3 mar 2008



centenario da morte de Curros
(mensaxe 1650)

Curros e Vigo, por X.L. Méndez Ferrín (Faro V. 3 marzo)

De donos liberto, por Luís González Tosar (ECG 2 marzo)

Curros, vivo na memoria, por Salvador García-Bodaño (ECG 2 marzo)

A Rosalía

Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu...
Os ósos son dela que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

1 comentario:

Anónimo dijo...

O de "do mar pola orela/mireina pasar" sempre me pareceu un ripio polo que Curros debeu pagar pena de prisión.

Aínda queda por escribir unha biografía de Rosalía Castro que aclare moitas das lagoas que aínda existen sobre a súa vida e pensamento.