1 mar 2008










Da antiga Compostela

Do libro que comentamos máis abaixo, tiro estas dúas fermosas imaxes. Á esquerda, o Calexón das Trompas co convento de Belvís ao fondo.


¡Calade, ouh ventos nouturnos;

calá, fonte da Serena,

que alá por cabo das Trompas

quero oír quén chega!

A outra imaxe é moito máis coñecida (á dereita),o Pórtico da Gloria da Catedral cara 1930 nunha foto de Ksado.

Santos e apóstoles, -¡védeos!- parece

que os labios moven, que falan quedo...

13 comentarios:

Marcos Valcárcel López dijo...

Dos meus anos en Compostela, vivín varios meses nun piso da zona de Belvís, con Alberte Ansede, a Pitusa de Ferrol e as Brañas, irmás. Subía a diario ata Belvís por ese calexón. Nalgunha outra ocasión nocturna e clandestina tamén o usamos para deprazarnos sen ser moi vistos...

Anónimo dijo...

Tema fascinante. No vrau comprei a Historia da cidade de Santiago de Compostela, redactada por varios autores e publicada pola Univ. de Santiago. Dedica varios capítulos ao século XIX.
Gustaríame ter máis bibliografía sobre este tema: libros de historia, novelas que describan como era a cidade...

Hai uns anos asistín a unha exposición sobre o que foi o hospital real de Santiago (actual Hostal dos Reis Católicos). Os métodos alí empregados pola medicina da época eran arrepiantes! Serruchos, tenazas, sangrías...

Teño entendido que Rosalía Castro medrou en anos de malas colleitas no campo galego e que foi testemuña de como os paisanos baixaban das aldeas para Santiago e como moitos deles morrían de fame.

As fotos máis antigas que coñezo de Santiago son as de Thurston Thompson, un fotógrafo inglés que veu a Compostela en 1866 a fotografar a catedral e algunhas igrexas. Foi el o "redescubridor" do Pórtico da Gloria, do que fixo unha reproducción en escaiola. As súas fotos de Compostela pódenas ver aquí:

http://www.artandarchitecture.org.uk/search/results.html?_location=TGN_1%2e0I%2e3L%2e17%2e1%2e0X&display=Santiago+de+Compostela&ixsid=EudvTw8BQPu

Alguén de vostedes coñece fotos de Compostela tan ou máis antigas que estas? Creo que se fixera algunha antes, nunha daquelas Exposicións Rexionais promovidas pola Sociedade Económica de Amigos do País.

lourixe dijo...

Fotos máis antigas non sei se hai, grabados e planos si. Gústame moito un de 1796 que vin por primeira vez na casa-museo de Rosalía en Padrón (xa non está exposto desde a última reforma, pero teñen outro exemplar no Museo de Peregrinacións en Santiago).

Anónimo dijo...

Penso que non é moito o que coñecemos da vida diaria no século XIX galego. Por exemplo: gustaríame saber como podía facer un cidadán da Coruña para se desprazar a Santiago. Sabemos que as dúas cidades non estaban conectadas por ferrocarril, pero que medio de transporte utilizaban? Había un servizo de dilixencias para o público? Canto duraba a viaxe? Que tipo de xente facía estes desprazamentos?

A resposta a esta pregunta está na novela de Pérez Lugín "La casa de la Troya" que, creo recordar, representa os anos de estudante do autor (década de 1880). Pero existía ese servizo de dilixencias corenta ou cincuenta anos antes?

Ando desde hai anos á busca e captura de libros de viaxeiros que nos visitaran desde o século XV até o XIX. Tamén hai información nos xornais que teñen dixitalizados no CSBG:

http://www.csbg.org/prensagalega/index.asp

Marcos Valcárcel López dijo...

Creo lembrar (que APICULTOR me axude) que hai un libro (debo telo eu, sabe Deus onde?) sobre a COMPOSTELA DO SÉCULO XIX, do malogrado historiador José M. Pose Antelo, falecido prematuramente (foi profesor meu na Facultade).

Anónimo dijo...

Haino, editado pola USC, pero non recordo que fale dos medios de transporte.

Anónimo dijo...

Gracinhas:

José Manuel Pose Antelo. 1992. La economía y la sociedad compostelana a finales del S. XIX. S de C: USC.

Tamén teño que consultar a "Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX" (Xavier Castro, Nigratea, 2007)

Tamén están os contos e novelas de Pardo Bazán, Valle Inclán...

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Extraordinario o enlace que puxo, amigo Marcel. Moitas gracias.

Anónimo dijo...

Agora que o penso, o libro de Pose falaba o ferrocarril. O que non lembro é se se refería a outros medios de transporte.

Anónimo dijo...

... falaba do...

Anónimo dijo...

Marcel cita, en xeral, as novelas de Pardo Pardo. Supoño que moi especialmente a titulada Pascual López, que se desenvolve en compostela. Terá que mirar algo para Maxina, de Marcial Valladares, e, aínda que ambientada no XVI, A tecedeira de Bonaval, de López Ferreiro.

Anónimo dijo...

De Pascual López hai preciosa edición de Ara Solis/Consorcio de Santiago (1996) con introdución de José Manuel González Herrán.

Anónimo dijo...

Zenkiu veri moito.

Pardo Bazán, Emilia. 1879. Pascual López. Autobiografía de un estudiante de medicina. Edición, Introducción y Notas de José Manuel González Herrán y Cristina Patiño Eirín, Santiago de Compostela, Ara Solis-Consorcio de Santiago, 1996.

Coñecín hai tempo a unha das persoas encargadas da edición, especialista en Pardo Bazán.