4 feb 2008


TEMPO DE CRER OU DE CONVENCER?

La Región 4.2.08. Imaxe: Estudo sobre o papa Inocencio X de Velázquez, de BACON.

“Tiempo de creer”. Así é como reza, e nunca mellor dito, o lema do PSOE nesta precampaña electoral. Ese era o eslogan que estaba en todas as pancartas do Pavillón dos Remedios o pasado venres, no mitin de Zapatero. Por certo, todas as pancartas en castelán. Aínda que os tres primeiros oradores falaron en galego, todo hai que dicilo. Mal galego, pero isto é xa un mal endémico no eido da política. Seica hai un ruxe ruxe sobre este lema preelectoral socialista: dende logo non semella un eslogan moi laico e co que está chovendo (no antroido e nos púlpitos) deberon molestarse en buscar unha linguaxe menos relixiosa.
Hai que supoñer que as campañas electorais son para convencer ós votantes: do xa realizado, do que se pode facer, do que non fixeron os outros, etc. E un despois vota (ou non) máis ou menos convencido das propostas de cadaquén. Pero non, agora queren pedirnos un pouco máis: ademais do voto, temos que crer. Crer que ese voto é a mellor alternativa, quizais. Crer que o candidato que o pide é honesto e serio. Ou crer, tamén, que se van gañar as eleccións. Quizais sexa unha consigna pensada para a militancia e os simpatizantes: así se entende todo. Velaí o entusiasmo do Pavillón dos Remedios a rebordar arredor do seu líder: os asistentes dispostos a crer calquera cousa.
(artigo completo en COMENTARIOS)

6 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

TEMPO DE CRER OU DE CONVENCER?
Opinión La Región 4.2.08 Marcos Valcárcel
“Tiempo de creer”. Así é como reza, e nunca mellor dito, o lema do PSOE nesta precampaña electoral. Ese era o eslogan que estaba en todas as pancartas do Pavillón dos Remedios o pasado venres, no mitin de Zapatero. Por certo, todas as pancartas en castelán. Aínda que os tres primeiros oradores falaron en galego, todo hai que dicilo. Mal galego, pero isto é xa un mal endémico no eido da política. Seica hai un ruxe ruxe sobre este lema preelectoral socialista: dende logo non semella un eslogan moi laico e co que está chovendo (no antroido e nos púlpitos) deberon molestarse en buscar unha linguaxe menos relixiosa.
Hai que supoñer que as campañas electorais son para convencer ós votantes: do xa realizado, do que se pode facer, do que non fixeron os outros, etc. E un despois vota (ou non) máis ou menos convencido das propostas de cadaquén. Pero non, agora queren pedirnos un pouco máis: ademais do voto, temos que crer. Crer que ese voto é a mellor alternativa, quizais. Crer que o candidato que o pide é honesto e serio. Ou crer, tamén, que se van gañar as eleccións. Quizais sexa unha consigna pensada para a militancia e os simpatizantes: así se entende todo. Velaí o entusiasmo do Pavillón dos Remedios a rebordar arredor do seu líder: os asistentes dispostos a crer calquera cousa.
Esquecemento. Zapatero estivo ben, moi ben. Insistiu nos valores sociais que defende o seu partido, nos dereitos democráticos, nos límites da opinión moral da Igrexa (atinada a denuncia contra os bispos por recorrer ó argumento do terrorismo para criticar ó goberno). Zapatero estivo ben, pero iso evidenciou a febleza dos tres discursos anteriores, incluído o do mesmo presidente da Xunta: pouco contido e pouco estilo. Quizais o máis interesante foi a reivindicación por parte de Elena Espinosa das súas orixes humildes: de novo os valores sociais que marcan a personalidade dos socialistas como conxunto. Bastaba mirar as gradas para comprobar o perfil ben popular do auditorio. Lamentei un esquecemento: ninguén destacou o traballo levado a cabo polo actual deputado socialista, Alberto Fidalgo, creo que só citado de pasada por Elena Espinosa, a quen cedeu o seu posto para acompañar á ministra nun digno segundo (posible) escano. Escasa cortesía do partido para quen o representou nestes anos: tamén se citou ó alcalde de Vigo ou ó ministro de Cultura, tamén presentes, pero Alberto Fidalgo merecía unha mención máis destacada, por parte do propio Zapatero.
Abstención. Xa saben que tradicionalmente son os anarquistas ou grupos moi radicais os que propugnan a abstención. Pois ben, nestas teñen un forte aliado, inaudito: a xerarquía eclesiástica. Porque os bispos non piden o voto para o PP, como se ten dito, en absoluto. En realidade, piden a abstención. Lean con atención o decálogo de recomendacións da Igrexa: de obedecelo non se pode votar os socialistas nin os nacionalistas. Pero tampouco ó PP. Porque, cando puido, non derrogou a lei de divorcio nin a do aborto. Nin o fará se gaña as eleccións. O voto coherente co mandado bispal é non votar.

Anónimo dijo...

Entrevista completa a Alfonso Álvarez Cáccamo en
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=260417


"Cal é a Galiza que agardas?

O que máis me doe, por enriba de calquera arela política dunha Galiza dona de si mesma, é a perda do idioma. Eu, malia que haxa agora unha corrente de optimismo verbo da recuperación do idioma, son moi pesimista. Se as cousas seguen así, a desaparición do idioma galego chegará antes que os efectos do cambio climático. As porcentaxes de nenos criados e educados en galego que manteñan na adolescencia a lingua materna é decepcionante, sobrecolledora. Semella que o galego é unha lingua para determinados momentos. O incumprimento da pobre Lei de Normalización Lingüística é lamentábel e o papel de certos grupos de profesionais do ensino que propugnan a igualdade de ambas as linguas, incluso con recollida de sinaturas, é dun cinismo tan burdo que dá noxo. É incríbel que sexan xentes ás que se lles supón un alto nivel cultural e que deixen que enfraqueza e morra, con esas actitudes reaccionarias, un tesouro cultural de tan trascendental importancia como é unha lingua. Vivimos nunha sociedade que non logrou superar o autoodio. Antes dábame carraxe, agora só podo sentir vergoña. E os primeiros que dan mal exemplo son os políticos que, parece ser, non teñen tempo de estudar (outros só repasar) o galego e non obstante son capaces de largar parrafadas en inglés se fai falla. As xergas Touriñesa e Feixoense son un insulto ao idioma. A fala Quintaniá é a que máis se semella ao galego. "

Anónimo dijo...

Moi orixinal non é que digamos.

Anónimo dijo...

Ás opinións de Cáccamo sobre o galego, referiame.

Anónimo dijo...

El PSOE multieslogan
El partido en el Gobierno presenta su campaña electoral en Ferraz.- Huye del eslogan único más tradicional
ELPAIS.com 04/02/2008

"Ahora que avanzamos, por qué retroceder". Este es sólo uno de los lemas -el más directo en referencia a la oposición del PP- que va a utilizar el PSOE durante la campaña que empieza el próximo 22 de febrero de cara a la cita electoral del 9-M. El secretario de Organización de los socialistas, José Blanco, ha presentado hoy desde la sede de la formación en la calle Ferraz (Madrid) los pilares que van a llevar el programa electoral a toda España.

¿Crees que la campaña del PSOE con varios eslóganes será más efectiva?
ENCUESTA - 233 - Resultados
Sí, es menos convencional y más cercano
No, el electorado prefiere un formato más tradicional

Con el epígrafe común "Motivos para creer", la campaña del PSOE ha optado ahora por multiplicar su eslogán para, según fuentes socialistas, "huir del formato tradicional, mucho más institucional, y transmitir un mensaje de frescura y cercanía al ciudadano".

"Somos más", "no es lo mismo", "Por todo lo que merece la pena", "soñar con los pies en la tierra" o "por el pleno empleo" son algunas de las frases con las que el PSOE va a lanzar su campaña ante el 9-M. Frases que se unen a la "mirada positiva" con la que se aprobó la candidatura de José Luis Rodríguez Zapatero. Y se une al "No seas él" con el que el equipo audiovisual de los socialistas tituló la pasada semana el último vídeo de precampaña en el que hacía referencia al "catastrofismo" del PP.

Ese "él" pretendía sugerir a Mariano Rajoy, líder de la oposición al que ha hecho referencia Blanco en la presentación de la campaña para acusarle de transmitir "objetivos para temer", y decir del PP que supone "la involución hacia el integrismo radical".

Los carteles como toda la campaña, que llegará a los ciudadanos a través de vallas, cabinas, banderolas, anuncios en prensa, etc., son obra del Comité Electoral con la asesoría de la agencia de creatividad Sra. Rushmore.

Anónimo dijo...

Ao electorado, polo que se ve, tráelle sin cuidado cal é o dirixente "que lle convén". Como ás rapazas novas, que non queren ó mozo "quenlle convén" senon ó que é quen de emocionalas coa súa labia. Un "enamoramento", irracional por tanto, en toda regla.