16 feb 2008

en poleiro alleo

De novo sobre o Cola-Cao: "O oculto sindicato dos complicavidas", de Afonso Vázquez-Monxardín (La Región 16 febr.)

44 comentarios:

Anónimo dijo...

Recoméndolle ao Monxardín pasar ao Cadbury, bote azul, que pode mercar n' Os Mosqueteiros cando pase por Valença; nós renovamos provisión cada vez que imos a Portugal.

Ora que, por gustar, o de Santocildes (Castrocontrigo -León- encóntrase en La Bañeza), chocolates preparados a brazo; ou El Canario, que venden ou vendían en El Corte Inglés, "Club del Gourmet".

Se proba, igual inaugura unha nova tradición.

Anónimo dijo...

Que foi do cacao Carmiña, aquel produto de noso, envolto nun cartucho de papel vermello, representando unha rapaza vestida de "gallega"?
E os bombóns Carmiña? Eran os mellores. Tiñan licor.
O colacao é o símbolo da explotación do home (e da muller) branco sobre o si buana.

Anónimo dijo...

Ben gracioso o artigo de Monxardín.

Anónimo dijo...

Coñezo ben o establecemento dos Mosqueteiros do que fala XM Glz, xa na carretera a Caminha.Paro nel moitas veces.Moi pertiño, a carón da carretera, ponse sempre unha velliña a vender castañas asadas e fruta de tempada. As castañas, véndeas por "cuarteiróns".Móllaas con auga salada antes da asalas, e quedan có color do precipitado blanco da sal.
Tamén a mín me gustaba o "Burgas Cao". Era máis negro que o Cola Cao, e gustábame máis.
O do cambio da forma do envase non sei a qué pode ser debido.Pero é posible que preparen ao mercado pra cando a marca sexa de libre comercialización, por caducar os dereitos de propiedad intelectual: rexistrase a forma do envase pra que logo a xente asocie ese envase ao "auténtico" producto. Digo eu, que non sei. Fíxose con outras cousas. Nalgús casos resultóu. noutros non.

Anónimo dijo...

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2008/02/17/00031203255938871175108.htm

MANIFESTACIÓN Miles de personas piden en Santiago el fin de la degradación del territorio

Más de ochenta colectivos integrados en la plataforma «Galicia no se vende» denunciaron que que Galicia se está transformando en un «desierto de monocultivos forestales, hormigón y polución».

Autor:
Efe
Fecha de publicación:
17/2/2008
Hora:
Actualizada a las 14:45 h

* Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , (12 votos)
* Envíando datos... Espere, por favor.
* Gracias.
*
o -
o +
o Enviar
o Imprimir
o Volver

Miles de personas pertenecientes a más de ochenta colectivos integrados en la plataforma «Galicia no se vende» se han manifestado hoy por las calles de Santiago de Compostela para reivindicar el fin de la degradación del territorio a causa del «urbanismo salvaje».

Así lo ha comentado Enrique Banet, uno de los portavoces de la plataforma, quien criticó que el actual Gobierno de la Xunta, que eligieron los ciudadanos «para un cambio», desarrolla una política continuista y permite que empresas «depredadoras» se instalen en la comunidad a cambio de nada.

Las más de siete mil personas, según fuentes de la organización, -y algo menos de cinco mil, según la Policía local- recorrieron las calles de la capital gallega cada una con una reivindicación, desde la oposición al plan acuícola de la Xunta, entre los más numerosos, junto con los que reclaman la salida de la planta de gas de la ría de Ferrol, hasta los que critican la caza del zorro y afectados por diversos proyectos del Ejecutivo gallego.

Muchos de los manifestantes acudieron disfrazados, ya que los organizadores querían darle al acto un ambiente festivo. Así, durante el recorrido, tres personas con caretas de los principales dirigentes políticos gallegos, Emilio Pérez Touriño, Alberto Núñez Feijóo y Anxo Quintana, parodiaban las «transacciones» con otras personas que iban disfrazadas de responsables de diferentes empresas.

No faltó una charanga que marcaba el ritmo de los coros, los cánticos y las protestas, entre ellas, las más escuchadas eran la dimisión de la conselleira de Pesca, Carmen Gallego, así como el lema de la manifestación «Galicia no se vende».

Antes de iniciar la marcha, los numerosos colectivos representados tenían montados «expositores» en los que informaban a los miembros de otros colectivos y a los curiosos sobre sus demandas.

Una carpa parodiaba el expositor de una inmobiliaria, en el que un hombre disfrazado de azafata invitaba a la gente a comprar pisos en la supuesta urbanización «Galicia D or».

Al llegar a la Plaza de la Quintana, diez personas fueron las encargadas de leer el manifiesto final, en el que las principales demandas de los manifestantes se centraron criticar el proceso de «especulación y depredación sin precedentes» que está viviendo el territorio gallego.

Además, criticaron el «devastador» plan acuícola que prepara el Gobierno gallego, el «abandono» total del rural, el «desaforado» plan eólico y el hecho de que en Galicia estén emplazadas dos de las centrales térmicas más contaminantes de Europa.

Tampoco escaparon de los reproches de los manifestantes el plan de minería, «que supone un expolio», las industrias «peligrosas» instaladas en el país, el «ridículo» mapa de ferrocarriles, el modelo de transporte en el que «prima» el uso del vehículo privado y los planeamientos municipales «empeñados en construir y destruir».

De todos estos «desastres» acusaron a la «clase política» por ser «cómplice» de que la legalidad urbanística y ambiental sea «impunemente vulnerada» y por «plegarse» como nunca a la avaricia de los grandes intereses económicos.

Los manifestantes defendieron a la «ciudadanía autoorganizada» para preservar la tierra de estos «desastres», para exigir el cumplimiento de las leyes y para denunciar que Galicia se está transformando en un «desierto de monocultivos forestales, hormigón y polución».

Anónimo dijo...

Véndese. Razón: BNG?

Aledoume ver ao Beiras nas fotos da "mani, festa e acción" de hoxe en Compostela.

Anónimo dijo...

Independentemente das poderosas razóns para unha manifestación así -que eu comparto-, non me parece congruente nin responsable nin leal que Beiras estivese na manifestación.

Porque Beiras pertence á cúpula dirixente do BNG: é membros da súa Executiva, o máximo órgano dirixente do BNG.

Polo tanto, é corresponsable das políticas do BNG, para ben e para mal. E, polo tanto, debería ser solidario coas mesmas, porque iso sería ser solidario co BNG.

Non é un militante de base, senón un dos seus máximos dirixentes. Por iso non é congruente que hoxe estea na manifestación e mañá, cando se reuna a Executiva, diga amén a todo o acordado.

E unha das cousas nas que todos os da Executiva están de acordo -como non podería ser doutro xeito- é no apoio sen fisuras á acción de goberno.

Non vexo moi coherente poñerlle unha cadea a deus e outra ao diaño.

Non vexo coherente a Beiras: ou demite do seu posto -e a partir de aí é "libre" para acodir a todas as manifestacións que queiera- ou apanda coa súa parte de responsabilidade. Do contrario nunca poderá ser tomado en serio, nin o BNG tampouco.

Anónimo dijo...

Beiras debería saír do mundo dos mortais e entrerer aos anxos tocándo o piano e falando de filosofía, literatura francesa e reinventado a historia dunha Galicia só existente nos soños dos galeguistas como seu pai... Debería volver ao limbo dos inmortais... debería, como Ferrín, como a mellor intelectualidade nacionalista, estar fóra desa cousa prosaica e pedestre que é o BNG. Ten razón o que di o apicultor.
Peeero, por outra banda, iso da dobre candea ao demo e a deus, tan da tradición galaica, é a norma no nacionalismo hoxe.
En fin, claro que non hai que derramar o territorio, pero agora? coas eleucións á vista esta mani contra o bipartito, é moito. Porque xa me dirán, unha mani contra o bipartito e o PP parece de por máis... a favor de ? ¿Existe algo fóra?
Seriedade, meus qeuridos líderes.

Anónimo dijo...

O meu espíritu ecoloxista, que non foi suficiente para ir ata Compostela, convídame a compartir o espíritu á súa vez da manifestación. As desfeitas sobre o territorio son tan grandes como antigas e algunha vez habería que dicir basta. O do desenvolvemento sostible é a panacea. Basta empregar o termo para que por ensalmo a vella dicotomía negocio e salvagarda da paisaxe desapareza. Pero que quere dicir?
Hoxe escoitei a un dos participantes denunciar as centrais térmicas de Meirama e As Pontes. Se poden escribir aquí os da CIG de As Pontes e os ilustrados galeguistas daquela vila que simplesmente pedían que os beneficios da empresa revertiran en Galicia non que desaparecera nada daquilo, poderiamos aclarar algo as cousas.
[O de Reganosa, que é unha barbaridade, é a pedra de toque de todo este movemento]

Anónimo dijo...

Considero unha mostra de saúde cívica un rexurdir potente do movemento social. Ora que, en principio, aparenta máis un ramalliño de conflitos coincidentes ca unha mobilización de senso unitario; este -con crítica de fondo ao bipartito- estaría na intención dos convocantes e os grupos políticos -minoritarios- presentes.

A min paréceme lóxico que sectores do Bloque estean presentes na manifestación. Renxe un tanto, é certo que un membro da súa executiva -marchando a carón do alcalde de Teo- se faga notar, pero non deixa de significar unha realidade indiscutible: é forza de goberno e, a un tempo, forza crítica. Hai contradicións maiores.

Anónimo dijo...

Está ben iso de que polo mañá digo Diego e pola tarde digo Digo. Ou sexa, sadomasoquismo político. Dito noutras palabras prestadas, eu creo, máis ben, que se trata de Erros e Thanatos.

Anónimo dijo...

Estiven na manifestación e sorprendeume o grande número de participantes. As consigignas referianse aos diversos conflictos que alí confluian representados. Había tamén consignas claramente politicas como " Onde están os políticos de nunca mais". Nas rúas rapaces ían pintando "PP,PSOE,BNG, a mesma merda é". As intervención na Quintana chea, e sen o palco habitual que ocupaba moito espacio, estivon cheas de contido reinvindicativo e critico especialmente co BNG. Ao final un independentista guindou a bandeira española da casa da parra, e sen reprobacións como afirma a nosa terra. A impresión que tiro, é a de que a realidade é teimuda e os politicos non son capaces de esccondelo todo baixo da alfombra, e que dende o do prestixe algo se aprendeu. Sería positivo que este movemento fose cara algo mais, pareceme a min.

Anónimo dijo...

Eis un aspecto ben significativo: a pesar de que unha boa parte dos casos convocantes afectan sobre todo a xestión gobernativa do PSOE, é particularmente criticado o BNG.

Débese, notoriamente, á maior identificación -anterior?- do núcleo aglutinador co Bloque. Sería lóxico que nada deste estivese alí representado? Insisto en que hai contradicións ben peores.

Anónimo dijo...

Un dos argumentos do BNG para asimilar o acontecido é precisamente ese, que as competencias obxecto das reivindicacións pertecen mais ao PSdeG-POSOE e non ao BNG, como é o caso de medio ambiente, pero o certo é que os manifestantes son da órbita do BNG e síntense desencantados do goberno en xeral e do BNG en particular, porque supoño que agardaban mais, ou outra cousa, ou ao menos non unha repetición de practicas antes criticadas. A presencia do BNG, estivo alí representada extraoficial ou oficiosamente por Beiras e Camilo, unha representación incomoda, porque tiveron que escoitar críticas moi fortes, non sei, ao mellor están de acordo con elas, pero entón como se di por aquí mais arriva terían que armar unha boa no seo do BNG, ou irse, non se sabe moi ben que pintaban por alí. Do que non me cabe dúbida é que estiven nunha Quintana chea de manifestantes desafectos e incluso hostís co BNG. Algo inaudito e que me sorprendeu.

Anónimo dijo...

O texto anterior é meu

Anónimo dijo...

De todas formas, Industria é do BNG. Dígoo por precisión, non porque me agraden a mín estas divisións, que, polo que se ve, funcionan desde o comezo da lexislatura. Primeiro miramos de quen é a consellería e logo tiramos ou non a dar.

Anónimo dijo...

Industria é do BNG, pero Medio Ambiente (contaminación), Infraestruturas, Pesca (piscifactorías) e Ordenación do Territorio (feísmo, especulación co solo, etc) son do PSOE. Dígoo por precisión.

Anónimo dijo...

Faltoulle poñer Economía (tamén do PSOE), aínda que tamén algo lle cae a Vivenda (se é que incluimos o do chamado feísmo) e a Medio Rural. Tamén algo lles caerá aos concellos que non vixían ou miran para outro lado cando se contamina, por exemplo, un río por mor dunhas obras dunha autovía. QUe lle vou dicir que non saiban.
O que dixen: estamos a mirar de quen ven sendo a consellería (en gran parte pola propia división tallante entre os dous partidos) e esquecemos que as decisións saen colexiadas do Consello da Xunta.

Anónimo dijo...

As decisións saen colexiadas por unha cuestión de lóxica elemental: se non, non habería goberno. Pero notoriamente é cada grupo quen elabora a política do seu departamento, e maiormente as súas propostas -co retoque que sexa, retoque- son as que se aproban.

Todo o Consello asume, obviamente, as súas decisións. Pero é ben posible diferenciar liñas políticas; e en certos casos -vg., os asuntos que afectan á Consellaría de Pesca- resulta lóxico e xusto que cada pau terme da súa vela. Sobre todo, dada esa notoria tendencia -particularmente no seo do movemento crítico e cívico- a culpabilizar o BNG de maneira eminente.

Xa que estamos: logo do que leva chovido por décadas, e tendo en conta as iniciativas desta lexislatura, se hai unha liña da convocatoria de onte que non entendo é a do "abandono do rural". Por máis voltas que lle dea.

Anónimo dijo...

E tan notorio! O curioso é que esa cousa tan solidaria de que cada pau terme da súa vela non funciona, como vostede mesmo lamenta no caso de Medio Rural. O máis rechamante, postos a laretar, é que Industria vaia de rositas e Medio Ambiente apareza como o malo da película. Manda truco. E dígoo, de novo, para que non se vexa ningún matiz partidista, que é culpa diso que vostede ve como natural: facer dous gobernos nun, por aquilo da visibilidade e, sobre todo, no fondo, porque "non nos tomen por parvos como nos pasou daquelas eleccións municipais... e blablabla".

Anónimo dijo...

Non é só por iso nin o asunto vai nunha dirección única. Algún analista hai que interpreta os últimos movementos da FEGAMP como unha estratexia para impedir a consolidación da figura do vicepresidente e maila conselleira de Vivenda, e en clave directamente electoral; así como tamén que os efectos -presuntamente- benéficos da acción de ambos departamentos sen lle atribúan aos seus promotores nacionalistas. Estratexia que, segundo tales análises (non miñas, que rexistren a miña escaseza de datos, nin do BNG) procede do propio Pérez Touriño. E é un exemplo, a realidade amósaos en ambas direccións, para o que non queira ver -a priori?- unha parte de aproveitados e outra de xente responsable, en proporción de un a dous. Sexamos lóxicos e razoables: hai tensión interna, resulta lóxica, é sa e dáse -desde o empezo de todo- en ambas direccións; uns, iso si, aparenta que para algúns van pasando "de rositas".

Por outra banda: se segue vde. un pouco as manifestacións do movemento ecoloxista, Industria queda ben lonxe de recibir moita rosa; por veces, e de forma ben inadecuada, parece que se lle imputa maior responsabilidade ca á consellaría do Raposo do Carballiño (seguro, non lle parecerá mal que, para efecto de estratexia, o comparen con Erwin Rommel). Incluso aí, diríase que o crítico apunta particularmente a aquel que a priori lle parecía máis próximo; e que conste: un adoita quedar máis doído polo que fai un próximo ca non un, digamos, alleo: iso eu ben o podo comprender, aínda que non dalo por bo politicamente.

A política de Industria en materia eólica é ben discutible, sen dúbida; insisto en que o referente a Medio Rural non o podo entender, e ademais parece constituír novidade parcial da que non alcanzo o motivo.

Anónimo dijo...

Galicia vai por parroquias, tal e como se puido comprobar na manifestación de onte.

Estiven a ver o vídeo da mani-festa-acción en Vieiros e o "curioso" é que non todos os colectivos alí congregados apoñían razóns de defensa da natureza.
Algúns dos problemas teñen que ver con que lles montan industrias cerca das casas (piscifactorías), polígonos industriais feitos a base de expropiacións pagadas a baixo prezo, prantas de reciclaxe (!) construída cerca das casas.

O tema de Reganosa si me parece máis serio, pois aquí xogámonos vidas humanas. Por que e quen decidiu montar ese enxendro sabendo que se ía facer un porto exterior en Ferrol de alí a uns anos? Non entendo a postura do BNG.

Anónimo dijo...

Estou seguro de que, arranxado algún dos escandalosos casos denunciados na manifestación de onte, os seus detractores ficarán na casa, malia que Reganosa quede sen arranxar ou que as canteiras de pizarra e granito sigan destruindo a paisaxe ou que Ence siga en Pontevedra. Eso é o que ten o localismo.
En todo caso, sobre esta distinción de competencias, volvo insistir no mesmo. Se o tomamos como estratexias partidistas, entendo que todo vale. Agora se o entendemos como un labor dun goberno en relación cos seus gobernantes, todo o que faga é responsabilidade conxunta. Non pode ir por Galicia enteira Touriño presumindo de que o seu goberno impón o 40% para vivenda social? Non pode ir Quintana tamén presumindo de Conselleira de Ordenación do Territorio? Pois parece que non. E como parece que non, parécenos normal que cada un tire para o seu lado. Ah, pero criticamos que haxa estratexias para estorbar, para lucirse, para evitar ao outro!
Sobre a cuestión de Medio Rural debo dicir que non pode quedar á marxe da crítica (se a hai, que eu non sei) quen leva a cuestión dos montes, onde eu creo que vai a maioría dos xeneradores eólicos. Eu non creo que Medio rural non teña que ver. Pero pola mesma razón que apuntei desde o principio: porque é un labor de todo o goberno. Non por establecermos responsabilidades, senón porque os departamentos non teñen competencias estancas, senon interrelacionadas. En fin, hai eleccións e supoño que hai que marcar visibilidade.

Anónimo dijo...

O cálculo de rendemento electoral é algo absolutamente razoable, farase digamos o que digamos e afecta ás relacións dentro dun goberno non unipartito. Se hai máis dun partido, e consecuentemente máis dunha liña, cae de seu que cada grupo puntualice dalgún modo o diferente enfoque, principalmente se o propio informa a propia acción de goberno. Que nisto, por ende, se esforce máis a parte menos visible é totalmente lóxico, porque no "presumir" indistinto de xestión sempre resulta particularmente favorecido o que ostenta a presidencia, principalmente se ten por outra banda máis capacidade ou influencia mediática.

Iso de que un reivindique a parte que lle toca na xestión conxunta -incluídas as parcelas do outro- é así mesmo lóxico, e forma parte da estratexia de ambas partes; non sempre, porén, é totalmente axustado á realidade das cousas e maila súa xestión. Eu insisto: o goberno en si debe dar imaxe colexiada, e a adopción de decisións ou medidas é responsabilidade conxunta; pero se en materia de parques acuícolas, poño por caso, unha das partes do goberno é claramente disidente, non é malo que a forza que a apoia faga patente tal distancia.

Principalmente se, sen merecelo, ten moito máis que perder cá outra. Última noticia, recibida esta mañá: seica o único canto cantado na manifestación de onte tiña como retrouso "¿por que votar BNG"? Tal obxectividade na obxectivización das responsabilidades pode facer moi ben que un escape do cheiro a morto; se se me entende.

Outra estratexia ou previsión electoral, mediaticamente difundida a pouco de comezar a lexislatura: as proximidades de Touriño entendían que os logros da Xunta catapultarían a este e o seu partido de cara ás eleccións do 2009; non tiñan, seica, absolutamente ningunha preocupación pola concorrencia do Bloque ao respecto: "Se algo fan, caerá no mesmo saco".

Que quen queira siga falando bonito. Dous sacos, ou vocación de facer o imbécil. E desculpen a franqueza.

Anónimo dijo...

Canto a Medio Rural: entendo que hai razóns para a crítica de xestión, como para todas e cada unha das consellarías actuais; non desde logo, en particular, a cuestión eólica, si outras.

Pero a crítica seica apunta a "abandono total do rural". E se iso non é unha hipérbole, totalmente inxusta para coa actuación que dirixe Suárez Canal, moito debo ter perdido eu a noción das cousas.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo con vostede na súa última frase, amigo Saavedra (quero dicir sobre Suárez Canal non que perdera vostede a noción das cousas). Pero que lle quere? A manifestación foi así planteada, con cuestións puntuais (de diferente grao de gravidade, entendo eu) e con cuestións de debate global (que en ocasións litiga cos casos particulares). Eu entendo a manifa como unha lembranza de que o ecoloxismo (na vertiente esta amable do desenrolo sostible) debe ser materia atendible polo goberno. E, de paso, un toque concreto a certas políticas deste goberno.
Eu, neste sentido, entendo o de "abandono total do rural" como unha idea xeral, sen responsables concretos a quen dirixir as críticas.
Sería conveniente que aquí, quen fora, relatara un por un os casos denunciados, ben en voces ou en pancartas. Eu, polas fotos (onde por certo entre a multitude mirase ben a leonina cabeleira de Beiras) vexo os seguintes casos:
ENCE
PISCIFACTORÍA EN MEREXO
REGANOSA
A CAZA DO RAPOSO
SOS RIBEIRO
MUXÍA EÓLICA NON
SOS COUREL

Anónimo dijo...

Franqueza nunca sobra. Porque xa o dixen eu primeiro que o choio (facer o parvo, máis ben) ía por aí. Non sei se dirá por mín o de bonito, pero parece claro que fair play, entre os dous partidos, o mínimo.

Anónimo dijo...

Co de falar bonito, Arume, falo en xeral, e bonito nunca é unha mala palabra aínda mediando retranca. As relacións, en efecto, son de tensión e poden dar unha impresión mala; ora que aínda así eu dígolle unha cousa: se a tensión dá en competencia por facelo ben -e non só por quedar mellor- non será mala cousa.

Canto aos motivos coincidentes na manifestación, calculo que deben ser moi numerosos; tamén andaban por alí (e dinme que falaron) os veciños do Parque Rosalía que se opoñen á construción alí ao lado. De feito, á manifestación -que, en xeral, me parece un san e ao mellor produtivo exercicio de crítica- dáme a impresión dun conglomerado no que cadaquén vai cun motivo particular, agás os poucos que coordinan, e adoitan ser os que lle poñen o acento político; ou ata nin iso, que a tal incidencia vén a miúdo de minigrupos especificamente políticos que van alí con tal obxectivo.

Nun caso particular: non é só o Bloque.

Anónimo dijo...

No comentario 7 aparecen máis motivos particulares. E nalgunha das pancartas.

Anónimo dijo...

Eu, en tanto que cidadán, non teño por que facerme cargo das necesidades políticas exclusivamente partidistas dunha ou doutra forza política do goberno autónomo.

Como tampouco teño que facerme cargo das disfuncionalidades e erros que se xeran á hora de gobernar e administrar por mor desa competición interna entre elas.

Os platos rotos acabámolos por pagar os cidadáns e non os políticos que eliximos para que gobernen conxuntamente, non para que anden de lea a todas horas a conta do erario público.

Dixen.

Anónimo dijo...

Onde chegou o colacao...

Anónimo dijo...

Agora que fala do erario público, Apicultor, véñenme ao pensamento as imaxes que veño de ver na TVGda Real Banda de gaitas da Diputación de Ourense, actuando nas pirámides de Exipto pra catro gatos que eran, precisamente, os acompañentes a gastos pagos dos músicos da Banda. Cousa que foi "vendida" como proieción da música galega e Ba Bla Bla. Como o da Habana, vamos.

Anónimo dijo...

Trabalinguas:
Catro gatos pagos escoitan gaitas pagas en Exito.

Anónimo dijo...

Onde vai comparar, XDC. Que ir a Cuba é moito máis cultural que ir a Exipto.

Non se decata de que en Cuba hai un gran mercado potencial para os nosos produtos culturais, dado o elevado nivel de renda dos seus habitantes, mentres que os faraóns están xa mortos?

:-)

Anónimo dijo...

Un trabalinguas para os ceceantes anti-enxendro gaiteiril:

Catro gatos d'Ourens' travestidos con saias escoceses sopran as súas gaitas a gastos pagos.

Anónimo dijo...

Asinarao ante notario? Terá validez legal este contrato?

XORNAL I Boiro.- O portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, ofreceu esta mañá nun mitin en Boiro un “contrato para todos os cidadáns galegos e galegas, polo que pedimos o apoio e comprometémonos a devolvelo con máis posibilidades de benestar e máis respeito para Galiza dende Madrid”.

Marcos Valcárcel López dijo...

Dixéronme que na SER hoxe pola mañá alguén (Luis Delgado?) estivo a rirse dos gaiteiros ourensáns en Exipto...

Marcos Valcárcel López dijo...

Da mani de Compostela: un éxito de xente, sen dúbida.
É certo que dá esa impresión de suma de sectores cabreados por moi diferentes motivos, coa bandeira ecoloxista por riba.
E sobre todo cabreados co BNG, pero iso parece lóxico: sempre foi o BNG o primeiro en erguer a bandeira en situacións similares.
Polo demáis a situación non é nova. Nos libros de Historia (e ata nos de texto) fálase das loitas "anticolonialistas" de Castrelo de Miño, Baldaio ou das Encrobas, con marcado acento político. Pero é moi probable que os afectados, campesiños, no seu momento, se visen só como cidadáns agredidos por empresas ou grupos expropiadores, á marxe dese significado política. Loitas defensivas, pois, ás que os partidos (UPG-BN-PG e PCG sinaladamente) daban logo un acento e fasquía ideolóxica e política.

Marcos Valcárcel López dijo...

E UNHA BRINCADEIRA: non perdamos o sentido do humor (como outros).
Mentres en Compostela se berraba GALIZA NON SE VENDE, os serbios facían o mesmo en Belgrado: KÓSOVO NON ESTÁ EN VENDA (dos xornais).

Marcos Valcárcel López dijo...

E que foi do Cola-Cao, como dixo Etxe?
Lembran o relato de SUSO DE TORO do vello do Cola-Cao (creo que de "F.M."): ós rapaces gústalles bastante.

Anónimo dijo...

Galiza non sei. Kosovo, se cadra. Pero o colacao, seguro que se pode comprar. Cousa fácil

Anónimo dijo...

Pois eu escoitei o dos gaiteiros de Ourense na SER esta mañá e non me pareceu mal. Case seguro que estou colonizado demais e son vítima do andazo de secular autoxenreira que campa no país, pero eu tamén rin un algo.

Marcos Valcárcel López dijo...

LEITUGA, eu non o escoitei, foi a miña muller. Pero dixo que o comentaran, creo que Luís Delgado, con bastante cachondeo. Pero ó mellor era un cachondeo simpático.

Anónimo dijo...

Home, eu non detectei nada raro, se lle digo a verdade. A coña baseábase no estraño efecto dunha banda de gaiteiros tocando a "Alborada Gallega" nas pirámides de Exipto en non sei qué historia turístico-conmemorativa. Algo así como se uns flamencos fosen cantar a Groenlandia o "Porompompero" por invitación oficial.
En calquera caso, os meus respetos e un saúdo á súa señora.