dobre cumpreanos (3 marzo)
e 50 tacos do cronista, que é Piscis.
Aínda non me fago a idea... O neno que fun, cando vía alguén de 50 anos parecíalle xa todo un vello.
Pero o tempo pasa ...
Na vella Auria un recuncho para a reflexión, o lecer e o pensamento. Unha fiestra aberta ao mundo dende aquela vella sentenza de don Vicente Risco: "Ser diferente é ser existente".
81 comentarios:
Ou sexa, que dobramos outra curva. Parabéns, de parte de alguén que vai por diante. Mañá, fala coa nena; hache facer ben.
Parabéns polos dous motivos, Marcos. Hai que botarlle filosofía ao asunto e mirar cara adiante, coa chea de cousas que aínda quedan por facer neste país noso.
Non actualizara a páxina do seu blog e mandeille felicidades noutro fío. Como é vostede Piscis coma min, naceu en Marzo coma min e ademáis o día 3 coma min, pois non me podía esquecer. Unha aperta e que o pase ben este día: que lle traian bós agasallos.
Parabéns, pois.
A vostede tamén, Arume, aínda que cumpra uns pouquiños menos. Pero nestas idades iso é ouro.
Parabéns a Marcos, A Arume e ao blog. E a disfrutar todo o que queda, que aínda é moito.
Dobres parabéns. Que o festexes e que teñamos uvas na solaina por moitos anos.
DON ARUME: PARABÉNS!!!. QUE TEÑA UN FELIZ DÍA, QUE TEÑA MOITOS PRESENTES, E QUE CONTINÚE A SER TAN BOA PERSOA COMO É.
Cun día de retraso, cumpleanos feliz para Marcos e as Uvas.
Parabeins no seu aniversario para dous beibis provectos: Arumes de Valcárcel e Marcos dos Piñeiros. Carrocería en bo estado, e versátiles e xuvenís de espírito.
Brindemos por vindeiras colleitas d'as Uvas aínda mellores, mentres imos bebendo o viño novo de tódo-los días.
E O MESMO QUE DIXEN ANTES PARA DON MARCOS E A SOLAINA, O "BLOG-ESTOURO" DO REINO DOS SUEVOS E REST OF THE WORLD.
Alles gute zum Geburtstag!
Ou parabéns dende europa central.
Parabéns pola dobre efeméride, irmán. Estaremos atentos aos próximos cincuenta, que axiña chegan. Unha aperta fonda de silencio sen olvido.
Modesto Fraga
O meu agasallo
Moitas felicidades para vostede e as xa imprescindibles Uvas. E tamén para o Arumes. Eu tamén son da raza dos Piscis.
Parabéns, con unha aperta forte.
TREBI
Xa lle queda na recepción do Liceo un presente de cumpleanos, mercado na "livraría Torga". A idea orixinal era agasallalo co "Proxecto Identidade", no que colabora Arume dP, de paso que o mercaba pra mín, pero aínda non o tiñan.
É un libro de recente saída ao mercado. Se xa o tén, pode cambealo sen problema.
Tanti Auguri!
Tanti Auguri! ,tamén pra Arume dP. Mágoa de non sabelo onte, que andiven tamén por Vigo, pra darlle un agasallo,e obligalo a invitarame a alcohol nalgún dos bares dos que fala no seu blog.
Nessuna paura!!
Afortunadamente, somos inmunes ao paso do tempo, prás cousas que verdadeiramente importan. A edade só afecta ás caralladas.
Parabens Marco!
e lembra do que di o tango: se 20 anos non é nada, moito menos 50!!
Apertísimas ao lonxe!
Non sei se será Abril, " o mais terribel dos meses", ergan a e miren por riba das cidades as árbores, os insectos zunando.
So lle faltaba a Marcos nacer en Ponferrada ou a Arume en Ourense, pero hai outros comunicantes, os rios, o Sil e o Miño arrastrando o sentido cara o mar onde acaban os anos.
Felicitacións para o anfitrión do blog mais vivo do pais, onde a diversidade, a polémica, a diferencia enche o rio pai miño a engordiño entre as pontes de cultura que queren ir mais alá.
Felicitacións para o entrañabel Arume que trae o vento do Bierzo dirixíndose a mar da Vigo.
Un agasallo:
Saber levar a nosa porción de noite
ou de mañán pura;
encher o noso vacio con desprecio,
enchelo de ventura.
Aquí unha estrela, e outra estrela lonxe:
algunha extravíase.
Aquí unha néboa, mais alá oura néboa,
mais dispois o día.
E. Dickinson
Últimamente non acudo a solaina, por cuestións de acceso e por adicación a asuntos que requiren toda a miña concentración, mais así que avance Abril..."o mais terribel dos meses..."
Pois nada, ho, parabéns polo dobre aniversario. E que dure.
Eu son cáncer. Farei sesenta en xuño. Se nón en dignidade nin goberno, polo menos supéroo en idade. Pax tibi e vobis. Cumplimenti e anche nessuna paura. Prego!
tibi et vobis, ¿eih?
Hai que disfrutar do tempo pra non rematar tendo a impresión de que nos roubaron, anque sexan os meses horribilis:FURAR.
O anónimo Demetrio non é un troll, até de agora polo menos.
E namorarse outra vez, en Marzo ou Abril (anque sexa da mesma):FURAR.
APRIL is the cruellest month, breeding
Lilacs out of the dead land, mixing
Memory and desire, stirring
Dull roots with spring rain.
Winter kept us warm, covering
Earth in forgetful snow, feeding
A little life with dried tubers.
Pero Marzo é outra cousa.
Da Coba, para vostede que sei que adora estas cousas.
Son o grupo na moda, en Karakalpakstan. O máis "in", o máis "camp", o máis "pop", por fin, o máis "fashion".
Repare nas chaquetas, Da Coba.
Os Trovadores, Los Chicos del Jazz, París de Noia, mesmo a Nebraska de Celanova non son nin sequera pálida sombra deste magnífico conxunto de música lixeira, aínda que sospeito que tocan en playback. Xa me dirá que opina vostede.
Un abrazo.
GRANDES FIESTAS EN NUKUS-GRAN GALA YEYÉ-FUEGO FIJO Y VOLADOR
Cun rabel electrónico e sampleado!!
Parabéns polos 50 e polos 2. Unha aperta.
Don Arume: Como sei que vostede é máis clásico, e como lembranza saudosa desde Nukus, envíolle isto.
Repare, mestre Arume, na moza que aparece exactamente no minuto O0:57. Élle Kyva, a aprendiza de peinadora (perdón, estilista auxiliar) de Myrna, a amiga de Kyra. Atreveuse a ollar, amigo Arume, para as camisas ou similares dous dous admiradores-acompañantes??? Eu non.
Quen virá sendo a que aparece no minuto 03:18, ataviada co pintoresco traxe rexional karakalpak???
Saúdos, e que teña un feliz día, señor.-
P.D.: Penso que tamén cantan en playboy.
KARAOKE KARAKALPAK
Os lyrics da canción é:
Miro pola fiestra
o mundo ao meu redor.
Seica non estás conmigo.
estás co acomodador.
Eu dinche toda a vida
e quedaches co millor.
Agora estás en Nukus
e eu en Nova iork.
Mándame unha carta
mándame unha flor.
Miña rula, miña Kyra,
toma todo meu amor.
Bis, bis.
A garabata do cantante (con perdón) leva medio nudo windsor.
Sempre sublime "Poetry" , este Arume do Avon...
jajajajajajajajajajajajaja
Río e choro tamén
jajajajajajajajajajajajajajaja
"Miña rula, miña Kyra"
Non o faría mellor a nosa Rosalía.
Para o querido amigo don Leituga One, que á parte de clásico é moi enxebrista. A ladaíña do cantante, con perdón, tamén me lembra algún momento musical de "Thick as a brick" dos Jethro Tull.
EMILIO JOSE-JOSE LUIS PERALES-JUAN PARDO
Para don Marcos, liberal, patriota galeguista, pre, proto, e post romántico.
A ILLA DOS MORTOS
Drug moi,meu amigo Medela, pode estar seguro de que a maioría das orquestas de baile fan "play back" en maior ou menor porcentaxe. Tamén lle podo decir que, si non o fixeran, sería imposible que foran económicamente viables.Á inmensa maioría da xente xa non lle gusta o son do 100% directo. O que queren oir, en realidade, son discos. E mirar "performances" visuáis. Moitas veces penso que a verdadeira profesión dos músicos das orquestas actuáis é a de actores. Profesión moi respetable,dende logo.
Tamén para don Marcos, que sei que lle gusta.
Caspar David Friedrich
E aínda
DELACROIX
os 50 asasinados polo exército israelí non merecen nin o máis mínimo comentario dos frecuentadores deste bendito blog, sempre tan prestos a denunciar antisionismo aquí e acolá
en fin
Da Coba: E Madonna, e U2, e os Stones non tocan tamén en playback??? Claro que si.
O malo que agora as orquestras espectáculo, estilo María Montana y su Show, ou París de Noia, desvirtúan o sentido clásico dunha verbena, é dicir, que os mozos e mozas se coñezan, bailen, etc.
Agora non baila ninguén; non digo que sexa bo ou malo, pero as orquestras perderon boa parte do seu rol clásico.
O QUE SEMPRE FOI E TERIA QUE CONTINUAR A SER
O QUE ANTES ERA DUN XEITO E AGORA SE TORNOU INEXPLICABLEMENTE NISTO
GRAZAS A TODOS E TODAS.
POLAS VOSAS GARIMOSAS PALABRAS.
POLOS VIDEOS E AS CANCIÓNS (ese mundo indio do que tanto gusta Arume e ten o seu engado, de certo).
POR ESAS IMAXES TAN MIÑAS, SI, DE GASPAR FRIEDRICH.
POLOS AGASALLOS (quedo abrumado de novo, don Xoán da Coba).
POLOS POEMAS E POLA VOSA INTENSA COMPAÑA.
Graciñas, de corazón: se fai falla, coa cabeza e co corazón (con perdón, pola brincadeira final).
Parabéns dobremente!!!!!
Pois claro que sí, Medela, en play back desde moito antes que os outros.
Os trovadores de Karaplakastán (ou como se escriba) semellan parentes do tenente Sulu da nave Enterprise de Star Trek.
Medela, teño unha sospeita que me roe os poucos miolos que me van quedando: il-non-será vostede o famoso Borat, xonralista de Kazakhstani?
http://www.youtube.com/watch?v=QF1_rxZEQNU
jajajajajaja
Xenial, como sempre, don Marcel.
Sutil retranca ao escribir o nome de Karaplakastán.
Non gustou do cantor enxebre, Marcel, pois non?
Borat é aparentemente un friqui.E de friqui non ten nada. Eu quero ser oficial ferrallista de primeira... E ir ao cinema e de cafeterías e de centros comerciais e de romería e de parrillada no monte e de praia viguesa domingo de agosto, con Kyra Argounova. Como todo o mundo.
Ouviu, señor Swann, había ben anos que non escoitaba iso de EL-NON-SERÁ...
Moitísimas grazas, señor.
Envíolle hiper - vencello.
ENXEBRE SWANN KARAPLAKASTÁN
Divertido, ou non??
O paisano pasaba perfectamente por un de Caldas de Reis a actuar no Luar.
Cumprimentos.-
¿2 parabén polo 50 ou 50 parabéns polos 2?
Mellor 2 x 50 parabéns polos 2 e polos 50.
Graciñas Marcos e Saúde a todos
!E QUE CUMPRA MOITOS MÁIS¡
Dende a Serra da Groba.
Eu, medela, aínda que son un rapaz estudado, teño ás veces saudades de vidas que non vivín.
- Por exemplo, ser Javier Bardem en "Los Huevos de oro": un catalán falando español, con barretina, fodón e desacomplexado.
- Un camioneiro dos que transportaban peixe da Coruña ou Vigo a Sevilla, pola Vía da Prata, circa 1977, nun camión sen freos hidráulicos e decorado con pósters daquelas primeiras revistas psicalípticas. Parando, polas noites, en fonduchas con chinches no leito, ligando coas camareiras (todas feas e maritornes), e papando os callos con tintorro Coes neses bares de "carretera", nos que se pode chuspir no chao (nun colchón de serrín), e mercar os grandes éxitos en musicasette (Marifé de Triana, El Pescadilla, Porompompero '76) ou unha faca de Abacete.
- Un obreiro da construción no Vigo tardío do alcalde Portanet. Mata de pelo no peito e patillas ao currojiménez, fumando ideales, a unlla do maimiño esquerdo deixada medrar (cunha capa de costra negra de tres centímetros), un cortauñas sen usar cunha chavala debuxada lixeira de vestimenta e, se fai falla, exhibindo un puño americano diante dos malandros de Coia ou do Berbés.
- Un moinante dos que ían polas feiras facendo de trileiros, cun par de compinchados ben traxeados para mellor enganar aos parvos de pariaguas na pucha, boina e uni-ceixa.
- Un pasota-macarrilla daqueles de 1978. Chaqueta de amplas solapas, camisa floral, "tejanos" acampanados e botas de Valverde del Camino. Ao meu carón, unha peluqueiriña-lavacabezas, trasunto dunha Olivia Newton John loura de bote, con dez quilogramos de esmalte de uñas e maquillaxe, e peinado cardado a man.
Swann, aínda ben que non estudou, que se chega a estudar... Mi madriña!!!
Todo o que conta vostede é déjà-vu ou sincronicidade en estado puro.
Viño Coes, Marifé de Triana, Portanet, Ideales, corta - unllas, moinantes con gancho, botos de V. del Camino, peinadoras...
Que escenografía, Swann. Que estraña fascinación - fetiche.
Ouviu, Swann, vostede non será o Reixa, por un acaso??
Saúdos.
Aquelas orquestras: "Las chicas son guerreras", "Así se enamoraron papá y mamá", "Bienvenidos (los hijos del rocanrol").
A galdrupada dos churros e as garrapiñadas, servidos en cartuchos de papel de estraza por mans non hixienizadas.
A taberneira do posto de "pulpo" tocada de mandil gris e unha gorra de piensos Calfensa (ou Dog Chow). As rapazas bonitas da parroquia agardando ansiosas a que algúen as invitase aos "cochitos".
O invevitable borrachuzas de todas as verbenas, impando de tenderete en tenderete, na procura do vasete.
Os patronciños coa boca aberta, mirando prós músicos das orquestras e, mais modernamente, prás canelas das cantantes.
Os rapaces que medran unha cuarta o día da romaría, ceibando petardos e facendo correr as rapazas dentro das curtiñas de millo.
Os mozotes non emigrados que chegan ao campo da festa en motosegadora, ou en tractor Barreiros Haomag, ou en bici be hache, ou en mobilete e ben enfundados para non pillar lama ou bostas nos fuciños.
As mozotas casadeiras, lavadas con xabrón Lagarto, que levan un vestido de La Casa de la Pradera mercado na vila, en Confecciones Pilara ou en Creaciones Josefa, bailando unhas con outras mentres non as saque a bailar algún mozo tímido.
Homes serios, fumando celtas sen filtro, con rostros vermellos de quen recibiu a auga, o frío e o vento de cincuenta invernos.
Tarde, pero ainda chego para felicitalos.
D.Marcos e D.Arume, deséxolles, empregando versos de Neruda, que.
" Nunca morran lentamente por non arriscar o certo e o incerto para ir detrás dun sono".
Que cumpran molts, molts, máis.
Tamén tarde, pero a tempo para felicitar o blog e mais o seu entusiasta e modélico inspirador. M oitos parabéns aos dous, de parte doutro piscis.
Esquecéu, señor Swann, poñerlle unhas gomas elásticas,tendo conta da campana dos pantalós, aos que chegaban en bicicleta ao campo da festa. Pra que non llas collera a cadea grasenta da "Orbea" (non "BH", eso foi despóis). Algún, esquecía quitalas e logo pretendía ligar a algunha rapaza decindo que tiña coche. Ela respostaba: "Si tés coche, pra qué traes as gomas tendo conta do fondo dos pantalóns!".
Había tamén unhas pezas como de folla de lata un pouco rexa e ao tempo flexible, como unhas abrazadeiras, para apresar os baixos do pantalón. Non sei o seu nome, pero eran máis cómodas cás gomas.
Si. Marca Orbea. Non sei se escoitaron algunha vez a expresión "de marca Orbea", para referirse a algo de moi boa calidade.
Unha rapaza acercóuse a un mozo durante a verbena e preguntóulle se a podería levar á súa casa, nunha aldea próxima, ou si quizáis sería demasiado peso pra ir dúas persoas. O mozo, facéndose o valente, dixo que a levaría sen problema, imaxinando un romántico final entre xestas, baixo o ceo estrelado da noite. Pero ela aclaróu que se refería a levala a ela e á súa irmá ,maior e máis pesada. O pobre rapá sentíuse atrapado, pero xa non había volta atrás. Unha das rapazas foi na barra de diante, a outra, no portabultos. Cómo sudaba, o pobriño, dando pedal varios quilómetros, case todos costa arriba. As rapazas repetían "qué amable, qué amable..." repatingadas nos seus respectivos asentos, sen votar un pé ao chan pra axudar a subir a costa.
Estimado Swann:
Vostede si que fala en cousas importantes, básicas e fundamentais. Cousas que tal vez nos marcaran máis do que pensamos, nesta verbena interminábel que é a vida. Se cadra, unha tarde/noite de verbena era a vida enteira comprimida, ritualizada e teatralizada, como un mito grego.
E non era algo absurdo como ese debate que argüidamente pretende paralizar o país. Debate, debate, debate...
O que vostede chama un romántico final entre xestas, en Extremadura chaman ir coller os espárragos. En Semana Santa é costume moi concurrida nas xiras por entre as devesas de Terra de Barros.
E que terán as verbenas, festas, romaxes e similares para que sempre acabemos a falar delas!
Daba para un bo (e aínda virxe) xénero literario.
Saúdos, Arume.-
Aínda lle temos que tomar un vermú de penal, sen xeo nen limón, n'O'que faltaba, un clásico da festa da Fraga pontesa.
Cando eu traballaba nun deses toldos para quitar cartos para a excursión de 2º de bup (15-16 anos: servindo copas!), lavabamos os vasos nunhas tinas de plástico cheas dun auga que apenas renovabamos. Mergullabamos os vasos un intre e os quitabamos para servir de novo. E non eramos os únicos. Cando penso no tiquis miquis que somos agora...
¡Cagondiola, don Marcos, asustoume co slogan final!
Que vostede e o señor Arume cumplan o mesmo día élles ben curioso. O que pasa é que el é máis coqueto e non fala de cifras...
Parabéns e que sexan outros tantos con boa saúde e mellor mente, e os seguidores das uvas que o vexamos.
Perdón por repetirme. Señor Arume: eu nas verbenas e lugares mínimamente sospeitoso sempre bebo a morro (cousa que non me gusta nada, volvinme tamén finolis) dende que un día nas festas dun lugar noiés que non mencionarei vin a unha muller da comisión eliminar dun vaso unha mancha difícil... ¡con cuspe!
(Sinto introducir unha anécdota tan desagradable pero a súa palangana de plástico tróuxome o recordo).
Parabéns de novo, señor das Uvas.
Parabéns, querido anfitrión, no aniversario do mellor blog para o diálogo.
Anxo Tarrío
PARABÉNS POLOS 50. OS ESPÍRITOS XUVENÍS XAMAIS CUMPREN OUTRA COUSA QUE NON SEXA UN CALENDARIO. SAÚDE E SORTE.
Seguimos ollando "asuvasnasolaina" case todos os días. Un referente no mundo das bitácoras en galego. Parabéns a Marcos Valcárcel polas dúas efemérides.
O xénero favorito das Uvas semella ser a nostalxia.
Pois vai unha de nostalxia:FURAR.Mágoa, non atopéi a versión de Gardel.
Pois non pillei eu o recordo do "Thick as a brick" na melancólica e añorante tonada do cantante karapalkastaní, señor Medela.
Os movementos das mans lembráronme a primeira etapa de Julio Iglesias. E o ton afectivo, de nostalxia irremediable pola amada ausente, a un cantante portugués que vin actuar unha noite de inverno e poalla no Casino de Povoa de Varzim.
Creo que está ben traído ao conto o nome de Emilio José, inesquecible e nunca ben comprendido intérprete de "Soledad":
"Pero yo la quiero así,
distinta,
porque es sincera,
es natural,
como el agua que llega
corriendo alegre
desde el manantial,
no sabiendo ni a dónde va...
¡Ay, qué feliz
vive mi Soledad!"
Non, se vostede ten toda a razón, amigo Leituga One. Eu facía referencia á ladaíña monocorde da peza musical.
Imaxinei que expresaba algunha cousa anterior ao que é chamado paleoeuropeo, algo no que falaban e/ou cantaban os homes e mulleres de hai 150.000 anos.
Gustei da referencia á Póvoa de Varzim. Por certo, sonlle galaicos coma nós. E nos tempos de Salazar só había penas de amor. As outras estaban vixiadas pola PIDE.
Emilio José fala de soidade. Que lle vou contar, amigo Leituga, aquí, neste páramo onde moro.
Dei un beixo, a traizón, a Kyra Argounova. E non pasou nada, creo.
Saúdos.-
Arde Medela, arde Karakalpakistán.
Lembre o Xénesis, 19:24-25: "Então o Senhor, da sua parte, fez chover do céu enxofre e fogo sobre Sodoma e Gomorra. E subverteu aquelas cidades e toda a planície, e todos os moradores das cidades, e o que nascia da terra".
Volvendo ao dos anos. Non lembro quén dixo que, hasta os coarenta, danche o texto, e a partires de aí, tés que facer o comentario.
Eu non sei se non iréi atrasado.
Arder, arderá, arderemos, Arume-Virxilio, mais por en canto non me prendeu a Benemérita karakalpakstanita.
Un beixo, Arume... Máis nada, e nada menos que un beixo.
Polo si ou polo non, fuxín antes de esperar a reacción.
Mais xa teño un beixo agochado na caixa de seguranza.
Un beixo, Arume.
E xa tiven ben menos.
Cumprimentos.-
Romance de Kyra, a ben bicada.
Argounova, Argounova
Argounova y con amor,
do todas las avecicas
van tomar consolación,
sino es la Argounova, 5
que está viuda y con dolor.
Por ahí fuera a pasar
el traidor del ruiseñor;
las palabras que le dice
llenas son de traición: 10
«Si tú quisieses, señora,
yo sería tu servidor.»
«Vete de ahí, enemigo,
malo, falso, engañador,
que ni poso en ramo verde 15
ni en ramo que tenga flor,
que si el agua hallo clara
turbia la bebiera yo;
que no quiero haber marido
porque hijos no haya, no; 20
no quiero placer con ellos
ni menos consolación.
¡Déjame triste, enemigo,
malo, falso, mal traidor;
que no quiero ser tu amiga 25
ni casar contigo, no!»
Carafio, Arume, anda a envexa a tecer a súa sutil, invisíbel e efectiva rede...
Tenga usted amigos para esto... jeje
Eu creo que ten rivais perigosos en Nukus: chegoume esta mañán polo correo baixo o anonimato dun (ou dunha) que asinaba O rapsoda uzbeko. Vaia con máis cuidado.
Aínda para máis, uzbeko. A alcaldía de Nukus é do Partido Nacionalista do Karakalpakstan. E asina o meu pretendido rival como rapsoda uzbeko.
É como se nas festas patronais de Rentería convidan como plato forte a "Bordon 4".
Ese uzbeko é un mentirán, un falabarato, un tarabelo, un pailán e un envidioso.
Grazas, de todo o modo, polo aviso, amigo Arume.
Saúdos.
P.D. Podía especificar algunha cousa máis sobre o correo que lle enviaron??
En Asunto poñía (eu creo que o tal rapsoda le este blog): "SABOR POPULAR". Será polos versos octosílabos empregados ou terá que ver co beixo roubado por vostede a traizón? A que sabía Argounova? Conte: calquera detalle pode ser crucial.
A que sabía???????
Meu Deus.........
Foi unha milésima de segundo...
Despois lle conto
Se non fixo nada, se non berrou, se non o insultou, se non lle arremangou unha ostia, daquela é que ten a cancela aberta, Medela.
E se lle arremangóu unha (soa) ostia, pero non lle berróu nin o insultóu, tamén ten a cancela aberta. Espabile e dese presa, Medela, que non esperan moito.
Aínda estou na espera de que Medela explique, con sinestesias se quere, o sabor do beixo de Kyra.
Sinestesias non lle sei o que son, amigo Arume, mais por sinécdoques e metonimias non ha ser.
Abrazos.
Nunca vin un post con tantas felicitacións, sen dúbida ben merecidas.
Desculpe pola tardanza e reciba tamén os meus dobres parabéns.
Publicar un comentario