4 mar 2008


en poleiro alleo

Manda truco na Habana, de Afonso Vázquez-Monxardín (GH 4 marzo)

María Xosé Jamardo (e a MNL hoxe), de Xosé M. Sarille (ECG 4 marzo)

Un lío de moita talla, de Afonso Monxardín (La Región 4 marzo)

Recoméndolles tamén que consulten en Brétemas a foto que pousa sobre o titular "Galicia Profunda"... país!!!
E, na foto, a ver se son quen de localizar a Rajoy... (enviada por Afonso).

24 comentarios:

Anónimo dijo...

Manda truco, e manda car..., Monxardín

Xaime dijo...

Nós, e dicir nós, tamén dicimos anda truco na Habana pero por moito menos que ó da Conselleira.
E tamén como dí o Anónimo anterior tamén manda carallo na Habana.

Anónimo dijo...

Cuba, Galicia e o complexo de Procrustes.

Procrustes era fillo de Posidón, tiña unha fonda entre Mégara e Atenas. Alí había dous leitos: un longo onde facía deitar os hóspedes de pouca estatura e estirábaos até que acadaban o tamaño do leito, e outro máis pequeno onde acomodaba os máis altos e cortáballes as pernas, ou a cabeza, para axustalos á medida da cama.

Ir a Cuba era unha misión obrigada para un escritor demócrata
En Galicia, no eido informativo, temos algúns curiosos personaxes que actúan como Procrustes. Estiran o que lles convén. Mais á hora de cortar soamente teñen unha obsesión: a cultura galega.

Na sala Nicolás Guillén, da Feira do Libro de La Habana, atopei, entre outros convidados, o italiano Claudio Magris e o mexicano Paco Ignacio Taibo II. Dous grandes escritores, respectados mundo adiante pola altura do que escriben e do que pensamento que transmiten. Estaban moi ben impresionados pola presenza galega. Galicia era a cultura invitada este ano. Galicia como epicentro desta gran Feira, que está a evolucionar como un hábitat excepcional en América Latina. Unha presenza que se estendeu e fixo vibrar a grande urbe do Caribe con espazos musicais, exposicións artísticas, obradoiros de ilustradores, experiencias cruzadas na realización audiovisual, actuacións inesquecíbeis de contacontos, posta en marcha de intercambios universitarios e acordos para catalogar, dixitalizar e garantir a conservación da inmensa herdanza documental da emigración galega en Cuba.

Ía preguntar a Magris, autor do mítico Danubio e de Microcosmos, e a Taibo II, que vai para clásico da serie negra, se non tiñan medo que ao volver ao seu país os agardaran os Procrustes co serrucho de cortar cabezas ou lobishomes políticos cos caíños afiados polas eleccións. Mais non preguntei. Se eles dicían "todo ben", non ía ir eu co meu mal du pays ao lombo. Qué irían pensar se lles falo de que un dos menús preferidos en certas mesas galegas é o do "churrasco de escritor autóctono"? Mesmo como os escritores convidados a Cuba tiñan que pagar do seu peto xantar e cea pois aínda estiven a piques de propoñer un auto-churrasco. Mais calei. Se cadra Magris e Taibo II dirían: E logo estes aínda andan polo punkismo máxico!

Estiven dous días e medio en Cuba. Vivín con interese profesional e humano o que alí me tocou vivir. Era un escritor entre libros, nunha feira do libro que era unha romaría incesante de lectores a todas horas. Ducias de milleiros de persoas, mozos e vellos, e moitas familias con rapaces cobizosos de contos. Os espazos naturais do recinto convertéronse en prados de pequenos lectores, silentes, concentrados nas novas xanelas que tiñan entre mans, experimentando o que Clarice Lispector chamou "a felicidade clandestina".

O primeiro compromiso do escritor é escribir. Mais a súa primeira ferramenta é escoitar. Tamén a do xornalista. É un bo momento para escoitar en Cuba. Oír o rumor da xente. A segunda ferramenta é rumiar. O escritor ten que rumiar como unha vaca, dicía Saul Bellow. E aquí estou agora, a rumiar como unha marela, adestrándome para o churrasco.

Eis o meu rumiar. É o papel dun escritor e un xornalista sumarse á lei Helms-Burton, sumarse ao bloqueo unilateral de Estados Unidos, negarse a escoitar o rumor da xente cubana, tratar o pobo lector cubano como apestado, pórlle un estigma a escritoras e escritores cubanos desexosos de comunicarse e debater, confundir a sociedade cun réxime? Nin o libertario norteamericano Noam Chomsky nin moitos outros librepensadores de todo o mundo pediron permiso aos falcóns para coñecer Cuba en vivo e procurar dicir o que pensaban. Na sala Nicolás Guillén, no encontro cos lectores, o luns 18, o que isto escribe dixo na súa intervención que a enerxía da literatura é a liberdade e que o único partido que debería ser único é o dos dereitos humanos.

Imos rumiar, si. Imos rumiar unhas cantas verdades e mentiras.

Á Feira do Libro de La Habana, dende 1998, asistiron como países convidados México, Italia, España (2001), Francia, a Comunidade Andina (Bolivia, Ecuador, Perú), Alemania, Brasil, Venezuela. O ano pasado foi Arxentina. E o vindeiro ano, 2009, o país invitado é Chile. As de Arxentina ou Chile son menores? Arxentina é terra de bos churrascos, mais o actual menú nacional non é o do solombo de escritor. Falar, pois, de que Galicia foi convidada porque non había onde escoller é unha falsidade e un episodio máis do complexo de Procrustes. Galegos de elite a achicar Galicia. Empeñados en mantela na cama pequena. É por vez primeira que se convida a cultura dunha comunidade que non é Estado independente. Foi unha oportunidade para a proxección de Galicia e tamén a esperanzadora aplicación dun criterio que debe guiar a diversidade futura: por qué as culturas teñen que estar suxeitas ás fronteiras políticas? Houbo unha coincidencia feliz, coido que non casual: a feira deste ano homenaxeou ao escritor cubano Arrufat, proscrito ou marxinado durante anos no seu propio país.

Penso xustamente o contrario do que tantos Procrustes teñen dito, mesmo en ton intimidatorio e alcumante: ir a Cuba nesta delegación era e é unha misión obrigada para un escritor demócrata. Qué mellores froitos levar e qué mellor emblema para representarmos que unha cultura que agroma en liberdade?

Non é certo, como se ten publicado estes días, que Andalucía fora invitada en anterior edición e que só acudira o presidente cunha delegación de oito persoas. Andalucía si estivo como cultura convidada na Feira de Guadalajara, México, no 2006 e estiveron presentes 60 escritores e unha delegación artística dunhas 300 persoas. Entre outros, e con gran éxito, levaron o Ballet Flamenco de Andalucía. O seu orzamento inicial foi de millón e medio de euros. Cando se fala de 200 persoas na delegación galega a La Habana ocúltase un dato esencial: a participación da Real Filharmonía de Galicia. Un dos concertos da Filharmonía, con Carlos Núñez de convidado solista, ficará como un dos fitos na proxección internacional da cultura galega. Como a actuación de Mercedes Peón e Nordestin@s. Uxía encheu a praza de San Francisco. Abe Rábade foi celebrado no Festival de Jazz. E algo saben os cubanos de música. De Miguelanxo Prado, co seu De profundis, a Quico Cadaval, que mesmo fixo rir aos mortos do "inmenso camposanto de La Habana" (xacen alomenos 50.000 galegos), o amplo abano da representación cultural foi dirixido ás maiorías. Mágoa que os Procrustes presentaran como unha excursión inútil o que debería ser un motivo de orgullo. Como non estar orgulloso dun país que envía libros e non armas?

Non nos enganemos. O problema non é Cuba. O problema para algúns é a cultura galega, a incomprensión fonda do que unha cultura é. Como mellor faciana dun país. Tamén como recurso esencial nunha economía sostibel. Iso sábeo calquera hoxe no mundo, agás os Procrustes da cama pequena. Se os expedicionarios foran, por exemplo, empresarios ou unha misión relixiosa subvencionada, os Procrustes estirarían a cousa en cama grande. A min, a verdade, tanto me ten. Eu son da Coruña e durmo de pé.

Anónimo dijo...

Pola rota de Breogán

X. L. MÉNDEZ FERRÍN
Comentabamos eiquí na pasada sesta feira a presenza estelar de Galicia na Feira Internacional do Libro desa Habana da que tantas ideas e iniciativas boas para Galicia teñen saído, xeralmente do desagrado da parte cavernaria do País. Debémoslle, pois, agradecemento hoxe ao goberno cubano cuxas autoridades culturais designaron o noso como País especialmente invitado. Nun País que ten algúns habitantes empeñados en non querer ser País que haxe un País que o considere País non deixa de constituir unha boa inxección de auto-estima, que é o contrario do auto-odio na terminoloxía psico-social contemporánea. Tamén os que consideran que Galicia é Nación deben de lle agradecer moito á Xunta, e especialmente á Consellería de Cultura, que ela soubese estar á altura das circunstancias e lles representase a multitude de xentes chegadas á Habana desde todo o mundo que Galicia, existe realmente.
A visibilidade de Galicia no panorama internacional cobrou nitidez a outra semana en Vigo, ou sexa sobre as ondas do mar de Vigo. O buque da súa Maxestade Británica Lancaster viaxou de pé feito ou sexa ex professo para que na súa cuberta tomase posesión a nova Cónsul do Reino Unido en Galicia. En presenza do comandante (catro galóns e coca) do barco, a embaixadora británica en Madrid, Denise Holt, fixo un belo discurso que en parte reproduciu a prensa. Falou da presenza, de súbditos (así se chaman a eles mesmos) británicos en Galicia e da etapa de relacións británico-galegas que se vai abrir coa nova orientación do consulado, con sede en Vigo. "Galicia e o Reino Unido comparten cultura atlántica e pasado celta", parece que concluiu a embaixadora, que demostrou saber de nós e das navegacións contadas no lebor Gabála e das relacións de Fisterra a Fisterra das que falara Paulos Orosio e que figuran secretas no interior do noso Himno. Lucy Watson, a cónsul recén nomeada, dixo coñecer Galicia ben e prometeu chegar a coñecela aínda mellor. Moitas grazas e beizóns a estas dúas señoras por recoñecer en a nosa existencia e agradecidos tamén ficamos ao Amirantado que ordenou a viaxe dunha súa fragata para que o acto de institución do Consulado británico en Galicia ostentase a relevancia formal máis alta. Naturalmente, a Madrid nunca podería ser enviado un navío de guerra. Con todo, este cronista non esquence que, na outra banda do noso mar, Irlanda do Norte continúa ocupada.
Galicia está a dar pasos firmes e seguros no camiño que rematará con recoñecemento mundial da súa realidade social, pasaxística, histórica, cultural e linguística. Lonxe quedan os tempos nos que os turistas marítimos corrían en Vigo a mercar recordos en forma de bailarinas andaluzas, touros e toureiros e chapeos mexicanos.

Anónimo dijo...

Xaime entendeuno ao revés. O manda truco e o manda car... era para Monxardín, non para a Consellería.

Xaime dijo...

Seguro que o entendín o revés, é que sonlle un pouco cortiño. Graciñas polo aviso.
Pero tamén dicimos manda carallo na Habana

Anónimo dijo...

Rajoy é o que leva o pantalón de deportes de cintura alta case con pinzas cargando para o lado dereito.

Anónimo dijo...

Sin embargo por Suso de Toro

¿Medio millón de personas son poca o mucha gente? ¿Aceptamos respetarlas igualmente así sean berlineses, porteños, madrileños, neoyorquinos, cubanos...? ¿O solamente merecen nuestro respeto las personas de pueblos que hoy son ricos? ¿Los españoles, por ejemplo, de hace cincuenta años cuando España era un país atrasado, inculto, bajo un régimen totalitario, nos merecen respeto? Es conveniente preguntarse estas cosas.

Feria del Libro de La Habana, donde a diferencia de las ferias en España hay que pagar por entrar, y allí, además de conversar, escuchar e interrogar escritores, compraron 1.200.000 libros. Esa multitud envidiable la forman personas con curiosidad, inteligencia y hábitos de lectura. Les faltan alimentos, libretas, libros, bolígrafos, Internet, libertad, sin embargo les sobra alegría, cultura y dignidad. Podrían exportarlas y se las compraríamos para compensar la ignorancia, mezquindad y miseria moral que muerde las piernas de esta Galicia que quiere caminar.
En esa Feria del Libro, a continuación de la cultura alemana, de España, de la comunidad andina, de Brasil, de Venezuela, de Argentina y antes de Chile, estuvo invitada Galicia por su literatura y cultura. Es para sentirse halagado, contento y orgulloso, sin embargo aquí hubo un partido y un periódico que desacreditaron nuestra presencia allí.

Cuando estuvo España invitada, uno no recuerda quejas por la presencia en esa feria, nadie clamó entonces por los crímenes de la revolución cubana, nadie esparció ceniza por su cabeza por los presos, nadie se postró y desgarró las vestiduras por la inversión en aquella feria. Sin embargo ahora, igual que entonces, se hizo con dinero público, que para eso está, concretamente con el de la Dirección Xeral de la Consellería de Cultura, a quien por cierto se debería felicitar por la estupenda organización, con la ayuda de la Dirección General del Libro del Ministerio.

Tuvo que ser cuando Galicia fue invitada que empezase la caverna madrileña retratando en su picota a escritores gallegos como culpables de algo. Los escritores gallegos son culpables para ellos, culpables de serlo. Los intelectuales y artistas no caben en la España de esa derecha totalitaria, pero que además siendo gallegos no dejen de serlo para eso no tienen perdón. Sin embargo, esa campaña se continuó aquí entre nosotros. Eso es lo terrible. ¿Por qué esa campaña en Galicia?

En cualquier país hay distintos modos de entenderlo, de quererlo, y todos hacen falta para que ese país sea democrático, pero en algunos países también hay quintacolumnistas. Y el autoodio les hace trabajar desde dentro para la traición. En este caso se juntaron diversas inquinas, manías personales, envidias, la campaña electoral, consignas del catequismo "neocon" norteamericano como el embargo a Cuba, el odio a los artistas..., pero que nadie se engañe, lo que les causa escándalo es que Galicia exista y se atreva a presentarse al mundo como tal, en sí y por sí, que tengamos una cultura y una lengua propias.

La campaña de insidias y denuncias no fue contra el régimen cubano, un asunto complejo sobre el que hay diversos puntos de vista. Fue contra Galicia como país. Es significativo, y grotesco, que algún participante en esa cacería del escritor gallego haya estado allí cuando España fue la invitada. Lo malo no es Fidel, lo malo es Galicia.

Quienes nos niegan autogobierno, quienes no nos reconocen como nacionalidad, quienes se creen dueños de Galicia y no respetan a nuestro gobierno, quienes cultivan los localismos más egoístas, nos quieren reducidos a cuatro diputaciones, cuatro gobernadores civiles, cuatro provincias vencidas y serviles. Y quienes todavía se ven en el estereotipo de Xan das Bolas y van con complejo a Madrid, porque no saben ir a otro sitio, son los que no saben qué hacer con nuestra lengua, con nuestra literatura, con nuestros escritores. Los escritores gallegos son para esa gente una acusación molesta, afortunadamente para el común de la gente sus libros son hoy, junto con otros logros, un motivo de orgullo.

Hay quienes decretan el embargo a Cuba, hay quienes lo apoyan, sin embargo hay también quienes pretenden someter a embargo la literatura gallega, que no salga, que no exporte; ya que existe, al menos que el mundo no lo sepa. Que sean gallegos los que pretenden nuestro embargo da asco.

Sin embargo.

Anónimo dijo...

Tratar de facer a asimilación da crítica a esta disparatada viaxe coa negación de Galicia cunha presunta ironía -"lo malo no es Fidel, es Galicia- e desprecio "Y el autoodio les hace trabajar desde dentro para la traición". "Que sean gallegos los que pretenden nuestro embargo da asco" é un pasote.
Suso de Toro é Suso de Toro.
O escritor, igual que o chapista ou o pescantín, pode opinar, pero non pontificar politicamente... e moito menos cando é parte interesada.
Vostede, escriba, e non trate de coutar a liberdade dos demais cos insultos desde a súa xerárquica tribuna. Síntome ofendido polo seu "dá asco" que, por elegancia, non penso volver á inversa.

Anónimo dijo...

Se un fora un desconfiado paranoico, pensaría que unha das contrapartidas para ser invitado pola conselleira a Cuba era facer despois unha defensa numantina do choio.

É que semella como se houbese unha consigna que todos os implicados están a cumprir relixiosamente como nos mellores tempos do sectarismo.

Pero, xa digo, non son desconfiado nin paranoico (coido). Así que... eu paso.

Anónimo dijo...

Eu tamén. Mus.

Anónimo dijo...

Pois pasemos todos. Porque se un fora un desconfiado paranoico pensaría que do que se trata é de apuntar contra a consellería de Cultura, ou máis especificamnete contra o BNG, e que vale calquera cousa, ata unha frase da Conselleira defendendo a presenza na Feira da Habana para facer un artigo con mala baba.
Pero, xa digo, como non son desconfiado nin paranoico (coido). Así que... eu paso.

Anónimo dijo...

Pois eu quería que me explicaran qué carallo de problema de Galiza solucionaron indo á Habana. Non son paranoico. O que son é moi cortiño de luces.

Anónimo dijo...

Queres saber se o teu voto é útil?

Anónimo dijo...

Eu xa votei... Moi pouco útil.
jajajajaja

Anónimo dijo...

Esa páxina do voto útil, Arume, aparte de algo vulgar de formas é unha tomadura de pelo. Resulta que, para acadar escano, o BNG necesita en Lugo 50.000 votos. Logo, o PP e o PSOE seica van sacar 100.000 cada un. Non quería escribir nada, pero era peor deixalo pasar.

Gocen da tarde.

Anónimo dijo...

¿mala baba?

"Miña señora, todo. Somos mortais servidores públicos, ouh?"

é a única referencia á Conselleira e á conveniencia de xustificar cousas, que, se cadra, e contra o que opina o amigo Canalejas, pode amosarnos unha viaxe interesante, útil e rendible, se se nos explica ben. Non só no Parlamento, aínda que alí tamén, se llo piden, claro. E que moitos somos cidadáns de andar a pé, por iso é polo que, vemos o mundo tal cal é e tamén temos o noso dereitiño a querer saber.

Anónimo dijo...

Explicado a posteriori, ante feito consumado, calquer charlatán pode xustificar calquer viaxe, hasta a Lúa. Ou calquera cousa. Os impulsos irracionales, sobre todo os que nos producen placer, son fáciles de racionalizar ("razonar") a posteriori pra xustificar a conducta. A xente común chámalle "desculpas". Ás veces, de mal pagador.
Pasa como coa xustificación de facturas, despóis de que que gastásemos no que nos deu a gana. Non é difícil xustificar a necesidade da compra, sobor de todo se os cartos non son nosos. Se son nosos e temos outras necesidades, as cousas vense de xeito diferente.

Anónimo dijo...

A propósito do charlatanerismo -fixome graza cando me enterei que en inglés unha das formas para dicir charlatán era "charlatan"- a propósito, creo que o dos debates políticos é un desacerto.
O "contrato" é entre o elector e as propostas que lle son o suficientemetne atractivas como para querelas oír. A min estes dous -tre co da TVG- debates últimos semelláronme unha mestizaxe de Gran Hermano e Salsa Rosa. Primeiro chegan en lumousinas grandes, báixanse en medio dos focos e os admiradores, cunha música de fondo de cagarse... Logo os comentarios previos e posterioers, que se a corbata, que se abotoara ou non a chaqueta, que se se peiteará antes de saír...
Un tipo como VRisco, con adversión a falar en público, que tatexaba, que se qeudaba en branco, etc. sería hoxe un chaíñas ao lado de calquera falabarato fillos do mass media. Eu non faría máis debates. Non sacan máis que o peor de nós... non onde podemos falar das nosas ideas senón do ruíns que son as do outro. Todo cocacola.

Anónimo dijo...

Pénseo ben, Monxardín: os debates están moi ben, incitan a contrastar, a informarse, a preocuparse da cousa pública, a discutir, a participar... Debería haber unha lei que os fixese obrigatorios, aínda que non necesariamente co formato visto nesta campaña electoral. Outra cousa é cómo se debata, pero os debates son de seu un instrumento democrático de primeira necesidade.

Anónimo dijo...

Imaxinan vostedes calquer outro asunto serio, digamos un xuizo,ou un congreso científico celebrados no formato deses debates?.A mesaxe suliminal ("o formato é a mesaxe") é que o asunto non é, en realidade, suficientemente serio, máis ben algo próximo a un espectáculo deportivo. Unha nova "arena" pró solaz dos instintos. Neses debates priman habilidades visualizables, esencialmente diferentes ás verdadeiras competencias de goberno dunha sociedade, que requiren coñecemento e manexo de esquemas abstractos. Salvo que aceptemos que o seu rol é de "marionetas" de queñes realmente gobernan.

Anónimo dijo...

O candidato ideal será pronto un actor profesional adestrado especialmente pra o papel. Quizáis por eso o Reagan túvoo fácil, no seu momento.

Anónimo dijo...

Os debates son necesarios, pero tal vez non entre presidentes de goberno, que non teñen por que ser duchos en esgrima intelectual nin en discusións onde prima máis a rapidez e a telexenia que a solidez política e a claridade de proxecto. Por iso, os debates entre presidentes debían acompañarse de debates entre paladíns (Rubalcaba, Solves, Zaplana, Gallardón...) con outro formato que permitise unha discusión a fondo.

Anónimo dijo...

Non me parece mala idea a que apunta Morrison. De feito, o debate entre Solbes e Pizarro foi moito máis sólido e interesante que os que enfrentaron a Zapatero e Rajoy.
Pásolle o recado a Pepiño.