A xenómica.
Pan por Pan 16 febreiro
Clariño, didáctico, afable, Ángel Carracedo na súa charla do Foro La Región. Gustoulles a todos os que lles preguntei. Pero o territorio abordado é case infinito: a xenómica a nivel científico, o mundo dos xenes nas patoloxías e especialidades clínicas, a xenómica forense, os conflitos éticos dos novos avances, etc. Tantas cousas e de tanto interese que a min case me soubo a pouco: Carracedo podería dar cinco ou seis charlas magníficas desenvolvendo cada un deses puntos. E, como todas as persoas en realidade intelixentes, Ángel Carracedo, autoridade mundial nestes temas, é tamén humilde: por iso reduciu o extenso currículo citado polo presentador ó labor dun gran equipo. E tivo palabras eloxiosas para os ourensáns María Martinón e Antonio Salas: este último aplica as descubertas xenómicas á Historia e descifra así, por exemplo, datos clave do comercio de escravos cara América.
7 comentarios:
Parece ser que , debido a estes estudios, vólvese a dicir que os galegos temos, inequivocamente, orixe celta.
Carracedo é sen dúbida tan bo científico coma xestor. Foi capaz de por o Instituto de Medicina Legal da USC no mapa dos laboratorios de refencia a nivel muldial.
Una precisión. Carracedo traballa en xenética forense. A xenómica trata do estudo da organización, estutura, función e regulación da expresión dos xenes, así como o modo en que os xenes interaccionan entre si. A xenética forense adícase ao análise do ADN en canto o seu valor como estrutura molecular única de cada individuo
Aclaración: suprimín a mensaxe anterior porque xa estaba repetida noutro fío (máis abaixo: cos artigos de Ferrín e Rivas). Como é lóxico, cada mensaxe só pode ir a un fío senón isto sería imposible.
Sabe alguén se este investigador ten relación có malogrado periodista X.A.Carracedo?.
Pois non teño nin idea. Pero agora que o di ata pode haber un parecido fisiognómico, non?
Bo científico e magnifica persoa. O seu xeito de transmitir e comunicar chega a todos sen dificultades nen tecnicismos. Non hai moito participou no Val Miñor nas tertulias do IEM e foi espectacular. A xente non se ía e seguía a preguntar. Con moita humidalde e grande xenerosidade pola súa parte, estivo a falar ata as 11 da noite e aínda tivo folgos para seguir na cea posterior, ata as dúas e media.
Publicar un comentario