29 feb 2008


PEPEROS ESCOZÍOS (Brincadeira. Vía Apicultor)

32 comentarios:

Anónimo dijo...

Falta la NIÑA de rajuiá.

Marcos Valcárcel López dijo...

XENIAL....! CON ESTA FASQUÍA SEGURO QUE GAÑABAN ALGÚNS VOTIÑOS, cando menos entre os nosos alumnos/as...

Anónimo dijo...

Non falta a nena: está, está.

Marcos Valcárcel López dijo...

moi perspicaz, Arume

Xaime dijo...

Pois eu non-a vexo. ¿Qué é o escozío da esquerda?.

Anónimo dijo...

Máis sorrisos, ao azar:

FURAR.

Furar.

FURAR.
FURAR.
FURAR.
FURAR.
FURAR.
Esta non ten que ver,pero fíxome graza.
FURAR.

Anónimo dijo...

JUAN JOSÉ MILLÁS

La niña

En el taller literario de los miércoles alguien propuso que comentáramos La niña de Rajoy para desentrañar si se trataba de un relato de humor o de terror, pues había quien al escucharlo se había tronchado de la risa y quien se había muerto de miedo. No hubo acuerdo. Tampoco fuimos capaces de valorar la influencia de la expresión desquiciada de Rajoy en los oyentes. El hecho de que lo leyera mirando con inquietud hacia los lados, como si le persiguieran, pero que salivara en exceso, como si le gustara que le persiguieran, no contribuyó a aclarar las cosas. Una de las participantes logró ponernos los pelos de punta al relatar que la noche del lunes había soñado que la niña de Rajoy, al hacerse mayor (y psicópata), se aparecía a la niña de Otegi (que había escrito un cuento idéntico, pero con una niña vasca), a la que susurraba en medio de la noche: "Tengo un título profesional cotizado, sé idiomas y pertenezco a una nación vieja". A lo que la niña de Otegi respondía con un baile regional andaluz, y no vasco, como cabría suponer, porque también se había vuelto loca.


Alguien propuso que nos centráramos en la construcción del personaje, pues causaba asombro que en tan sólo un minuto, y con la enumeración de apenas cuatro rasgos, el líder del PP hubiera construido una protagonista de tanto carácter. Tras estudiar el asunto, estuvimos de acuerdo en que la niña, pese a tener todo lo que su creador había imaginado para ella (casa, familia, orgullo español, etcétera), era profundamente desdichada, otra contradicción enormemente eficaz desde el punto de vista narrativo. El miércoles próximo estudiaremos el porqué de su infelicidad, que en principio podría deberse al consumo de fármacos, al hecho de que sus padres cenen los viernes con Zaplana, a que sean del Opus o a la combinación diabólica de todas esas posibilidades.

Anónimo dijo...

Acabo de ver por internet, a través de elperiodico.com, un debate electoral en TV3. Nada que ver co que vimos en TVE-1 ou en TVG. Un moderador excelente e benhumorado -un tal Cuní, Marcel Swann debe saber- e uns contertulios que xamais perdían o sorriso e as boas maneiras, nin sequera cando os interrumpían.
Estaban Carme Chacon, Duran i Lleida, Joan Ridao, Dolors Nadal e Joan Herrera. Este último pareceume o máis frouxo, un pouco naif e repetitivo. Ridao é un tipo dialecticamente potente, con corbata de Armani (isto dígoo para Arume) e cunha presencia magnífica. De Duran i Lleida que queren que lles diga. E o mesmo Carme Chacón. A que menos coñecía e a que máis me sorprendeu foi Dolors Nadal, que se defendeu como gato panza arriba, e non o fixo nada mal, dos ataques procedentes da Chacón, sobre todo, e tamén de Herrera. Falaron todos de todo: de economía, de infraestruturas, de políticas sociais, do ensino, da lingua, de retos de futuro e das relacións Cataluña-España.
Pero o que máis me gustou foi o ambiente: relaxado, para estarmos nunha durísima campaña electoral, educado e informal ao tempo, con doses de humor respetuoso e tolerancia mutua entre os candidatos, sen os corsés temporais impostos nos outros debates, pero cun moderador respetado que finalmente repartiu os minutos equitativamente.

Hai que catalanizar España, Galicia incluída.

Anónimo dijo...

Eu tamén remato de ver un bo cacho do debate catalán a través dos novos servizos televisivos de R. E confirmo a impresión de Leituga punto por punto.

En comparanza, os tres tenores nosos son uns chaíñas. Esa é a verdade, aínda que "doa" (poñámonos un pouco dramáticos).

Anónimo dijo...

Sí, é certo, como todo o que di, o señor Leituga One, de quen tanto aprendo. Grazas, señor.

Hai que catalanizar e descastelanizar o noso país.

E penso que os cataláns e os vascos son odiados porque o único sitio del Reino de España onde o que traballa come, é Catalunya e Euskadi. E esta ecuación repugna a alianza lati-minifundio que goberna espiritual e materialmente o estado desde 1714, e que fai imposíbel esta ecuación no resto do estado.

Espero non parecer demasiado panfletario, pero é o que penso sinceramente.

E alén diso, cada vez que falan aquí os señores Leituga One e Apicultor, mostran luz a final do túnel.

Grazas, señores.

Anónimo dijo...

Eu creo que había que facer unha destas dúas tres:

a) Promover a independencia da actual comunidade autónoma de Madrid baixo o nome de "España", e que o resto siguese federal ou autonómicamente co nome de "O'Resto".

b) Se isto non se ve moi factible, situar os servizos centrais administrativos inherentes á capital de España nun inmenso barco -tal que un petroleiro reciclado- e que se movese, de porto en porto cada ano. Así, Barcelona, Valencia, Málaga, Sevilla, Vigo, Coruña, Xixón, Santander, Bilbao, serían capitais de España cando lles cadrase.

c) Se ningunha destas cousas se ve moi fácil, tamén se pode deixar todo como está e intentar cambiar a mentalidade do español monolingüe, pero non sei cal das tres cousas é máis fácil.

Anónimo dijo...

Moito terían que aprender os nosos cosanguíneos do debate "a la catalana" que botaron onte en TV3.

- O debate é moito máis áxil, sen as continuas interrupcións, "pactadas" con anterioridade, do xornalista dicindo "Ben, acabóuselle o truno, sr Touriño". Ou "vaia rematando, sr Quintana".

- Saben falar (non coma Touriño), non berran (coma Feijoo), non repiten obviedades escolares (coma Quintana) e dirínxense aos telespectadores nunha linguaxe comprensible.

- No debate céntranse no que lles interesa aos cataláns, é dicir, no traballo que van desenrolar os seus partidos no Parlamento español.

- Os nachos dos partidos que co-gobernan Cataluña co PSOE (Iniciativa, Esquerra) non se dedican a defender a súa xestión no goberno autónomo, senón que inciden nos aspectos que o goberno español tería que mellorar en Cataluña.

Habería que catalanizar Galicia? En certos aspectos si. Noutros... deixámolo para outra ocasión.

Anónimo dijo...

Que tal meter a Portugal no choio? Dámoslle un aquel entre modesto e barroco á nova españolidade. O compoñente atlántico cobra un peso reequilibrador. Os libros da Gulbenkian -tan baratiños- chegan con máis facilidade. Definitivamente, o fado entra nos circuítos correntes; a xente do común empeza a coñecer a Rui Veloso.

Non sei se o Madrid simbólico podería soportalo. Pero pódese manter a hipótese do barco.

Anónimo dijo...

Don Etxe: O punto C) do seu comentario é o máis importante é absolutamente imposíbel.

"Oiga, buen hombre, donde se puede comer aquí bien... Y barato"

Sobre todo en Madrid. Alí se come bien y barato.


"Lo importante es entendernos todos"

Sobre todo, y sobre todas las cosas, entendernos en castellano.

Ah, non sei por que non se pode ter a nacionalidade galega e a cidadanía española (mellor europea)

Saúdos.

Anónimo dijo...

Nunha conversa que escoitei onte nunha "tafona" (panaderías, que lles dicían antes, ou padarías) dous currantes barceloninos parolaban... de Lugo. Das murallas, moi bonitas. Das praias de Lugo. "Fíjate, yo no sabía que Lugo tenía playas... nada que ver con las de aquí... mucho mejores... Pues ya ves, vi un piso anunciado cerca del centro por quince millones... nos fuimos a Lugo una semana y decidimos quedarnos tres..."

Anónimo dijo...

Eu creo que resulta incomparable o noso mundo co catalán. Sen irmos demasiado lonxe por cuestión de cantidade: eles son catro veces máis ca nós e teñen unha cidade (digo cosmopolita porque sei que o palabro aínda doe por estes lares) que é a envexa de toda Europa e do mundo enteiro. Para abrir boca.
E despois, teñen varios partidos que representan millor a diversidade e complexidade dunha sociedade calquera. Tamén por non irmos demasiado lonxe nas diferencias e non entrar en valoracións sobre as corbatas, ternos e demáis (non vaian pensar que en Barcelona todo é design: pero a barbiña rebarbadiña de Ridao dalle un toque torinés).
E despois teñen debates políticos permanentes. Hai un programa polas noites, presentado por unha xornalista moi seria pero efectiva, que funciona como resume da xornada, ao que acuden os protagonistas da política diaria. E por aí pasan todos máis axiña ou tarde.
Por respeto ao amigo Marcel Swann, ao que lle gustaría vivir aquí, non me permitirei dicir que eu iría agora mesmo vivir a Barcelona. Se tiver unha casa en Foz (cousa totalmente imposible) xa a estaba a cambiar por un rocho na rúa Balmes.

Anónimo dijo...

En todos lados cocen fabas.Sobre debates Catalans ver:
www.elperiodico.com :Debate nulo

Anónimo dijo...

Eu, coma no tute, "arrenuncio" a falar deste tema. Quédese con esta frase: "No es oro todo lo que reluce".

Anónimo dijo...

Moi boa a crónica (coma sempre) do blog de Galpón de Breogán.

A Pantasma do GdeB

Este pasado mércores 27 de Febreiro, puidemos ver por primeira vez os líderes das 3 forzas políticas maioritarias de Galicia nun debate. Cun plató feito para ocasión (non como Fraga e Presedo que parecía que fixeran o debate no cuarto das basoiras da Telegaita) no claustro dun convento desos que hai en Santiago, e que non sei como se chama porque sempre que estou ahí é de noite. E no que os nosos líderes parecían máis ben que ían a participar nun concurso máis que nun debate, que conducía o outrora ”muso fubolístico” da TVG Alfonso Hermida:




PRESENTACIÓN (Touri e Feijóo mirandose fíxamente, Quin como Forrest Gump esperando na parada do bus).

Hermida: Hoxe encheme de satisfacción e así o expresa a miña cara, presentar este debate histórico como non se vira dende o xuício a Xesucristo no Sanedrín, ou cando Xulio César cruzara o Rubicón.

Touri: Gustaríame saudar as familias víctimas da violencia de xénero, inda que sei que non me está a ver ningunha, pero sempre está ben para seguir contando co voto das mulleres que están máis fortes, e máis “rebustas” que fai 4 anos en Galicia.

Quin: Por fin vou sair na TVG e me vai ver alguén ! Eu tamén quero sacar votos entre as mulleres, e teño decir que se o BNG é decisivo en “Madrí ” enseñaremos a España enteira a tratar as mulleres como se merece.

Feijóo: Eu tamén quero saudalas familias nestes duros momentos, tamén a familia do garda civil morto no noso mar…pero tamén as nenas afectadas polo aceite de colza, as nenas víctimas da catástrofe de Chernovil, as nenas falecidas no Apolo XIII…

ECONOMÍA

Touri: Galicia vai de “puta madre” gracias a que gobernamos os socialistas, inda que recoñezo que hai unha crisis mundial, pero eso é tamén porque non goberno o Mundo. Quen ides traer para amañar o tema Sr. Feijóo: Aaaa…Pizarro ! Eseeeee… Que se levou todo o que puido de Endesa ?

Feijóo: Eso non é Sr. Touriño e sabeo, o primeiro pra amañar un problema e recoñecer que existe: Os datos din que o ano pasado pecharon mil empresas, a xente pide créditos pra mercar leite en Galicia e hipotecou por segunda vez a casa do can…

Quin: Pois eu xa que non me facedes caso non vos vou a facer caso a ningún dos dous…Ala ! Eso é o que deberían de facer tódolos galegos, e ter enconta que o BNG é único que defenderá o benestar de todos nós…e non ten que ver con que eu sexa o conselleiro do ramo.

INFRAESTRUCTURAS

Feijóo: Vostedes Sr. Touriño non cumpliron o Plan Galicia, que estiveramos facendo eu e Fraga toda unha tarde con tanto cariño. Ademáis teño aquí unha serie de fotocopias da Voz que me fixo a secretaria, que din que vostede minte señor Touriño, dixo que o AVE chegaría no 2007 e chegará a este ritmo pra o enterro de Fraga.

Touriño: Voulle ensinar un gráfico molon… mire, mire o PP azul e o PSOE o bermello ! Esta moi claro que cadrados son os máis grandes, ó certo é que nos invertimos máis en catro anos nas impresoras da Xunta que vostedes en 15: Que cores ! Que resolución !

Quin: O certo é que o ser o BNG decisivo en “Madri” conseguimos o 8% da inversión do Estado, e eso é certo porque teño aquí unha foto de como amarro a ZP polo pescozo e se ve claro que empeza a respirar con dificultade.

ESTATUTO

Feijóo (Xa máis despeinado en actitude chuleta): Vamos a ver todo mundo sabe que a culpa de que non haxa Estatuto é do Sr. Touriño, porque eu xa fora a libreria encuadernalo… que teño aquí a factura que me dixera que a pagábamos os dous, e que a fin paguei eu. Cando voltei xa cambiara de opinión e España xa non era unha nación.

Touriño: Mire Sr. Feijóo non vaia de chuleta porque eu estou careco e levo tupé, todos sabíamos que vostede estaba dacordo en facer un Estatuto como o de Cataluña e está Quin de testigo. O que pasa é que Rajoy mandouche o móvil as fotos das testas de Piqué e Matas pinchadas nun pau cando fuches a libreria.

Quin: Eso ! E o peor de todo que me deixaches quedar mal cos meus amigos de Ciu e PNV, esta claro que xa non sabedes facer o polvo e as empanadas como na época de Don Manuel e non ides a ningunha parte Sr. Feijóo.

POLÍTICA SOCIAL

Quin: Eu penso que a Galiza lle fai falla obter o 10% do fondo destinado as políticas de dependencia e benestar dos nosos maiores, polas singularidades propias de Galiza e porque a política anterior do PP nese ámbito eran unha bosta ben grande Sr. Feijóo.

Touri: A nena que vai a escola en Galicia ten transporte público, ten unha praza no comedor, poderá estudiar idiomas en Inglaterra, terá duas carreiras…inda que logo marche a traballar de policía Alxeciras. Que fixo o PP polas nenas todos estes anos Sr.Feijóo ?

Feijóo (Para sí mesmo: Quen me mandaría a min aceptar este debate co tema este o final ): Ben é…(moi rápido)nosfixemosmoitospostosdetraballovievendasbenestar…e fun a boda dun paisano que era gay e do PP Señores.

Anónimo dijo...

Patada ao dicionario e á gramática:
Tomado de
http://www.casdeiro.info/patada/?p=339

A lingua galega, a perdedora do debate na TVG
Administrador posted in Galego inventado on Febrero 28th, 2008

E se non, atentos á miña escolma (como nas películas, en orde de aparición):

Touriño:
- esforzo invisor
- fai tempo que / fai catro anos
- dice usté
- ustede
- ahora
- subida
- ciudadano
- peces
- calquer
- aztivar
- sin
- y
- bueno
- tan siqueira
- quin (por quen)
- población
- si (por se)
- ochenteún
- quinientos
- diztada
- queramos
- podría
- Cenicienta
- bienestar
- Innumerables pronomes mal colocados con respecto ao verbo: p.ex. Lle falo…

Quintana:
- eu viñen
- a partires de agora
- que vamos a facer
- eiquí / aiquí
- querrá
- calquer
- a labor
- salga
- paztamos
- para que mantéñase (hipercorrección na colocación do pronome)
- enseñar
- hasta
- si (por se)
- pudera
- quiso
- eu lle pregunto
- sólo
- diputados
- xa non cola
- sea
- aínda encima
- fai tempo que
- eso
- quinientas
- en un
- Pronomes mal colocados con respecto ao verbo: p.ex. O fai porque…

Feixó:
- desplome (se plomo é chumbo… desplomar non estará admitido, ou? Non ollei aínda o dicionario)
- subida
- inflación subiu de forma exponencial (isto é unha patada matemática en toda regra!)
- caiu
- eiquí
- a leite
- crisis
- plantexa
- a partires de aí
- sin
- si (por se)
- dicen
- quinientos
- esté
- un peaxe
- vai a decir
- habíamos quedao (!!)
- o 70% dos españois se sinten tan españois como galegos (iso é política-fición!!!!!! o mundo ao revés! contaminación procedente das zonas de América onde chaman gallegos a todos os españois?!)
- ustede
- carai
- fai 2 ou 3 anos
- libertá
- disminuíndo
- vamos a facer
- Pronomes tamén mal colocados: p.ex. Iso o decía…

Erros comúns aos 3: graves castelanismos léxicos e gramaticais, colocación desacertada da maioría dos pronomes que se colocan diferente do castelán (os 3 case por igual), curiosa coincidencia no quinientos e no si en troques de se (condicional)… Só se salvaba a fonética de Quintana. E curioso o eghqueísmo de Touriño (pronuncia de h aspirada en troques de s ao final das palabras seguidas doutra consonante, como seica fan nalgunha zona da Barbanza e da Costa da Morte).

Anónimo dijo...

Eu estou encantado de vivir en Vigo (quizáis non podería vivir agora mesmo noutra cidade), pero como fórmula para alabar aquel país ou aquela cidade digo sempre que me iría a vivir alí ipso facto. Pásame con certas partes de Italia (a pesar das miñas profundas reservas sobre a eficiencia dese país), con Nova Iorque (a pesar dos pesares) ou con Londres. Con Barcelona, aínda máis. E entendo, amigo Marcel, que vivindo alí vexa vostede os inconvenientes de xeito permanente e non entenda a miña expresión. Por eso lle pedín comprensión sobre o meu parecer. Un saúdo e dealle recordos aos vellos de Canaletes. Hoxe gañamos no Manzanares, malgré Xaime.

Anónimo dijo...

http://www.sosgroba.blogspot.com/
Perdón pola intromisión. Ista é a dirección dun novo Blog no que pretendemos se fale e se vexa a desfeita que un parque eólico, promovido por Eurovento, quere facer na Serra da Groba.
Os visitantes das uvas entenderán ista intromisión e, espero, nos visiten.
Graciñas

Anónimo dijo...

Visitarei ese blog, señor Anónimo da Groba. Se cadra ata vou pola Groba a ver como anda aquelo, que non me queda lonxe.

O post de Swann, con todos eses erros, paréceme ben. Unicamente quero dicirlle que non debería considerarse un erro o uso de "eiquí" por parte de Quintana e Feijóo. É un entrañable dialectalismo ourensán (e xa ourensán-vigués) que eu tamén uso con frecuencia na fala e, ás veces, mesmo na escrita

Anónimo dijo...

Un certo perfil dialectal confírelle ao gelago falado gusto especial, se acaso comparable ao dos políticos andaluces en castelán. O eiquí propio do galego da área lucu-auriense (Ourense, Chantada, Monforte...) do bloque central, e que adoitan utilizar tanto Feijoo coma Quintana, por outra banda, ten importante tradición no galego escrito nas décadas centrais do século pasado.

É certo que me gusta moito escoitalo, porque me lembra a miña madriña. É certo que ao galego lle falta moita estandarización, e os políticos debían esforzarse en dar e supor exemplo. Pero máis ben habería que incidir na erradicación do castelanismo -léxico, gramatical...- e o vulgarismo.

Vexa ou intúa, Arume, o que ao mellor quería dicir o Paco Fernández Rei con sabor popular. Algunha cor e corpo, por veces, pode vir co dialectalismo.

Anónimo dijo...

Este pequeno exemplo do eiquí é perfecto. Entre o purismo estandarizante e a sensación que proclaman tantos de que o galego que escoitan na prensa, radio ou televisión non é o que escoitaron na súa vida, hai infinidade de posibilidades. Creo que falta (e faltou, sobre todo) pedagoxía (vou dicir filolóxica) sobre estas questioni della lingua.
Haberá sabor popular no eiquí, como para algúns haberá vulgarismo denostable (como se ve). A lingua non é unha, afortunadamente. Haberá que preguntar a Paco que seica le estas páxinas (e se non as le, non está aggiornato) que entende el por sabor popular. Paco, desde eiquí ou aquí, escríbenos (aínda que sexa por vía interposta): que é o Sabor Popular? (Teño que confesar que cando o leo saeme ritmo de samba).

[Sobre estas cuestións sempre me acorda aquel precioso pasaxe do antepasado de Saavedra, do Rinconete y Cortadillo: "Al un lado estaba un banco de tres pies y al otro un cántaro desbocado, con un jarrillo encima, no menos falto que el cántaro; a otra parte estaba una estera de enea, y en el medio, un tiesto, que en Sevilla llaman maceta, de albahaca". Tiesto ou maceta, that's the cuestion.]

Anónimo dijo...

É bastante habitual que nas clases orais eu utilice o millós ou canciós da miña fala corrente. En tertulias de TV -nalgunha teño estado- supoño que igualmente; que lles hei dicir sobre un debate político, de aló ir.

Anónimo dijo...

Podían convidarnos a eses debates: mal non o iamos facer e creo, ademáis, que os canapiés de antes e os yintonis de despois son boísimos. E inda lle podiamos dar un sabor popular ao choio.

Anónimo dijo...

Eu propoño que vaian vostedes de comentaristas. Desde logo que peor que o RBV, o RV, o PA ou o XMP non o ían facer peor.

Eu, claro, a oír e aprender, xaora.

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

O malo é termos que aguantar o debate previo. O impresionante sería falarmos sen telo visto: non creo que se notara. Podían facer un debate máis atractivo se debatimos nós antes e despois comentan Pérez, Núñez e Quintana.

Anónimo dijo...

A miña nai sempre di: "Que ben fala o gal(l)ego o Beiras", e para exemplificalo sempre se refire, entre outros, a seu uso do adverbio "eiquí".
Como ben poden comprobar, estas cousas sonlles moi subxectivas.

Anónimo dijo...

Hoxe mentres xantaba, escoitei na tele a D. José Blanco nun mitin no seu pobo: Palas, alomenos eso dixeron.Chocoume que o fixese en castelán, máis debín ser a única, a maioría da xente non lle prestou tino e os que o facían tampouco notei que comentasen nada ó respecto.

Anónimo dijo...

Por suposto, cando digo a maioría da xente, refírome ós que, naquel momento, estábamos no comedor.