19 feb. 2008

en poleiro alleo
Imaxe de Ben Lawson

42 comentarios:

marcos valcarcel dijo...

Reenviei un comentario de XEREMÍAS ó fío que lle corresponde (referíase a outro artigo de MOnxardín, máis enriba).

Leituga 1 dijo...

Non entendo que a alguén lle pareza mal que a xente quera pasalo ben, darse unha alegría, atopar unha posible parella ou simplemente botar un canivete. Gran escándalo!

Eu creo que o problema coa "caravana de mulleres" é o nome. Se chegan a denominar esta actividade dun xeito máis "cool", moderno e en inglés, seguro que ata se empeza a promocionar dende Turismo.

apicultor dijo...

Ten toda a razón Sarille cando denuncia a hipócrita actitude de non querer ver un problema (o da prostitución) co cómodo expediente de ignoralo ou de decretar sen máis a súa ilegalidade. Deste xeito, a marxinación convírtese en máis marxinación por obra e graza de mentes ben pensantes de clase media: nos nos gusta que haxa prostitución, logo fagamos como que esta non existe.

Xoan da Coba dijo...

A prostitución existe porque existen os homes puteros. Esto é, porque existe demanda. Esto pódeselle decir habitualmente a alguén de esquerdas, pero non a un de dereitas. Este último, sobre todo se é "consumidor" do servicio, dirá que a culpa é das mafias de proxenetas. Paradóxicamente, da existencia da drogadicción culpará aos propios consumidores, os drogadictos, e non ás mafias de narcotraficantes.

Eu dijo...

Está mal o enlace ao artigo de Monxardín.

Anónimo dijo...

Liberatorios de prostitución, como na República.
Pero, quererían algunhas destas mulleres liberarse? (pregunta incorrectamente política)

Anónimo dijo...

¿Pero existe, de verdade, diferencias entre esquerdas dereitas de cintura para abaixo?

arume dos piñeiros dijo...

Pois si. Como non! E máis: os homes diferéncianse según carguen, como diría un xastre de alta escola, tipo Pepecillo da rúa Nova compostelá, para a dereita ou para a esquerda.

arume dos piñeiros dijo...

Perdón pola insistencia, pero cun comentario vale.

Xosé M. González dijo...

Eu non sei de que maneira legal se podería abordar o tema da prostitución, nin alcanzo a ver como esta se pode incluír na Lei de Igualdade. Tampouco non sei se é o interese ou intención fundamental do artigo, se cadra intencionalmente en liña.

Si que me interesa do tema da caravana ou excursión rodoviaria a Cervantes. Vin varias veces aquela película de Robert Taylor, a francesa loira, a italiana, a mulleroa (descúlpese o defectivo da antroponimia), e sempre gusto de renovar a contemplación de tan efectivo canto, de épica feminina, ao esforzo pola supervivencia.

Veu despois (vai para vinte anos?) a iniciativa dos tiones de Plan e o val do Gistau; en sintonía probablemente con maiorías sociais, considereino con interese e simpatía. E viñeron esoutro día noticias do meu concello paterno de orixe.

Non me pareceu mal, en principio, se cadra un algo reseso; ora ben, un pode entender a quen lle di que -por falta de ADSL- non pode acollerse á ferramenta internética para procurar contactos a distancia. Ora que xorde a cabeza de lista do BNG censurando que se tratase as mulleres coma "gando" ou "mercadoría" (non podo precisar o termo); e como ronsel, o Bloque provoca que a TVG non se implicase no evento, contrariando a intención de Xosé M. Piñeiro e colaboradores.

Non me pareceu cousa moi mesurada. Pero decidín contrastar con algunha muller; e atopei renitencia, receo, disgusto ante tal tipo de iniciativas. Ferirá sensibilidade especificamente feminina que eu nin teño nin prevera?

A ecuatoriana do Sarille quería ir aló; algún en común terá a súa loita pola supervivencia coa das mulleres daquela película. Pero, ¿que opinan ou, máis ben, que senten as habituais deste blog? Gustábame sabelo, e igual despexaría a persoal incógnita que teño desde aquela.

apicultor dijo...

Hai moita hipocresía curil con isto da prostitución. E tanto me ten que tal hipocresía proceda de homes como de mulleres.

Anónimo dijo...

Pois a min este artigo do Monxardín gustame máis có outro.

lourixe dijo...

Nun mundo ideal a prostitución non existiría porque non tería razón de ser. É unha utopía pola que podemos loitar, pero estou firmemente convencida que a penalización das prostitutas non é o medio. Son persoas que aparte de outros problemas económicos e sociais teñen un, moito máis grave, de autoestima, que empeoraría se tamén a lei contribúe a afundilas na súa miseria en lugar de as resgatar.
Foi nas prostitutas dos clubes nas primeiras nas que pensei cando souben da nova, sen ter lido o artigo de Sarille. En todos os solitarios rurais que coñezo que sen sairen da provincia dun día para o outro aparecen casados cunha colombiana, brasileña ou polaca. Que procuran nun home necesitado de compaña o amparo e o sustento e mesmo a posibilidade dunha reagrupación familiar cos fillos que deixaron nos países de orixe.

apicultor dijo...

Velaí unha opinión sensata, humanista e nada hipócrita. A de Lourixe.

Leituga 1 dijo...

Eu son partidario da legalización da prostitución, non da súa abolición. Nisto, como en outras tres ou catro cousas, estou máis de acordo co BNG que co PSOE. E por legalización entendo non só unhas mellores condicións de traballo, senón tamén a erradicación das novas modalidades de escravismo ao que actualmente se ve conducido este oficio nun 90 por cento dos casos.

Prohibilo, de ningunha maneira. Basta con que unha muller se dedique libremente e sen coaccións á prostitución para que poida facelo sen ser perseguida por ninguén.

Agora ben, ¿que ten que ver a prostitución coas "caravanas de mulleres"?

etxe dijo...

Ademais co cambio de mentalidade qeu se produce no rural, cada vez lles dá menos corte aos solitarios do rural acabar casado cunha dominicana que coñeceron nunha barra. Que se ela ía con outros, outros ían coas mulleres dos seus veciños antes de casar, se cadra non tanto, pero Virxe a de Fátima e Fieles, os difuntos... Así que todos en paz.
E estas nais, polo trato que teño con elas, son especialmente cumpridoras e atentas cos fillos e marido, sabedoras da sorte que lles cadrou en comparación con outras cousas. Efectivamente, legalizacion, nada de hipocresía.
Ademais a maioría, máis novas, van hedar... e logo xa será outra cousa.

XDC dijo...

Ninguén pode dedicarse habitualmente a cobrar por calquer servicio, aínda que o que o reciba o pague de boa gana sen darse de alta no I.A.E.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Caravanserai de Carlos Santana.
Para Medela.

Medela dijo...

Arume, nin que fose cousa do demo, aínda onte estiven a escoitar Caravanserai boa parte da tarde.

Fantástico disco!!!

Grazas.

XDC dijo...

Cantas novelas de vaqueiros ten que ler un home hasta caer na conta de que todas son iguáis?
Cantos discos de Santana...?

The answer my friend...

Medela dijo...

Da Coba:

Caravanserai era un dos indispensábeis no psicodélico carretillo das patacas. Nada que ver co que fai agora Santana.

As novelas do Luger son como un mantra, como un conto infantil, como a literatura ou a música tradicional,como un exercicio Zen, como a mitoloxía grega, como o filme Apocalypse Noe, como cando os paisanos preguntamos ao veciño para onde é que vai e de quen ven sendo; operan a niveis da consciencia aparentemente ocultos, non polas historias que contan, senón porque desencadean sutís asociacións psíquicas das que aparentemente non nos decatamos e que son absolutamente efectivas e productivas nos abismos da psique, de aí o seu éxito.

Boeno, ¡Que bonito me quedou!


Saúdos, Da Coba.

Anónimo dijo...

Estea un a favor ou en contra de abolir a prostitución, o que está claro é que moitas destas mulleres se podían librerar dese tipo de traballo. Como? Mediante a formación e a reinserción laboral.

O rural cambiou moito nestas últimas décadas. Agora é moito máis difícil que antes para os solteiróns atopar parella. Queda menos xente nas aldeas e non hai aqueles costumes vellos de mocear polas casas, ou de ir á romaría e bailar cos/coas solteiros/as.

XDC dijo...

Medela. Eu lin moitas de vaqueiros, tamén. Son capaz de distinguir, nunha sola páxina , si o texto é de Keih Luger, de Silver Kane, De Clark Carrados, de Donald Curtis ou de Estefanía. Non é algo que deba poñer en ningún currículum, pero é así. Seguramente parte do meu permanente sentido do humor ten algunha compoñente "Lugeriana".

Cando tiña uns doce anos, un verán na aldea, xa lera eu todos as de vaqueiros que había na casa, e todos os "clásicos xuvenís" que levara do domicilio de Ourense. Andaba eu triste porque non tiña nada novo pra ler, e aínda pasarían semanas hasta voltar á cidade pra mercar outros. Díxome o meu abó: vai á casa de A****. Está na Universidade, e deseguro ten algo que che podia deixar. Alá fun, e prestóume dous: "La Regenta" e "A sangre fría".

XD dijo...

E, Medela, cando queira facemos competición de "carretillo". Pra adiante, pra atrás, sobre tablón a certa altura,vaciado pra adiante, de lado, cunha sola mau (vacío),etc...XDDD.

XDC dijo...

XD é XDC

marcos valcarcel dijo...

Amigo XDC:
NON DEIXE ESE
A**** NO ANONIMATO: se lle deixou eses libros, merece unha homenaxe dende aquí.

XDC dijo...

Hoxe é profesor nun instituto de Ourense, pero igual lle molesta que o nomee...

Doniña dijo...

Retomando o tema da prostitución.A causa de que práctica tan vella coma arraigada se atope, dende o punto de vista legal, en situación tan ambigua, e que os problemas que dela derivan aínda estean por arranxar, pode estar en que ninguén se atreve a colocarlle o axóuxere ó gato. Non sei se máis rendible, pero menos comprometido resulta mirar cara a outro lado e manter un permisivo "non pero si". Poido entender que, políticamente, sexa arriscado legalizala pero cando menos habería que regulala de mellor xeito, que as condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade de "traballador@s" e usuari@s seguen sendo as mesmas que eran.
E as drogas ... que pasa con asunto tan polémico como o anterior ? Vostedes son partidarios de legalizalas ou de seguir disfrutando do: "non pero si"?.
As caravanas de mulleres, que para nada relaciono co dito, por reiteradas, perderon xa a gracia, no caso de que algunha vez a tiveran. O meu respecto para a ecuatoriana Clodomira e todas as que nelas teñan participado, pero a semellanza de tales eventos coas feiras de gando resúltame, tamén, inevitable .

Medela dijo...

Da Coba: Acepto o desafío carretillista. Temos que marcar percorrido, carga, dificultade do traxecto, tempo mínimo e máximo, testemuñas, premio, se imos a mantido ou a seco, testemuñas…

Porque non lle é o mesmo, amigo Da Coba, levar tres sacos de patacas, ca tres de mineral, tres de piensos Dula, unha caixa de cervexas, un ou dous garrafóns de viño (tal vez un bocoi), a lousa dunha sepultura, a lumieira dunha casa, un radiocassette Sanyo monoaural de contrabando con música do Dúo Chapala (ex –dúo Gala), un gato morto, un amigo que vai de paquete, e fumando e rindo, un saco de cemento, un cabazo, as cinzas dun morto…

Saúdos, Da Coba.

arume dos piñeiros dijo...

First World Championship of Wheelbarrow Formula
Pido que Marcos Valcárcel sexa xuíz do evento. Poñan día, hora, lugar e alí estaremos vendo a mítica carreira. Acéptanse patrocinadores.

Medela dijo...

jajajajajajajajaja
Wheelbarrow
jajajajajajajajajaj

Non recuso o xuíz.

Aviso de que eu fun un as nas 'voladoras' da Baixa Limia, campión arraiano de autos de choque... E o Wild Bill Hitchcock das casetas de tiro.

Arume, e as gogós das enormes antucas a nos protexer do sol??

Podía avisar as srtas. Michelle Marsh e Lucy Pinder??


Cumprimentos.-

arume dos piñeiros dijo...

Estou en tratos con Qingdao Taifa Group Corporation (The largest pushcart manufacturer in mainland China) para a esponsorización do desafío. Tamén estou pedindo axuda á Tómbola Cundi para os altofalantes. Vou mirar por se Bridgestone aporta algo.
Por certo, mirade ben que gomas (con perdón) gastades: para chan mollado ou seco. A potencia sen freno... xa se sabe.

Medela dijo...

Cos "Hermanos Chabaud Barcas Voladoras" falo eu.

E levo a Pastorina para amenizar a festa.

Medela dijo...

Arume, faga o favor, fáleme algo de ese elemento que sospeito mitolóxico: 'Tómbolas Cundi'

Grazas.

marcel swann dijo...

Eu coñezo un grupo de música que toca polas romarías de Galicia intitulado "Os cunters", o cal lle fixo moito chiste a un coñecido meu de nación inglesa porque, en puridade, "os cunters" son os da cona, dispensando.

Xoan da Coba dijo...

Medela: acepto o desafío do carretillo con toda a carga que dí vostede, e ademáis coa roda mediada de aire, e por terreo de labradío.

XOan da Coba dijo...

E non vale que un amigo vaia axudando, tirando "de cambón" cun gancho preso no ferro da roda.

Medela dijo...

Arumeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeee: Por favor, quen viñan sendo os mitolóxicos seres de 'Tómbola Cundi'

Grazasssssssssssssssss

arume dos piñeiros dijo...

A "Tómbola Cundi" é un concepto, unha idea que só ten encarnación corporal cos altofalantes. E o concepto altofalantes só existe coa concurrencia física da Tómbola Cundi. Esíxense mutuamente: un non pode existir sen o outro.
Só cando a música de Bustamante acada o nivel "al alto la lleva" é cando o Cundi, o rubicundo mouro (acibeche mechado), enfía unha chochona con outra mentres o micrófono vaille engulindo as verbas, os beizos, os dentes, a lingua e pouco a pouco todo o corpo ata transformalo (todo el, todo Cundi) en micrófono e altofalante e en tómbola e en alma da festa.
A metamorfose de Cundi, o rubicundo mouro, é digna de ser narrada por un novo Ovidio.

Medela dijo...

MAXISTRAL ARUME

Júlio Medela de Lobeira dijo...

O Perrito Piloto, a Chochona, Bustamante, o Capitán Willard, o Coronel Kurtz, Ulises, Centauros do deserto, Keith Luger, as voladoras, Maria Antònia, o psicodélico carretillo, a retroalimentación Cundi/altofalantes, a orquestra Cunters, o clan Chabaud, Kierkegaard, Tolstoi, Manuel Antonio, Cañita Brava, Michelle Marsh, Ovidio, Arume, Da Coba, Apicultor, Leituga One, González, don Marcos, Kyra Argounova, Ryma Nursultán, Babrak Karmal, San Ignacio de Loyola, Ellakuría, o 'puesto de control', Juanín de Mieres, a Venus de Willendörf, La Pastorina, Dúo Chapala (ex Dúo Gala), King Crimson, Jethro Tull, Black Sabbath, Los Dos Españoles, Ovidio, Homero, Séneca, Dalí, Arturo Baltar, Quessada, o rubicundo mouro, Keith Moon, Nancy Sinatra, Los Tres Sudamericanos, Ana Kiro, Pucho Boedo, Orquestra Nebraska, Antonioni, Kaurismäki, Wenders, Tanner, Erice, Wild Bill Hitchcock, Pink Floyd, Alexandra David Neel, The Kinks, The Who, Buñuel, Emmanuelle Seigner, Alexandre Bóveda, Toñito, Pepe, Roberto, Elisabeth,José Benito, Celso, Toño, Antón, Mariví, Miriam, Rosiña, Carmiña, Chusiña, Nazaret, Israel, Charito, Camel, Van Halen, Tangerine Dream, Arnold Boecklin, Delacroix, Kandinski, Dziga Vertov

XDC dijo...

Deseguro que vostede lle puxo ao carretillo unhos bós espellos retrovisores. E unha mecha anudada de chisqueiro no eixe, pra mantelo ben limpiño. Ás bandeiriñas, españolas ou galegas, non creo que se atrevera.