
axenda
O sábado 8 de marzo en Celanova acto do PCE.
Non, non se asusten, xa sei que é día de reflexión. Refírome (terminoloxía de XAM) ó Partido de Curros Enríquez, no centenario da súa morte.
Participarán Fernando Salgado, Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos, Rosa Aneiros, Xosé López e Marcos Valcárcel, e o cantante Luís Emilio Batallán.
2 comentarios:
E ninguén comenta o premio "Fernández de Riego" ao S.Lamas?
A miña noraboa sincera para LAMAS. A Trapiello non o coñezo, aínda que o leo de cando en vez, sobre todo no seu xornalismo.
Publicar un comentario