa?), inxustiza (?), desarraigo familiar (ou desenrolo persoal?), pereza( ou valoración do ocio?),precariedade (ou solidaridade?).

marcel swann dijo...

O irónico é que o sistema económico globalista (defendido a morte polo PP) é o que está a

- desestruturar a familia tradicional (pola "necesaria" mobilidade, polas "familias monoparentais", etc)

- crear "ateos" e secularizar costumes

- facer que valores tradicionais coma o traballo e o aforro estean sendo substituído por outros coma o consumismo ou a liberdade persoal por riba de ideoloxías.

Xaime dijo...

Certamente a xerarquía da Igrexa católica que sae nos medios e ten micrófonos a súa disposición ten pouco que ver, por exemplo, con un ourensán que é o cura párroco de Velle, chamado, Francisco Enriquez Pérez, que hoxe falou aquí en Lugo, nun ciclo de conferencias co título de Implantación da fe cristina en Galicia, que deu exemplo de compromiso ca terra e cos seus homes dende un punto historiográfico. Acabou falando de Risco e de Otero Pedrayo, por certo, e analizando a necesidade de misturar a terra e o rito.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Estimado amigo don Xaime:
O seu paisano, Modesto de Escanavada (Santiago de Xustás, Cospeito) está ben de saúde, de traballo e de amores.
O seu foi chegar e botar, chegar e encher... El e máis a súa linda Ryma, a bonita cowgirl - tártara de ollos achinesados.
Ouviu, Xaime, a vostede tamén lle gusta a encargada do MacDonalds??

Non sei, non sei.

Saúdos.

Xaime dijo...

Xaora que me gusta a vaqueira do Mc Donald`s, pero non a Ryma. Era unha cativa loira de unhes vinte anos que lles servía os cachibaches de colesterol os meus fillos na rúa Jaume I en Benidorm, diante da praia de poniente.
Eralle ben guapa, amigo Júlio, ben guapa.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Xaime: Créame vostede que o comprendo e que me solidarizo co que sente.

Levaba ortodoncia, a loura cowgirl benidormense?

mmmmmmmmmmm

Chegou vostede a quedar pasmado diante da neowalkiria?

Cumprimentos, amigo.

Xaime dijo...

D. Julio, téñolle que dicir que a miña jefa de vez en cuando troquelea por aquí e haille cousas inconfesables, pero bueno homm....., bueno, efectivamente quedei pasmado diante da vaqueira e non lle me lembro se tiña ortodoncia, desto xa fai anos, pero a vestimenta de traballo o mellor lles impide levar ortodoncia e tódalas ortos que vostede queira.
Boa fin de semán, recordos pro vecin de Xustás.
Dígalle que teño moi bos amigos na Feira do Monte, concretamente un abogado, Héctor Bello.

Xoan da Coba dijo...

Agora que vexo a foto do post, lembro a cantiga que cantaba un vello da aldea que combatira no bando republicano, do xa vos faléi: "Con la cara triste que tiene Gil Robles..."

XDC dijo...

VIDEO YOUTUBE.

marcos valcarcel dijo...

Graciñas, XDC, por colgar ese videwo de 10 minutos da película LA VIEJA MEMORIA, de Jaime Camino. Vina hai moitos e xa non lembraba esa entrevista con Gil Robles, a Pasionaria e os demais. Paga a pena botarlle un vistazo.
Por certo, algún de vostedes estivo na charla onte de Octavio Ruíz-Manjón sobre a República? Eu si, pero pareceume floxiña.

apicultor dijo...

Octavio Ruíz-Manjón nunca foi unha primeira espada.

marcos valcarcel dijo...

Resumo moi brevemente (supoño que Apicultor non estaba):
Ruíz-Manjón fixo simplemente un breve repaso (a conferencia foi curta) dalgúns dos estudos dos hispanistas dos 60 e 70 sobre a República. Pero, na miña opinión, sen tratar os temas fundamentais da interpretación deste período e sen apoiarse na producción historiográfica, abundante, dos últimos anos. Por iso me decepcionou un pouco. E o coloquio, breve, tampouco tivo moito zume. Puxo un power point de fondo con imaxes de líderes do momento (fotos todas moi coñecidas), pero que non tiña relación ningunha cos fíos por onde ía a súa charla.

Leituga 1 dijo...

A conferencia que vostede describe, señor Valcárcel, é o que adoita chamarse "un bolo".

apicultor dijo...

En efecto, ir de xira de conferencias chámase, por analoxía musical-verbeneira, ir de "bolos".

Pero hai bolos e bulos. Iso depende da calidade do conferenciante ou do cantante, termos que ás veces poden ser intercambiables.

marcel swann dijo...

Velaquí a resposta progresista á concepción pesimista do home que ten a dereita. É o buenismo:

Entrevista a César Antonio Molina:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=268703


Entrevistador: En`Dereita e esquerda´, Bobbio recolle unha cita de Claudio Magris na que este di que quizais "o home é malvado" pero hai que "axudalo con todos os recursos posibles, aínda cos máis prosaicos, incluídos a asistencia sanitaria e a pensión". Está de acordo?

CAM: Coñecín a Bobbio, e Claudio Magris é un dos meus grandes amigos, co que estiven moitas veces, xunto coa miña muller, na súa casa de Trieste. Magris foi durante unha lexislatura senador. Diría que algúns homes poden selo e debemos tratar de evitar, a través da razón, que o sexan. Na miña universidade, a Carlos III, o lema é: O home non é malo para o home, senón que o home é bo para o home. Cambiando o de Hobbes. E eu créoo.

marcos valcarcel dijo...

Acababa eu de ler esa cita en GALICIA HOXE e pensaba xa en colgala. Facilitoume vostede o labor, sr. Swan, graciñas.