3 feb 2008

Y Lamela Esquiando (Pilar Rahola, en La Vanguardia)
artigo completo

Un médico que ejerce su profesión con rigor, en situaciones de esta naturaleza, me explicaba que, gracias a este escándalo, la confianza en las terapias del dolor podían retroceder años. Hablamos de personas que sufren lo indecible, en situación terminal. Hablamos de la angustia de sus familiares, que luchan por paliar su agonía. Hablamos de médicos que facilitan esos momentos extremadamente crueles. Hablamos de medicina en estado puro. Y, a todo ello, se le echó toneladas de pura mierda política. Y perdonen la dureza del término, pero en este caso, ¿conocen expresión mejor? Lo peor es que, después de la sentencia exculpatoria, los medios afines al PP han continuado mezclando religión, medicina y sanidad, como si estuviéramos ante una especie de eutanasia generalizada. El objetivo final de este poti-poti perverso, es mantener alargada la sombra de la sospecha. En este sentido, sólo cabía oír al actual consejero de Sanidad,Juan José Güemes, en la entrevista que le hizo Julia Otero en Onda Cero, y observar cómo se juega a la ambigüedad para continuar inculpando. Ha sido una vergüenza mayúscula, una irresponsabilidad política inimaginable y ha sido una maldad para con los enfermos terminales. Que durante todos estos días Lamela esté felizmente esquiando en Baqueira no aporta vergüenza al escándalo. Sólo nos da más información sobre la categoría moral del personaje.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu escoitei a Jiménez Losantos chamarlle literalmente asasinos, psicópatas, nazis, etc., aos médicos vilmente vilipendiados. Chamarlles de todo. E vai quedar de rositas, como tantas outras veces.

E o peor de todo é que o caso implicou un retroceso nos coidados paliativos dos doentes terminais nos hospitais públicos.

Anónimo dijo...

Dando no cravo, coma case sempre, Pilar Rahola.Estou esperando, agora que a Audiencia P de Madrid ordenou suprimir toda referencia a mala praxis médica no Severo Ochoa, coñecer as medidas que se toman para restituir a honra e o prestixio profesional ós afectados, e quen asume as pertinentes responsabilidades,que hai máis de un e unha que terán algo que decir, ou vai ser como di o Sr Apicultor que "han quedar de rositas"? . E o tal Lamela, entre subida e baixada de pista ratificándose e manifestando que "lo volvería hacer exactamente igual" . Despois falan de inmoralidades.

Anónimo dijo...

A min pásame como co Prestige... non me molestou o accidente, case inevitable, pero si a mentira e o erre que erre posterior.
Podíaselle supor boa intención ao cabrón que infamou a eses médicos daquela, cando a denuncia. Pero que despois da sentenza, teimen en que farían o mesmo, debería ser perseguido de oficio. Ou sexa, a sabendas, faría o contrario do que din que é verdade os xuíces. Unha desobediencia retroactiva. Uns cabróns que se enchen a boca coa palabra vida... despois de dificultala.

Anónimo dijo...

Teñan calma e non fervan en pouca auga. Os que saben si houbo ou non mala praxis, serán os médicos digo eu. Tanto os peritos do Colexio de Médicos como os nomeados polo tribunal, estiveron de acordo en que houbo casos de mala praxis. Haberá entón como mínimo, que ler a sentencia para saber como a Audiencia chega as súas conclusións a pesar dos informes en contra dos peritos. E se falamos de politización, lembren que un dos membros dese tribunal é Manuela Carmena que nunca negou as súas simpatías políticas. O dito: calma que as cousas nunca son brancas ou negras

Xaime dijo...

Sin punto de comparación, a na liña que manten o Anónimo anterior, nun caso de asasinato na que o procesado sae absolto, non significa que non houbera morte, non, so que non está probado que fose o acusado o que matou, aínda que haxa un 99% de incidios que así o indiquen.
No caso de marras a sentencia e absolutoria por que a pesares das pericias dos técnicos e dos informes médicos achegados non se poido probar a relación entre a morte e a praxis médica. Engade o fallo que sin unha autopsia que verificara a orixe do falecemento non se pode condenar, xa que desta maneira se invertiría a presunción de inocencia dos médicos acusados.
No tocante o que dí o Apicultor sobor de Jimenez Losantos, non sei o que farán os agora absoltos pero xa na instrucción do procedimento, nada máis que para reforzar a liña política de Esperanza Aguirre fixo unha auténtica cacería dos médicos, e os alulidos deberan darlle un escarmento, pero dame que cando se trata de profesionais o que queren e que se esquenzan as cousas o máis rápido posible e a Dios muy buenas.

Anónimo dijo...

Que medo me dá Esperanza Aguirre! (suponse que esta señora será a sucesora de Rajoy se as cousas lle van mal ao PP nas elecións)

Recordo a campaña anti-PP (e pro-PSOE) que lle fixeron a "Espe" naquel "Caiga quien caiga", facéndoa pasar pouco menos que como ignorante. Hai que ver como nos enganan os medios...

Anónimo dijo...

Sr.Anónimo: Postos por D.Xaime, como eu nunca sabería facer, os pontos sobre os is deste farragoso asunto, só me queda facerlle tres pequeniñas matizacións.
A primeira que, como vivo nun estado de dereito, creo e respecto ás súas institucións e asumo as decisións que tomen. Polo tanto, e de non mediar outro interese, non preciso ler toda unha sentencia para acatala, abóndame coa resolución final.
A segunda vai para o Colexio Médico Madrileño que mantivo sempre unha postura ambigua, e a presidenta do mesmo D.Juliana Fariña ,nun principio a favor dos médicos afectados, axiña nadou contra corrente ,atrapada, e meu parecer, en algo non que non desexaba estar e sen posibilidades de saír.
A terceira para vostede, craro que hai situacións onde as cosas son brancas ou negras, sen máis!. Compre para comprobalo, asistir a loita desgarradora que tantos/as manten antes do trance definitivo. Nestes casos non hai cor gris que valia ou se lle tende unha man ou non.
E deixo, meu señor, que me está babuxando a pota por cocer con tanta auga.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo con Doniña. Hai casos que, por desgraza, só poen ser brancos ou negros.

Velaí o caso de sufrir ou non sufrir na agonía. A cor póñalla vostede, Anónimo Primeiro.

Anónimo dijo...

Coitado anónimo primeiro cociñado por tantos fervores. Dende lonxe non é doado contar con datos certos. Nos finais da vida non hai porqué demorar o remate do sufrimento (si iso foi o que se fixo en Leganés que non está claro)pero supoñendo que fora así ou algo semellante: ¿firmaron, solicitaron ou foron informados os pacientes ou as súas familias do tratamento ( non me atrevo por descoñecimento a entrecomiñalo) que se ía empregar?
Ons

Anónimo dijo...

Lin que Luis Montes vaise querelar, se non o fixo xa, contra Jiménez Losantos e os seus calumniadores. Pídelles 300.000 euros. Paréceme pouco. En "Público" apareceu hai pouco un amplo informe sobre este caso, con transcripcións textuais do que dixeron personaxes como Losantos, Cristina López, Amando de Miguel, Gabriel Albiac, Pedro J. Ramírez e demais tertulianos espiscopais. Un auténtico linchamento, sen paliativos (nunca mellor dito).