30 mar. 2008


A mentira de Hillary.
Andoliña martes 1 abril
O ser humano ten unha tendencia innata a esaxerar. E logo non o facemos na vida cotiá, día si e día tamén? O de esaxerar pode ata ser unha virtude: un guionista de cine ou un novelista deben saber forzar as situacións e a iso non lle chamamos mentira. Valorámolo como creatividade e exercicio de orixinalidade. Pero hai outro criterio cos políticos: aí está moi mal visto o de mentir e nas campañas electorais abusan dese insulto ata a saciedade: vostede mente!
Iso é o mesmo que lle din agora a Hillary Clinton, que contou que nunha viaxe a Bosnia en 1996 tivo que correr agachada no aeroporto para fuxir dos disparos dos francotiradores serbios. A precandidata demócrata quixo presumir de experta en conflitos internacionais, pero nos arquivos da CBS quedou unha gravación daquela xornada. E non foi así: recibírona con toda a pompa, ela toda relaxada, e unha nena leulle un poema de benvida. Iso foi o que pasou.
Tras disto, Hillary derrúbase nas enquisas: demasiada imaxinación! Dicía Alexander Pope que o que di unha mentira non se decata do traballo que emprende, pois ten que inventar outras mil para soster a primeira. E a Hillary, as que veñan logo, non llas van crer.

4 comentarios:

XDC dijo...

Os norteamericanos toleran a mentira nos políticos moito menos ca nos.
Din os expertos, que, cando minten,as mulleres tenden a esaxerar as emociós, e os homes os datos. O que esaxeróu entón a Hillary, foi o medo, a sensación de inseguridade, e o valor pra sobrepoñerse,máis que os datos obxectivos que graban as cámaras. As cámaras non graban emociós. O desplome de votos tivo lugar seguramente entre o electorado masculino. Menos, no femenino; que, subconscentemente "captóu" ,seguramente,a mensaxe.

arume dos piñeiros dijo...

Nos políticos e nas persoas. Pero é extensible ao mundo anglosaxón. Resulta ás veces infantil para nós (pero emocionante tamén) que nunha biblioteca, mentres fan o teu carné, che pasen un papel no idioma que ti prefiras no que figura o compromiso solemne de non roubar, non estropear nin queimar a biblioteca nin os libros que contén. Les o papel en voz alta e o funcionario cre na túa palabra pronunciada diante del para sempre. O roubo probablemente é moito mellor que engañar e mentir ao funcionario. Por esto serás probablemente castigado; non por roubar.
[Falo concretamente da Bodleiana en Oxford]

Xosé M. González dijo...

Ben coñecida é a miña falta de olfacto político. Pero moito estimaba que a candidatura demócrata fose Hillary/Barack, por esa orde. Rompían dous tópicos de golpe, confío en que gañarían ben e ao mellor garantían presidencia demócrata por moitos ata ben aló da miña xubilación, non mediando grandes catástrofes. Contando con que mr. Obama, desde a vice, herdase.

Xaora, a miña proxección non leva traza ningunha de verificación posible. Xa dicía.

o de sempre dijo...

¡Dios mío, estamos perdidos! ¡¡¡Hillary!!! ¡¡¡¡¡Noooo!!!!!