1 mar. 2008

cousas da campaña

Nun xiro estratéxico, o PP revírase contra o BNG e Baltar proclama: o BNG non é galeguista (informa Vieiros).

Na enquisa de Sondaxe para LVG, gaña o PSOE por 3,5 puntos. O BNG sobre a súa porcentaxe (do O,8 ó 1,1).
O PSOE logra máis apoio dos novos votantes, aínda que un 4,3% do seu electorado vaise ó PP. O sondeo detecta un amplo trasvase de votos de esquerda en favor de Zapatero:
Así, os trasvases de voto procederían fundamentalmente de Esquerra Republicana de Cataluña (15%), BNG (14,3%) e en menor medida Izquierda Unida (13,2%). Todos estes apoios mobilizados pola consigna do voto útil compensarían a relativa debilidade do chan electoral do PSOE. Os populares só contarían co reseñable trasvase de votos procedente do electorado de Coalición Canaria (un 25%).

"Chequeos, mapas y retratos", de Juan José Millás (Interviú)

58 comentarios:

Anónimo dijo...

Sorprendente reflexión en LVG sobre a "gran importancia" da xente de esquerda, especialmente nun mundo onde son transparentes, inoloros e tal vez insipidos; tal vez simplemente porque xa non existen

Extracto del libro El alba la tarde o la noche de Y, Reza (referiéndose a Sarkozy: Hace elogio de Zapatero y de su homólogo Alfredo Rubalcaba. Habla también en términos calurosos de Prodi y de Blair. Digo, es gracioso que seas amigo de todos esos izquierdosos. ¡Porque no son de izquierdas! Exclama ¡Solo en francia hay gente que vive como de izquierda!

marcel swann dijo...

E que di Baltar pai, fillo e espírito santo dos "Tanga(llegos)"?


Tomado de:
http://libertinajelinguistico.blogspot.com/


Españoles todos:

La Mesa contra el Libertinaje Lingüístico informa que el GaBibús,autobús reivindicativo de Galicia Bilingüe que recorre Galicia en una contra de la imposición del gallego en la enseñanza,y en todos los ámbitos de la vida, ha sufrido un nuevo ataque brutal por parte de los fanáticos nacionalistas gallegos . Esta vez ha sido en el centro de Lugo esta madrugada cuando fue vilmente ensuciado con pintadas insultantes escritas en dialecto gallego y con los habituales mensajes de carácter totalitario y anti-español. Este sabotaje ha impedido al autobús realizar el recorrido previsto para este miércoles por las localidades de Burela y Vivero.
No es el primer ataque que sufre esta asociación ya que días atrás, esta campaña fue igualmente objeto de otros ataques por parte de las hordas separatistas en las localidades de Vigo y Narón, cuando numerosos incontrolados rojos-separatistas pretendieron con concentraciones frente al bus frenar la captación de apoyos y firmas.

A pesar de estos ataques ,este jueves 28-3-08, el autobús continuará su recorrido, desplazándose al
municipio de Mondoñedo e intentándolo de nuevo en Vivero, con con este horario,Dios mediante: Mondoñedo: entre 10:00 y 14:00, Plaza de la Catedral. Vivero: entre 15:00 y 19:00, Plaza de Lugo".


Galicia Bilingüe ya ha recibido el apoyo de numerosas asociaciones hermanas:

# Agrupación de Mariscadoras Galicia Bivalva
# Amigos de la Zarzuela de Mariscos
# Asoc. Pro Real Academia Gall. de la Lengua Española
# AVG (Asociación de Víctimas del Galleguismo)
# BB.AA. (Bífidos Activos)
# Cadena COSPE
# Caspa Ya!
# Ciutadans Contra la Educació per a la Ciutadania
# CONCAPA (y a lo loco)
# Cátedra de Dialectología Grande Marlaska
# El Oro de Ermua
# El Tanga Llegó (para quedarse)
# Embajada de España ante la Santa Sed
# En Galicia En Cristiano
# FaEs (Falange Española)
# HB (Hable Bien)
# Instituto de Cervantes (Provincia de Lugo)
# La Cascarilla Amarga
# La Voz (en Off) de Galicia
# María San Gil y los que le doran el pil-pil
# Nuevas Degeneraciones
# Obispado de La Coruña
# Partido Galleguista (ma non troppo)
# Pezones Negros
# Peña Taurina El Julai (Carballo)
# UGLY (Ultras Gallegófobos por la Libertad del Yo)

marcel swann dijo...

Velaquí un xeito de desnmascarar, empregando a risa, aos Tangas e as donas Cuaresmas, sen ter que empregar ningún tipo de violencia.
A risa é subversiva:

http://www.youtube.com/watch?v=hahPak2zKL8&eurl=

marcos valcarcel dijo...

A enquisa de hoxe do GALICIA HOXE deixa todo igual. En Ourense sacaría tres o PP e 1 o PSOE.
(Non me fío un pelo das enquisas de LVG, que ata lle daban 1 ó BNG 4en Ourense).

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Na Voz de Galicia din esto: non quita ningún o BNG.

El Bloque experimentaría un crecimiento de 4,1 puntos respecto a hace cuatro años, pero, pese a lograr más respaldo porcentual que en Pontevedra, no lograría colocar a su candidato en el Congreso.

apicultor dijo...

Eu non fun capaz de ler iso por ningures. Xa me empeza a preocupar a miña torpeza.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Ourense deja de ser el granero popular y registra un empate entre PP y PSOE tras 12 años

Desde la desaparición de UCD, Ourense pasó a convertirse en uno de los graneros de votos más estables del PP, con apoyos en las urnas que incluso rozaron el 60% de los votos. Sin embargo, la realidad política de la provincia parece haber cambiado, hasta el punto de que las elecciones del domingo podrían deparar un empate en número de diputados entre populares y socialistas. La última vez que sucedió fue en 1996.
Aunque con una notable ventaja en intención de voto en favor de los populares, de un 14%, el PP cedería 6,17 puntos respecto al 2004, lo que sumado a una subida de un 4% del PSOE depararía el empate a dos escaños previsto en la encuesta de Sondaxe para La Voz. El diputado ganado en Ourense serviría a los socialistas gallegos para contrarrestar el que perderían por población en A Coruña, haciendo así además que sea el PP la única formación que cae en escaños en Galicia.
El Bloque experimentaría un crecimiento de 4,1 puntos respecto a hace cuatro años, pero, pese a lograr más respaldo porcentual que en Pontevedra, no lograría colocar a su candidato en el Congreso.
La socialista Elena Espinosa, es la cabeza de lista más conocida, al señalarlo así el 60,1% de los encuestados, que además la aprueban con un 5,01. El popular Celso Delgado obtiene 32 décimas más en la valoración de los votantes, aunque solo el 38,9% aseguran conocerlo. El aspirante del BNG, Iago Tabarés, logra un mejor índice de conocimiento (39,7%), pero peor nota, con su 4,49.
Los mayores de 55 años se decantan mayoritariamente por PP y BNG, y por el PSOE los que tienen entre 18 y 34.
Ourense2008/03/02/0003_6616637.htm

Xosé M. González dijo...

Visto así en xeral, eu desconfiaría de todas as enquisas: son demasiado diferentes. As enquisas que fai Sondaxe para La Voz adoitan (ou adoitaban) ser as máis atinadas, pero hai cousas que cadran raro raro; verbi gratia: Los mayores de 55 años se decantan mayoritariamente por PP y BNG (pff...).

Ollo, que se o catorce por cen de expectativa para o BNG de Ourense é real, non andaría lonxe do deputado. Pero eu non digo máis có seguinte: a nivel de Estado, o PSOE xoga arestora á maioría absoluta; aquí, a botar o Bloque fóra da estrada. Prognóstico, impresión combinada con combinación de datos: o PSOE gaña as eleccións con moita comodidade; o Bloque sobe en votos, dea para o que dea.

Sorpréndeme, porén, o moito caso que desta volta se está a facer das enquisas, particularmente en Ourense; particularmente, cando onte había máis ben escepticismo.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Con catro diputados en xogo e cunhas porcentaxes de 49, 35 e 14, o BNG ten que sacar máis da mitade do PSOE e máis dun tercio do PP.

Xosé M. González dijo...

Eu digo preto, non no deputado. Tamén digo algo: cun catorce por cen do Bloque son imposibles as outras porcentaxes, porque totaliza noventa e oito.

De todos modos, insisto: non me fío de ningunha; da de Galicia Hoxe, revisados todos os datos, menos. E que aproveite o xantar, que eu vou a iso.

arume dos piñeiros dijo...

Non son imposibles: poden sumar noventa e oito e menos aínda. Hai vida fóra (aínda que reducida á nada) dos tres partidos. Nunca chegan a sumar cen. E bó xantar. Eu tamén vou.

apicultor dijo...

Teño que confesar a miña conxénita incapacidade para especular desde as enquisas preelectorais.

Xosé M. González dijo...

É ao que me refería, Arume: entre os tres non suman máis de noventa e seis e aínda me parece moito. Ao que iamos: de modo menos categórico, digo o mesmo có Apicultor; xa lle tocaba.

arume dos piñeiros dijo...

Non é tal especulación, senón aplicación da lei d'Hondt aos resultados anteriores ou aos resultados hipotéticos das enquisas.

Xosé M. González dijo...

Con especular referímonos (perdón, Apicultor, se non é o caso; logo, refírome) a supor ou avanzar resultados de urna a partir de datos demoscópicos. Eu estou moi escarmentado, son malísimo, e case o único que atinei ultimamente foi a perda da maioría absoluta de Orozco: é para quedar satisfeitísimo, porque xogaba contra todas as enquisas e case todas as opinións públicas e publicadas. Pero non abusarei, porque desde o 1997 (eleccións galegas) vou de sorpresa en sorpresa; e desta volta, non fai falta agardar polos escrutinios de voto: as enquisas son a auténtica caraba.

marcel swann dijo...

As enquisas de agora son frescas e cheiran moi ben.

Non como as de antes, que eran todas preconxeladas e aquilo non había can que o tragase. QUe llo pregunten a Jorge Vestrynge, aquel fulano que nos caía tan simpático no 86, e que nunha campaña electoral xunteira (creo que ese mesmo ano) lle fixo uns sondeos a medida ao seu partido "cunha Casio de bolsillo en una habitación del hotel". Ordes de don Manuel, aber natürlich.

arume dos piñeiros dijo...

Os partidos fan estas especulacións e diso dependen as súas campañas. Por exemplo: o PSOE xoga o primeiro posto en Coruña porque considera que o séptimo deputado é para o BNG. O octavo será para quen gañe entre o PP e o PSOE.
En Pontevedra dan por suposto o empate a 3 e un para o BNG. No peor dos casos para este último, o PSOE non gaña o cuarto. Polo tanto excusan vir aquí con toda a tropa. É máis: case preferirán que algún voto vaia para o BNG antes que para o PP.
Esto pode resultar unha obviedade pero non o é tanto, porque, por exemplo, en Ourense precisan que o BNG saque poucos votos. Cantos menos, millor, porque o PSOE conta con que a mitade dos seus votos sexa máis ca un tercio dos do PP: ou sexa unha proporción menor a 3/2. En Lugo, creo que teñen o peixe bastante vendido: tal vez a honrilla de gañar en feudo complicado por primeira vez e con Pepiño de campión.
Esas son as especulacións, que non son poucas: os aparatos tecnocráticos dos partidos xogan esta partida aproveitando as miserias (case todas) e as grandezas (escasas) do sistema d´Hondt.

Xosé M. González dijo...

Sen dúbida, botan esas contas: pero se dan en botalas os electores, e se xeneraliza como criterio de decisión, toda a especulación pode quedar en nada: e igual o sétimo pasa a noveno e o que non contaba xa conta.

Por outra banda: tales especulacións -coma outras- poden dar para pasar un bo cacho soñando.

Por iso, eu non adoito especular aquí; deixando aparte que o paso mellor soñando outras cousas.

apicultor dijo...

Que si, que me parece moi moi que vostedes especulen ou, dito máis finamente, que fagan prognoses. Eu aprendo moito, xaora. E a maiores se vostedes desfrutan, pois miel sobre hojuelas.

apicultor dijo...

... moi ben...

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

Non son especulacións en sentido estricto, nin pronósticos. As enquisas valen tanto para informar como para determinar o voto. Se eu sei que o meu voto para o BNG en Ourense serve para que o PP quite tres deputados e, por suposto, o meu voto non vala para quitar ao candidato que eu quero, pois tomo a decisión de votar ao PSOE. E á inversa: un meu amigo vai votar BNG en Pontevedra porque o empate do PP e do PSOE está máis ca asegurado e polo tanto quere amarrar o de BNG ou, en todo caso, quere votar en conciencia. En Coruña o voto cara o PSOE para gañar na provincia pode perxudicar (non creo) ao BNG. Este tipo de cálculos (non especulacións) funciona no aparato dos partidos e en cada un dos votantes.
Para iso hai que ter en conta unha máxima que todo o mundo está aceptando: que a situación política, pola estabilidade económica dos catro anos da lexislatura, só levemente alterada nos últimos días, ofrece escasa posibilidade de mudanza, siquera superficial. Cunha semellante situación política, os flecos da lei d'Hondt serán fundamentais. E a iso están a xogar.

[Estou pensando en deixar a filoloxía]

Xosé M. González dijo...

Vexamos: as enquisas serían informativas de seren fiables. Eu sosteño que non son, primeiro, porque algunhas (moitas?) forman parte da propia campaña; segundo, porque a súa propia variabilidade reduce credibilidade.

Como pode estar claro que o segundo do PSOE en Ourense é máis probable có primeiro do Bloque? Como que darlle a vitoria na Coruña ao PSOE non pon en perigo o escano de Jorquera? Cito estes casos tendo en conta a abafante propaganda bipolar da presente campaña, o sentido e mailo funcionamento do denominado voto útil.

En todo caso, sería máis razoable seguir o ruxerruxe local ca non as enquisas. Pero aí tamén hai problema: hai ruxerruxes inducidos, e un pode acabar crendo o que quere crer.

E a de sorpresas que dan as eleccións. Mire, nunha cousa si que estou plenamente dacordo: non só por cuestións económicas, o gañador xeral das eleccións parece ben clariño. Eles sábeno, xogan á maioría absoluta e, nalgún caso, a establecer unha boa polo position; a min tamén me chegan paxariños, aínda que prefira manter distancia e relativismo.

Xosé M. González dijo...

Obviamente, pole position. Descúlpeseme a premura, aínda maior cá habitual. Razón: aínda setenta exames.

Anónimo dijo...

Non sei se a campaña influirá nos resultados. En Ourense, o PSOE está facendo unha campaña intensa, 5 ou 6 mitines diarios, case todos coa ministra Espinosa, que está en todas partes, está recorrendo cada vila, cada sector e barrio da cidade, ademais levan 1 mes con actos diarios con altos cargos, ministros de xustiza, medio ambiente, DX de Industria, Pepiño Blanco, Zapatero, Touriño, ata levaron á Conselleira de pesca a Ourense, hoxe a Conselleira de Educación estaba con 2 ou 3 mitines en pobos ben pequenos, o PP igual, o PP sempre fixo así, o PP sempre recorreu cada recuncho da cidade e da provincia, por certo hai uns días o PP organizou un xantar(marisco, cordeiro,....) en Sta Cruz con Alvarez Cascos e Feijoo, pagado por Caixa Galicia coa desculpa dun foro. O BNG vai ao seu ritmo, hoxe por exemplo mitines en Vilar de Santos, Vilar de Santos, Porqueira e Rairiz, o BNG na cidade centra moito a campaña no mitín central.

arume dos piñeiros dijo...

A lei d'Hondt constrúe o bipolarismo, pero tamén o estimula. Cos datos procedentes das enquisas, o votante posúe a posibilidade do voto útil. Os datos para Ourense, a estas alturas, poden desanimar a votantes do BNG que poden ver o seu voto perdido, do mesmo xeito que animan en Pontevedra porque consideran que está no canto de perdelo. Informan, pois, para obrar en consecuencia.
[Damos por suposto que os votantes do PSOE e do BNG non queren ao PP no Goberno. Eso si é especulación, pero razonadísima]

Júlio Medela de Lobeira dijo...

E que Ourense, amigo Arume, gravita ou fluctúa arredor do medo paralizante e da bancarrota moral. Por iso o que funciona en outros sitios fracasa, non vale para aquí.

Grazas por este comentario tan atinado: "A lei d'Hondt constrúe o bipolarismo, pero tamén o estimula. Cos datos procedentes das enquisas, o votante posúe a posibilidade do voto útil".

Arume, saúdos.

Xosé M. González dijo...

Iso, sempre que se consideren plausibles os datos das enquisas, cousa que a realidade das eleccións non aconsella: xa van ben casos de resultados en contrario.

Leva razón: poder, poden. Pero non os datos, as hipóteses fundadas nun imponderable. Eu digo, desde lonxe, que a situación en Ourense posiblemente tanto aconsella a pensar nun segundo do PSOE coma nun primeiro do Bloque; obviamente, a marea bipolar discrepa do meu enunciado.

Xosé M. González dijo...

Grande expresión, Medela, o da bancarrota moral; éme cousa ben próxima e pode, mesmo, decidir un deputado. Un saúdo lugués, hai tempo que non llo mandaba.

Júlio Medela de Lobeira dijo...

Non é miña a expresión, admirado González. Lina nun artigo publicado on-line, sobre o caciquismo ourensán. Vou ver de localizar o artigo, que adorei, e poñer aquí un link.

Grazas, e alégrome de volvelo mirar, amigo lugués.

arume dos piñeiros dijo...

E que en Ourense teñen que darse dúas condicións ao tempo para quitar un deputado o BNG, cos datos que hoxe todas as enquisas sen excepción manexan e cos datos das eleccións anteriores, sexa cales sexan: ter máis da metade do PSOE e ter máis dun tercio do PP.

Xosé M. González dijo...

Absolutamente dacordo, Arume, teñen que darse tales circunstancias, con enquisas ou sen enquisas; precisamente, esas non teñen nada que ver.

Por outra banda, engánase no de todas as eleccións anteriores sexan cales sexan; revise os datos das recentes municipais. Non digo que sexan situacións comparables; pero as cousas como son.

Medela, lereino con moito interese. Interese de lugués, e algún día igual lle conto.

apicultor dijo...

Segan, segan, ..., por min non se priven.

apicultor dijo...

Teño as miñas dúbidas que, por si mesmo, o sistema d'Hondt constrúa o bipolarismo [sic.] e que o estimule.

Pero non dixen nada, non dixen nada, non me fagan caso, segan, segan...

Xosé M. González dijo...

É todo un falar. Eu penso que o d'Hondt favorece o bipolarismo por baixo dos sete ou oito escanos; pero é un falar.

Xosé M. González dijo...

De feito, se o país non perdese catro deputados nos últimos anos, o BNG tería ata fácil -hoxe por hoxe- o grupo parlamentario.

apicultor dijo...

Líbreme deus de defender ao señor d´Hont, con quen nunca tomei un café. Mais coido na miña ignorancia que se Galicia perdeu deputados débese á cuestión demográfica e non a ese señor directamente. Pero, xa digo, non se me faga caso.

Xosé M. González dijo...

Seguro que el -se vive,ben coñecida é a miña ignorancia- non pensaba neste pequeno país cando fixo a lei. Ora ben, ¿por que votan os emigrantes se despois non contan para a representación?

É unha pregunta coma outra. Seguro que ha de haber explicación.

arume dos piñeiros dijo...

Non dixen que non poida quitalo, senón que se repite desde hai tempo unha semellante proporción en torno ao 50/30/15. Coas autonómicas de 2005, sacaría o PP 3 e o PSOE 1. Coas municipais, 2 o PP, 1 o PSOE e 1 o BNG. Por iso son tan importantes as enquisas: para que a xente saiba por onde anda perto o último deputado e votar, como dicía, en consecuencia.

Xosé M. González dijo...

Se as enquisas atinan, insisto, que frecuentisimamente non é o caso; e descontando outros indicadores e factores actuantes de non menor importancia, dada a porcentaxe -escasa- que le enquisas e a dos que enganan nelas. A quen pertencerá o voto oculto arestora, tendo en conta a quen favorece a presión ambiental? Que mudanza sociolóxica se terá dado no país desde hai tres aniños? Saberémolo, ao mellor, no próximo bienio.

Per descúlpeseme a insistencia, o que haxa de tocar tocará. Boa noite.

arume dos piñeiros dijo...

Por si solo non, porque a estructura en provincias, o mínimo para conquerir representación, entre outras miudas circunstancias técnicas poden contribuir a iso. Sen entrarmos en consideracións máis políticas.
Boas noites e boa sorte. ;)

apicultor dijo...

O problema, coido, Saavedra, non é o sistema d´Hont en si mesmo, senón o reducido tamaño das circunscricións electorais en Galicia.

En circunscricións con moita máis poboación, tipo Madrid ou Barcelona, o IP é case perfecto.

Leituga1 dijo...

Parece que non se fixaron moito noutras enquisas que saen hoxe. ¿Viron as do Faro, El Correo, El País, Ser, ABC, Público...?
Todas elas dan resultados bastante diferentes no que se refire a Galicia. Iso si, ningunha lle dá posibilidades de escano ao BNG por Ourense. Algunha delas mesmo indica que tampouco o PSOE coneguirá o segundo deputado.
Poñéndoas todas un pouco por xunto, saco unhas cantas conclusións:

1. Todas dan por vencedor ao PSOE fronte ao PP (no conxunto de España) por unha diferencia lixeiramente inferior á das eleccións de 2004. Non me fío. Isto ata pode resultar contraproducente, por desmobilizador, nesta última semana de campaña.

2. En Galicia vai estar moi disputado o título de forza máis votada. Por primeira vez na historia, os socialistas poderían alcanzar tal honra. Sinceramente, véxoo complicado. O que si está claro é que o PP vai andar máis perto do 40% que do 50%. E que a suma de votos de PSdeG e BNG vai ser claramente superior. Máis grande que nas pasadas eleccións autonómicas.

3. O PSOE subiría en todas as circunscricións electorais, nomeadamente na Coruña e Lugo, onde pode ser primiera forza. O BNG faino en Coruña e Ourense. Estáncase algo en Pontevedra e Lugo, aínda que no conxunto de Galicia sobe. Non creo que os seus dous deputados estean en perigo, pero Olalla deberá intensificar o esforzo en Pontevedra. O PP pode quedar moi tocado: no mellor dos casos (para min) perdería un deputado pola Coruña e outro por Ourense. Ganaría en porcentaxe de votos en Pontevedra e Ourense, pero con diferencias moito máis pequenas que no 2004.

Xosé M. González dijo...

Sen dúbida, o debate de hoxe á noite dará pé a máis ronsel especulativo. O meu balance é: as enquisas implícitas (ambiente) e explícitas (sondaxe) que os medios difunden non constitúen relato adecuado; están a pasar cousas diferentes.

Chegan outras novas da cociña partidaria, máis coincidentes coa miña sensación. Fallo moito, iso é certo; pero nas últimas atinei. Dentro de sete días serei sibila ou larchán.

marcel swann dijo...

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=644&idNoticia=271885


El 63,4% de los gallegos señala que el papel del BNG en Madrid será positivo para Galicia.

La labor de las formaciones nacionalistas en Madrid puede resultar beneficiosa para la autonomía, y más si, como aventuran los sondeos, el PSOE o el PP, de ganar, tendrán que recurrir a pactos con terceros para sacar adelante sus propuestas. Según el sondeo de Anova, un 63,4% de los 1.900 encuestados sostiene que el papel del Bloque Nacionalista Galego (BNG) en Madrid será positivo para Galicia. Un 19,1% evita contestar, mientras que el restante 17,4% no cree que Francisco Jorquera, Olaia Fernández Dávila e incluso otr0s que puedan salir elegidos -aunque las encuestas hablen de horquillas de cero a dos representantes, dos según la de Anova-, vayan a hacer algo bueno por la comunidad gallega.

Entre los consultados, casi la mayoría, un 49,7%, sostiene que será positivo, a los que sumar otro 13,8% que eleva el tono e indica que será aún mejor, añadiendo el adverbio de cantidad muy al adjetivo. Por el ámbito negativo apuestan un 14,9%, y por el pésimo, sólo un 2,5%.

apicultor dijo...

Para Arume e Saavedra (xa que lles vai a marcha electoral):

Do voto útil.

arume dos piñeiros dijo...

Vou deixar pero xa a filoloxía. Son un amateur da ciencia electoral, pero desde que lin este artigo vou para profisional.
Moitas gracias, Apicultor, por esta epifanía.

apicultor dijo...

E ademais leuno en 15 minutos e asimilou absolutamente toda a terminoloxía e metodoloxía, o que ten aínda moito máis mérito.

Xa sabe, a partir de agora non lle chame "voto útil", senón "voto estratéxico" ou "voto sofisticado", que queda menos vulgar ;)

arume dos piñeiros dijo...

Xa me parecía a mín que o Duverger ese planteaba a súa análise cun erro metodolóxico de partida: crer que IU non quitaba deputados en Soria por un efecto sicolóxico do sistema d´Hondt nos distritos pequenos.
Moitas gracias de novo: alcancei hoxe a madurez de vez.

marcos valcarcel dijo...

INTERESANTE...

ALMUDENA GRANDES
¡Vota!. ALMUDENA GRANDES 03/03/2008

Sí, ya sé que mola más el escepticismo. Sé que el distanciamiento irónico es más acorde con mi edad, que la disciplina un pelín cínica de la crítica ácida va mejor con mi profesión, y hasta que la languidez del desencanto, tan femenina, me favorecería más en los planos cortos. Lo sé, pero el domingo yo voy a ir a votar. Por encima de mi escepticismo, más allá de mi evidente afición a la ironía, con mi conciencia crítica a cuestas y a despecho de la fotogenia, voy a ir a votar. Con mis propias decepciones y con mis ilusiones maltrechas, con mis principios más firmes y con mis hijos mayores, voy a votar.

Votaré a favor de mucha gente que no lo hará. Porque no tiene derecho a hacerlo o porque se le ha olvidado que lo tiene. Votaré para que los niños de 12 años no sean tratados como delincuentes, para que los inmigrantes que sostienen nuestra riqueza sin participar de ella no sean tratados como delincuentes, para que los excluidos sociales y las mujeres que abortan no sean tratados como delincuentes. Votaré en contra de mucha gente que votará. Votaré contra los privatizadores de servicios públicos, contra la humillación de los reclinatorios, contra las juntas de escolarización que favorecen a los colegios concertados, contra los explotadores de inmigrantes. Votaré, en definitiva, contra la gente de orden, ese orden detestable, delincuente, que se afirma en la insolidaridad, en la indiferencia ante el sufrimiento ajeno y en la perpetuación de los privilegios de unos pocos. Votaré a la izquierda, con la izquierda, por la izquierda, pensando en mis convicciones laicas, progresistas y republicanas, no en mis impuestos. Todavía hay unas pocas cosas que no pueden comprarse con dinero.

Y bien, a pesar de todo, sé que mola más el escepticismo. Pero yo miro a mi alrededor y, sinceramente, creo que no me lo puedo permitir. ¿Tú sí?

arume dos piñeiros dijo...

Almudena vota IU.

XDC dijo...

Estupendo o enlace de Apicultor sobre o voto útil.
Teoría Matemática de Xogos aplicada ás eleciós!

Curioso dijo...

E logo, sen ser tan sesudos ...., que lles parece comentar estas RESPOSTAS:
>> ¿Por qué en las campañas no se habla de sexo si es un tema que interesa a todos los españoles
Z.- Porque esta sociedad todavía es bastante pudorosa. Yo creo que incorporar ese debate en el terreno público produce un cierto pudor.

R.- ¡Oiga! ¿Quién le dice a usted que yo no voy a hablar de eso en la campaña?

>> Voy a ser poco pudoroso: ¿se puede hacer el amor durante 15 días de campaña?

Z.- ¿Todos los días? Durante los 15 días, sí.

R.- Difícil.
Cal das duas e maís acertada?
Respondan con humor ..por favor!

XDC dijo...

Deixe que non falen de sexo, deixe. Vainos mellor nos aspectos nos que non tratan de "arreglarnos a vida".
O dos quince días seguidos, depende de si é coa mesma parella ou non, como o boi do conto galego.

ARUME DOS PIÑEIROS dijo...

O PP ofrece máis deduccións fiscales por compra de vivenda. Vamos estar toda a vida facendo casas? Pero, ademáis, non era o PP un partido defensor da economía liberal? A que ven aumentar as deduccións que pagamos todos? Polo que se ve non queren rematar co ladrillo.

arume dos piñeiros dijo...

El Follonero.
Un cara a cara Zapatero-Rajoy moito máis interesante.

marcel swann dijo...

E a min que carafio me importa se os políticos foden ou non en campaña! Con tal de que non nos fodan a nós, xa vai ben.

Por certo, hai que ver o que teñen que aturar algúns candidatos (as entrevistas co Follonero) para parecer enrollaos, modernillos e cool! Nótaselles ben no sorriso, mais falso que un sillón de escai.

Anónimo dijo...

RAM�N BALTAR EN ECG
Un pol�tico de principios
Omisi�n gruesa fuera dejar sin glosa la renuncia voluntaria de don Francisco Rodr�guez a la reelecci�n como diputado, para volver a la profesi�n. Un gesto que ennoblece la dedicaci�n al servicio p�blico.

El veterano dirigente ha hecho suya una preocupaci�n muy sentida en la calle: la de que los cargos p�blicos no est�n m�s tiempo que el imprescindible para impulsar los programas para los que fueron votados o nombrados. No es por el gustazo de dejar sin beneficio a quienes no tienen oficio, sino porque del querer perpetuarse en aqu�llos se sigue da�o a la salud democr�tica y al inter�s de los administrados.

Aunque pasa por ser el ide�logo de la l�nea dura de nuestra izquierda nacionalista, es justo destacar que en el desempe�o del mandato recibido en las urnas demostr� una moderaci�n y cintura m�s que notables. Supo limar las aristas m�s cortantes del programa m�ximo del BNG y defender, con energ�a y coherencia, lo sustancial buscando acuerdos razonables. Doblarse sin romper, sabio lema progresista.

No trabaj� por el sueldo pero lo sud�. Ni sus votantes pueden estar decepcionados de su trabajo ni los que no le votaron molestos. Galicia y los gallegos no perdieron nada en Madrid por el l�der upegallo, m�s bien por cierto lo contrario.

Y ojo al parche: no cambia el esca�o por un sill�n bien prebendado sino por la pobre silla de un docente. Decisi�n que habla por s� sola.

arume dos piñeiros dijo...

E Baltar, profesor de Latín, é militante, se non me trabuco, máis do PSOE que socialista.