18 feb. 2008

Violencia e democracia, de Salvador García-Bodaño (ECG 17 febreiro)

Para Arume, que lembrou este suceso hai unhas semanas no blog

No seu artigo de onte, García-Bodaño lembraba a vergonza que pasou cando o Honoris Causa a Cunqueiro, Camilo José Cela e J.M. Piel.

(...) Ocorrera, concretamente, no paraninfo da universidade compostelá, a media mañá do día 20 de xaneiro de 1980. Celebrábanse os nomeamentos pola USC, a proposta da Facultade Filoloxía, de tres Doutores Honoris Causa concedidos aos escritores señores Álvaro Cunqueiro Mora e Camilo José Cela Trulock, xunto co filólogo Joseph M. Piel. O protocolo e a gala estaban coidados ao máximo. O gran salón estaba a rebordar de xente. Había un pouco que xa agardabamos á comitiva cos doutorandos e os padriños. De súpeto, fóra, nos corredores de acceso, sentíronse grandes voces e berros, un grande barullo provocado por un grupo. Non se sabía de que ía a cousa. Ao cabo entraron, a xente apertouse contra a porta. Os berros seguían de cando en cando. Dentro, os asistentes mantíñanse entre desacougados e tensos polo escándalo. Joseph Piel estaba sorprendido. Cela, amosábase impasíbel. Cunqueiro, moi triste, xa non se atopaba nada ben da enfermidade, faltáballe un ano para que a morte o levara para o estraño país imposíbel de nunca máis volver, onde sen dúbida o recibirían con xeneroso entusiasmo os personaxes do seu mundo literario e todos os seus que o precederan. Eu tiven que facer un enorme esforzo para non me deixar conmover. No medio do acto, cando era a quenda de Cela, alguén abriu a porta lateral traseira do salón e tiraron contra o teito dúas galiñas vivas que tardaron en retirar. Despois, xa cando lle tocaba ao filólogo Joseph Piel, fixérase a calma. Moitos dos que loitaramos pola liberdade, por esta terra e a súa cultura, alí presentes, sentimos vergoña, unha fonda vergoña. Non había ser a única vez.

30 comentarios:

arume dos piñeiros dijo...

"Non se sabía de que ía a cousa". Anunciado estaba desde había ben tempo e a cidade desde o mes de novembro estaba case paralizada, con carreiras un día si e outro tamén. A Universidade pechara uns días antes de Nadal. Non estaba a cousa para tal evento. Probablemente resultaba difícil adialo. Agora podo comprendelo, pero aquilo naquel momento soou a provocación: lembro ben estas palabras nas Asambleas. Eu non participei na entrada ao Paraninfo pero puiden velo desde fóra. A ninguén colleu por sorpresa. E un acto desta envergadura, co cheirume arcaico, prestábase a foro e amplificador das loitas sobre os pisos. Entendo que provocara vergonza sobre todo naquelas persoas que coñecían aos investidos, pero hai que comprender tamén as circunstancias do momento, probablemente pouco xustificables pero efectivas. (Lean a crónica de EL PAÍS e verán que escaso rexeitamento do caso aparece nas súas palabras: naquela época a épica dos estudantes aínda suscitaba simpatía).
Eu, xaora, non ando pedindo, como o que botou a galiña no paraninfo, sinaturas para denunciar aos rapaces que protestaron diante de San Gil. Que manda carallo.

apicultor dijo...

Daquela todocristo sabía que ía acontecer ese boicot e o nomeamento paralelo de honoris causa do porco Juan Jacabo Paradox. Ou algo así.

apicultor dijo...

... Jacobo...

Anónimo/Demetrio dijo...

Comprendo que non mo dedique a min, pero a primeiro que aludiu a ese evento neste foro fun eu. Logo Arume fixo unha puntualización moi semellante á que fai agora.

Anónimo dijo...

Un dos que daquela colaborou a montar o "chow" da galiña é un tal Cancio, e parece que anda agora pedindo que se denuncie aos estudantes.

apicultor dijo...

Non se nos poña ciumento, ho.

arume dos piñeiros dijo...

Estaba naquel acto Karina Fálagan, según lembra Daniel Soutullo nas entrevistas á Carlos Morais, no libro que teño aquí diante. Se queren máis datos, non teñen máis que pedirmos.

marcos valcarcel dijo...

Eu lembraba a alusión de Arume, non a súa, non sexa tan suspicaz señor Demetrio (xa lle tocará noutra ocasión).

apicultor dijo...

E logo, a sen par Karina non tiña dereito a estar? Boa che era ela.

apicultor dijo...

Ao señor Demetrio pásalle iso por ir de troll pola vida.

Xaime dijo...

Arume de que cór ía vestida, Karina Fálagan. Se me ten que responden bermello de arriba e debaixo, diga si.

arume dos piñeiros dijo...

"A Rodeja levantaron-lle o birrete e deron-lle un capón na cabeza"
"Karina, unha proprietária de barras americanas de Vigo, estava alí tal vez pola súa amizade cos gobernadores civiles. A sua presenza foi motivo de escárnio". Páxina 111.

Xeremias dijo...

O título "violencia e Democracia" non é moi acaido. Aos sucesos non se lle pode negar unha deriva surreal e certo humor, e xa se sabe que as veces o humor pode ser cruel, pero redime.
Curiosa a traxectoria de Cancio, mais sorprende pouco, páreceme que nunca se lle tomou moi en serio, tiña fama de sabio algo tolo. Pero que llo digan aos estudantes sancionados!

Anónimo/Demetrio dijo...

O día que me solte ides apampar.

Sede bos, ho!

Anónimo dijo...

Karina Falagan merece todo un fio.
Demetrio soltese oh!, non se reprima!

marcos valcarcel dijo...

Ós que lles pareceu duro o meu artigo sobre o tema de Económicas, que lean mañá a AVM no Galicia Hoxe: bota lume...

Xeremias dijo...

Pois haberá que lelo.

Xeremias dijo...

Pois haberá que lelo.

Isaías,Etxequiel e Daniel dijo...

Nos tamén o imos ler.

Anónimo/Ambrosiano dijo...

¿Por que ledes cousas duras? ¡Lede a Becquer, cona!

Xeremias dijo...

Ti,o que é,escoitaches as súas ultraxes, todas as súas tramas contra min.As palabras dos meus enemigos e os proxectos que para min trazan todo o día. Ti ves cando se sentan, cando se erguen e como eu son obxecto da súa satírica cantinela.
Lamentacións 3 61

Anónimo dijo...

Bécquer?
Va de retro.
Isto era o que o poeta Bécquer e o seu irmán publicaban aló no ano (rite ti das caricaturas de "El Jueves"):

"Los borbones en pelota":
http://cretinolandia.blogspot.com/2007/02/los-borbones-en-pelotas.html

Leituga 1 dijo...

"Va de retro". Seguramente porque se fala de algo que ocorreu hai tempo. E logo non queren que me poña nervioso coas faltas de ortografía. ¡Como non, se todo responde á mesma conspiración xa non contracultural, senón anticultural!

Indo ao caso: vivín de perto aqueles incidentes que culminaron tristemente coa patochada do boicot á investidura de Piel, Cunqueiro e Cela como doutores honoris causa pola USC. En efecto, un dos grandes denunciantes de hoxe foi un dos saboteadores de antano. Non sei se era don Xohán da Cova quen, nun outro fío, falaba de que se podía cambiar de ideoloxía, pero non de mentalidade. Velaquí un caso senlleiro, exemplo a non seguir, antiespello de príncipes, contramodelo de case todo agás da nostalxia idiota de integridade. Todos os que queren cadrar as contas do mundo, acaban coas súas propias contas descadradas. Isto vale tanto para o vello nudista convertido ao catolicismo como para os cretinos da independencia a martelazos.

Anónimo dijo...

A diferencia entre ideoloxía e mentalidade é de Jimy de Rairo, acabo de revisar o fio.
Leituga, quen son os cretinos da independencia a martelazos?

Canalejas dijo...

Hai outros dous momentos da historia da infamia.
1) A queima da porta do Reitorado, porque saíra un bedel "provocando ás masas estudantís". Aquí xa me distanciei eu, definitivamente,da falta de sentido común.
2) O boicot a Emilio González López cando foi investido Honoris Causa na Facultade de Xeografía e Historia... Pero este con moito menos ruído.
Tempos. Que tempos.

Xosé M. González dijo...

Ningún de vdes. fai referencia ao papel na época desempeñado polo Príncipe Galín, glosador posterior do embarretado Juan Jacobo Paradox, que nas fotos daba coma un reliño ben xeitoso.

Ignoro se o ilustre ferrolán e mailo seu irmán Licho estiveron ou non no evento. Escoitei -ou lin- que os barullantes lle pediran un taco a Cela, con algún apupiño máis ben pasarían do Piel (nin saberían quen era) e seica houbera aplausos para Cunqueiro.

Todo dixomedíxomes. Eu non andaba na liorta dos pisos, e o certo é que esta historia -de aceno transgresor aínda atractivo- gustárame pouquiño, coma pouquiño me gustaban os seus protagonistas. Por razón política, desde logo, pero tamén persoal.

Establecemos comparanza co caso actual? Difícil base habería. Censuramos a priori os transgresores? Non querería eu proclamar o combate sistemático á transgresión. Por máis razón que un teña, agora, para entender o valor das institucións, e maila súa estabilidade; razón que ao mellor pouco lle di -razoablemente- a moito rapaz de vinte anos.

arume dos piñeiros dijo...

A aportación do Príncipe Galín á festa foi a de comprar o cocho con Cancio, segundo el mesmo conta. Tamén, das súas conversas actuais deriva unha mesma opinión sobre o mundo actual ao de seu amigo comprador e adornador de cochos.

Xosé M. González dijo...

Por onde anda e que fai o Galín?

arume dos piñeiros dijo...

No ano 1996, que é a data do libro que manexo, dise: "actualmente é empresário dunha fábrica de conservas." Sigue definíndose, ese mesmo ano, como "librepensador".
Entresaco da entrevista esto:
Dis que se portou ben... (Suárez Núñez)
-Si, si colles a Suárez Núñez comparado con estos fascistas dos socialistas e dos comunistas, estos sociocomunistas que hai agora...

Xosé M. González dijo...

Non quero repetir aquí o que dixen noutro fío; hai evolucións e evolucións. Pero o tempo fai o seu efecto, e o pensamento.