As regras do xogo.
Pan por pan 4 marzo
Falou esoutro día en Vigo Carlos Taibo, autor de diversos estudos sobre política internacional e os movementos antiglobalización. Alertou sobre un modelo de crecemento económico salvaxe con serios riscos para as relacións sociais, cos traballadores sempre na pola máis feble, e para a propia supervivencia do planeta, pola súa incidencia no cambio climático. Dixo cando menos dúas cousas interesantes, coñecidas pero que non sobra lembrar. Unha, que seríamos demasiado inxenuos se pensamos que son os políticos os que dirixen de verdade as regras do xogo. E que as empresas multinacionais teñen, elas si, un gran poder, a miúdo invisible, porque manexan cifras de volumes de negocios que superan os PIBS de varios países xuntos. Escolleremos uns ou outros políticos, os que nos parezan mellores para certas cousas. Pero non soñemos que estes queiran ou poidan facer milagres.
2 comentarios:
Eso de que escollemos aos nosos representantes políticos, ten moito de "ilusión óptica", moi ben lograda. Ilusionismo a gran escala. Ás veces o sistema electoral lémbrame unha máquina "tragacartos", que che ofrece a posibilidade de escoller entre as mazás ou as peras, pero ao final dache ela o que lle da a gana. No diseño de sistemas electorales debéu aportar a súa experiencia algún experto mago circense.
As empresas son votadas polos consumidores "todos os días", como dí o Soros. Ten máis senso decir que son os cidadáns os que as escollen. A "ilusión óptica" neste caso consiste en convencer ao consumidor de que o custo do producto é somentes o numérico valor monetario. Pero ese é só o custe inmediato. Na etiqueta non aparecen os outros custos (ecolóxicos, etc...) que nunha valoración económica seria deberían ser tamén imputados.
Ilusións,ilusións,...
A ilustración do Sísifo, subindo a pedra que despóis cae para o outro lado, lémbrame tamén ao electorado e a súa alternancia do voto. Facemos un esforzo por desbancar a un partido corrupto votando a outro. Unha vez no alto do poder, cae nos mesmos vicios que o outro. E hai que volver a soportar a carga de levantar de novo ao primeiro pra desbancar ao segundo.
E, mentras tanto, o abutre da clase política coméndonos o fígado eternamente.
Publicar un comentario