30 mar. 2008

75 fotos, primeiro reto da Ourensanía
En tres ou catro días Ourensanía. Fotos de Ourense xa chegou ás 75 imaxes. En moi pouco tempo penso duplicar esa primeira base documental.
Entre as máis interesantes está esta do fotógrafo Reza, sacada no Teatro Losada, nuns Xogos Florais dos anos 60. Otero Pedrayo facía de mantedor: velaí un dos seus acenos máis característicos.
Entre as últimas hai pezas artísticas e retratos de Siro López, Xaime Quessada, Manuel Figueiras, Blanco Torres, Méndez Ferrín, Losada Diéguez, Blanco Amor, Rey Soto, Prado Lameiro, etc. Tamén unha caricatura de Benito Losada, por Siro López.

18 comentarios:

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Mete medo esa foto.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Penso que é don Ramón Otero Pedrayo na igrexa de Fátima, no Couto de Ourense, tal vez co gallo da súa inauguración, mais non estou seguro.
Saúdos, amigo Arume.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Perdón, nunha homenaxe á virxe de Fátima, quería dicir.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Don Marcos, non publicara vostede esta foto xa na Región ou en Auria??

XDC dijo...

As sillas parecen as do vello Teatro Losada.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Pois. Mais non lembro agora onde vin antes esta fotografía do meu admirado don Ramón.

arume dos piñeiros dijo...

De todas formas, saír indemne dun acto destas características é casi imposible. Velo así produce arrepío.

XDC dijo...

O trece de Maio
a Virgo María
baixóu desde o Ceo
hasta a Cova miñaaaaa...

A veeer
A veeer
A veeer Maríaaa
A veeer
Que queeer...
miña madriñaaaa.

Cando volva a Fátima hei mercar unha vela por cada un de vostedes, pra botala a arder no ardedoiro aquel.

A última vez que fun, cantaban unha melodía relixiosa fermosísima en portugués,na Igrexa que está a carón do campo, acompañada polo órgano. Como temía esquecela, fixen todo posible por reteñela na memoria, pra podela tocar eu despóis. Non tiña papel a man pra anotala nin nada pra grabala. Imaxinaba a partitura na miña mente nun esforzo por non esquecela. Tarareéina varias veces. Compréi varios Cd´s de música nas tendas, na esperanza de que entre as canciós estuvera aquela. Ao outro día, pasóu o que me temía: a melodía borrárase da miña mente. Reproducía as notas que lembraba, en van. E nos cd´s tampouco estaba. Soño con volver alá pra escoitala outra vez, pero esta vez iréi preparado pra grabala. O malo é si non a volven cantar. Qué desgracia, porque era verdadeiramente sublime.

XDC dijo...

Hai un café en Ourense, na rúa Ramón Cabanillas, chamado "Jam Session". A fila de sillas pegadas á parede da dereita, según se entra, son as do Teatro Losada.Posiblemente, algunhas das da foto. E bastantes cousas máis, que serven de ornamento ao local, entre elas o enorme proiector cinematográfico. Explicación: un dos promotores do local, no momento que se montóu, era Julio Losada, fillo do ex-propietario do Teatro. O cerre do teatro e a instalación de Zara nese edificio coincidíu ,aproximadamente ,no tempo có inicio da actividade dese café. Dalgún xeito, ese café mantén vivo o "esprito" do teatro que aparece na foto.

(Deus, qué tarde é).Ata mañán.

marcos valcarcel dijo...

A foto saíu antes no libro de homenaxe a Benito Losada no 2001 e cedeunola Reza expresamente para esa ocasión: foi Reza tamén quen indicou o tema (non sei se errado?) dos Xogos Florais.

Roque Eiriz dijo...

Cuñado querido: queres ver que non sei onde metín a carta que che quería mandar, por favor, ainda que sexa dende tan lonxe mira a ver se me das unha idea, a tí que che se ocorren tantísimas cousas, é que eu non teño xeito de falar coa Marinita, sigo nun sinvivir e a túa hirmá cada vez máis delicada, de corazón aténdeme ou non sei o que podo chegar a facer

Ánxelis dijo...

A foto se que é no Teatro Losada, e si que ten que ver ca Virxen de Fatima, son os xogos florales en honor dela, recolleuno no seu libro "Historia do Couto", Monseñor Xose Alvarez Gonzalez,
"Chegou na véspera dos xogos florais un telegrama procedente de Madrid,que trae a novidade de que o discurseiro dos xogos florais está doente. Que non se conte con el ¡Meu Deus!. Persoámonos diante de D. Ramón, na rúa da Paz, expoñendo o súpeto do caso. interrogado sobre se el podería se lo mantedor dos xogos, don Ramón respostou: " Algo tardeiro é, pero desa nai hai moito que dicir. Conten conmigo.""

marcel swann dijo...

O xesto de Outeiro Pedrallo na foto é moi significativo. Aparece así nalgunhas imaxes. Tiña razón Castelao cando dicía que apertar a don Ramón era apertar a Galicia enteira.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

E que quería dicir Castelao con iso?

apicultor dijo...

Boa pregunta!

XD

XDC dijo...

Quería decir que era un síbolo vivo de Galiza, como a Bandeira, ou o Hino. Ou é que nunca abrazaron o Hino?.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Quen é o Hino? Se é da Ourense eu non o coñezo. Síntoo moito.

XDC dijo...

É de Ourense. O seu verdadeiro nome é HINOjoso. É un vaqueiro fermoso da raia de Portugal.